Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
IN619A
Axuda para o soterramento de infraestruturas eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia.
Procedemento dirixido a: Entidades locais
Consellería de Economía e Industria
Este procedemento únicamente pode ser iniciado utilizando Internet Explorer.
Disculpe as molestias que poida ocasionarlle.
Os proxectos subvencionables ao abeiro desta convocatoria deberán desenvolverse ao longo do ano 2013.
O procedemento de concesión destas subvencións tramitarase en réxime de concorrencia competitiva.
As axudas concedidas con cargo á presente orde destinaranse a financiar os gastos derivados do soterramento e/ou recuamento de infraestruturas eléctricas de alta e baixa tensión xa existentes, considerándose gastos subvencionables os relativos tanto á obra eléctrica como á obra civil.
O cumprimento do fin para o cal foi concedida a axuda considerarase acadado cando a actuación obxecto da subvención estea totalmente rematada, entendendo por isto a realización tanto da obra civil como das instalacións eléctricas.
Período de gasto subvencionable admitido: consideraranse subvencionables todos os gastos imputados desde o 1 de xaneiro de 2013.
En ningún caso serán gastos subvencionables os custos salariais propios nin os gastos derivados de pagamento de permisos de paso ou expropiacións, nin tampouco os impostos indirectos cando sexan susceptibles de recuperación ou compensación nin os impostos persoais sobre a renda.
Poderase considerar subvencionable o imposto sobre o valor engadido (IVE) cando non sexa recuperable polo solicitante.
As actuacións que se realicen ao abeiro da presente orde encádranse dentro do eixo 4 (transporte e enerxía), tema prioritario 33 (electricidade), actuación 5 (soterramentos, recuamentos e outras adecuacións de liñas), do programa operativo de Galicia Feder 2007-2013.
O beneficiario da subvención queda obrigado a:
a. Executar o proxecto que fundamente a concesión da subvención.
b. Xustificar ante o órgano concedente a realización da actividade, así como o cumprimento dos requisitos e condicións que determina na concesión e o goce da subvención. O cumprimento desta obriga de xustificación realizarase nos termos previstos no artigo 28 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
c. As infraestruturas subvencionadas deberán permanecer destinadas ao fin concreto para o cal se concedeu a subvención por un período non inferior a cinco anos tal como recolle o artigo 31.4.a. da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións e o artigo 29.4.a da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. O incumprimento deste requisito dará lugar á revogación da subvención, co reintegro das cantidades percibidas e a exixencia do xuro de demora legalmente establecido desde o momento do pagamento da subvención, segundo o establecido no artigo 21.3 da presente orde.
d. Someterse ás actuacións de comprobacións que efectuará o órgano concedente ou a entidade colaboradora, se é o caso, así como a calquera outra actuación, sexa de comprobación explícita de execución de obra ou de control financeiro, que poidan realizar os órganos de control competentes, tanto autonómicos como estatais ou comunitarios, para o que achegará canta información lle sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.
e. Comunicar ao órgano concedente a obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas, así como a modificación das circunstancias que fundamentasen a concesión da subvención. Esta comunicación deberá efectuarse tan pronto como se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos.
f. Os beneficiarios da axuda deberán facer referencia, na súa publicidade ou na información que xeren en relación aos proxectos subvencionados, ao cofinanciamento dos seus activos con fondos europeos Feder, cumprindo as medidas en materia de información e publicidade establecidas nas disposicións comunitarias de aplicación e, en especial no Plan de comunicación Feder Galicia 2007-2013 e na Guía de publicidade e información das intervencións cofinanciadas polos fondos estruturais 2007-2013, a cal pode consultarse na páxina web http://www.conselleriadefacenda.es/web/portal/guia-intervencions-cofinanciadas-fe.
En concreto, durante a execución das obras subvencionadas deberá estar visible un cartel informativo de acordo co disposto no artigo 15.3º da Lei 9/2007, do 13 de xuño.
Durante a execución dos proxectos cun custo total (en contribución pública total) superior a 500.000 , o beneficiario colocará un cartel informativo no propio enclave da obra, de acordo co artigo 8.3 do Regulamento (CE) nº 1828/2006 da Comisión, do 8 de decembro de 2006, que debe permanecer instalado durante todo o período de execución do proxecto. Unha vez finalizado, o cartel substituirase por unha placa explicativa permanente, nun prazo máximo de 6 meses.
