Inicio

SEDE
ELECTRÓNICA

Xunta de Galicia
Pode que o seu navegador non estea empregando o plugin de Adobe PDF. Ten a opción de configuralo seguindo as instrucións que lle achegamos ou continuar igualmente coa presentación. << Cancelar e configurar Adobe PDF
En caso de utilizar un certificado electrónico, lembre que debe ter instalado a aplicación de escritorio Autofirma.

- Se non a ten instalada siga as instruccións desta ligazón
- Se xa ten instalada a aplicación ou utilizará Chave365, faga clic no botón Continuar.
En caso de utilizar un certificado electrónico, lembre que debe ter instalado a aplicación de escritorio Autofirma.

- Se non a ten instalada siga as instruccións desta ligazón
- Se xa ten instalada a aplicación ou utilizará Chave365, faga clic no botón Continuar.
Este procedemento únicamente pode ser iniciado utilizando Internet Explorer.

Disculpe as molestias que poida ocasionarle.

IN421K - Proxectos de redes de distribución de enerxía térmica con equipamentos de xeración con biomasa.

Forma presentación

Tramitación en liña

Iniciar presentación electrónica na sede
Iniciar presentación electrónica na sede: entre para cumprimentar e presentar a solicitude correspondente a este procedemento no rexistro electrónico e a través desta sede.


Datos da solicitude

Prazo de presentación: 19/04/2017 - 18/05/2017.

Un mes, contado desde o seguinte a aquel en que se publiquen as presentes bases no Diario Oficial de Galicia.

Prazo de resolución: Catro meses

Sentido do silencio administrativo: Negativo

  • Xunto coa solicitude presentaranse, anexadas, copias dixitalizadas da documentación complementaria que se describe a seguir:
  • 1. Documentación técnica.
    • a) Memoria técnica da instalación proxectada, asinada por técnico competente, en que se describirán, de forma detallada, os sistemas da caldeira, os compoñentes principais da instalación de xeración térmica e do sistema de alimentación de combustible. Describiranse as principais características técnicas da rede de distribución de calor incluíndo os catálogos en que se indique a condutividade térmica do illante das tubaxes que forman parte da rede de distribución dos sistemas de conexión ás salas de caldeiras existentes, incluíndo os esquemas hidráulicos dos distintos sistemas. Presentarase un orzamento detallado, desagregando as principias partidas, especialmente a rede de distribución de calor, na cal se incluirán as súas medicións e os seus custos unitarios (tamén desagregados por lonxitude de rede).

