Guía de procedementos e servizos

ED540A

Inscrición nas probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para persoas maiores de dezaoito anos

Procedemento dirixido a: Cidadáns

Convocatoria 2026 - Próxima apertura: 07/04/2026 00:00 - 17/04/2026 23:59

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

TRAMITAR PRESENCIALMENTE
Sobre o procedemento

Convocar as probas do ano 2026 para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para persoas maiores de dezaoito anos.

Convocatorias

1. Convocatoria de marzo: A proba terá lugar o día 27 de marzo de 2026.

2. Convocatoria de xuño: A proba terá lugar o día 5 de xuño de 2026.

Lugares de inscrición.

As persoas aspirantes poderán formalizar a súa inscrición por calquera dos medios establecidos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas ou nun dos seguintes centros educativos:

- A Coruña: EPAPU Eduardo Pondal, rúa da Educación, n.º 3, 2.º andar, 15011 A Coruña.

- Ferrol: EPAPU Santa María de Caranza, rúa Luis de Requeséns, s/n, 15406 Ferrol.

- Santiago de Compostela: IES San Clemente, rúa San Clemente, s/n, 15705 Santiago de Compostela.

- Lugo: EPAPU Albeiros, parque da Milagrosa, s/n, 27003 Lugo.

- Ourense: EPAPU de Ourense, rúa Álvarez de Sotomayor, n.º 4, 32002 Ourense.

- Pontevedra: EPAPU Río Lérez, avenida de Buenos Aires, n.º 26, 36002 Pontevedra.

- Vigo: EPAPU Berbés, rúa Marqués de Valterra, n.º 8, 1.º andar, 36202 Vigo.

Lugares de realización das probas.

Constituiranse sedes para a realización da proba nas seguintes localidades: A Coruña, Ferrol, Santiago de Compostela, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo.

A relación dos centros educativos que actúen como sedes dos diferentes tribunais publicaranse xunto coa lista de persoas admitidas e excluídas.

Finalidade da proba

A proba ten por finalidade verificar se se alcanzaron os obxectivos da etapa establecidos na Orde do 2 de outubro de 2024 pola que se regula a educación básica para as persoas adultas e se establece o seu currículo na Comunidade Autónoma de Galicia.

Maiores de dezaoito anos.

Xunta de Galicia

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Dirección Xeral de Formación Profesional

Subdirección Xeral de Aprendizaxe Permanente, Ensinanzas Artísticas, Idiomas e Deportivas

Servizo de Ensinanzas de Réxime Especial e Aprendizaxe Permanente

San Caetano, s/n

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981 546 549/981540289

Email: educadultos@edu.xunta.gal

Dirección Xeral de Formación Profesional
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: PECHADO

26/01/2026 00:00 - 06/02/2026 23:59

07/04/2026 00:00 - 17/04/2026 23:59

O prazo de presentación de solicitudes de inscrición na proba serán:

1. O prazo de presentación de solicitudes de inscrición na proba será:

a) Para a convocatoria de marzo: do 26 de xaneiro ao 6 de febreiro de 2026, ambos os dous incluídos.

b) Para a convocatoria de xuño: do 7 ao 17 de abril de 2026, ambos os dous incluídos.

As persoas matriculadas para a primeira convocatoria que non superen a totalidade dos ámbitos da proba consideraranse matriculadas para a segunda convocatoria sen que teñan que presentar nova documentación.

1. Poderán participar as persoas que cumpran os seguintes requisitos:

a) Ser maior de dezaoito anos ou cumprir esa idade no ano 2026.

b) Non estar en posesión do título de graduado en educación secundaria obrigatoria ou de calquera outro título declarado equivalente para os efectos académicos.

c) Non estar nin ter estado matriculadas nas ensinanzas de educación secundaria obrigatoria ordinaria nin de formación profesional básica no curso 2025/26, agás as persoas matriculadas durante este curso na educación secundaria para persoas adultas, que poderán inscribirse nas probas se previamente cumpren as seguintes condicións:

• Ter solicitado a baixa nas ensinanzas do segundo cuadrimestre.

• Así mesmo, para acudir á primeira convocatoria, as persoas con ámbitos do primeiro cuadrimestre sen superar deberán renunciar á avaliación extraordinaria deses ámbitos.

