Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
ED202A
Axudas económicas para a formación en empresa
Procedemento dirixido a: Cidadáns
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Convocar axudas económicas para a realización da formación en empresa establecida para os ensinos incluídos no sistema educativo de Formación Profesional
Establécense as seguintes modalidades de axudas:
1. Modalidade A: alumnado matriculado en ciclos formativos de grao básico, grao medio e grao superior de formación profesional, cursos de especialización de formación profesional, ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño, ensinanzas deportivas de réxime especial e programas formativos, que realice a formación en empresa dentro do territorio español.
2. Modalidade B: alumnado matriculado en ciclos formativos de grao básico, grao medio ou grao superior de formación profesional, cursos de especialización de formación profesional, ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño, ensinanzas deportivas de réxime especial e programas formativos, que realice a formación en empresa fóra do territorio español.
Xunta de Galicia
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Dirección Xeral de Formación Profesional
Subdirección Xeral de Innovación Profesional e Coordinación co Sistema Produtivo
Servizo de Coordinación co Sistema Produtivo
Edificio Administrativo San Caetano.
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 881996505
Email: csp@edu.xunta.gal
Prazo de presentación: ABERTO
30/01/2026 00:00 - 30/06/2026 23:59
13/10/2026 00:00 - 13/11/2026 23:59
Convócanse dous períodos de presentación de solicitudes:
– O primeiro prazo, desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia ata o 30 de Xuño de 2026, para o alumnado matriculado en ensinanzas de FP dual, en réxime xeral ou intensivo, que realice o seu período formativo na empresa ata o 31 de agosto de 2026.
Acollerase a este primeiro prazo o alumnado que realice a FCT nos períodos outubro 2025-marzo 2026 e nos períodos xaneiro-xuño, xaneiro-marzo e abril-xuño de 2026.
O alumnado a que lle corresponda realizar a FCT no período de setembro-decembro de 2026 e que anticipe a súa realización non se acollerá a este primeiro prazo.
– O segundo prazo, comprendido entre o 13 de outubro e o 13 de novembro de 2026, para o alumnado matriculado en ensinanzas de FP dual, en réxime xeral ou intensivo, que realice o seu período formativo na empresa no período setembro-decembro de 2026.
Acollerase a este segundo prazo o alumnado que lle corresponda realizar a FCT no período de setembro-decembro de 2026. Este alumnado deberá finalizar obrigatoriamente o período de formación en centros de traballo antes do 31 de decembro de 2026.
1. Estar matriculado ou ter estado matriculado nun centro público desta comunidade autónoma ou, no caso dos centros privados, nun ensino concertado coa Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, durante o ano 2026.
2. Realizar prácticas en empresas ou entidades colaboradoras, entre setembro de 2025 e decembro de 2026, no marco dun ciclo formativo de grao básico, grao medio ou grao superior de formación profesional, cursos de especialización de formación profesional, ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño, ensinanzas deportivas de réxime especial e programas formativos.
3. Finalizar completamente o período de formación práctica en centros de traballo ou finalizar completamente o período de formación en empresas establecido para un curso académico en ensinos de FP dual, en réxime xeral ou intensivo, antes do 31 de decembro de 2026.
4. Realizar como mínimo o 80 % das xornadas en empresa establecidas en cada ensino segundo o establecido no currículo ou no proxecto de FP dual intensiva para o curso académico correspondente.
5. No caso do alumnado de ensinos de FP dual en réxime intensivo, que o proxecto non inclúa axudas para desprazamento ou aloxamento.
6. No caso da modalidade A, que o concello do centro de traballo sexa distinto do concello do centro educativo e distinto do concello de residencia do/da alumno/a durante o período de realización da formación en empresa.
7. No caso da modalidade B, que o/a alumno/a non gozase dunha axuda Erasmus+ KA121, KA122 ou calquera outra axuda que financie totalmente o período de realización da formación en empresa.
8. Cumprir os requisitos para obter a condición de persoa beneficiaria consonte o artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, de estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento ningunha débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma segundo indica o artigo 11 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007,do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Solicitudes
1. As solicitudes, xunto co resto dos anexos requiridos, seranlle facilitadas ao alumnado polo centro educativo en que estea matriculado no momento de realizar a formación en empresa. Toda a documentación xerarase a través da aplicación informática www.edu.xunta.gal/fct. Os anexos asociados a este procedemento tamén estarán dispoñibles na Guía de procedementos e servizos da sede electrónica.
2. As solicitudes presentaranse no centro educativo onde o alumnado estea matriculado no momento de realizar a formación en empresa.
Documentación complementaria
1. A documentación complementaria que de ser o caso fose necesario presentar coa solicitude presentaraa o alumnado no centro educativo en que estea matriculado no momento de realizar a formación en empresa.
2. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar, de maneira motivada, o cotexo das copias presentadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
Comprobación de datos
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
– DNI ou NIE da persoa solicitante.
– DNI ou NIE da persoa representante.
No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indícalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.
Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
2. Así mesmo, as persoas interesadas deberán declarar responsablemente que están ao día no cumprimento das obrigas coa Facenda Pública do Estado e da Administración autonómica, así como coa Seguridade Social, de conformidade co establecido nas letras g) e h) do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
3. As persoas interesadas deberán declarar responsablemente a veracidade dos datos indicados nos anexos.
Trámites administrativos posteriores
Os trámites posteriores ao comezo do procedemento deberán realizarse presencialmente no centro educativo onde estea matriculado o alumnado. A sede electrónica da Xunta de Galicia ten ao dispor das persoas interesadas unha serie de modelos para facilitar a realización destes trámites que poderán ser empregados por elas.
Prazo de resolución:
Catro meses
Sentido do silencio:
Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 9 de xaneiro de 2026 pola que se establecen as bases e se convocan axudas económicas para o alumnado que realiza formación en empresa establecida para as ensinanzas incluídas no sistema educativo de formación profesional (DOG nº 19 do 29 de xaneiro de 2026).
-
Extracto da Orde do 9 de xaneiro de 2026 pola que se establecen as bases e se convocan axudas económicas para o alumnado que realiza formación en empresa establecida para as ensinanzas incluídas no sistema educativo de formación profesional (DOG nº 19 do 29 de xaneiro de 2026).
-
Outros procedementos relacionados
Bolsas de formación en materia de arquivos.
Prazo aberto: 13/01/2026 00:00 - 12/02/2026 23:59
Avaliación e acreditación académica do alumnado que cursa as ensinanzas da formación profesional inicial
Aberto todo o ano
Solicitude de exención de módulos de formación en centros de traballo (FCT) pola correspondencia coa practica laboral
Aberto todo o ano
Programa retorna talento FP
Prazo aberto: 27/01/2026 00:00 - 30/04/2026 23:59