Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
IG200A
Adhesión como entidade colaboradora ao convenio de colaboración para a xestión de axudas relativas ao programa Reforma.
Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais
Consellería de Economía e Industria
As presentes bases teñen por obxecto aprobar as condicións polas cales se rexerá a concesión de axudas por parte do Igape destinadas a incentivar a demanda de materiais de rehabilitación e pezas de mobiliario para cociña e baño en Galicia, para persoas físicas, co fin de incrementar e incentivar a demanda interna e tratar de repercutir con ela nos sectores industriais e comerciais galegos, así como para a selección de entidades colaboradoras que participan na súa xestión.
Entidades colaboradoras.
Son obrigas das entidades colaboradoras, sen prexuízo do disposto no artigo 12 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia:
a) Encontrarse ao día no pagamento das obrigas coa Facenda pública do Estado, da Administración autonómica, así como coa Seguridade Social.
b) Someterse ás actuacións de inspección e control que o Igape poida efectuar respecto á xestión destas axudas, e que permitan a xustificación financeira perante a Intervención Xeral da Comunidade Autónoma e o Tribunal de Contas, así como as comprobacións previstas na lexislación do Consello de Contas, de acordo co establecido na letra d) do artigo 12 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
c) Dar a adecuada publicidade do carácter público do cofinanciamento en todas as actuacións que deriven da execución do proxecto, en cumprimento do artigo 15.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. En concreto, deberán facer constar na súa publicidade ou na información que xeren en relación co proxecto subvencionado o cofinanciamento pola Xunta de Galicia a través do Igape, así como colocar carteis indicativos e visibles nos establecementos onde consten con notoriedade os logotipos da Xunta de Galicia e do Igape.
d) Conservar os xustificantes orixinais e o resto da documentación relacionada coa axuda outorgada durante un período de cinco anos desde a súa concesión e deberán restituír as cantidades percibidas nos casos en que concorra causa de reintegro.
e) Remitir copia dixitalizada da dita documentación ao Igape.
f) Deixar clara constancia nos seus rexistros contables das operacións de venda subvencionadas, así como dos importes aboados polo Igape, de acordo co establecido no artigo 13.2.j) da Lei 9/2007 do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Xunta de Galicia
Consellería de Economía e Industria
Instituto Galego de Promoción Económica - Igape
Complexo Administrativo San Lázaro, s/n
15703 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 900815151
Email: informa@igape.es
Presencialmente, nas oficinas do Igape indicadas no enderezo seguinte: http://www.igape.es/es/que-e-o-igape/onde-estamos
Prazo de presentación: PECHADO
28/09/2017 00:00 - 27/10/2017 23:59
O prazo de adhesión das entidades colaboradoras será dun mes a partir do día hábil seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia (procedemento do Igape co código IG218).
As entidades colaboradoras adheridas asumirán os seguintes compromisos:
a) Cubrir convenientemente os formularios de solicitude de axuda, que inclúe a documentación xustificativa, a través da aplicación informática que se habilite para o efecto.
b) Vender no marco da iniciativa só os produtos que cumpran coas condicións establecidas nas bases.
c) Aplicar os descontos correspondentes ao establecemento de venda e á subvención conforme o establecido nas bases, o cal reflectirá adecuadamente na correspondente factura.
d) Facilitar canta información e documentación precise para verificar a correcta aplicación das subvencións.
e) Cumprir coa normativa establecida para o desenvolvemento do programa.
As solicitudes deberán ser presentadas polas entidades colaboradoras obrigatoriamente por vía electrónica a través do formulario normalizado, accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, ou ben desde as páxinas web http://tramita.igape.es, http://www.igape.es/reforma17, de acordo co establecido no artigo 14.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
As entidades colaboradoras interesadas deberán acceder á aplicación informática accesible desde a oficina virtual do Igape (http://tramita.igape.es) ou desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, para cubrir obrigatoriamente segundo o procedemento do Igape co código IG218 a solicitude de adhesión (anexo I), na que se declarará a vontade de adherirse ao convenio publicado como anexo IV destas bases.
Nesta aplicación deberá enumerar un conxunto de persoas da súa organización que serán as autorizadas por parte da entidade colaboradora para tramitar telematicamente e asinar electronicamente as solicitudes de axuda e cobramento das subvencións. Para poder realizar estas tarefas, as persoas citadas deberán estar provistas de certificado X509v3 dunha das entidades certificadoras das admitidas pola Consellería de Facenda (consultar en http://tramita.igape.es).
O usuario e contrasinal utilizado para o acceso á oficina virtual do Igape serán, unha vez adherida a entidade, os válidos para consultar o estado da solicitude de adhesión, para cubrir as solicitudes de axuda, e para ver o seu estado.
Unha vez xerada a solicitude, deberá presentarse obrigatoriamente por vía electrónica a través do formulario de solicitude normalizada (anexo I), accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, de acordo co establecido no artigo 14.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
No caso de presentación da solicitude de xeito presencial, o Igape requirirá á entidade colaboradora para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela na que fose realizada a emenda.
As entidades colaboradoras interesadas deberán achegar xunto coa solicitude a seguinte documentación:
a) Copia da escritura de constitución e estatutos, así como do documento acreditativo do poder suficiente do representante legal da entidade.
b) Certificado de situación censual emitido pola AEAT no caso de estar exento do imposto de actividades económicas (IAE).
De acordo co disposto no artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e o artigo 20.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, non será necesario presentar a documentación que xa se atope en poder do Igape, sempre que se manteña vixente e se identifique no formulario de solicitude o procedemento administrativo para o que foi presentada. No suposto de imposibilidade material de obter a documentación ou no caso de que se constate a non validez desta, o órgano competente poderá requirirlle ao solicitante a súa presentación ou, no seu defecto, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento.
De conformidade co artigo 28 da citada Lei 39/2015, os interesados deberán achegar coa solicitude as copias dixitalizadas dos documentos. O solicitante responsabilizarase da veracidade dos documentos que presente. A achega de tales copias implica a autorización para que a Administración acceda e trate a información persoal contida en tales documentos. Excepcionalmente, cando existan dúbidas derivadas da calidade da copia, o Igape poderá solicitar, de maneira motivada, o cotexo das copias achegadas polo interesado, para o que poderá requirirse a exhibición do documento orixinal.
Para achegar os documentos en formato electrónico, o solicitante deberá previamente dixitalizar os documentos orixinais obtendo arquivos en formato PDF. A aplicación informática permitirá anexar estes arquivos en formato PDF sempre que cada arquivo individual non supere os 4 MB. No caso de que un documento PDF ocupe máis do dito tamaño, deberá xerarse con menor tamaño. Calquera outro formato de arquivo distinto do PDF non será aceptado pola aplicación informática nin será considerado como documentación presentada.
Trámites administrativos posteriores á presentación da solicitude.
Todos os trámites administrativos que as entidades colaboradoras deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados electronicamente accedendo ao enderezo da internet http://www.tramita.igape.es.
Comprobación de datos.
Para a tramitación deste procedemento, consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:
a) DNI/NIE da persoa representante.
b) NIF da entidade solicitante.
c) Certificado da AEAT de alta no imposto de actividades económicas (IAE).
d) Certificado de estar ao día das obrigas tributarias coa AEAT.
e) Certificado de estar ao día de pago coa Seguridade Social.
f) Certificado de estar ao día de pago coa Consellería de Facenda.
No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos.
Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Prazo de resolución: 25 días hábiles desde a presentación da solicitude
Sentido do silencio: Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Resolución do 18 de setembro de 2017 pola que se lle dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras para a concesión de axudas, en réxime de concorrencia non competitiva, a particulares para a adquisición de materiais e pezas de mobiliario de cociña e baño (Reforma17), así como a selección de entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se procede á súa convocatoria (DOG nº 184 do 27 de setembro de 2017).
-
Extracto da Resolución do 18 de setembro de 2017 pola que se lle dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras para a concesión de axudas, en réxime de concorrencia non competitiva, a particulares para a adquisición de materiais e pezas de mobiliario de cociña e baño (Reforma17), así como a selección de entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se procede á súa convocatoria (DOG nº 184 do 27 de setembro de 2017).
-
Corrección de erros. Resolución do 18 de setembro de 2017 pola que se lle dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras para a concesión de axudas, en réxime de concorrencia non competitiva, a particulares para a adquisición de materiais e pezas de mobiliario de cociña e baño (Reforma17), así como a selección de entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se procede á súa convocatoria (DOG nº 194 do 11 de outubro de 2017).
-
Resolución do 22 de novembro de 2017 pola que se amplía o crédito dispoñible para o exercicio 2017 das bases reguladoras para a concesión de axudas, en réxime de concorrencia non competitiva, a particulares para a adquisición de materiais e pezas de mobiliario de cociña e baño (Reforma17) (DOG nº 225 do 27 de novembro de 2017).
-
Resolución do 26 de outubro de 2018 pola que se dá publicidade dos beneficiarios das axudas concedidas durante o segundo trimestre de 2018 (DOG nº 212 do 7 de novembro de 2018).
-
Outros procedementos relacionados
Bonos Activa comercio.
Prazo aberto: 20/05/2025 00:00 - 31/12/2025 23:59
Recoñecemento e inscrición no rexistro dunha persoa intermediaria de crédito inmobiliario, modificación de datos ou baixa.
Aberto todo o ano
Recoñecemento e inscrición no rexistro, modificación de datos ou baixa dunha persoa intermediaria de crédito inmobiliario presentada por unha persoa prestamista única.
Aberto todo o ano
Inscrición, modificación de datos ou baixa no rexistro de persoas representantes designadas por unha persoa intermediaria de crédito inmobiliario.
Aberto todo o ano