2. O incumprimento dalgún destes requisitos suporá a anulación da inscrición na convocatoria da proba e dos posibles resultados académicos obtidos nela.

Solicitudes

1. Debido á imposibilidade funcional para a presentación electrónica das solicitudes nos centros educativos, as solicitudes de inscrición (anexo I) deberán presentarse presencialmente nos centros educativos sinalados no número 4 desta epígrafe ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, dirixido á Dirección Xeral de Formación Profesional da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.

2. A identidade dos solicitantes quedará acreditada mediante DNI, NIE, pasaporte ou calquera outro documento recoñecido en dereito.

3. Poderanse presentar solicitudes de inscrición nos seguintes centros educativos:

a) A Coruña: EPAPU Eduardo Pondal, rúa da Educación, nº 3, 2º andar, 15011 A Coruña.

b) Ferrol: EPAPU Santa María de Caranza, rúa Luis de Requeséns, s/n, 15406 Ferrol.

c) Santiago de Compostela: IES San Clemente, rúa San Clemente, s/n, 15705 Santiago de Compostela.

d) Lugo: EPAPU Albeiros, parque da Milagrosa, s/n, 27003 Lugo.

e) Ourense: EPAPU de Ourense, rúa Álvarez de Sotomayor, nº 4, 32002 Ourense.

f) Pontevedra: EPAPU Río Lérez, avenida de Buenos Aires, nº 26, 36002 Pontevedra.

g) Vigo: EPAPU Berbés, rúa Marqués de Valterra, nº 8, 1º andar, 36202 Vigo.

Documentación complementaria

1. Cando proceda, xunto coa solicitude achegarase a seguinte documentación complementaria, que se presentará presencialmente nos centros educativos sinalados no epígrafe anterior:

a) Pasaporte ou documento acreditativo da identidade recoñecido en dereito.

b) Certificado dos ámbitos da proba superados en anteriores convocatorias, , só no caso de aspirantes que os superasen fóra da Comunidade Autónoma de Galicia.

c) Certificación académica de ámbitos ou materias superados .

d) Certificación do ditame de discapacidade, cando esta fose recoñecida por outra Administración distinta da Xunta de Galicia, só no caso de solicitar a adaptación da proba.

2. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

• DNI/NIE da persoa solicitante.

• DNI/NIE da persoa representante.

Consultaranse ademais os seguintes datos cando a persoa interesada faga constar na solicitude que lle é de aplicación a circunstancia que acredita o documento correspondente:

• Certificado do grao de discapacidade, recoñecida pola Xunta de Galicia, só no caso de solicitar a adaptación da proba.

• Certificado de ámbitos da proba superados en anteriores convocatorias en centros dependentes da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.

• Historial académico dos estudos cursados en centros dependentes da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario de inscrición (anexo I) e achegar os documentos. Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Trámites administrativos posteriores

Todos os trámites posteriores ao inicio do procedemento deberán realizarse presencialmente nos centros educativos sinalados anteriormente  ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común. A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos para facilitar a realización dos ditos trámites que poderán ser empregados por elas.

Despois de presentar

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 2 de outubro de 2024 pola que se regula a educación básica para persoas adultas e se establece o seu currículo na Comunidade Autónoma de Galicia(DOG nº 207 do 25 de outubro de 2024).

    • Resolución do 2 de xaneiro de 2026, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se convocan as probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de dezaoito anos nas convocatorias de marzo e xuño, e se ditan instrucións para a súa realización (DOG nº 10 do 16 de xaneiro de 2026).

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

CT233A

Bolsas de formación en biblioteconomía.

Tramitar en liña

Prazo aberto: 09/01/2026 00:00 - 09/02/2026 23:59

ED003A

Inclusión nas listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en determinadas especialidades.

Tramitar en liña

Prazo aberto: 04/02/2026 00:00 - 10/02/2026 23:59

ED011A

Actualización e/ou modificación do expediente do persoal funcionario dos corpos docentes e do persoal laboral docente que imparte ensinanzas non universitarias en centros dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.

Aberto todo o ano

ED301A

Autorización de centros privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano