Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
ED305F
Realización de actividades de formación do profesorado no estranxeiro.
Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
A convocatoria de prazas para a realización de itinerarios formativos para a mellora da competencia lingüística e comunicativa e actualización metodolóxica en lingua estranxeira do profesorado.
1. As persoas solicitantes deben ser funcionarios/as de carreira ou funcionarios/as en prácticas dos corpos docentes detallados neste artigo, que estean a impartir docencia en centros educativos públicos de ensinanzas non universitarias dependentes desta consellería. No caso do funcionariado en prácticas, poderá participar nas actividades formativas sempre e cando estas se desenvolvan fóra do período efectivo de prácticas.
Cada docente realizará unha única solicitude con elección por orde de prioridade das actividades formativas en que desexe participar e a adxudicación será a unha das actividades, segundo a orde de prioridade marcada, e non quedará como suplente no resto de actividades solicitadas. No caso de que non se lle adxudique ningunha actividade, pasará a estar na listaxe de suplentes para todas as actividades solicitadas. Se se lle ofrece unha praza, ao producirse algunha renuncia nalgunha das actividades solicitadas, ten que aceptar esa praza ou renunciar a todas, sen posibilidade de optar a outra das actividades solicitadas en caso de que haxa unha renuncia posterior.
2. Na Modalidade 1: Integración, poderá participar, segundo as actividades relacionadas no anexo IV, o seguinte profesorado:
a) Actividade 1. Integración para profesorado de inglés en infantil e primaria.
Profesorado especialista en inglés do corpo de mestres que estea a impartir inglés en educación infantil, educación primaria ou 1º e 2º de ESO.
b) Actividade 2. Integración para profesorado de inglés de secundaria e formación profesional.
Profesorado especialista en inglés do corpo de profesores ou catedráticos de ensino secundario que estea a impartir inglés en educación secundaria obrigatoria, bacharelato ou formación profesional.
c) Actividade 3. Integración inglés para profesorado CLIL de infantil e primaria.
Profesorado CLIL en inglés do corpo de mestres que estea a participar nos programas de centros plurilingües e/ou seccións bilingües, que imparta docencia directa na aula en infantil, primaria ou 1º e 2º de ESO e que teña acreditado un nivel B2 ou superior en lingua inglesa do MCERL.
d) Actividade 4. Integración inglés para profesorado CLIL de ESO e bacharelato.
Profesorado de materias/módulos non lingüísticos impartidos en inglés (en diante, CLIL en inglés) dos corpos de profesores ou catedráticos de ensino secundario, que estea a participar nos programas de centros plurilingües e/ou seccións bilingües, que imparta docencia directa na aula en educación secundaria obrigatoria ou bacharelato e que teña acreditado un nivel B2 ou superior en lingua inglesa do MCERL.
e) Actividade 5. Integración inglés para profesorado CLIL de FP.
Profesorado CLIL en inglés que imparta docencia directa na aula en formación profesional, que estea a participar nos programas de plurilingüismo e/ou seccións bilingües e que teña acreditado un nivel B2 ou superior en lingua inglesa do MCERL.
f) Actividade 6. Integración inglés para profesorado da EOI.
Profesorado especialista en inglés dos corpos de profesores ou catedráticos de escolas oficiais de idiomas que imparta inglés nas escolas oficias de idiomas ou nas súas seccións.
g) Actividade 7. Integración en lingua francesa para profesorado especialista de francés e CLIL de educación primaria, secundaria, formación profesional e EOI.
Profesorado especialista de francés que imparta francés en educación primaria, educación secundaria, formación profesional ou EOI, así como profesorado CLIL en francés que imparta docencia directa na aula en educación primaria, educación secundaria e formación profesional e que teña acreditado un nivel B2 ou superior en francés do MCERL.
h) Actividade 8. Integración en lingua portuguesa para profesorado especialista e CLIL de educación secundaria, formación profesional e EOI.
Profesorado de lingua portuguesa e CLIL en portugués que imparta portugués ou CLIL portugués na aula en educación secundaria, formación profesional ou EOI e que teña acreditado un nivel B2 ou superior en lingua portuguesa do MCERL.
3. Na modalidade 2: Curso no estranxeiro, poderá participar, segundo as actividades relacionadas no anexo IV, o seguinte profesorado:
a) Actividade 9. Inglés para profesorado especialista de infantil e primaria.
Profesorado especialista en inglés do corpo de mestres que estea a impartir inglés en educación infantil, educación primaria ou 1º e 2º de ESO.
b) Actividade 10. Inglés para profesorado especialista de secundaria, formación profesional e EOI.
Profesorado especialista en inglés do corpo de profesores ou catedráticos de ensino secundario e profesorado ou catedráticos de EOI que estea a impartir inglés en educación secundaria obrigatoria, bacharelato, formación profesional ou EOI.
c) Actividade 11. Inglés para profesorado CLIL de infantil e primaria.
Profesorado CLIL en inglés do corpo de mestres que imparta docencia directa na aula en educación infantil, educación primaria ou 1º e 2º de ESO e que teña acreditado un nivel B2 ou superior en lingua inglesa do MCERL. Do mesmo xeito, poderá participar outro profesorado do corpo de mestres, que imparta docencia directa na aula, que teña acreditado un nivel B2 ou superior en lingua inglesa do MCERL de acordo co anexo da Orde do 21 de xuño de 2016 pola que se modifica a Orde do 18 de febreiro de 2011 pola que se establece o procedemento de acreditación de competencia en idiomas do profesorado para impartir nunha lingua estranxeira áreas, materias ou módulos non lingüísticos nos centros docentes públicos dependentes desta consellería.
d) Actividade 12. Inglés para profesorado CLIL de secundaria, formación profesional e ensinanzas de réxime especial, agás EOI.
Profesorado CLIL en inglés dos corpos de profesores ou catedráticos de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional ou ensinanzas de réxime especial, que imparta docencia directa na aula, en educación secundaria, formación profesional ou ensinanzas de réxime especial, agás en EOI, e que teña acreditado un nivel B2 ou superior en lingua inglesa do MCERL. Do mesmo xeito, poderá participar outro profesorado de educación secundaria, formación profesional e ensinanzas de réxime especial, que imparta docencia directa na aula, que teña acreditado un nivel B2 ou superior en lingua inglesa do MCERL.
e) Actividade 13. Francés para profesorado especialista e CLIL de educación primaria, educación secundaria, formación profesional e ensinanzas de réxime especial.
Profesorado especialista en francés e CLIL en francés que imparta francés ou CLIL francés na aula en educación primaria, educación secundaria, formación profesional ou ensinanzas de réxime especial e que teña acreditado un nivel B2 ou superior en lingua francesa do MCERL. Do mesmo xeito, poderá participar outro profesorado, que imparta docencia directa na aula, e que teña acreditado un nivel B2 ou superior en lingua francesa do MCERL de acordo co anexo da Orde do 21 de xuño de 2016 pola que se modifica a Orde do 18 de febreiro de 2011 pola que se establece o procedemento de acreditación de competencia en idiomas do profesorado para impartir nunha lingua estranxeira áreas, materias ou módulos non lingüísticos nos centros docentes públicos dependentes desta consellería.
f) Actividade 14. Portugués para profesorado especialista e CLIL de educación secundaria, formación profesional e ensinanzas de réxime especial.
Profesorado especialista en portugués e CLIL en portugués que imparta portugués na aula en educación secundaria, formación profesional ou ensinanzas de réxime especial e que teña acreditado un nivel B2 ou superior en lingua portuguesa do MCERL. Do mesmo xeito, poderá participar outro profesorado, que imparta docencia directa na aula, que teña acreditado un nivel B2 ou superior en lingua portuguesa do MCERL de acordo co anexo da Orde do 21 de xuño de 2016 pola que se modifica a Orde do 18 de febreiro de 2011 pola que se establece o procedemento de acreditación de competencia en idiomas do profesorado para impartir nunha lingua estranxeira áreas, materias ou módulos non lingüísticos nos centros docentes públicos dependentes desta consellería.
g) Actividade 15. Alemán para profesorado especialista e CLIL de educación secundaria, formación profesional e ensinanzas de réxime especial.
Profesorado especialista de alemán e CLIL en alemán que imparta alemán na aula en educación secundaria, formación profesional ou ensinanzas de réxime especial e que teña acreditado un nivel B2 ou superior en lingua alemá do MCERL. Do mesmo xeito, poderá participar outro profesorado, que imparta docencia directa na aula, que teña acreditado un nivel B2 ou superior en lingua alemá do MCERL, de acordo co anexo da Orde do 21 de xuño de 2016 pola que se modifica a Orde do 18 de febreiro de 2011 pola que se establece o procedemento de acreditación de competencia en idiomas do profesorado para impartir nunha lingua estranxeira áreas, materias ou módulos non lingüísticos nos centros docentes públicos dependentes desta consellería.
Xunta de Galicia
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa
Subdirección Xeral de Inclusión e Innovación Educativa
Servizo de Inclusión, Orientación e Convivencia
San Caetano, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981546515
Fax: 981546550
Email: formaes@edu.xunta.es
Prazo de presentación: PECHADO
03/03/2025 00:00 - 21/03/2025 23:59
O prazo para a presentación de solicitudes será de quince (15) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Se o último día de prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.
A adxudicación con carácter definitivo dunha das actividades é incompatible coa concesión, de ser o caso, de licenzas por formación para o curso 2025/26 da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.
Solicitudes.
1. As solicitudes (anexo I) presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado accesible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal (código de procedemento ED305F). O procedemento de solicitude iniciarase a través da aplicación en liña dispoñible desde a páxina web https://www.edu.xunta.gal/piale e cubrirase o formulario electrónico que corresponda en función da actividade en que desexan participar. Unha vez cuberto este formulario, gravarán os datos na aplicación en liña, e posteriormente realizarán a presentación a través da sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal/, segundo as indicacións dispoñibles na aplicación https://www.edu.xunta.gal/piale/
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
No caso de presentar máis dunha solicitude, admitirase unicamente a última presentada na sede electrónica da Xunta de Galicia.
2. O modelo de solicitude (anexo I) inclúe unha declaración responsable pola cal a persoa solicitante declara que o nivel de coñecemento de linguas estranxeiras do MCERL alegado na solicitude é o nivel máximo que ten acreditado na data de presentación da solicitude, de acordo co establecido na Orde do 18 de febreiro de 2011 pola que se establece o procedemento de acreditación de competencia en idiomas do profesorado para impartir nunha lingua estranxeira áreas, materias ou módulos non lingüísticos nos centros docentes públicos dependentes desta consellería (DOG do 26 de abril), modificada pola Orde do 21 de xuño de 2016 (DOG do 7 de xullo).
Documentación complementaria.
1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:
a) Anexo III, modelo de folla de autobaremación cuberta nas epígrafes que correspondan, no cal se relacionen os méritos alegados na mesma orde que aparecen expostos no anexo II.
b) Acreditación dos méritos académicos, profesionais ou de calquera índole que aleguen, que non estean recollidos no seu expediente de datos persoais. Estes serán xustificados mediante os documentos que se especifican no baremo que se inclúe no anexo II. Non se terán en conta nin se valorarán os méritos alegados e non xustificados debidamente, nin os que se aleguen fóra do prazo a que se refire o artigo 10 desta convocatoria.
c) Certificado, expedido pola Secretaría do centro, co visto e prace da persoa directora, no cal consten a área, materia ou módulo que imparte a persoa solicitante durante o curso académico 2024/25. No caso de que a persoa solicitante sexa coordinadora de centros plurilingües ou do programa de seccións bilingües ou profesorado CLIL, tamén deberá constar esta circunstancia no certificado.
d) Acreditación do nivel lingüístico segundo o MCERL, na/nas lingua/s correspondente/s da/das actividade/es solicitada/s, agás para aquelas persoas que xa teñan recollida esta información no seu expediente de datos persoais.
Para aquelas solicitudes que non acheguen os documentos anteriormente sinalados, será requirido/a o interesado ou interesada para que, nun prazo de dez días hábiles, emende as faltas ou remita os documentos preceptivos. Transcorrido este prazo sen que se emenden os erros ou se achegue a documentación preceptiva, considerarase que a persoa interesada desiste da súa petición, nos termos e condicións establecidos no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.
Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o cal poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
4. No caso de que algún dos documentos que se van presentar de forma electrónica superase os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no punto anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes.
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Comprobación de datos.
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
a) DNI ou NIE da persoa solicitante.
b) DNI ou NIE da persoa representante.
c) Títulos oficiais universitarios.
d) Títulos oficiais non universitarios.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.
Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas que presenten os documentos correspondentes.
Prazo de resolución:
Cinco meses
Sentido do silencio:
Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 31 de xaneiro de 2025 pola que se convocan prazas destinadas ao profesorado para a realización de itinerarios formativos para a mellora da súa competencia lingüística e comunicativa, relativos ao Programa integral de aprendizaxe de linguas estranxeiras (PIALE) para o ano 2025 (DOG nº 41 do 28 de febreiro de 2025).
-
Orde do 3 de xullo de 2025 pola que se resolve definitivamente a convocatoria de prazas destinadas ao profesorado para a realización de itinerarios formativos para a mellora da súa competencia lingüística e comunicativa, relativos ao Programa integral de aprendizaxe de linguas estranxeiras (PIALE), para o ano 2025 (DOG nº 133 do 14 de xullo de 2025)..
-
Outros procedementos relacionados
Autorización de centros privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias.
Aberto todo o ano
Modificación de autorización de centros privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias.
Aberto todo o ano
Autorización de centros privados para impartir ensinanzas artísticas.
Aberto todo o ano
Modificación de autorización de centros privados para impartir ensinanzas artísticas.
Aberto todo o ano