Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
CT207E
Subvencións á creación audiovisual para o desenvolvemento e a promoción do talento audiovisual galego.
Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais
Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
Concesión de subvencións establecidas pola Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) para o apoio á creación de obras audiovisuais con decidida vocación artística e cultural e, en concreto, a escrita de guións e a realización de curtametraxes a cargo de creadores/as individuais, e a posprodución de curtametraxes e realización de longametraxes a cargo de empresas individuais ou produtoras e a súa convocatoria para o ano 2025.
1. As persoas físicas que poidan acreditar a súa vinculación previa coa realización dunha obra audiovisual ou formación académica no ámbito da creación ou produción audiovisual, ou ben a súa participación en cursos ou obradoiros relacionados coa creación audiovisual, e desenvolvan a súa actividade habitual maioritariamente en Galicia.
2. As persoas físicas autónomas ou as persoas xurídicas que estean constituídas como produtora independente no momento de presentar a solicitude, teñan a sede social na Comunidade Autónoma de Galicia ou nun Estado membro da UE, ou que forme parte do acordo que establece a Área Económica Europea, e desenvolvan a súa actividade habitual maioritariamente en Galicia.
Xunta de Galicia
Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC)
Cidade da Cultura - Monte Gaiás, s/n
15707 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 881996077/ 881996078
Fax: 881996080
Email: agadic@xunta.es
Prazo de presentación: PECHADO
24/01/2025 00:00 - 24/02/2025 23:59
O prazo para a presentación das solicitudes será dun mes desde o día seguinte ao da publicación da correspondente convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.
1. Para proxectos da modalidade A:
a) Proxectos da submodalidade A1 (realización de curtametraxe) unicamente poderán presentarse aquelas persoas físicas que exerzan como director ou directora da obra.
b) Proxectos da submodalidade A2 (curtametraxes en construción) a persoa beneficiaria terá que ser persoa autónoma ou empresa, en ambos os casos constituída como produtora audiovisual.
2. Proxectos da modalidade B (longametraxes), a persoa beneficiaria terá que ser persoa autónoma ou empresa, en ambos os casos constituída como produtora audiovisual.
3. Non poderán ser persoas beneficiarias das subvencións as persoas en que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Solicitudes.
1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo II) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
2. De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude de xeito presencial, será requirida, para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que sexa realizada a emenda.
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
3. En relación coa presentación das solicitudes, as persoas beneficiarias ás cales vai dirixida esta convocatoria de subvencións encádranse nun colectivo especialmente cualificado en canto á súa capacidade técnica e dedicación profesional que acredita a posibilidade e dispoñibilidade de acceso aos medios electrónicos e, polo tanto, teñen a obriga de empregalos para a realización de calquera trámite deste procedemento administrativo, tal e como establece o artigo 10 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia.
4. Cubriranse no anexo II, entre outras, as seguintes declaracións responsables:
4.1. Declaración en que conste que a obra audiovisual terá carácter cultural e poderá obter o certificado cultural por parte do Instituto da Cinematografía e das Artes Audiovisuais (ICAA), ao concorreren, como mínimo, dous dos requisitos que se relacionan:
a) Que teña como versión orixinal calquera das linguas oficiais en España. No caso das coproducións con empresas estranxeiras, a longametraxe poderá ter como versión orixinal algunha das linguas oficiais da Unión Europea.
b) Que o contido estea ambientado principalmente en España.
c) Que o contido teña relación directa coa literatura, a música, a danza, a arquitectura, a pintura, a escultura e, en xeral, coas expresións da creación artística.
d) Que o guión sexa adaptación dunha obra literaria preexistente.
e) Que o contido teña carácter biográfico, ou en xeral reflicta feitos ou personaxes de carácter histórico, sen prexuízo das adaptacións libres propias dun guión cinematográfico.
f) Que o contido inclúa principalmente relatos, feitos ou personaxes mitolóxicos ou lendarios que poidan considerarse integrados en calquera patrimonio ou tradición cultural do mundo.
g) Que emita un mellor coñecemento da diversidade cultural, social, relixiosa, étnica, filosófica ou antropolóxica.
h) Que o contido estea relacionado con asuntos ou temáticas que forman parte da realidade social, cultural ou política española, ou con incidencia sobre eles.
i) Que, no relato cinematográfico, un dos protagonistas ou varios dos personaxes secundarios estean directamente vinculados con esa mesma realidade social, cultural ou política española.
j) Que se dirixa especificamente a un público infantil ou xuvenil e conteña valores acordes cos principios e fins da educación recollidos na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, ou a norma que, se é o caso, a substitúa, modificada pola Lei orgánica 8/2013, do 9 de decembro, para a mellora da calidade educativa.
4.2. Declaración de que o proxecto é obra orixinal ou que a persoa solicitante é titular dos dereitos suficientes de propiedade da obra preexistente, de ser o caso.
4.3. Que, en relación coa submodalidade A1 (curtametraxes sobre proxecto), de ser o caso:
– A persoa solicitante non figura como persoa responsable da dirección de ningunha longametraxe realizada.
– A persoa solicitante non recibiu axudas á realización de curtametraxes en anteriores convocatorias da Xunta de Galicia ou da Agadic.
4.4. Que, en relación coa modalidade B (longametraxes), de ser o caso:
– A persoa responsable da dirección do proxecto que se presenta non recibiu subvencións á realización de longametraxes en anteriores convocatorias da Xunta de Galicia ou da Agadic.
Documentación complementaria.
