Guía de procedementos e servizos

BS212B

Axudas para a continuidade das casas do maior.

Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais

Convocatoria 2025 - Prazo pechado: 28/12/2024 00:00 - 27/01/2025 23:59

Consellería de Política Social e Igualdade

Sobre o procedemento

Establecer as bases reguladoras e proceder á convocatoria, para o ano 2025, de subvencións destinadas a persoas físicas ou cooperativas de traballo asociado para a continuidade e o mantemento das casas do maior postas en marcha no ano 2023.

Poderán ser beneficiarias destas axudas para a continuidade do funcionamento das casas do maior as persoas físicas que se estableceron como empresarias autónomas ou que constituíron cooperativas de traballo asociado que, durante o ano 2023, puxesen en marcha unha casa do maior.

Xunta de Galicia

Consellería de Política Social e Igualdade

Dirección Xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria

Subdirección Xeral de Recursos Residenciais e Atención Diúrna de Maiores

Servizo de Recursos Comúns

San Caetano, s/n

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981547320

Email: subxmaiores.politicasocial@xunta.gal

Xunta de Galicia

Consellería de Política Social e Igualdade

Dirección Xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria

Subdirección Xeral de Recursos Residenciais e Atención Diúrna de Maiores

San Caetano, s/n

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 881996332

Email: subxmaiores.politicasocial@xunta.gal

Dirección Xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: PECHADO

28/12/2024 00:00 - 27/01/2025 23:59

O prazo de presentación das solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes do vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo remata o último día do mes.

Solicitudes.

As solicitudes de subvencións reguladas nesta orde presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Documentación complementaria.

1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:

a) Certificado ou informe médico oficial acreditativo das condicións de saúde. No caso de cooperativas de traballo asociado, esta documentación deberá estar referida á/as persoa/s socia/s encargada/s do desenvolvemento da actividade.

b) Xustificante da vixencia da póliza de seguro por un importe mínimo de 15.000,00 €, que garanta a cobertura das continxencias de responsabilidade civil, danos a terceiras persoas e accidentes que puidesen xerarse por feitos ou circunstancias ocorridos como consecuencia da estadía na casa do maior ou das actividades propias do servizo prestado que se realicen no exterior.

c) Anexo III cuberto cos datos da persoa profesional encargada do desenvolvemento da actividade, no caso de cooperativas de traballo asociado.

d) Documentación acreditativa de alta na Seguridade Social no réxime especial de autónomos da persoa solicitante e da persoa profesional que vaia desenvolver a actividade no caso de cooperativas de traballo asociado.

2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

4. No caso de que algún dos documentos que se vaia presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a súa presentación de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no paragrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Comprobación de datos.

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) Documento nacional de identidade (DNI) ou número de identidade de estranxeiro/a (NIE) da persoa solicitante, persoa representante e da que está a desenvolver a actividade no caso de cooperativas de traballo asociado, e número de identificación fiscal (NIF) da entidade, no suposto de cooperativas de traballo asociado.

b) Certificado de estar ao día no cumprimento das obrigacións tributarias coa Axencia Estatal da Administración Tributaria (AEAT) e fronte á Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda, por calquera concepto, coa Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, da persoa ou entidade solicitante e da persoa que vai desenvolver a actividade.

c) Inhabilitacións vixentes para obter subvencións da persoa ou entidade solicitante e da persoa que vaia desenvolver a actividade, no caso de cooperativas de traballo asociado, rexistradas na Base de datos nacional de subvencións (BDNS) no período solicitado.

d) Concesións das axudas a que aplica a regra de minimis vixentes da persoa ou entidade solicitante e/ou persoas que vaia a desenvolver a actividade, no caso de cooperativas de traballo asociado, rexistradas na Base de datos nacional de subvencións (BDNS).

e) Alta da persoa ou entidade solicitante no imposto de actividades económicas.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Trámites administrativos posteriores á presentación da solicitude.

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Despois de presentar

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 12 de decembro de 2024 pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para a continuidade de casas do maior, en réxime de concorrencia non competitiva, para o ano 2025, e se procede á súa convocatoria (DOG nº 249 do 27 de decembro de 2024).

    • Extracto da Orde do 12 de decembro de 2024 pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para a continuidade de casas do maior, en réxime de concorrencia non competitiva, para o ano 2025, e se procede á súa convocatoria (DOG nº 249 do 27 de decembro de 2024).

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

BS210A

Recoñecemento da situación de dependencia e da discapacidade

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

BS213T

Concerto social para a execución de programas de acollemento residencial dirixido a nenos, nenas e adolescentes con medida de protección e problemas de saúde mental, no centro de menores Casa da Quintán en Pontecaldelas

Tramitar en liña

Prazo aberto: 06/12/2025 00:00 - 05/01/2026 23:59

BS314A

Declaración responsable de inicio da actividade, prestación de servizos de actividades ao aire libre .

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

BS212A

Axudas para a posta en marcha de casas do maior.

Tramitar en liña

Prazo pechado: 24/06/2025 00:00 - 23/07/2025 23:59