Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
ED312C
Inscrición para a proba de acceso a ciclos formativos de grao medio de formación profesional.
Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
A regulación das probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio de formación profesional no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2025.
As probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio teñen por finalidade permitir ás persoas que non posúan o título de graduado en educación secundaria obrigatoria nin un título profesional básico, nin outros estudos equivalentes para os efectos de acceso, continuar a súa formación accedendo aos ciclos formativos de formación profesional de grao medio, nunhas condicións suficientes para cursaren con aproveitamento estas ensinanzas.
Xunta de Galicia
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Dirección Xeral de Formación Profesional
Subdirección Xeral de Cualificacións, Planificación e Xestión da Formación Profesional
Servizo de Xestión da Formación Profesional
San Caetano, s/nº
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 881997408/881997407
Email: ciclos.probas@edu.xunta.gal
Xunta de Galicia
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Departamento Territorial da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional da Coruña
Servizo Territorial de Inspección Educativa da Coruña
Rúa Vicente Ferrer, nº 2
15008 Coruña, A (Coruña, A)
Teléfono: 981184731
Xunta de Galicia
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Departamento Territorial da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional de Lugo
Servizo Territorial de Inspección Educativa de Lugo
Ronda Muralla, nº 70
27071 Lugo (Lugo)
Teléfono: 982294212
Xunta de Galicia
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Departamento Territorial da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional de Ourense
Servizo Territorial de Inspección Educativa de Ourense
Rúa do Concello, nº 11 - 6º
32003 Ourense (Ourense)
Teléfono: 988386615
Xunta de Galicia
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Departamento Territorial da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional de Pontevedra
Servizo Territorial de Inspección Educativa de Pontevedra
Rúa Fernández Ladreda, nº 43 - 8º andar
36003 Pontevedra (Pontevedra)
Teléfono: 986805918
Prazo de presentación: PECHADO
24/02/2025 00:00 - 12/03/2025 23:59
O prazo de presentación estará abranguido entre os días 24 de febreiro e 12 de marzo de 2025, ambos os dous incluídos.
Poderán participar na proba de acceso aos ciclos formativos de grao medio as persoas que non cumpran os requisitos académicos esixidos para acceder a eles e teñan dezasete anos ou os fagan no ano natural de celebración da proba.
Presentación de solicitudes
1. As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado de solicitude, anexo I (código de procedemento ED312C), dispoñible na aplicación informática «Ciclosprobas» (https://www.edu.xunta.gal/ciclosprobas/PaxinaInicio.do), accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal).
2. Tamén se poderán presentar as solicitudes na secretaría de calquera centro docente público da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional que imparta ciclos formativos de formación profesional no curso académico 2024-2025. As persoas interesadas deberán cubrir a solicitude a través da aplicación «Ciclosprobas» (https://www.edu.xunta.gal/ciclosprobas/PaxinaInicio.do), que xerará un documento en formato PDF co formulario normalizado de solicitude, anexo I (código de procedemento ED312C), que a persoa interesada deberá imprimir e posteriormente presentar no centro de inscrición. No caso de solicitantes menores de idade, poderán realizar a solicitude a través da aplicación informática as persoas titulares da patria potestade ou os representantes legais.
3. O centro de inscrición elixido pola persoa solicitante tomarase como referencia para a asignación da sede de realización da proba de acceso.
Proba de acceso a grao medio, documentación complementaria.
1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:
a) Copia do pasaporte ou do documento de identificación da Unión Europea, cando non se dispoña de DNI ou NIE.
b) Resolución xudicial acreditativa da separación ou divorcio, situacións de violencia de xénero ou de que a patria potestade estea atribuída, con carácter exclusivo, a unha das persoas proxenitoras (documento 1).
c) Certificado do grao de discapacidade, cando fose expedido por outra comunidade autónoma (documento 2).
d) Ditame técnico facultativo, cando fose expedido por outra comunidade autónoma (documento 3).
e) Xustificación documental do diagnóstico de TDAH (documento 4).
f) Certificado de realización dunha proba de acceso a ciclos formativos de grao medio de formación profesional, cando fose expedido por outra comunidade autónoma (documento 5).
g) Certificación académica de módulos superados dun título de formación profesional básica, cando fose expedida por outra comunidade autónoma (documento 6).
h) Certificación académica de módulos superados dun programa de cualificación profesional inicial, cando fose expedida por outra comunidade autónoma (documento 7).
i) Certificación académica de ámbitos superados do nivel II da educación secundaria para as persoas adultas, cando fose expedida por outra comunidade autónoma (documento 8).
j) Certificado de profesionalidade (documento 9).
k) Informe de vida laboral da Tesouraría Xeral da Seguridade Social ou o equivalente da mutualidade laboral que corresponda (documento 10).
l) Persoal das Forzas Armadas: certificación de vida laboral expedida pola pagadoría do centro de destino actual onde consten os empregos desempeñados por destino, coa especialidade militar e o período de exercicio (documento 11).
m) Certificado de ter realizado un curso autorizado de preparación da proba de acceso aos ciclos formativos de grao medio (documento 12).
2. A documentación complementaria presentarase xunto coa solicitude, segundo o establecido nos artigos 16 e 17 desta orde.
As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de xeito motivado o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
Proba de acceso a grao medio, comprobación de datos.
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
a) DNI ou NIE da persoa solicitante.
Consultaranse ademais os seguintes datos cando a persoa interesada faga constar na solicitude que lle é de aplicación a circunstancia que acredita o documento correspondente:
a) Certificado do grao de discapacidade, cando fose expedido por organismos dependentes da Xunta de Galicia (documento 2).
b) Ditame técnico facultativo, cando fose expedido por organismos dependentes da Xunta de Galicia (documento 3).
c) Certificado de realización dunha proba de acceso a ciclos formativos de grao medio de formación profesional, realizada en Galicia (documento 5).
d) Certificación académica de módulos superados dun título de formación profesional básica, cursado en Galicia (documento 6).
e) Certificación académica de módulos superados dun programa de cualificación profesional inicial, cursado en Galicia (documento 7).
f) Certificación académica de ámbitos do nivel II da educación secundaria para as persoas adultas, cursado en Galicia (documento 8).
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.
Cando así o exixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores á presentación da solicitude.
Os trámites posteriores ao inicio do procedemento deberán realizarse presencialmente en calquera centro educativo de inscrición. A sede electrónica da Xunta de Galicia ten ao dispor das persoas interesadas unha serie de modelos para facilitar a realización dos devanditos trámites que poderán ser empregados por elas.
- Fase de solicitude
- Solicitude (Anexo I)
Prazo de resolución:
Poderanse consultar de xeito individual a información das resolucións na aplicación informática "Ciclosprobas".
Sentido do silencio:
Non especificado
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 4 de febreiro de 2025 pola que se regulan as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo, e se convocan para o ano 2025 (códigos de procedemento ED312C e ED312D) (DOG nº 30 do 13 de febreiro de 2025).
-
Resolución do 27 de febreiro de 2025, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se nomea e se fai pública a composición do tribunal que deberá xulgar as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional para o ano 2025 (DOG nº 44 do 5 de marzo de 2025).
-
Outros procedementos relacionados
Modificación da autorización de centros de ensinanzas de técnicos deportivos.
Aberto todo o ano
Extinción da autorización de centros de ensinanzas de técnicos deportivos.
Aberto todo o ano
Avaliación e acreditación académica do alumnado que cursa as ensinanzas da formación profesional inicial
Aberto todo o ano
Solicitude de exención de módulos de formación en centros de traballo (FCT) pola correspondencia coa practica laboral
Aberto todo o ano