Guía de procedementos e servizos

IN624E

Instalacións temporais de produtos petrolíferos para subministración a vehículos.

Procedemento dirixido a: Cidadáns

Aberto todo o ano

Consellería de Economía e Industria

Sobre o procedemento

Regular o procedemento de comunicación de instalacións temporais de produtos petrolíferos para subministración a vehículos, que terá asignado o código de procedemento IN624E.

Persoas físicas.

Xunta de Galicia

Consellería de Economía e Industria

Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña

Rúa Vicente Ferrer 2

15008  Coruña, A  (Coruña, A)

Teléfono: 981184906

Xunta de Galicia

Consellería de Economía e Industria

Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria de Lugo

Da Muralla, 70

27071  Lugo  (Lugo)

Teléfono: 982294669

Xunta de Galicia

Consellería de Economía e Industria

Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria de Ourense

Rúa Curros Enríquez 1

32003  Ourense  (Ourense)

Teléfono: 988386755

Xunta de Galicia

Consellería de Economía e Industria

Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria de Pontevedra

Av. Victoria Moreno 43

36003  Pontevedra  (Pontevedra)

Teléfono: 986805255

Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Minas
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

O prazo de presentación da comunicación comezará a partir do día seguinte ao da publicación desta Resolución no Diario Oficial de Galicia e permanecerá aberto indefinidamente.

Establécese a obriga de relacionarse a través de medios electrónicos para este procedemento, ao considerarse acreditado que o colectivo de persoas físicas comunicantes teñen suficiente capacidade económica e técnica para ter acceso e dispoñibilidade dos medios electrónicos necesarios.

1. As comunicacións presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado recollido no anexo I, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa comunicación presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da comunicación aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

2. As persoas interesadas deberán achegar coa comunicación a seguinte documentación:

– Certificado de fabricación do tanque e equipamentos.

– No caso de instalacións autónomas provisionais, certificado de conformidade á ITC MI-IP 04 expedido por organismo de control.

– No caso de instalacións de subministración a vehículos en probas deportivas, certificado de conformidade a normas do conxunto recipiente almacenamento-equipamento de subministracion, expedido por organismo de control.

– No caso de recipientes móbiles autorizados para o transporte de mercadorías perigosas tipo bidóns, documento acreditativo da súa autorización ou aprobación de tipo.

– No caso de recipientes móbiles autorizados para o transporte de mercadorías perigosas tipo GRG (IBC), certificado de inspección inicial ou periódica.

3. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da comunicación deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da comunicación e o número de expediente, se se dispón del.

No caso de que algún dos documentos para presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou tivera un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

4. Para a tramitación destes procedementos consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

1. DNI ou NIE da persoa comunicante.

2. DNI ou NIE da persoa representante.

3. NIF da persoa xurídica comunicante.

4. NIF da persoa xurídica representante.

No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

5. Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar trala presentación da comunicación deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Despois de presentar

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Resolución do 20 de abril de 2021, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, pola que se regula o procedemento de comunicación de instalacións temporais de produtos petrolíferos para subministración a vehículos (DOG nº 96 do 25 de maio de 2021).

  • Ámbito Estatal
    • Real Decreto 706/2017, de 7 de xullo, polo que se aproba a instrución técnica complementaria MI-IP 04 "Instalacións para suministro a vehículos" e regúlanse determinados aspectos da reglamentación de instalacións petrolíferas (BOE nº 183 de 2 de agosto de 2017).

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

FA009A

Solicitude de autorización para a utilización das aplicacións informáticas da Oficina Virtual Tributaria para o pagamento electrónico e a presentación electrónica dos modelos de declaración 008 e de autoliquidación 013 do Imposto compensatorio ambiental mineiro (ICAM).

Aberto todo o ano

IG534D

Novacións de débedas

Prazo aberto: 07/02/2025 09:00 - 30/12/2025 14:00

IN201D

Revisión actividades artesás do Rexistro xeral de artesanía de Galicia.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

IN201E

Autorización do uso da marca Artesanía de Galicia.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano