Guía de procedementos e servizos

IN633B

Resultado de actuación por organismo de control.

Procedemento dirixido a: Cidadáns

Aberto todo o ano

Consellería de Economía e Industria

Sobre o procedemento

Se ten dúbidas sobre a presentación deste procedemento na sede, pode consultar esta Guía rápida de presentación. Móstralle, paso a paso, o proceso que debe seguir para finalizar a presentación do resultado das actuacións.

1. Regular o procedemento de comunicación de resultado de actuación por organismo de control, conforme o indicado no artigo 5 do Decreto 54/2011, do 24 de marzo, e que terá asignado o código de procedemento IN633B.

2. Publicar o modelo de comunicación de resultado de actuación por organismo de control, que se recolle no anexo I desta resolución.

3. A comunicación do resultado da actuación será efectuada polo organismo de control responsable da actuación.

4. O procedemento IN633B é un procedemento administrativo de prazo aberto.

Organismos de control en materia de seguridade industrial na Comunidade Autónoma de Galicia.

Xunta de Galicia

Consellería de Economía e Industria

Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña

Servizo de Industria da Coruña

R/ Vicente Ferrer, 2

15071  Coruña, A  (Coruña, A)

Teléfono: 981184934

Fax: 98184790

Xunta de Galicia

Consellería de Economía e Industria

Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria de Lugo

Servizo de Industria de Lugo

Ronda da Muralla, 70

27071  Lugo  (Lugo)

Teléfono: 982294651/ 982294659/ 982294661

Fax: 982294681

Xunta de Galicia

Consellería de Economía e Industria

Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria de Ourense

Servizo de Industria de Ourense

R/ Curros Enríquez, 1-4º

32071  Ourense  (Ourense)

Teléfono: 988386755

Fax: 988386727

Xunta de Galicia

Consellería de Economía e Industria

Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria de Pontevedra

Servizo de Industria de Pontevedra

Avda. Fernández Ladreda, 43-5º

36071  Pontevedra  (Pontevedra)

Teléfono: 986805255

Fax: 986805246

Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Minas
Requisitos e documentación

Se ten dúbidas sobre a presentación deste procedemento na sede, pode consultar esta Guía rápida de presentación. Móstralle, paso a paso, o proceso que debe seguir para finalizar a presentación do resultado das actuacións.

Prazo de presentación: ABERTO

O prazo de presentación de solicitudes comezará o día 23 de abril de 2019 e permanecerá aberto todo o ano.

  • Conformado de certificacións de organismos de control autorizados (OCA) ou de entidades recoñecidas ( 32.08.00)

Pode realizar o pago destas taxas na sede electrónica como un dos pasos da tramitación en liña.

  • As comunicacións presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. Se algunha das persoas interesadas presenta a súa comunicación presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da comunicación aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación das comunicacións poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365)

  • As persoas interesadas deberán achegar coa comunicación a seguinte documentación:

    • Informe, acta, protocolo ou certificación do organismo de control.

  • A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

  • Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:

    • DNI ou NIE da persoa comunicante.

    • DNI ou NIE da persoa representante.

    • NIF da persoa xurídica comunicante.

    • NIF da persoa xurídica representante.

  • As notificacións de resolucións e actos administrativos practicaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

As notificacións electrónicas realizaranse mediante o Sistema de notificación electrónica de Galici-Notifica.gal, dispoñible a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal). Este sistema remitirá ás persoas interesadas avisos da posta a disposición das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude.

Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida. Neste caso, as persoas interesadas deberán crear e manter o seu enderezo electrónico habilitado único a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal, para todos os procedementos administrativos tramitados pola Administración xeral e do sector público autonómico. En todo caso, a Administración xeral poderá de oficio crear o indicado enderezo, para os efectos de asegurar que as persoas interesadas cumpran a súa obriga de relacionarse por medios electrónicos.

As notificacións entenderanse practicadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido e rexeitadaa cando transcorresen dez días naturais desde á posta a disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

Se o envío da notificación electrónica non fose posible por problemas técnicos, a Administración xeral e do sector público autonómico practicará a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

  • Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados electronicamente accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

  • Os datos persoais obtidos neste procedemento serán tratados na súa condición de responsable pola Xunta de Galicia-Consellería de Economía, Emprego e Industria, coas finalidades de levar a cabo a tramitación administrativa que derive da xestión deste procedemento e a actualización da información e contidos da carpeta cidadá.

