Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
IN617B
Inscrición / modificación/baixa na división A do Rexistro Industrial de Galicia.
Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais
Créase o Rexistro Industrial de Galicia, de carácter informativo, que substitúe ao Rexistro de Establecementos Industriais de Galicia, creado polo Decreto 115/2000, do 11 de maio, polo que se aproba o Regulamento do Rexistro de Establecementos Industriais de Galicia.
O Rexistro Industrial de Galicia estará adscrito á consellería competente en materia de industria e a súa xestión corresponderá ás xefaturas territoriais da devandita consellería, con excepción dos datos adicionais correspondentes á integración dun rexistro sectorial, que serán xestionados pola consellería competente no dito rexistro sectorial.
A actuación deste rexistro desenvolverase sen prexuízo das competencias do Rexistro Integrado Industrial de ámbito estatal e de acordo cos principios de coordinación, cooperación e asistencia mutua establecidos no artigo 4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
O Rexistro Industrial de Galicia ten os fins seguintes:
a) Integrar nun único rexistro todos os rexistros sectoriais de industrias e actividades do seu ámbito de aplicación.
b) Dispoñer da información básica relativa ás actividades industriais e a súa distribución territorial e da relativa ás entidades e organismos de control, laboratorios e outros axentes en materia de seguridade e calidade industrial que sexa necesaria para o exercicio das competencias atribuídas ás administracións públicas en materia económica, industrial e sectorial.
c) Constituírse como instrumento de información sobre a actividade industrial, prestando servizo á cidadanía e, particularmente, ao sector empresarial.
d) Subministrar aos servizos competentes da Comunidade Autónoma de Galicia os datos precisos para elaborar as estatísticas industriais ás que se refire a Lei 9/1988, do 19 de xullo, de estatística de Galicia.
e) Servir de instrumento de coordinación das actuacións das distintas consellerías en materia económica e industrial.
A información existente no Rexistro Industrial de Galicia estruturarase nas divisións A, B e C.
- División A: Industrias e actividades contempladas no artigo 3.1 deste Decreto.
Empresas de ámbito industrial.
División A: Industrias e actividades contempladas no artigo 3.1 deste Decreto:
- O Rexistro Industrial de Galicia comprenderá as seguintes industrias e actividades con establecemento no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia ou instalacións:
a) As actividades dirixidas á obtención, reparación, mantemento, transformación ou reutilización de produtos industriais, o envasado e embalaxe, e o aproveitamento, recuperación e eliminación de residuos ou subprodutos, calquera que sexa a natureza dos recursos e procesos técnicos utilizados e, no seu caso, as instalacións que estas precisen.
b) As actividades de xeración, distribución e subministración de enerxía e produtos enerxéticos.
c) As actividades de investigación, aproveitamento e beneficio dos depósitos minerais e demais recursos xeolóxicos, calquera que sexan a súa orixe e estado físico.
d) As instalacións nucleares e radiactivas
e) As industrias de fabricación de armas e explosivos e as que se declaren de interese para a defensa.
f) As industrias alimentarias, agrarias, pecuarias, forestais e pesqueiras.
g) As actividades industriais relacionadas co transporte e as telecomunicacións.
h) As actividades industriais relativas ao medicamento e á sanidade.
i) As actividades industriais relativas ao fomento da cultura.
Xunta de Galicia
Consellería de Economía e Industria
Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña
Servizo de Industria da Coruña
Vicente Ferrer, 2 - 1ª planta
15071 Coruña, A (Coruña, A)
Teléfono: 981184906/ 981182294
Fax: 981184790
Xunta de Galicia
Consellería de Economía e Industria
Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria de Lugo
Servizo de Industria de Lugo
Ronda da Muralla, 70
27071 Lugo (Lugo)
Teléfono: 982294814/ 982294669
Fax: 982294681
Xunta de Galicia
Consellería de Economía e Industria
Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria de Ourense
Servizo de Industria de Ourense
Curros Enríquez, 1º-4º
32003 Ourense (Ourense)
Teléfono: 988386748/ 988386744
Fax: 988386727
Xunta de Galicia
Consellería de Economía e Industria
Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria de Pontevedra
Servizo de Industria de Pontevedra
R/ Fernández Ladreda, 43-5º
36003 Pontevedra (Pontevedra)
Teléfono: 986805240
Fax: 986817580
Prazo de presentación: Aberto todo o ano
Este decreto entrará en vigor aos 20 días da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
O Rexistro Industrial de Galicia conterá os datos básicos e complementarios indicados no anexo I deste decreto, necesarios para o logro dos fins previstos no artigo 2 deste Decreto.
Así mesmo, conterá os datos adicionais que cada consellería estableza a través da correspondente orde reguladora para a integración no Rexistro Industrial de Galicia dun rexistro sectorial de industrias e actividades do seu ámbito de aplicación do que sexa competente.
As industrias, actividades, empresas de servizos, entidades e axentes incluídos no ámbito de aplicación do Rexistro Industrial de Galicia cuxos/as titulares estean obrigados/as a solicitar autorización administrativa ou a presentar declaración responsable ou comunicación, de acordo ca normativa que lles sexa aplicable, serán inscritos de oficio no Rexistro Industrial de Galicia a partir dos datos básicos e complementarios contidos na autorización, declaración responsable ou comunicación. Do mesmo xeito quedarán inscritas as variacións esenciais ou cesamentos de actividade que se produzan.
Os/as titulares das industrias, actividades, empresas de servizos, entidades e axentes incluídos no ámbito de aplicación do Rexistro Industrial de Galicia que non estean obrigados a solicitar autorización administrativa ou a presentar declaración responsable ou comunicación, poderán comunicar, unha vez iniciada a actividade, os datos básicos e complementarios para a súa inscrición no Rexistro Industrial de Galicia. Así mesmo, poderán comunicar as variacións esenciais ou cesamentos de actividade que se produzan.
O modelo para a comunicación deses datos establecense no anexo II. No caso de rexistros sectoriais integrados consonte ao indicado na disposición adicional única, poderanse comunicar ademais os datos adicionais que estableza regulamentariamente por orde a consellería competente no dito rexistro sectorial, sen prexuízo da obrigatoriedade de inscrición que poida establecer a normativa sectorial aplicable.
A inscrición realizarase unicamente por medios electrónicos a traves dos formularios electrónicos normalizados accesibles desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es, de conformidade ao establecido nos artigos 27.6 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e 24.2 do Decreto 198/2010 polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Lei 9/2004, do 10 de agosto, de seguridade industrial de Galicia (DOG nº 166 do 26 de agosto de 2004).
-
Decreto 37/2015, do 12 de marzo, polo que se aproba o Regulamento do Rexistro Industrial de Galicia (DOG nº 60 do 30 de marzo de 2015).
-
Orde do 5 de maio de 2020 pola que se autoriza e se dá publicidade dunha relación de procedementos que, por razóns motivadas, deben continuar coa súa tramitación durante a vixencia do estado de alarma. (DOG nº 90 do 11 de maio de 2020).
-
-
Ámbito Estatal
-
Lei 21/1992, de 16 de xullo, de Industria (BOE nº 176, de 23 de xullo de 1992).
-
Real decreto 559/2010, do 7 de maio, polo que se aproba o Regulamento do Rexistro Integrado Industrial (BOE nº 125 do 22 de maio de 2010).
-
Outros procedementos relacionados
Inscrición no Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma de Galicia.
Aberto todo o ano
Modificación da Inscrición no Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma de Galicia.
Aberto todo o ano
Alegacións no Tribunal Administrativo de Contratación Pública da Comunidade Autónoma de Galicia (TACGAL).
Aberto todo o ano
Actividade comercial portuaria de consignación de buques.
Aberto todo o ano