Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
TR808A
Inicio de folga.
Procedemento dirixido a: Asociacións e ong, Cidadáns, Empresas e profesionais
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Para realizar este trámite presencialmente debes imprimir o seguinte modelo e presentalo nunha oficina.
Utiliza a opción "DESCARGAR PDF IMPRESIÓN" para imprimilo.
Podes cubrir o formulario en liña e imprimilo unha vez cuberto. Poderás gardar os avances e continuar noutro momento utilizando as opcions "Gardar" e "Recuperar".
Requisitos
Prazo de presentación: Aberto todo o ano
Esta orde entrará en vigor aos vinte días naturais da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Podes presentar esta solicitude de dous xeitos:
- Por internet, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia.
- Presencialmente, nunha oficina de rexistro ou noutros lugares autorizados.
Se pertences a algún destes grupos, tes que presentar a solicitude electronicamente:
- Persoas xurídicas.
- Entidades sen personalidade xurídica.
- Profesionais que deban estar colexiados para exercer a súa actividade.
- Empregados públicos, cando realicen un trámite por razón da súa condición de empregado público.
- Traballadores e traballadoras autónomos.
- Estudantes universitarios.
- Persoas que representen a calquera dos grupos anteriores.
Tramitar en liña
A solicitude pódela presentar electronicamente a través do botón “Tramitar en liña” dispoñible nesta páxina.
Para presentar a solicitude en liña:
- Pulsa o botón «Tramitar en liña» desta páxina.
- Identifícate electronicamente.
- Firma a solicitude cun sistema de sinatura electrónica admitido.
Podes consultar os sistemas de identificación e firma admitidos na sede electrónica da Xunta de Galicia na seguinte ligazón.
Tramitar presencialmente
Se non estas obrigado a presentar a solicitude electronicamente podes facelo de forma presencial.
Podes presentar a solicitude en:
- As oficinas de asistencia en materia de rexistro da Xunta de Galicia.
- As oficinas de rexistro doutras administracións públicas, como os concellos.
- As oficinas de Correos.
- As embaixadas e os consulados de España no estranxeiro.
- Outros lugares autorizados na normativa reguladora do procedemento.
As oficinas de asistencia en materia de rexistro da Xunta de Galicia pódelas consultar en:
https://012.xunta.gal/servizos-destacados/oficinas-de-atencion
Nestas oficinas non é necesario solicitar cita previa.
Se prefires que te atendan a unha hora concreta, solicita cita previa en:
A documentación que debes presentar depende do tipo de solicitude que realices.
A Administración poderá comprobar automaticamente algúns datos necesarios para a tramitación.
Se non pode comprobalos, indicarémosche que documentos debes achegar.
Nalgúns casos, terás que completar e presentar formularios adicionais, chamados anexos.
Podes descargalos desde a ligazón que aparece xunto ao nome de cada formulario.
Documentación
Comunicación segundo o Anexo I.
Acordo de declaración de folga.
Anexos
- Fase de solicitude
- Comunicación (Anexo I)
Como podes consultar ou realizar trámites despois de presentar a solicitude?
Unha vez que presentes a solicitude e se inicie o expediente (conxunto de documentos e actuacións relacionados coa túa solicitude), podes realizar trámites electrónicos a través da Carpeta cidadá (espazo privado onde podes consultar as túas xestións coa Administración) na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Desde a Carpeta cidadá podes:
- Consultar o estado do teu expediente.
- Acceder á documentación.
- Realizar os trámites que estean dispoñibles.
Se non estás obrigado a relacionarte electronicamente coa Administración, tamén podes realizar estes trámites de xeito presencial nas oficinas de asistencia en materia de rexistro (oficinas onde podes presentar documentos e recibir axuda para os teus trámites).
Podes consultar a localización destas oficinas en:
https://012.xunta.gal/servizos-destacados/oficinas-de-atencion
Nestas oficinas non é necesario solicitar cita previa.
Se desexas garantir a túa atención nunha hora determinada, solicita cita previa en:
Podes obter máis información chamando ao teléfono 012 ou ao 981 900 643, servizo de información da Xunta de Galicia.
Xunta de Galicia
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais
Subdirección Xeral de Relacións Laborais
Servizo de Relacións Laborais, Seguridade e Saúde Laboral
San Lázaro, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981545743/ 981545697/ 981544615
Fax: 981957751
Email: relacionslaborais.emprego@xunta.gal
Xunta de Galicia
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Departamento Territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Coruña
Servizo de Emprego, Relacións Laborais, Traballo Autónomo e Economía Social da Coruña
Avda. Salvador de Madariaga, 9-1º - Centro comercial de Elviña
15008 Coruña, A (Coruña, A)
Teléfono: 981 185 798/ 881 881 550
Fax: 981881581
Xunta de Galicia
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Departamento Territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración de Lugo
Servizo de Emprego, Relacións Laborais, Traballo Autónomo e Economía Social de Lugo
Ronda da Muralla nº 70 baixo
27071 Lugo (Lugo)
Teléfono: 982294331/ 982294329
Fax: 982294258
Xunta de Galicia
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Departamento Territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración de Ourense
Servizo de Emprego, Relacións Laborais, Traballo Autónomo e Economía Social de Ourense
Avda. da Habana, nº 79 - 7º
32004 Ourense (Ourense)
Teléfono: 988386815/ 988386401
Fax: 988386933
Xunta de Galicia
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Departamento Territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración de Pontevedra (Vigo)
Servizo de Emprego, Relacións Laborais, Traballo Autónomo e Economía Social de Vigo
Rúa Concepción Arenal, nº 8 - 2º
36201 Vigo (Pontevedra)
Teléfono: 986817249/ 986817685
Fax: 986817010
Órgano responsable
-
Orde do 31 de xullo de 2015 pola que se adaptan e se incorporan á sede electrónica da Xunta de Galicia os procedementos administrativos de prazo aberto da Consellería de Traballo e Benestar (DOG nº 146 do 4 de agosto de 2015). Ligazón á normativa
-
Real Decreto-lei 17/1977, do 4 de marzo, sobre relacións de traballo (BOE nº 58 do 9 de marzo de 1977). Ligazón á normativa
-
Real Decreto Lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores (BOE nº 255, do 24 de outubro de 2015). Ligazón á normativa
Outros procedementos relacionados
Remisión da declaración responsable para o inicio da formación de persoal adestrador en período transitorio (Orde ECD/158/2014)
Aberto todo o ano
Remisión da documentación necesaria para o recoñecemento oficial da formación de persoal adestrador en período transitorio (Orde ECD/158/2014)
Aberto todo o ano
Axudas a servizos modulares de asesoramento especializado a empresas galegas prestados por entidades colaboradoras (Programa Re-acciona), cofinanciadas pola Unión Europea no marco do Programa Galicia Feder 2021-2027
Prazo aberto: 26/01/2026 09:00 - 16/11/2026 14:00
Rexistro de entidades recoñecidas para impartir cursos teórico-prácticos no ámbito da seguridade industrial.
Aberto todo o ano