O tratamento dos datos baséase no cumprimento dunha misión de interese público ou no exercicio de poderes públicos, conforme a normativa recollida na ficha do procedemento incluída na Guía de procedementos e servizos, no propio formulario anexo e nas referencias recollidas en https://www.xunta.gal/informacion-xeral-proteccion-datos. Con todo, determinados tratamentos poderán fundamentarse no consentimento das persoas interesadas, e reflectirase esta circunstancia no devandito formulario.

Os datos serán comunicados ás administracións públicas no exercicio das súas competencias, cando sexa necesario para a tramitación e resolución dos seus procedementos ou para que os cidadáns poidan acceder de forma integral á información relativa a unha materia.

As persoas interesadas poderán acceder, rectificar e suprimir os seus datos, así como exercer outros dereitos ou retirar o seu consentimento, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia ou presencialmente nos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, segundo se explicita na información adicional recollida en https://www.xunta.gal/proteccion-datos-persoais

  • Os modelos normalizados aplicables na tramitación deste procedemento regulado na presente disposición poderán ser modificados co obxecto de mantelos actualizados e adaptados á normativa vixente. Para estes efectos, será suficiente a publicación destes modelos adaptados ou actualizados na sede electrónica da Xunta de Galicia, onde estarán permanentemente accesibles para todas as persoas interesadas.

Despois de presentar

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Decreto 54/2011, do 24 de marzo, polo que se regula a autorización e a actuación dos organismos de control en materia de seguridade industrial na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 66 do 4 de abril de 2011).

    • Corrección de erros. -Decreto 54/2011, do 24 de marzo, polo que se regula a autorización e a actuación dos organismos de control en materia de seguridade industrial na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 68 do 6 de abril de 2011).

    • Corrección de erros.-Decreto 54/2011, do 24 de marzo, polo que se regula a autorización e a actuación dos organismos de control en materia de seguridade industrial na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 70 do 8 de abril de 2011).

    • Resolución do 3 de abril de 2019, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se regula o procedemento de comunicación de resultado de actuación por organismo de control (DOG nº 76 do 22 de abril de 2019).

    • Real Decreto 2200/1995, do 28 de decembro, polo que se aproba o Regulamento da Infraestrutura para a Calidade e a Seguridade Industrial (BOE nº 32, do 6 de febreiro de 1996).

    • Real Decreto 411/1997, do 21 de marzo, polo que se modifica o Real Decreto 2200/1995, do 28 de decembro, polo que se aproba o Regulamento da Infraestrutura para a Calidade e Seguridade Industrial (BOE nº 100 do 26 de abril de 1997).

    • Real Decreto 338/2010, do 19 de marzo, polo que se modifica o Regulamento da Infraestrutura para a calidade e seguridade industrial, aprobado polo Real Decreto 2200/1995, do 28 de decembro (BOE nº 84 do 7 de abril de 2010).

    • Orde do 5 de maio de 2020 pola que se autoriza e se dá publicidade dunha relación de procedementos que, por razóns motivadas, deben continuar coa súa tramitación durante a vixencia do estado de alarma. (DOG nº 90 do 11 de maio de 2020).

  • Ámbito Estatal
    • Corrección de erros do Real Decreto 2200/1995, do 28 de decembro, polo que se aproba o Regulamento da Infraestrutura para a Calidade e a Seguridade Industrial (BOE nº 57 do 6 de marzo de 1996).

    • Real Decreto 1072/2015, do 27 de novembro, polo que se modifica o Real Decreto 2200/1995, do 28 de decembro, polo que se aproba o Regulamento da Infraestrutura para a Calidade e a Seguridade Industrial (BOE nº 298 do 14 de decembro de 2015).

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

FA009A

Solicitude de autorización para a utilización das aplicacións informáticas da Oficina Virtual Tributaria para o pagamento electrónico e a presentación electrónica dos modelos de declaración 008 e de autoliquidación 013 do Imposto compensatorio ambiental mineiro (ICAM).

Aberto todo o ano

IG534D

Novacións de débedas

Prazo aberto: 07/02/2025 09:00 - 30/12/2025 14:00

IN201D

Revisión actividades artesás do Rexistro xeral de artesanía de Galicia.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

IN201E

Autorización do uso da marca Artesanía de Galicia.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano