Guía de procedementos e servizos

CT238A

Axudas para o sector editorial galego, relativas a gastos de edición, distribución e comercialización das publicacións editoriais.

Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais

Convocatoria 2025 - Prazo pechado: 12/03/2025 00:00 - 11/04/2025 23:59

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

Sobre o procedemento

Establecer as bases que regularán o procedemento de concesión de subvención a aquelas persoas físicas ou xurídicas que acrediten a condición de editoras de acordo co establecido na presente orde, para o que deberán estar dadas de alta antes do 1 de xaneiro de 2025, na epígrafe 476.1 edición de libros, do imposto de actividades económicas e que conten, tamén antes da citada data, cun departamento de edición en Galicia, de acordo co establecido na presente orde.

Persoas físicas ou xurídicas.

Xunta de Galicia

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

Dirección Xeral de Cultura

Subdirección Xeral de Bibliotecas e do Libro

Servizo do Libro e Publicacións

Edificio da Biblioteca e Arquivo de Galicia. Cidade da Cultura. Monte Gaiás, s/n

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981545804/ 981544845

Email: servizo-libro-publicacions.cultura@xunta.gal

https://www.cultura.gal

Dirección Xeral de Cultura
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: PECHADO

12/03/2025 00:00 - 11/04/2025 23:59

1. O prazo de presentación de solicitudes será desde o día 12 de marzo de 2025 ata o día 11 de abril de 2025, ambos incluídos. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

2. Non serán admitidas en ningún caso solicitudes presentadas fóra do prazo e da forma establecida nesta orde.

Non poden beneficiarse das axudas recollidas nesta orde aqueles solicitantes que se atopen nos supostos previstos nos puntos 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Solicitudes.

1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, segundo o modelo que se incorpora como anexo I.

2. De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

3. Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365 ) e o sistema cl@ve da Administración xeral do Estado.

Documentación complementaria.

1. As persoas interesadas deberán achegar, coa solicitude, a seguinte documentación:

A. Documentación de carácter xeral:

– Escritura pública da constitución da entidade ou equivalente, de ser o caso

– Poder do representante legal, de ser o caso

– Copia do último recibo do pagamento do imposto de actividades económicas, de ser o caso.

– Certificado de exención do pagamento do imposto de actividades económicas, emitido pola Axencia Tributaria, de ser o caso.

– Declaración responsable de exención do pagamento do imposto de actividades económicas, de ser o caso.

– Certificación de situación no Censo de actividades económicas da Axencia Estatal da Administración Tributaria, onde se acredite que a editorial dispón dun departamento de edición en Galicia, con anterioridade ao 1 de xaneiro de 2025. Esta certificación só se debe achegar no caso de que a editorial teña o domicilio fiscal fóra de Galicia.

B. Documentación específica:

– Memoria explicativa do proxecto (máximo 3 páxinas por obra).

De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán solicitados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.

De forma excepcional, se non se poden obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.

2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar, de maneira motivada, o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

4. No caso de que algún dos documentos que se vaia presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Comprobación de datos.

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) DNI ou NIE da persoa solicitante.

b) DNI ou NIE da persoa representante.

c) NIF da entidade solicitante.

d) NIF da entidade representante.

e) Alta no imposto de actividades económicas (IAE).

f) Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.

g) Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias coa AEAT.

h) Certificado de estar ao día no pagamento das débedas coa Administración pública da Comunidade Autónoma.

i) Certificado de domicilio fiscal.

j) Consulta de inhabilitación para obter subvencións e axudas.

k) Consulta de concesións de subvencións e axudas.

l) Consulta de concesións pola regra de minimis.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Trámites administrativos posteriores á presentación das solicitudes.

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Despois de presentar

Prazo de resolución:

Cinco meses

Sentido do silencio:

Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 24 de febreiro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión das axudas para o sector editorial galego, relativas a gastos de edición, distribución e comercialización das publicacións editoriais no ano 2025, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (DOG nº 42 do 3 de marzo de 2025).

    • Extracto da Orde do 24 de febreiro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión das axudas para o sector editorial galego, relativas a gastos de edición, distribución e comercialización das publicacións editoriais no ano 2025, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (DOG nº 42 do 3 de marzo de 2025).

    • Resoluciòn do 7 de xullo de 2025, da Dirección Xeral de Cultura, pola que se publica a Resolución do 27 de xuño de 2025 de concesión das axudas convocadas ao abeiro da Orde do 24 de febreiro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión das axudas para o sector editorial galego, relativas a gastos de edición, distribución e comercialización das publicacións editoriais no ano 2025, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025(DOG nº 137 do 18 de xullo de 2025).

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

CT215B

Subvencións a festivais do sector audiovisual.

Tramitar en liña

Prazo aberto: 23/12/2025 00:00 - 22/01/2026 23:59

CT230A

Rexistro de Bibliotecas de Galicia.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

CT230B

Integración na Rede de Bibliotecas de Galicia.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

CT230C

Creación de novos servizos de lectura.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano