Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
FA903A
Reclamación Real Decreto-lei 3/2020
Procedemento dirixido a: Cidadáns
Consellería de Facenda e Administración Pública
Interpoñer a reclamación nos procedementos de adxudicación dos contratos recollida no Real Decreto-lei 3/2020, de 4 de febreiro, de medidas urxentes polo que se incorporan ao ordenamento xurídico español diversas directivas da Unión Europea no ámbito da contratación pública en determinados sectores; de seguros privados; de planes e fondos de pensión; do ámbito tributario e de litixios fiscais.
A quen teña lexitimación para interpoñer esta reclamación, segundo os artigos 119 a 122 do Real Decreto-lei 3/2020, de 4 de febreiro, de medidas urxentes polo que se incorporan ao ordenamento xurídico español diversas directivas da Unión Europea no ámbito da contratación pública en determinados sectores; de seguros privados; de planes e fondos de pensión; do ámbito tributario e de litixios fiscais.
Xunta de Galicia
Consellería de Facenda e Administración Pública
Tribunal Administrativo de Contratación Pública Da Comunidade Autónoma de Galicia - Tacgal
Rúa Raxeira, nº 52 - 2º andar
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 881995481
Email: tacgal@xunta.gal
Prazo de presentación: Aberto todo o ano
Esta resolución entrará en vigor o día 25 de febreiro de 2020.
Cumprir cos requisitos establecidos nos artigos 119 a 122 do Real Decreto-lei 3/2020, de 4 de febreiro, de medidas urxentes polo que se incorporan ao ordenamento xurídico español diversas directivas da Unión Europea no ámbito da contratación pública en determinados sectores; de seguros privados; de planes e fondos de pensión; do ámbito tributario e de litixios fiscais.
Texto da reclamación
Documento/s que acredite a representación do comparecente
Documento/s que acrediten a lexitimación do demandante cando a posúa porque lla transmitiu outro por herdanza ou por calquera outro título.
Copia ou traslado do acto expreso contra o cal se recorra, ou indicación do expediente en que se ditase ou do boletín oficial ou perfil de contratante en que se publicou.
Comprobación de datos
Os documentos relacionados serán obxecto de consulta ás administracións públicas. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán achegar unha copia dos documentos.
DNI/NIE da persoa recorrente.
DNI/NIE da persoa representante.
Non será válida a interposición da reclamación ante o rexistro ou calquera outra dependencia da entidade contratante (art. 121.1.e) Real Decreto-lei 3/2020).
O artigo 35 quinquies da Lei 14/2013, do 26 de decembro, de racionalización do sector público autonómico (redacción dada pola Lei 4/2021, do 28 de xaneiro, de medidas fiscais e administrativas) establece:
3. A presentación dos escritos de interposición dos recursos e reclamacións, de alegacións ou de solicitudes da competencia do Tribunal Administrativo de Contratación Pública da Comunidade Autónoma de Galicia farase por medios electrónicos.
4. As comunicacións e o intercambio de documentación entre os órganos competentes para resolver os recursos, os órganos de contratación e os interesados no procedemento faranse por medios electrónicos, e de acordo co disposto na Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, no que sexa de aplicación.
5. O sistema de notificacións electrónicas de Galicia Notifica.gal é o enderezo electrónico habilitado para os efectos do artigo 51.1.e) da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014.
A sede electrónica da Xunta de Galicia permite as persoas interesadas realizar trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á Carpeta do cidadán da persoa interesada.
- Fase de solicitude
- Reclamación (Anexo IV)
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Estatal
-
Real Decreto-lei 3/2020, do 4 de febreiro, de medidas urxentes polo que se incorporan ao ordenamento xurídico español diversas directivas da Unión Europea no ámbito da contratación pública en determinados sectores; de seguros privados; de plans e fondos de pensións; do ámbito tributario e de litixios fiscais (BOE nº 31 do 5 de febreiro de 2020).
-
-
Ámbito Autonómico
-
Lei 14/2013, do 26 de decembro, de racionalización do sector público autonómico.(DOG nº 17 do 27 de xaneiro de 2014)
-
Resolución do 21 de marzo de 2018 pola que se establecen os formularios normalizados que se van empregar nos procedementos de impugnación perante este tribunal, por competencia atribuída na Lei 14/2013, do 26 de decembro, de racionalización do sector público (DOG nº 62 do 28 de marzo de 2018).
-
Outros procedementos relacionados
Bonos Activa comercio.
Prazo aberto: 20/05/2025 00:00 - 31/12/2025 23:59
Recoñecemento e inscrición no rexistro dunha persoa intermediaria de crédito inmobiliario, modificación de datos ou baixa.
Aberto todo o ano
Recoñecemento e inscrición no rexistro, modificación de datos ou baixa dunha persoa intermediaria de crédito inmobiliario presentada por unha persoa prestamista única.
Aberto todo o ano
Inscrición, modificación de datos ou baixa no rexistro de persoas representantes designadas por unha persoa intermediaria de crédito inmobiliario.
Aberto todo o ano