      No caso de que existan diverxencias entre o orzamento estimado polo técnico (incluído nesta memoria ou, se for o caso, no proxecto) e a oferta do provedor xustificarase neste documento a orixe destas diverxencias.
    • b) Xustificación do calor útil demandado. Incluirase unha análise da demanda parcial de cada edificio que se integre na rede, diferenciando a demanda dos edificios cos que o solicitante teña acordos asinados (incluíndo nestes os de titularidade propia, xustificando a citada titularidade), así como a demanda dos edificios con previsión de acordo durante 2017. No caso de que sexan edificios para calefactar, nesta xustificación do calor útil demandado achegaranse as principais referencias utilizadas para o seu cálculo (por exemplo, superficies ou volumes a calefactar, rateos utilizados de consumos/superficie, rateo de consumo de enerxía primaria para usos térmicos/superficie habitable se o edificio dispón de certificado de cualificación enerxética, coeficientes de transmisión kWh/m2, referencias de consumos históricos dos edificios,…). No caso de redes abertas, xustificaranse as previsións de extensión de rede a outros edificios nun prazo de 5 anos, incluíndo as demandas destes edificios e a súa distancia á rede proxectada.
    • c) Planos de situación onde se indique a localización dos equipamentos e a rede. Fotografía de vista aérea en que se indique de forma apreciable a edificación onde se executará a instalación (Sixpac, Catastro, etc.). Esbozos ou planos en que se localicen os equipamentos na edificación.
    • d) Folla de características da caldeira utilizada e declaración de conformidade da caldeira segundo a normativa vixente. Tamén se presentarán os ensaios de rendemento do equipo xerador realizados por un laboratorio acreditado e unha xustificación técnica de que o rendemento da caldeira é superior ao 80 %. Nos proxectos solicitados polas administracións públicas nos cales non se poida especificar a marca e o modelo das caldeiras que se instalarán, achegarase o rendemento mínimo das caldeiras que se especificarán nos pregos de licitación.
    • e) Memorias do grao de concreción, viabilidade, avance das licenzas e acordos cos consumidores. Adicionalmente á memoria técnica presentada o solicitante poderá presentar documentación técnica adicional que permita determinar o grao de concreción do proxecto (anteproxecto, proxecto de execución, estudos, planimetría específica…) aspectos que sintetizarán nun documento específico. Por outra banda, tamén se presentará unha memoria do grao de avance actual do proxecto cunha previsión de obtención das licenzas necesarias para a súa execución e a porcentaxe de acordos cos centros consumidores de enerxía. Por outra banda, tamén se presentará unha análise da viabilidade do proxecto.
    • f) Oferta técnica dun provedor no caso de que o solicitante sexa unha empresa ou unha agrupación ou asociación de empresas.
  • 2. As administracións públicas, ademais da documentación sinalada no número 1, deberán achegar:
    • I. Acreditación do nomeamento do representante da entidade solicitante.
    • II. Certificado do acordo adoptado polo órgano competente polo que se aproba solicitar a axuda regulada nestas bases.
    • a) No caso das administracións locais, ademais da documentación recollida nos puntos I e II debe achegar unha certificación de que a entidade solicitante remitiu as contas do último exercicio orzamentario a que legalmente está obrigado ao Consello de Contas. Nesta certificación deberá quedar acreditado que a remisión das contas se efectuou antes do vencemento do prazo de presentación de solicitudes.

      O artigo 4.1 do Decreto 193/2011, do 6 de outubro, polo que se regulan as especialidades nas subvencións ás entidades locais galegas, establece como requisito para a concesión de subvencións que as entidades locais cumpran o deber de remisión ao Consello de Contas das contas xerais de cada exercicio.
    • b) No caso de agrupación de concellos, ademais da documentación recollida no número 2 letra a) deste artigo, deberán achegar:
      • I. Certificación emitida pola Secretaría do concello representante en que se faga constar, sobre a base dos acordos adoptados polos órganos competentes de cada un dos concellos, os seguintes aspectos:

        - Que se acorda solicitar unha subvención para as obras e equipamentos que se pretenden executar ao abeiro desta resolución, mediante a fórmula de contratación centralizada.

        - Que se aceptan as condicións de financiamento e demais requisitos establecidos nas presentes bases reguladoras.

        - Que se nomea o/a alcalde/sa dun dos concellos agrupados ou asociados como persoa representante e interlocutora válida ante o Inega, con poderes suficientes para cumprir con todas as obrigas que como entidade beneficiaria poidan corresponder á agrupación ou asociación.

        - Que se comprometen de xeito solidario á execución das instalacións e á aplicación dos fondos que puideran percibir para os fins propios da subvención.

        O incumprimento de calquera dos puntos anteriores nos acordos que se adopten, aínda que afecte unha soa das entidades agrupadas, suporá a inadmisión a trámite da solicitude.

        As certificacións emitidas polas secretarías dos concellos integrantes da agrupación ou asociación sobre os respectivos acordos municipais deberán quedar en poder do concello representante para a súa achega ao procedemento de subvencións, de ser requirido en tal sentido polo órgano que tramita as axudas.
      • II. Convenio de colaboración que regule a agrupación ou asociación de concellos, que deberá recoller o seguinte contido obrigatorio:

        - Os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación ou asociación.

        - O importe da subvención que debe aplicar cada un dos concellos agrupados ou asociados.

        - O compromiso solidario de execución e de aplicación solidaria da subvención.

        - O compromiso de non disolver a agrupación ou asociación ata que transcorra o prazo de prescrición previsto nos artigos 35 e 65 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
    • c) As mancomunidades de concellos ou consorcios locais, ademais da documentación recollida no número 2, letra a), deste artigo, deberán achegar:

      Certificación da secretaría onde se fagan constar os concellos membros da mancomunidade ou consorcio que participan no proxecto para o cal se solicita subvención, ao abeiro da presente convocatoria.
  • 3. As empresas, xunto coa solicitude, presentarán a documentación prevista no número 1 e, ademais:
    • a) Cando non se atopen obrigadas por lei a inscribirse no Rexistro Mercantil ou calquera outro rexistro público, presentarán a documentación acreditativa da constitución e da representación correspondente (non é necesario no caso de que o solicitante sexa unha empresa pública).
    • b) Documento que acredite a existencia dun centro de traballo en Galicia ou a realización dalgunha actividade empresarial xustificable dentro do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

      No caso de que as empresas de servizos enerxéticos que xestionen total ou parcialmente instalacións xeradoras e as redes de distribución de enerxía e que o obxecto destes contratos sexa a subministración de enerxía, os centros de consumo en que se actúe deben estar situados en Galicia.

      Cando o servizo enerxético a varios puntos de consumo fose desenvolvido por unha empresa de servizos enerxéticos, deberá achegar, ademais:
      • Unha copia dos acordos de servizos enerxéticos e unha relación de acordos asinados e pendentes tendo en conta a relación de edificios previstos.

        O pagamento dos servizos que prestan as ditas empresas baséase, fundamentalmente, na venda de enerxía térmica e no cumprimento dos demais requisitos de rendemento convidos.

        As empresas de servizos enerxéticos deberán cumprir os requisitos establecidos no Real decreto 56/2016 para o desenvolvemento da actividade profesional de provedor de servizos enerxéticos, e deberán estar incluídos na listaxe de provedores de servizos enerxéticos regulada no capítulo III do citado real decreto.

        Segundo a definición da Directiva 2006/32/CE, do 5 de abril, sobre a eficiencia do uso final da enerxía e dos servizos enerxéticos, e para os efectos destas bases, entenderase por empresas de servizos enerxéticos aquela persoa física ou xurídica que poida proporcionar servizos enerxéticos, na forma definida no parágrafo seguinte, nas instalacións ou locais dun usuario e afronte certo grao de risco económico ao facelo.

        O servizo enerxético prestado pola empresa de servizos enerxéticos consistirá nun conxunto de prestacións, incluíndo a realización de investimentos inmateriais, de obras ou de subministracións necesarias para optimizar a calidade e a redución dos custos enerxéticos. Esta actuación poderá comprender, ademais da construción, instalación ou transformación de obras, equipamentos e sistemas, o seu mantemento, actualización ou renovación, a súa explotación ou a súa xestión derivados da incorporación de tecnoloxías eficientes. O servizo enerxético así definido deberá prestarse baseándose nun contrato que deberá levar asociada una venda de enerxía verificable, medible ou estimable.
  • 4. Calquera outra documentación adicional que o interesado considere conveniente para a correcta avaliación do proxecto.
  • 5. Non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos. Presumirase que esta consulta é autorizada polas persoas interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.

    Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirir á persoa interesada a súa presentación, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.

    A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

    Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
  • 6. Sempre que se realice a presentación da documentación separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o numero de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se dispón del.
  • 7. No caso de que algún dos documentos que se vai presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos, 5MB por arquivo individual, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos.
  • 8. A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados para facilitar a realización de trámites administrativos logo da presentación da solicitude de inicio. Estes modelos presentaranse por medios electrónicos accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
  • As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).

    Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

    Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
  • Na páxina web do Inega disporase de instrucións de axuda para consulta dos solicitantes. Para o caso de dificultades técnicas, ou no caso de requirir máis información, o Inega pon á disposición dos interesados o seu servizo de asistencia técnica, a través do número de teléfono 981 54 15 00 ou do enderezo de correo electrónico inega.info@xunta.gal.

