Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
BS663A
Informe de esforzo de integración
Procedemento dirixido a: Cidadáns
Consellería de Política Social e Igualdade
Esta solicitude de Informe de Esforzo de Integración limítase ás renovacións da autorización de residencia temporal.
Non se aplica para as solicitudes de autorización de residencia por arraigo social e socioformativo.
A presente orde ten por obxecto regular o procedemento para a emisión dos informes de esforzo de integración da persoa estranxeira en Galicia, así como determinar, para os efectos da dita emisión, o contido mínimo das accións formativas e as entidades que poden impartir esta formación, de acordo co establecido no artigo 31.7 da Lei orgánica 4/2000, do 11 de xaneiro, sobre dereitos e liberdades dos estranxeiros en España e a súa integración social.
Para os efectos da presente orde, terán a consideración de accións formativas as seguintes:
a) Coñecemento e respecto dos valores constitucionais de España.
b) Coñecemento e respecto dos valores estatutarios da Comunidade Autónoma de Galicia.
c) Coñecemento e respecto dos valores da Unión Europea.
d) Coñecemento e respecto dos dereitos humanos, liberdades públicas, democracia e tolerancia.
e) Coñecemento e respecto da igualdade entre mulleres e homes.
f) Aprendizaxe das linguas oficiais, galego e castelán.
Tamén poderán terse en conta outras accións de formación para o emprego impartidas polos servizos públicos de emprego e formación ou por entidades inscritas no Rexistro de Centros e Entidades de Formación para o Emprego do órgano competente en materia de Emprego, así como a participación en programas de inclusión socio-laboral que recibiran financiamento da comunidade autónoma ou a participación en actividades de carácter social debidamente acreditadas.
Emisión do informe.
1. Será competente para a emisión do informe favorable de esforzo de integración a persoa titular da dirección xeral competente en materia de inclusión social. Só se emitirán informes favorables. Se da documentación achegada non se acreditara o esforzo de integración, comunicarase tal circunstancia de forma motivada á persoa solicitante.
2. O informe deberá emitirse no prazo máximo de tres meses contados desde a entrada da solicitude. Se vencer o prazo máximo sen ter emitido informe, os/as interesados/as entenderán que non se ten por acreditado o esforzo de integración.
O informe conterá os seguintes datos:
a) Nome e NIE da persoa estranxeira sobre quen se emite informe.
b) Data de emisión do informe.
c) Órgano que emite o informe.
d) Entidade que impartiu a acción formativa. Se son varias terá que indicarse que accións formativas desenvolveu cada unha. No caso de entidades privadas, indicarase que se trata dunha entidade acreditada de conformidade coa súa norma de aplicación.
e) Información sobre cada acción formativa con expresión do número de horas totais da acción formativa, e horas de aproveitamento.
f) Valoración positiva.
Persoas estranxeiras.
Xunta de Galicia
Consellería de Política Social e Igualdade
Dirección Xeral de Inclusión Social
Subdirección Xeral de Prestacións e Programas de Inclusión
Servizo de Atención ás Persoas Inmigrantes
Edificio Administrativo de San Caetano, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981545615
Fax: 981545638
Prazo de presentación: Aberto todo o ano
a) Estar empadroadas nalgún concello de Galicia no momento da solicitude.
b) Ter autorización de residencia temporal no momento da solicitude e atoparse dentro do prazo previsto para a súa renovación.
c) Ter participado en accións formativas destinadas ao coñecemento e respecto dos valores constitucionais de España, dos valores estatutarios da Comunidade Autónoma de Galicia, dos valores da Unión Europea, dos dereitos humanos, as liberdades públicas, a democracia, a tolerancia e da igualdade entre mulleres e homes, así como á aprendizaxe das linguas oficiais do lugar de residencia impartidas por entidades públicas ou por entidades privadas.
As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a traves do formulario normalizado, anexo I.
Documentación acreditativa das accións formativas relacionadas no artigo 4:
Coñecemento e respecto dos valores constitucionais de España.
Coñecemento e respecto dos valores estatutarios da Comunidade Autónoma de Galicia.
Coñecemento e respecto dos Valores da Unión Europea.
Coñecemento e respecto dos dereitos humanos, liberdades públicas, democracia e tolerancia.
Coñecemento e respecto da igualdade entre mulleres e homes.
Aprendizaxe da lingua castelá.
Aprendizaxe da lingua galega.
Outros (indicar cales)
COMPROBACIÓN DE DATOS
Os documentos relacionados serán obxecto de consulta ás Administracións públicas. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente e achegar unha copia dos documentos.
DNI o NIE da persoa solicitante
Certificado de empadroamento da persoa solicitante
Prazo de resolución:
Tres meses
Sentido do silencio:
Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 10 de novembro de 2015 pola que se regula o procedemento para a emisión do informe sobre o esforzo de integración da persoa estranxeira no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 225 do 25 de novembro de 2015).
-
Corrección de erros. Orde do 10 de novembro de 2015 pola que se regula o procedemento para a emisión do informe sobre o esforzo de integración da persoa estranxeira no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 227 do 27 de novembro de 2015).
-
Outros procedementos relacionados
Recoñecemento da condición de usuario/a do servizo galego de apoio á mobilidade persoal
Aberto todo o ano