Recoméndase que se o custo total non supera os 500.000 se coloque un cartel informativo no propio enclave da obra, de acordo co sinalado no parágrafo anterior, especialmente se se superan os 100.000 .
Xunta de Galicia
Consellería de Economía e Industria
Secretaría Xeral de Industria e Desenvolvemento Enerxético
Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Minas
Subdirección Xeral de Enerxía e Planificación de Recursos
Servizo de Infraestruturas e Promoción Enerxética
Edificios Administrativos. San Caetano, s/n bloque nº 5
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981545573
Fax: 981545515
Prazo de presentación: PECHADO
24/05/2013 00:00 - 25/06/2013 23:59
Un mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde no DOG
So se admitirá unha solicitude de axuda por concello ou agrupación de concellos e unha única actuación por solicitude, sen que se acepte o agrupamento de varios proxectos diferentes nunha mesma solicitude.
Non se admitirán aquelas solicitudes conxuntas en que non se acredite a realización conxunta dunha actuación ou servizo e que supoñan actuacións independentes en cada entidade local.
Para tales efectos, entenderase que para que unha actuación de soterramento e/ou recuamento de infraestruturas eléctricas se considere unha actuación conxunta debe tratarse dunha infraestrutura que fisicamente teña continuidade e que afecte varios termos municipais.
Non poderán obter a condición de beneficiario as persoas ou entidades en que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 13.2 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e no artigo 10.2 e 10.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Xunto coas solicitudes (Anexos II,III e IV) deberá achegarse a seguinte documentación:
Documento acreditativo da capacidade con que actúa o representante do Concello solicitante.
NIF do concello solicitante en vigor. Se o NIF que se presenta dispón de código electrónico de verificación coa AEAT, poderá presentar documento sen compulsar.
Declaración responsable, incluída no anexo II da orde, acerca da veracidade dos datos consignados relativos á conta bancaria de titularidade municipal.
No caso de tratarse de soterramentos ou recuamentos de instalacións de distribución, acordo asinado polo concello coa empresa distribuidora para a execución da obra solicitada.
Certificado da secretaría ou intervención onde se recolla se o IVE derivado do investimento obxecto da solicitude de axuda e ou non recuperable.
Certificado en que se consigne a cualificación urbanística dos terreos onde se van desenvolver as actuacións obxecto da solicitude.
Acordo do pleno do concello ou do órgano municipal que teña a atribución competencial para acometer a actuación solicitada.
Memoria tecnica e orzamento detallado da actuación. No caso de solicitudes efectuadas por agrupacións de concellos, deberá acreditarse a realización conxunta da actuación ou servizo e que non supoñan actuacións independentes en cada entidade local.
Planos da actuación a escala axeitada.
Declaracións expresas recollidas no anexo IV.
A documentación complementaria presentada incluirá orixinais ou copias cotexadas.
As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a traves do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es
Tamen se poderán presentar as solicitudes en soporte papel por calquera dos medios establecidos no art. 38.4 da Lei 30/1992, de rexime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, utilizando o formulario dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
En caso de enviarse por correo, o envío deberá ser certificado, co selo de correos na primeira folla do formulario para garantir que a data de remisión e anterior á de peche da convocatoria.
No prazo de presentación de solicitudes, entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.
Prazo de resolución: Cinco meses
Sentido do silencio: Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 13 de maio de 2013 pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para o soterramento de infraestruturas eléctricas que transcorran por un ou varios termos municipais na Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) dentro do marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, e se procede á súa convocatoria (DOG nº 97 do 23 de maio de 2013).
-
Orde do 8 de outubro de 2013 pola que se amplía o prazo de presentación da documentación xustificativa establecido na Orde do 13 de maio de 2013 pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para o soterramento de infraestruturas eléctricas que transcorran por un ou varios termos municipais na Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) dentro do marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, e se procede á súa convocatoria (DOG nº 199 do 17 de outubro de 2013).
-
Outros procedementos relacionados
Obtención/renovación do selo de mercado excelente.
Aberto todo o ano
Certificación de empresas no que se refire aos sistemas que conteñan determinados gases fluorados de efecto invernadoiro.
Aberto todo o ano
Rexistro de entidades recoñecidas para impartir cursos teórico-prácticos no ámbito da seguridade industrial.
Aberto todo o ano
Memoria anual de actividades realizadas por entidades de formación no ámbito da seguridade industrial.
Aberto todo o ano