Presentación de documentación de gran tamaño ou en formatos non admitidos pola sede electrónica

Se ten algunha dúbida técnica pode poñerse en contacto co servizo de atención cidadá no teléfono 012 ou enviando un correo a 012@xunta.gal

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

INSTITUTO ENERXÉTICO DE GALICIA (INEGA)

R/ Avelino Pousa Antelo nº 5
15703 Santiago de Compostela
Teléfono: 981541511
Información web: inega.info@xunta.gal

O obxecto destas bases é apoiar proxectos con fins de aforro enerxético e fomento do uso das enerxías renovables. Os proxectos limitaranse a instalacións de equipamentos térmicos que utilicen biomasa como combustible cun esquema de funcionamento baseado nunha xeración térmica centralizada e unha distribución desta enerxía aos puntos de consumo mediante redes.

O procedemento administrativo para a concesión de subvencións será o de concorrencia competitiva.

Actuacións que se subvencionan
1. Poderán obter dereito a subvención todas aquelas actuacións descritas no artigo 5 destas bases que se executen dentro do territorio da Comunidade Autónoma e o prazo de execución dos proxectos subvencionables iniciarase unha vez que se teña efectuada a solicitude de axuda ante esta entidade e rematará no prazo previsto no artigo 24 destas bases. Non serán subvencionables os proxectos iniciados antes da data de presentación da solicitude de axuda, en aplicación do efecto incentivador previsto no art. 6 do Regulamento (UE) nº 651/2014.

Beneficiarios:

a) As entidades locais de Galicia (incluíndo as agrupacións e asociacións de concellos, consorcios e mancomunidades) e entidades delas dependentes.
b) A Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e as entidades instrumentais dela dependentes.
c) Empresas legalmente constituídas.

Poderá existir unha diferenciación entre o titular da instalación solicitada e a titularidade dos centros consumidores de enerxía. Nestes casos, se o solicitante forma parte do sector público deberá xustificarse o desenvolvemento do proxecto con convenios ou acordos asinados cos titulares dos centros consumidores de enerxía que acaden o 50 % do consumo enerxético previsto na súa solicitude. Por outra banda, o solicitante tamén poderá ser unha empresa de servizos enerxéticos que subministre enerxía térmica a distintos consumidores (sector público, empresas, residencial, entidades sen ánimo de lucro…) sempre que se documente o servizo que se vai realizar, para o cal se terá en conta a documentación que se establece no artigo 9.3 das bases reguladoras, e se xustifiquen acordos cos centros consumidores con que se acade un 50 % do consumo enerxético previsto na solicitude.

Nos casos en que as empresas de servizos enerxéticos sexan as beneficiarias, deberán facer constar a solicitude e/ou concesión da axuda ao abeiro destas bases reguladoras nos acordos que subscriban cos centros consumidores de enerxía, así como os compromisos derivados da axuda, en particular, o relativo á durabilidade dos investimentos nos termos previstos no artigo 71 do Regulamento (UE) nº 1303/2013.

