Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
FA902A
Medidas cautelares previas.
Procedemento dirixido a: Cidadáns
Consellería de Facenda e Administración Pública
Presentar no Tribunal Administrativo de Contratación Pública da Comunidade Autónoma de Galicia as medidas cautelares previas á interposición das vías impugnatorias das que é competente tal Tribunal, sexa verbo a interposición do recurso especial en materia de contratación, da cuestión de nulidade ou, no seu caso, da reclamación ou cuestión de nulidade prevista na Lei 31/2007, de 30 de outubro, sobre procedementos de contratación nos sectores da auga, a enerxía, os transportes e os servizos postais.
A quen teña lexitimación para presentar alegacións no no Tribunal Administrativo de Contratación Pública da Comunidade Autónoma de Galicia.
Requisitos
Cumprir cos requisitos establecidos, para a petición das medidas cautelares previas, nos artigos 44 e seguintes da Lei 9/2017, de 8 de novembro, de Contratos do Sector Público (antes artigos 40 e seguintes do texto refundido da Lei de Contratos do Sector Público, aprobado polo Real Decreto Lexislativo 3/2011, de 14 de novembro) ou nos artigos 101 e seguintes da Lei 31/2007, de 30 de outubro, sobre procedementos de contratación nos sectores da auga, a enerxía, os transportes e os servizos postais, de ser o caso.
Prazo de presentación: Aberto todo o ano
Esta resolución entrará en vigor o día 2 de abril de 2018.
Esta solicitude débese presentar por internet a través da sede electrónica.
Tramitar en liña
A solicitude débela presentar electronicamente a través do botón “Tramitar en liña” dispoñible nesta páxina.
Para presentar a solicitude en liña:
- Pulsa o botón «Tramitar en liña» desta páxina.
- Identifícate electronicamente.
- Firma a solicitude cun sistema de sinatura electrónica admitido.
Podes consultar os sistemas de identificación e firma admitidos na sede electrónica da Xunta de Galicia na seguinte ligazón.
A documentación que debes presentar depende do tipo de solicitude que realices.
A Administración poderá comprobar automaticamente algúns datos necesarios para a tramitación.
Se non pode comprobalos, indicarémosche que documentos debes achegar.
Nalgúns casos, terás que completar e presentar formularios adicionais, chamados anexos.
Podes descargalos desde a ligazón que aparece xunto ao nome de cada formulario.
Documentación
Texto da solicitude de medidas cautelares previas.
Comprobación de datos.
Os documentos relacionados serán obxecto de consulta ás administracións públicas. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán achegar unha copia dos documentos.
DNI/NIE da persoa recorrente.
DNI/NIE da persoa representante.
O artigo 35 quinquies da Lei 14/2013, do 26 de decembro, de racionalización do sector público autonómico (redacción dada pola Lei 4/2021, do 28 de xaneiro, de medidas fiscais e administrativas) establece:
3. A presentación dos escritos de interposición dos recursos e reclamacións, de alegacións ou de solicitudes da competencia do Tribunal Administrativo de Contratación Pública da Comunidade Autónoma de Galicia farase por medios electrónicos.
4. As comunicacións e o intercambio de documentación entre os órganos competentes para resolver os recursos, os órganos de contratación e os interesados no procedemento faranse por medios electrónicos, e de acordo co disposto na Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, no que sexa de aplicación.
5. O sistema de notificacións electrónicas de Galicia Notifica.gal é o enderezo electrónico habilitado para os efectos do artigo 51.1.e) da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014.
A sede electrónica da Xunta de Galicia permite as persoas interesadas realizar trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á Carpeta do cidadán da persoa interesada. Cando as persoas interesadas non resulten obrigadas á presentación electrónica das solicitudes tamén poderán tramitarse presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Anexos
- Fase de solicitude
- Solicitude (Anexo III)
Como podes consultar ou realizar trámites despois de presentar a solicitude?
Unha vez que presentes a solicitude e se inicie o expediente (conxunto de documentos e actuacións relacionados coa túa solicitude), podes realizar trámites electrónicos a través da Carpeta cidadá (espazo privado onde podes consultar as túas xestións coa Administración) na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Desde a Carpeta cidadá podes:
- Consultar o estado do teu expediente.
- Acceder á documentación.
- Realizar os trámites que estean dispoñibles.
Se non estás obrigado a relacionarte electronicamente coa Administración, tamén podes realizar estes trámites de xeito presencial nas oficinas de asistencia en materia de rexistro (oficinas onde podes presentar documentos e recibir axuda para os teus trámites).
Podes consultar a localización destas oficinas en:
https://012.xunta.gal/servizos-destacados/oficinas-de-atencion
Nestas oficinas non é necesario solicitar cita previa.
Se desexas garantir a túa atención nunha hora determinada, solicita cita previa en:
Podes obter máis información chamando ao teléfono 012 ou ao 981 900 643, servizo de información da Xunta de Galicia.
Xunta de Galicia
Consellería de Facenda e Administración Pública
Tribunal Administrativo de Contratación Pública Da Comunidade Autónoma de Galicia - Tacgal
Rúa Raxeira, nº 52 - 2º andar
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 881995481
Email: tacgal@xunta.gal
Órgano responsable
-
Lei 9/2017, do 8 de novembro, de Contratos do Sector Público (antes artigos 40 e seguintes do texto refundido da Lei de Contratos do Sector Público, aprobado polo Real Decreto Lexislativo 3/2011, de 14 de novembro) (BOE nº 272 de 9 de novembro de 2017). Ligazón á normativa
-
Lei 14/2013, do 26 de decembro, de racionalización do sector público autonómico.(DOG nº 17 do 27 de xaneiro de 2014) Ligazón á normativa
-
Resolución do 21 de marzo de 2018 pola que se establecen os formularios normalizados que se van empregar nos procedementos de impugnación perante este tribunal, por competencia atribuída na Lei 14/2013, do 26 de decembro, de racionalización do sector público (DOG nº 62 do 28 de marzo de 2018). Ligazón á normativa
Outros procedementos relacionados
Bonos Activa comercio.
Prazo aberto: 28/10/2026 09:00 - 15/12/2026 23:59
Recoñecemento e inscrición no rexistro dunha persoa intermediaria de crédito inmobiliario, modificación de datos ou baixa.
Aberto todo o ano
Recoñecemento e inscrición no rexistro, modificación de datos ou baixa dunha persoa intermediaria de crédito inmobiliario presentada por unha persoa prestamista única.
Aberto todo o ano
Inscrición, modificación de datos ou baixa no rexistro de persoas representantes designadas por unha persoa intermediaria de crédito inmobiliario.
Aberto todo o ano