Guía de procedementos e servizos

IF320B

Modificación, supresión, suspensión ou levantamento da suspensión de servizos inscritos no Rexistro de Empresas Operadoras do Transporte Marítimo.

Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais

Aberto todo o ano

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

Todos aqueles servizos de transporte marítimo de persoas en augas interiores que estean inscritos no Rexistro de Empresas Operadoras do Transporte Marítimo deben poñer en coñecemento deste calquera alteración que afecte á súa inscripción, así como a suspensión total ou parcial dun servizo, ou a súa supresión.

Empresas navieiras que estean inscritas no rexistro como prestameiras de servizos de transporte marítimo regular en augas interiores de Galicia.

Xunta de Galicia

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

Dirección Xeral de Mobilidade

Subdirección Xeral de Ordenación do Transporte

Servizo de Ordenación do Transporte Regular de Viaxeiros

Edificio Administrativo San Caetano, s/n

15707  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981544375/ 981544583

Fax: 981544351

Email: transportepublico@xunta.gal

Dirección Xeral de Mobilidade

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

Esta orde entrará en vigor aos vinte días da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e o prazo de presentación de solicitudes comezará o día 6 de abril de 2021 e permanecerá aberto indefinidamente.

.

As empresas inscritas no Rexistro de Empresas Operadoras do Transporte Marítimo deberán notificar a modificación ou supresión dun servizo presentando unha nova declaración responsable cunha antelación mínima de dez días hábiles, para os efectos de publicitar os cambios; na dita declaración farase constar aqueles aspectos que varíen, se é o caso, nos mesmos termos que os previstos para a súa inscrición inicial.

As empresas deberán anunciar, en todo caso, nos portos de atracada e na súa páxina web, se dispón dela, as modificacións e/ou supresións dos servizos ás persoas usuarias cunha antelación mínima de dez días hábiles á data prevista para a súa aplicación efectiva

  • Inscrición no rexistro de Empresas Operadoras do Transporte Marítimo. ( 30.47.00)

Pode realizar o pago destas taxas na Oficina Virtual Tributaria.

  • Solicitude segundo o Anexo II

  • Documento xustificativo de ter aboada a taxa.

  • Acreditación da representación, no seu caso.

Comprobación de datos.

Os documentos relacionados serán obxecto de consulta ás administracións públicas. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo e achegar unha copia dos documentos.

  • NIF da entidade declarante ou representante.

  • DNI/NIE da persoa declarante ou representante.

Información de taxas.

Este procedemento está suxeito ao pago dunha taxa. A continuación móstrase a listaxe de taxas aplicables:

  • Modificación, supresión, suspensión ou levantamento da suspensión de servizos inscritos no rexistro de empresas operadoras do transporte marítimo. (Código taxa: 30.47.00)

Pode realizar o pago destas taxas na Oficina Virtual Tributaria

Contra a resolución deste procedemento poderá interpoñerse recurso a través de  "IF321C. Recurso  en materia de mobilidade"

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Lei 2/2008, do 6 de maio, pola que se desenvolve a libre prestación de servizos de transporte marítimo de persoas en augas interiores de Galicia (DOG nº 90 do 12 de maio de 2008).

    • Decreto 228/2008, do 2 de outubro, sobre a prestación de servizos de transporte marítimo de persoas en augas interiores de Galicia (DOG nº 202 do 17 de outubro de 2008).

    • Decreto 44/2021, do 28 de xaneiro, polo que se modifica o Decreto 228/2008, do 2 de outubro, sobre a prestación de servizos de transporte marítimo de persoas en augas interiores de Galicia (DOG nº 51 do 16 de marzo de 2021).

    • Orde do 4 de marzo de 2021 pola que se establecen os formularios normalizados para a inscrición e as súas modificacións no Rexistro de Empresas Operadoras do Transporte Marítimo (DOG nº 51 do 16 de marzo de 2021).

Outros procedementos relacionados

IF301S

Autorización para a prestación de servizos regulares permanentes de viaxeiros por estrada mediante a utilización dun mesmo vehículo (solapamento).

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

IF302A

Concentración de contratos de xestión de servizos públicos de transporte regular de viaxeiros por estrada.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

IF302B

Transmisión de contratos de xestión de servizos públicos de transporte regular de viaxeiros por estrada.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

IF302C

Adscrición de vehículos a contratos de xestión de servizos públicos de transporte regular de viaxeiros por estrada.

Aberto todo o ano