Guía de procedementos e servizos

ED319B

Homologación de diplomas federativos de fútbol e fútbol sala cos títulos de ensinanzas deportivas de réxime especial en fútbol e fútbol sala.

Procedemento dirixido a: Cidadáns

Convocatoria 2015 - Prazo pechado: 13/11/2015 00:00 - 27/11/2015 23:59

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

TRAMITAR PRESENCIALMENTE
Sobre o procedemento
Regular para o ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia o procedemento para a obtención individual do recoñecemento establecido pola Orde EDU/216/2011, do 8 de febreiro, dos diplomas federativos nas modalidades de fútbol ou fútbol sala de: adestrador/a nacional, adestrador/a rexional, instrutor/a base ou instrutor/a de xuvenís, acadados pola realización de formacións con carácter meramente federativo.
Quen superase a formación deportiva federativa en fútbol ou fútbol sala, levada a cabo na Comunidade Autónoma de Galicia entre o 15 de xullo de 1999 e o 9 de novembro de 2007, recoñecida mediante Resolución do 7 de abril de 2011, da presidencia do Consello Superior de Deportes, pola que se outorga o recoñecemento a determinadas formacións deportivas federativas impartidas pola Real Federación de Fútbol e as federacións territoriais entre 1999 e 2007 (BOE do 25 de abril), poderán solicitar as seguintes homologacións:

- Homologación do diploma federativo de adestrador/a rexional de fútbol ou fútbol sala, co título de técnico deportivo superior en fútbol ou en fútbol sala.

- Homologación do diploma federativo de adestrador/a nacional de fútbol ou fútbol sala, co título de técnico deportivo superior en fútbol ou en fútbol sala.

Xunta de Galicia

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Dirección Xeral de Formación Profesional

Subdirección Xeral de Aprendizaxe Permanente, Ensinanzas Artísticas, Idiomas e Deportivas

Servizo de Ensinanzas de Réxime Especial e Aprendizaxe Permanente

San Caetano, s/n - Bloque 2, 2º Andar

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981546511

Fax: 981546551

Servizo de Ensinanzas de Réxime Especial e Aprendizaxe Permanente
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: PECHADO

13/11/2015 00:00 - 27/11/2015 23:59

Novo prazo:13.11.15 a 27.11.15.As solicitudes presentaranse nos centros IES Universidade Laboral(Culleredo) e Sánchez Cantón(Pontevedra).Non necesitarán presentar solicitude os participantes na 1ª ou 2ª convocatoria e que cumpran os requisitos.

Homologación do diploma federativo de adestrador/a rexional de fútbol ou fútbol sala.

Quen desexe obter a homologación do diploma federativo de técnico deportivo en fútbol ou fútbol sala co título de técnico deportivo en fútbol ou fútbol sala deberá reunir os seguintes requisitos:

a) Acreditar a condición de adestrador/a rexional de fútbol ou fútbol sala segundo o modelo establecido no anexo II da presente orde.

b) Estar en posesión do título de graduado en educación secundaria obrigatoria establecido na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, ou equivalente para efectos académicos, ou acreditar calquera das condicións a que se refire o punto 1 da disposición adicional décimo segunda do Real decreto 1363/2007, do 24 de outubro, polo que se establece a ordenación xeral das ensinanzas deportivas de réxime especial.

c) Superar a proba de conxunto de grao medio establecida no capítulo IV desta orde, cuxa superación dará dereito á expedición do correspondente certificado segundo o modelo establecido no anexo V da presente orde.

Homologación do diploma federativo de adestrador/a nacional de fútbol ou fútbol sala.

Quen desexe obter a homologación do diploma federativo de adestrador/a nacional de fútbol o fútbol sala co título de técnico deportivo superior en fútbol ou fútbol sala deberá reunir os seguintes requisitos:

a) Acreditar a condición de adestrador/a nacional de fútbol ou fútbol sala segundo o modelo establecido no anexo II da presente orde.

b) Estar en posesión do título de Bacharel establecido na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, ou equivalente para efectos académicos, ou acreditar calquera das condicións a que se refire o punto 2 da disposición adicional décimo segunda do Real decreto 1363/2007, do 24 de outubro, polo que se establece a ordenación xeral das ensinanzas deportivas de réxime especial.

c) Superar a proba de conxunto de grao superior establecida no capítulo IV desta orde, cuxa superación dará dereito á expedición do correspondente certificado segundo o modelo establecido no anexo V da presente orde.

  • Para a participación no procedemento de homologación do diploma de adestrador/a rexional co título de tecnico deportivo ou no procedemento de homologación do diploma de adestrador/a nacional co título de tecnico deportivo superior deberán presentarse os documentos que a continuación se detallan:

    • Solicitude de homologación de diplomas federativos de fútbol ou de fútbol sala cos títulos de ensinanzas deportivas de rexime especial en fútbol ou de fútbol sala, conforme o modelo establecido no anexo IV desta orde.

    • Certificado que acredite a formación federativa correspondente segundo o anexo II desta orde.

    • Acreditación do correspondente requisito academico para efectos de acceso, segundo o recollido nos artigos 5.b) ou 6.b) desta orde.

    • Xustificación do pagamento do prezo público establecido para a proba para homologación de ensinanzas deportivas, segundo o establecido no Decreto 89/2013, do 13 de xuño, polo que se fixan os prezos públicos correspondentes aos devanditos estudos.

    • Copia do DNI (só no caso de non autorizar a súa consulta no Sistema de verificación de datos de identidade).

  • As solicitudes, xunto coa documentación que se detalla no artigo seguinte, presentaranse nas secretarías dos centros públicos IES Universidade Laboral (Culleredo) e IES Sánchez Cantón (Pontevedra), dirixidas á dirección do centro, sen prexuízo da súa presentación por calquera dos medios establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de rexime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e utilizarase o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.es.

    En caso de enviarse por correo, o envío deberá ser certificado, co selo de Correos na primeira folla do formulario para garantir que a data de remisión e anterior á de peche para a participación no procedemento de homologación.

Despois de presentar

Prazo de resolución: Cinco meses

Sentido do silencio: Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 27 de xuño de 2014 pola que se regula para a Comunidade Autónoma de Galicia o procedemento de recoñecemento das formacións de adestradores/as deportivos/as na modalidade de fútbol, realizadas entre o 15 de xullo de 1999 e o 9 de novembro de 2007 (DOG nº 129 do 9 de xullo de 2014).

    • Corrección de erros. Orde do 27 de xuño de 2014 pola que se regula para a Comunidade Autónoma de Galicia o procedemento de recoñecemento das formacións de adestradores/as deportivos/as na modalidade de fútbol, realizadas entre o 15 de xullo de 1999 e o 9 de novembro de 2007 (DOG nº 200 do 20 de outubro de 2014).

    • Resolución do 27 de abril de 2015, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se abre un novo prazo de presentación de solicitudes para concorrer ás probas de conxunto establecidas na Orde do 27 de xuño de 2014, corrixida no Diario Oficial de Galicia do 20 de outubro, e se nomean os membros do tribunal que actuará nos procedementos de recoñecemento das formacións de adestradores/as deportivos/as nas modalidades de fútbol e fútbol sala (DOG nº 86 do 8 de maio de 2015).

    • Resolución do 29 de outubro de 2015, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se abre un novo prazo de presentación de solicitudes para concorrer ás probas de conxunto establecidas na Orde do 27 de xuño de 2014, corrixida no Diario Oficial de Galicia do 20 de outubro, e se nomean os membros do tribunal que actuará nos procedementos de recoñecemento das formacións de adestradores/as deportivos/as nas modalidades de fútbol e fútbol sala (DOG nº 216 do 12 de novembro de 2015).

  • Ámbito Estatal
    • Orde EDU/216/2011, do 8 de febreiro, pola que se establece o procedemento de recoñecemento das formacións de adestradores deportivos nas modalidades de fútbol e fútbol sala (BOE nº 36 do 11 de febreiro de 2011).

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

ED317A

Avaliación e acreditación académica do alumnado que cursa as ensinanzas da formación profesional inicial

Aberto todo o ano

ED317B

Solicitude de exención de módulos de formación en centros de traballo (FCT) pola correspondencia coa practica laboral

Aberto todo o ano

PE405A

Concesión de licenza de pesca marítima de recreo.

PE405B

Autorización para inmersión e concursos ou campionatos de pesca marítima de recreo.