1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo II) a seguinte documentación:
– Documentación xeral:
Se a persoa solicitante é persoa xurídica:
a) Certificado do acordo de solicitude da axuda ou da autorización da persoa que a asine en nome da entidade.
b) Estatutos rexistrados e escrituras de constitución inscritos no rexistro que corresponda.
c) Documentación acreditativa de posuír os dereitos ou ter autorización expresa da persoa propietaria dos dereitos da obra preexistente, de ser o caso.
d) Documentación que acredite suficientemente a representación de quen asina a solicitude, de ser o caso.
Esta documentación terá a consideración de obrigatoria para os efectos de admisión da solicitude e as solicitudes que non a presenten quedarán inadmitidas.
– Documentación específica:
Modalidade A: curtametraxes sobre proxecto e curtametraxes en construción
1.1. Submodalidade A1 (curtametraxes sobre proxecto):
1.1.1. Memoria explicativa do proxecto, cunha extensión de entre 250 e 750 palabras, en que consten as intencións artísticas do/da autor/a e a proposta de promoción e distribución da curtametraxe.
1.1.2. Sinopse do proxecto, cunha extensión de 250 palabras
1.1.3. Guión definitivo, técnico ou literario, da película.
1.1.4. Calendario e plan de produción.
1.1.5. Currículo do equipo técnico-artístico.
1.1.6. Calquera outra documentación que a persoa solicitante considere pertinente para a mellor defensa do proxecto.
1.2. Submodalidade A2 (curtametraxes en construción):
1.2.1. Memoria explicativa do proxecto, cunha extensión de entre 250 e 750 palabras, en que consten as intencións artísticas do/da autor/a e a proposta de promoción e distribución da curtametraxe.
1.2.2. Sinopse do proxecto cunha extensión máxima de 250 palabras.
1.2.3. Ligazón ao primeiro corte da curtametraxe, con clave de acceso.
1.2.4. Calendario e plan de remate dos traballos de montaxe e posprodución en Galicia.
1.2.5. Orzamento do proxecto segundo o modelo publicado na páxina web da Agadic.
1.2.6. Calquera outra documentación que a persoa solicitante considere pertinente para a mellor defensa do proxecto.
Modalidade B: longametraxe
1.1. Historial profesional do director ou directora.
1.2. Historial, acompañado das cartas de compromiso correspondentes, das persoas profesionais que compoñen o equipo creativo, técnico e artístico que intervirán na produción, se é o caso: guionista, persoas responsables da produción executiva, composición da banda sonora, dirección de fotografía, montaxe, dirección de arte, dirección de son, actores e actrices, así como outras persoas profesionais que se queiran engadir por achegar valor á produción.
1.3. Unha memoria asinada polo director ou directora da película en que describirá, entre outros aspectos, as súas intencións artísticas, a proposta estética e o carácter innovador do proxecto en canto a temática e narrativa.
1.4. Sinopse argumental dun máximo de 250 palabras.
1.5. Guión definitivo do proxecto, ou tratamento, de ser o caso.
1.6. Cronograma do proxecto e breve descrición dos plans de produción, localizacións e rodaxe.
1.7. Orzamento do proxecto (segundo o modelo publicado na páxina web da Agadic).
1.8. Descrición das intencións en canto á promoción e difusión da obra.
1.9. Calquera outra documentación que a persoa solicitante considere pertinente para a mellor defensa do proxecto.
De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa foron presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán recadados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.
De forma excepcional, se non se puidesen obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.
2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria de modo presencial, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que sexa realizada a emenda.
As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
4. No caso de que algún dos documentos que se presente de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Comprobación de datos.
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
– DNI ou NIE da persoa solicitante.
– DNI ou NIE da persoa representante.
– NIF da entidade solicitante.
– Certificado de estar dado de alta no imposto de actividades económicas, na epígrafe/subepígrafe que corresponda, no exercicio actual.
– Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.
– Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.
– Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias coa AEAT.
– Consulta de concesións de subvencións e axudas.
– Consulta de inhabilitacións para obter subvencións e axudas.
– Consulta de concesión pola regra de minimis.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario e achegar os documentos.
Cando así o exixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores á presentación das solicitudes.
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Prazo de resolución:
Cinco meses
Sentido do silencio:
Negativo
- Fase de xustificación
- Declaración de axudas (Anexo III)
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Resolución do 27 de decembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras, en réxime de concorrencia competitiva, para a concesión de subvencións á creación audiovisual para a promoción do talento audiovisual galego e se convocan para o ano 2025 (DOG nº 15 do 23 de xaneiro de 2025).
-
Extracto da Resolución do 27 de decembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras, en réxime de concorrencia competitiva, para a concesión de subvencións á creación audiovisual para a promoción do talento audiovisual galego e se convocan para o ano 2025 (DOG nº 15 do 23 de xaneiro de 2025).
-
Outros procedementos relacionados
Axudas para o sector editorial galego, relativas a gastos de edición, distribución e comercialización das publicacións editoriais.
Prazo aberto: 12/03/2025 00:00 - 11/04/2025 23:59
Axudas económicas destinadas a empresas xornalísticas e de radiodifusión.
Prazo aberto: 10/04/2025 00:00 - 12/05/2025 23:59
Subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social dirixidos á xuventude e ao voluntariado, con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do IRPF e do imposto de sociedades.
Prazo pechado: 18/09/2024 00:00 - 17/10/2024 23:59
Subvencións á produción e coprodución de proxectos audiovisuais galegos.
Prazo pechado: 15/02/2025 00:00 - 20/03/2025 23:59