Guía de procedementos e servizos

ED550A

Reserva de praza, cambio dun centro a outro ao que se estea adscrito.

Procedemento dirixido a: Cidadáns

Pechado
TRAMITAR PRESENCIALMENTE

Desenvolver o procedemento de admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que imparten as ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

Cando os postos escolares dispoñibles no centro de adscrición sexan suficientes para satisfacer a demanda existente, publicarase no taboleiro de anuncios deste centro e comunicaráselle ao centro ou centros de orixe.

Neste caso, a reserva adquirirá carácter vinculante e será incompatible coa presentación de solicitude de admisión noutro centro, salvo renuncia expresa e por escrito presentada no centro de adscrición antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.

A presentación de solicitude de admisión noutro centro estando vinculado por reserva terá a consideración prevista no artigo 34.1.b) da orde do 12 de marzo de 2013 para os efectos de perda da prioridade.

Este alumnado deberá formalizar a matrícula en tempo e forma no centro de adscrición.

Alumnos de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato.

Xunta de Galicia

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos

Subdirección Xeral de Centros

SAN CAETANO S/N

15711  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981546516

Subdirección Xeral de Centros

Prazo de presentación: PECHADO

Reserva de praza no centro de orixe: do 11 de xaneiro ao 8 de febreiro de cada ano natural. Cando o último día do prazo non sexa lectivo, prorrogarase automaticamente ata o día lectivo inmediato seguinte. Os prazos para a tramitación dos procedementos de matrícula do alumnado para o próximo curso son os que se indican a continuación: - Formalización de matrícula en educación infantil e primaria: 20-30 de xuño (Anexo III-1) - Formalización de matrícula en ESO e Bacharelato: 25 de xuño-10 de xullo (Anexos III-2 e III-3, respectivamente) - Prazo extraordinario de matrícula en ESO e Bacharelato: 1-10 setembro (Anexos III-2 e III-3, respectivamente).

Quedan excluídos do ámbito de aplicación desta orde os procedementos de admisión do alumnado en ensinanzas de formación profesional e de réxime especial.

Cando no centro de adscrición o número de postos escolares dispoñibles non sexa suficiente para satisfacer a demanda existente, comunicarase esta circunstancia ao alumnado afectado mediante a súa publicación no taboleiro de anuncios do centro de adscrición e do centro ou centros de orixe.

O alumnado afectado deberá presentar a solicitude de admisión no centro de adscrición na forma e dentro do prazo establecidos nesta orde, e posteriormente presentarán a documentación xustificativa dos criterios de baremo no prazo sinalado no apartado 6 da orde de modificación.

  • Solicitude segundo o Anexo I da Orde.

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Decreto 254/2012, do 13 de decembro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten as ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (DOG nº 245 do 26 de decembro de 2012).

    • Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (DOG nº 53 do 15 de marzo de 2013).

    • Corrección de erros. Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (DOG nº 79 do 24 de abril de 2013).

    • Orde do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (DOG nº 22 do 1 de febreiro de 2017).

    • Orde do 18 de decembro de 2020 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (DOG nº 256 do 22 de decembro de 2020).

Outros procedementos relacionados

ED317A

Avaliación e acreditación académica do alumnado que cursa as ensinanzas da formación profesional inicial

Aberto todo o ano

ED317B

Solicitude de exención de módulos de formación en centros de traballo (FCT) pola correspondencia coa practica laboral

Aberto todo o ano

ED330B

Participación no fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar.

Prazo aberto: 16/05/2025 00:00 - 20/06/2025 23:59

ED333B

Programa retorna talento FP.

Prazo aberto: 28/03/2025 00:00 - 26/05/2025 23:59