Guía de procedementos e servizos

IF320A

Inscrición no Rexistro de Empresas Operadoras do Transporte Marítimo e a súa renovación.

Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais

Aberto todo o ano

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

Que é e para que serve

A prestación de servizos de transporte marítimo de persoas en augas interiores de Galicia está plenamente liberalizado desde a entrada en vigor da Lei 2/2008, do 6 de maio. Non obstante, o inicio de novos servizos de carácter regular (isto é, con calendario, horarios e percorridos predefinidos) está suxeito á previa inscrición destes no Rexistro de Empresas Operadoras do Transporte Marítimo, dependente da Dirección Xeral de Mobilidade (Consellería de Infraestruturas e Mobilidade).

Quen pode solicitalo

Empresas navieiras que pretendan prestar servizos de transporte marítimo regular en augas interiores de Galicia.

Requisitos

O servizo obxecto de inscrición deberá ter un itinerario prefixado, ter unhas horas fixas de saída e axustarse a un calendario de prestación que pode ser anual ou de temporada.

Pola súa parte, os buques teñen que reunir os requisitos esixidos pola lexislación vixente en materia de transporte marítimo de pasaxeiros e seguridade marítima.

No caso de transporte a espazos naturais protexidos, o seu organismo xestor deberá certificar que a empresa está en condicións de cumprir todas as especificacións operacionais que aquel estableza.

Cando se pode solicitar

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

Esta orde entrará en vigor aos vinte días da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e o prazo de presentación de solicitudes comezará o día 6 de abril de 2021 e permanecerá aberto indefinidamente.

Como se tramita

Esta solicitude débese presentar por internet a través da sede electrónica. 

Tramitar en liña

A solicitude débela presentar electronicamente a través do botón “Tramitar en liña” dispoñible nesta páxina. 

Para presentar a solicitude en liña: 

  • Pulsa o botón «Tramitar en liña» desta páxina.
  • Identifícate electronicamente.
  • Firma a solicitude cun sistema de sinatura electrónica admitido.

Podes consultar os sistemas de identificación e firma admitidos na sede electrónica da Xunta de Galicia na seguinte ligazón. 

Que documentación hai que presentar

A documentación que debes presentar depende do tipo de solicitude que realices.

A Administración poderá comprobar automaticamente algúns datos necesarios para a tramitación.

Se non pode comprobalos, indicarémosche que documentos debes achegar.

Nalgúns casos, terás que completar e presentar formularios adicionais, chamados anexos.

Podes descargalos desde a ligazón que aparece xunto ao nome de cada formulario.

Documentación

  • Solicitude segundo o Anexo I.

  • Documento xustificativo de ter aboada a taxa.

  • Acreditación da representación, no seu caso.

Comprobación de datos.

Os documentos relacionados serán obxecto de consulta ás administracións públicas. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo e achegar unha copia dos documentos.

  • NIF da entidade declarante ou representante.

  • DNI/NIE da persoa declarante ou representante.

Información de taxas.

Este procedemento está suxeito ao pago dunha taxa. A continuación móstrase a listaxe de taxas aplicables:

  • Inscrición no rexistro de empresas operadoras do transporte marítimo. (Código taxa: 30.47.00)

Pode realizar o pago destas taxas na Oficina Virtual Tributaria.

Anexos

Taxas asociadas

  • Inscrición no rexistro de Empresas Operadoras do Transporte Marítimo. ( 30.47.00)

Pode realizar o pago destas taxas na Oficina Virtual Tributaria.

Que vai pasar despois de que o presente

Contra a resolución deste procedemento poderá interpoñerse recurso a través de  "IF321C. Recurso  en materia de mobilidade"

Canto tempo ten a Administración para resolver a solicitude?

Non especificado

Que ocorre se non recibes resposta?

Se pasa o prazo establecido para resolver e non recibes unha resposta expresa, a túa solicitude considérase estimada por silencio administrativo. 

Isto significa que a solicitude se considera aprobada. 

A Administración segue estando obrigada a resolver a túa solicitude aínda que transcorra este prazo, pero a resolución xa só poderá ser estimatoria (aprobando a túa solicitude). 

Como recibirás a resposta da Administración?

A Xunta de Galicia comunicarache a resposta á túa solicitude mediante unha notificación é dicir, unha comunicación oficial coa resolución da solicitude.

Nalgúns casos, a notificación individual substitúese ou compleméntase coa publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia e na páxina web correspondente.

Esta publicación ten a mesma validez legal que unha notificación individual.

Como podes consultar ou realizar trámites despois de presentar a solicitude?

Unha vez que presentes a solicitude e se inicie o expediente (conxunto de documentos e actuacións relacionados coa túa solicitude), podes realizar trámites electrónicos a través da Carpeta cidadá (espazo privado onde podes consultar as túas xestións coa Administración) na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Desde a Carpeta cidadá podes:

  • Consultar o estado do teu expediente.
  • Acceder á documentación.
  • Realizar os trámites que estean dispoñibles.


Se non estás obrigado a relacionarte electronicamente coa Administración, tamén podes realizar estes trámites de xeito presencial nas oficinas de asistencia en materia de rexistro (oficinas onde podes presentar documentos e recibir axuda para os teus trámites). 

Podes consultar a localización destas oficinas en: 

https://012.xunta.gal/servizos-destacados/oficinas-de-atencion 

Nestas oficinas non é necesario solicitar cita previa. 

Se desexas garantir a túa atención nunha hora determinada, solicita cita previa en: 

https://012.xunta.gal/servizos-destacados/cita-previa

Onde obter máis información

Podes obter máis información chamando ao teléfono 012 ou ao 981 900 643, servizo de información da Xunta de Galicia.

Xunta de Galicia

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

Dirección Xeral de Mobilidade

Subdirección Xeral de Ordenación do Transporte

Servizo de Ordenación do Transporte Regular de Viaxeiros

Edificio Administrativo San Caetano, s/n

15707  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981544375/ 981544583

Fax: 981544351

Email: transportepublico@xunta.gal

Órgano responsable

Dirección Xeral de Mobilidade
Normativa
    Ámbito Autonómico
    • Lei 2/2008, do 6 de maio, pola que se desenvolve a libre prestación de servizos de transporte marítimo de persoas en augas interiores de Galicia (DOG nº 90 do 12 de maio de 2008). Ligazón á normativa

    • Decreto 228/2008, do 2 de outubro, sobre a prestación de servizos de transporte marítimo de persoas en augas interiores de Galicia (DOG nº 202 do 17 de outubro de 2008). Ligazón á normativa

    • Decreto 44/2021, do 28 de xaneiro, polo que se modifica o Decreto 228/2008, do 2 de outubro, sobre a prestación de servizos de transporte marítimo de persoas en augas interiores de Galicia (DOG nº 51 do 16 de marzo de 2021). Ligazón á normativa

    • Orde do 4 de marzo de 2021 pola que se establecen os formularios normalizados para a inscrición e as súas modificacións no Rexistro de Empresas Operadoras do Transporte Marítimo (DOG nº 51 do 16 de marzo de 2021). Ligazón á normativa

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

IF301S

Autorización para a prestación de servizos regulares permanentes de viaxeiros por estrada mediante a utilización dun mesmo vehículo (solapamento).

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

IF302A

Concentración de contratos de xestión de servizos públicos de transporte regular de viaxeiros por estrada.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

IF302B

Transmisión de contratos de xestión de servizos públicos de transporte regular de viaxeiros por estrada.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

IF302C

Adscrición de vehículos a contratos de xestión de servizos públicos de transporte regular de viaxeiros por estrada.

Aberto todo o ano