Son obrigas dos beneficiarios, sen prexuízo das demais obrigas que figuran no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia:
1. Cumprir o obxectivo, executar o proxecto, realizar a actividade ou adoptar o comportamento que fundamenta a concesión das subvencións.
2. Xustificar ante o Inega o cumprimento dos requisitos e condicións, así como a realización da actividade e o cumprimento da finalidade que determinen a concesión ou goce da subvención.
3. Someterse ás actuacións de comprobación que efectuase o Inega, así como a calquera outra de comprobación e control financeiro que poidan realizar os órganos de control competentes, a Intervención xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas e o Consello de Contas, achegando canta información lle sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.
Ademais, e posto que a convocatoria está dotada con fondos comunitarios, todo beneficiario se someterá ás verificacións que levará a cabo a autoridade de xestión sobre a base do disposto nos números 4 e 5 do artigo 125 do Regulamento (CE) nº 1303/2013, polo que se fixan as disposicións comúns relativas ao Feder, FSE e ao Fondo de Cohesión (DOUE L 347 do 20.12.2013) así como ás comprobacións pertinentes dos servizos financeiros da Comisión Europea e do Tribunal de Contas Europeos.
4. Comunicar ao Inega a obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas, así como a modificación das circunstancias que fundamentasen a concesión da subvención. Esta comunicación deberá efectuarse no momento en que se coñeza, e sempre con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos.
5. Manter o investimento de que se trate para a finalidade e co carácter solicitado por un período mínimo de cinco anos unha vez rematado o proxecto, previsión que para o suposto de cofinanciamento con fondos comunitarios está recollida no artigo 71 do Regulamento (CE) nº 1303/2013, polo que se fixan as disposicións xerais relativas ao Feder, FSE e ao Fondo de Cohesión (DOUE L 347, do 20 de decembro) sobre a invariabilidade das operacións durante cinco anos desde o remate da operación, mantendo o investimento sen modificacións substanciais.
No contratos de servizos enerxéticos que teñan unha duración inferior a 5 anos terase que achegar un documento asinado polo propietario da instalación en que asume o compromiso de manter o investimento hasta que se cumpra este período.
6. Dispoñer dos libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos debidamente auditados nos termos exixidos pola lexislación mercantil e sectorial aplicable ao beneficiario en cada caso, así como cantos estados contables e rexistros específicos sexan exixidos polas bases reguladoras das subvencións, coa finalidade de garantir o axeitado exercicio das facultades de comprobación e control, así como facilitar a «pista de auditoría». Así mesmo, deberán conservar os documentos xustificativos da aplicación dos fondos recibidos, incluídos os documentos electrónicos, en tanto poidan ser obxecto das actuacións de comprobación e control, durante un período de 3 anos a partir do 31 de decembro seguinte á presentación das contas en que estean incluídos os gastos da operación, ou 2 anos no caso de operacións cun gasto subvencionable igual ou superior a 1.000.000 de €.
7. Ao tratarse de subvencións cofinanciadas con fondos estruturais da Unión Europea, en relación coa publicidade do financiamento, de conformidade co previsto no anexo XII, número 2.2, do Regulamento (UE) nº 1303/2013, o beneficiario deberá:
a) En todas as medidas de información e comunicación que leve a cabo, o beneficiario deberá recoñecer o apoio do Inega, da Xunta de Galicia e do Feder ao proxecto incluíndo a imaxe institucional do Inega e a Xunta de Galicia e mostrando o emblema da Unión, así como unha referencia á Unión Europea, e unha referencia ao Fondo, que dá apoio á operación, o lema do Fondo «Unha maneira de facer europa».
b) Durante a realización do proxecto, e durante o período de duración dos compromisos de mantemento do investimento ou emprego, o beneficiario informará o público do apoio obtido do Inega, Xunta de Galicia e Feder: a) facendo unha breve descrición no seu sitio da internet, en caso de que dispoña dun, da operación, de maneira proporcionada ao nivel de apoio prestado, cos seus obxectivos e resultados, e destacando o apoio financeiro da Unión; b) colocando polo menos un cartel con información sobre o proxecto (dun tamaño mínimo A3), no cal se mencionará a axuda financeira da Unión, nun lugar visible para o público, por exemplo, na entrada dun edificio excepto cando o importe da axuda supere os 500.000 €.
Durante a execución de toda operación de financiamento de obras de infraestrutura ou construción que se beneficie dunha axuda do Feder superior a 500.000 €, o beneficiario colocará un cartel temporal de tamaño significativo nun lugar ben visible para o público.
O beneficiario colocará, nun lugar ben visible para o público, un cartel ou placa permanente de tamaño significativo nun prazo de tres meses a partir da conclusión dunha operación que reúna as características seguintes:
i. A contribución pública total á operación supera os 500.000 euros.
ii. A operación consiste na compra dun obxecto físico, no financiamento dunha infraestrutura ou en traballos de construción.
O Inega facilitará modelos aos beneficiarios a través da súa páxina web.
8. Proceder ao reintegro dos fondos percibidos, total ou parcialmente, no suposto de incumprimento das condicións establecidas para a súa concesión ou nos supostos previstos no título II da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
9. Os beneficiarios estarán obrigados a manter un sistema de contabilidade separado ou un código contable axeitado que facilite unha pista de auditoría apropiada en relación con todos os gastos realizados ao abeiro deste convenio, de acordo co disposto no artigo 140 do Regulamento (CE) nº 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro.
10. A aceptación da axuda implica a aceptación da inclusión dos beneficiarios na lista de operacións á que fai referencia o artigo 115, número 2, e co contido previsto no anexo XII do Regulamento (UE) nº 1303/2013.

Requisitos:

- Non poderán ter a condición de beneficiarios destas axudas os empresarios autónomos, e dicir, as persoas físicas que exerzan una actividade económica a título individual.

- Non poderán ter a condición de beneficiarias as empresas dos sectores excluídos do ámbito de aplicación do Regulamento (UE) nº 651/2014, do 17 de xuño, no seu artigo 1.2, entre as cales figuran:
a) As empresas do sector da pesca e da acuicultura segundo se recolle no Regulamento (UE) nº 1379/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 11 de decembro.
b) As empresas que operan na produción primaria de produtos agrícolas que figuran na lista do anexo I do tratado.
c) Aquelas que operan na transformación e comercialización dos produtos agrícolas:
1. Cando o importe da axuda se determine en función do prezo ou da cantidade de produtos deste tipo adquiridos a produtores primarios ou comercializados polas empresas interesadas.
2. Cando a axuda estea supeditada a que unha parte ou a totalidade dela repercuta nos produtos primarios.

- As empresas deberán cumprir co criterio de autonomía e demais requisitos que se establecen no anexo I do Regulamento xeral de exención por categorías.

- Se as empresas non tiveren o domicilio social en Galicia, deberán acreditar, cando menos, a existencia dun centro de traballo ou a realización dalgunha actividade empresarial xustificable dentro do territorio da comunidade autónoma.

- Os requisitos para obter a condición de beneficiarios deberanse cumprir, o máis tardar, na data límite de remate do prazo de presentación de solicitudes.

- Non poderán obter a condición de beneficiarias as empresas suxeitas a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión previa da Comisión que tivese declarado unha axuda ilegal e incompatible co mercado común.

- Non poderán ter a condición de beneficiarias as empresas en crise.

- Non poderán ter a condición de beneficiarias as persoas ou entidades en que concorra algunha das causas de exclusión previstas nos números 2 e 3 do artigo 10 da citada Lei 9/2007, do 13 de xuño.

- As entidades sen ánimo de lucro non poderán disolverse ata que transcorra o prazo de prescrición previsto nos artigos 35 e 63 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

AUTONÓMICA

Resolución do 30 de marzo de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvencións para proxectos de redes de distribución de enerxía térmica con equipamentos de xeración con biomasa, para os anos 2017-2018, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder-Galicia 2014-2020 (DOG nº 74 do 18 de abril de 2017).

AUTONÓMICA

Resolución do 31 de xullo de 2017 pola que se amplían e se redistribúen os créditos orzamentarios por grupos de beneficiarios, recollidos na Resolución do 30 de marzo de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvencións para proxectos de redes de distribución de enerxía térmica con equipamentos de xeración con biomasa, para os anos 2017-2018, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder-Galicia 2014-2020 (DOG nº 148 do 4 de agosto de 2017).

AUTONÓMICA

Resolución do 4 de outubro de 2017 sobre ampliación dos prazos establecidos no artigo 22 da Resolución do 11 de agosto de 2016, pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvencións para proxectos de redes de distribución de enerxía térmica con equipamentos de xeración con biomasa, para os anos 2016 e 2017, cofinanciadas polo fondo comunitario derivado do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (Diario Oficial de Galicia número 171, do 8 de setembro) (DOG nº 193 do 10 de outubro de 2017).

Anexos asociados

Prazo de presentación pechado (19/04/2017 - 18/05/2017)

Tramitación en liña

Iniciar presentación electrónica na sede
 
Fondo Europeo de desenvolvemento rexional