Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
TR804A
Rexistro e depósito de convenios e acordos colectivos de traballo (REGCON).
Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Segundo o artigo 2 da Orde do 29 de outubro de 2010, pola que se crea o Rexistro de Convenios e Acordos Colectivos de Traballo da Comunidade Autónoma de Galicia:
1. Nos termos establecidos no artigo 2º do Real decreto 713/2010, do 28 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios e acordos colectivos de traballo, serán obxecto de inscrición no rexistro de convenios e acordos colectivos de traballo os seguintes actos inscribibles:
a. Os convenios colectivos de traballo elaborados consonte ao establecido no Título III do texto refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores, aprobado por Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, así como as revisións salariais que se realicen anualmente nos convenios plurianuais e as motivadas pola aplicación das cláusulas de garantía salarial, as modificacións e as prórrogas dos convenios.
b. Os acordos interprofesionais, os acordos marco e os acordos sobre materias concretas a que se refire o artigo 83 do mesmo texto legal.
c. Os acordos das comisións paritarias de interpretación de cláusulas determinadas do convenio colectivo.
d. Os acordos de mediación como consecuencia da interposición de conflito colectivo, así como os de fin de folga.
e. Os acordos de adhesión a convenios en vigor.
f. Os acordos sectoriais que establecen os termos e condicións que han de seguir os plans de igualdade nas empresas, os acordos que aproben plans de igualdade nas empresas afectadas pola negociación colectiva sectorial, así como os acordos que aproben plans de igualdade derivados do convenio colectivo de empresa.
g. Calquera outro acordo ou laudo arbitral que teñan legalmente recoñecida eficacia de convenio colectivo ou que derive do establecido nun convenio colectivo.
2. Tamén serán obxecto de inscrición as comunicacións de iniciativa mencionadas no artigo 89.1 do Estatuto dos Traballadores e as denuncias previstas no seu artigo 86.
3. Así mesmo, serán obxecto de inscrición:
a. As comunicacións da autoridade laboral á xurisdición competente nos supostos do artigo 90.5 do Estatuto dos Traballadores, así como as sentenzas recaídas nos devanditos procedementos.
b. As sentenzas da xurisdición competente que interpreten normas convencionais, resolvan discrepancias plantexadas nun conflito colectivo ou se diten como consecuencia da impugnación dun convenio colectivo.
c. As disposicións sobre extensión dun convenio, previstas no artigo 92.2 do Estatuto dos Traballadores.
Por outra banda, segundo a DA única, da referida Orde do 29 de outubro sobre depósito de convenios e acordos de eficacia limitada e acordos de empresa (que se corresponde coa DA 2ª do RD 713/2010):
Cando se solicite o depósito de convenios ou acordos colectivos de eficacia limitada ou acordos de empresa non incluídos no artigo 2.1.g desta orde no rexistro da autoridade laboral, deberá remitirse por medios electrónicos o texto deste, así como cubrir os datos estatísticos e identificativos que figuran nos anexos 1 e 2 do Real decreto 713/2010, do 28 de maio. Así mesmo, se poderá solicitar o depósito dos acordos que aproben os plans de igualdade de empresa que carezan de convenio colectivo propio e non deriven do establecido nun convenio sectorial.
Xunta de Galicia
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais
Subdirección Xeral de Relacións Laborais
Servizo de Relacións Laborais, Seguridade e Saúde Laboral
San Lázaro, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981957752/ 981544615
Fax: 981957751
Email: dxtes.ctb@xunta.es
Xunta de Galicia
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Departamento Territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Coruña
Servizo de Emprego, Relacións Laborais, Traballo Autónomo e Economía Social da Coruña
Avda. Salvador de Madariaga, 9-1º - Centro comercial de Elviña
15008 Coruña, A (Coruña, A)
Teléfono: 881881582/ 981185893
Fax: 981881581
Xunta de Galicia
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Departamento Territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración de Lugo
Servizo de Emprego, Relacións Laborais, Traballo Autónomo e Economía Social de Lugo
Ronda da Muralla nº 70 baixo
27071 Lugo (Lugo)
Teléfono: 982294385
Fax: 982294258
Xunta de Galicia
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Departamento Territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración de Ourense
Servizo de Emprego, Relacións Laborais, Traballo Autónomo e Economía Social de Ourense
Avda. da Habana, nº 79 - 6º
32071 Ourense (Ourense)
Teléfono: 988386196/ 988386839
Fax: 988386838
Xunta de Galicia
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Departamento Territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración de Pontevedra (Vigo)
Servizo de Emprego, Relacións Laborais, Traballo Autónomo e Economía Social de Vigo
Rúa Concepción Arenal, nº 8 - 2º
36201 Vigo (Pontevedra)
Teléfono: 986817008/ 986817016
Fax: 986817010
Prazo de presentación: Aberto todo o ano
Segundo o artigo 6º do Real decreto 713/2010, do 28 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios e acordos colectivos de traballo, o procedemento de inscrición no rexistro axústase ás seguintes prescricións:
1) A fin de iniciar o trámite previsto no artigo 90.2 do Estatuto dos Traballadores, así como para proceder á inscrición do resto dos acordos e actos inscribibles previstos no artigo 2 desta orde, dentro do prazo de quince días a partir da sinatura do convenio ou acordo colectivo, da data de comunicación da iniciativa de negociación ou denuncia, a comisión negociadora ou quen formule a solicitude, debidamente acreditada, deberá presentar ante o rexistro, a través de medios electrónicos, a solicitude de inscrición correspondente.
Para estes efectos, serán solicitantes da inscrición:
a) Convenio ou acordo: a persoa designada pola comisión negociadora.
b) Acordos das comisións paritarias: a persoa designada pola comisión paritaria.
c) Os laudos arbitrais e os acordos de mediación: a persoa designada pola comisión negociadora que acordase someterse a estes. Non obstante, se estes se acordaron no seo dun sistema de mediación ou arbitraxe, o órgano de dirección organismo correspondente.
d) Acordos en conflitos colectivos ou de fin de folga: a persoa designada polas partes en conflito.
e) Comunicacións do artigo 89.1 e as denuncias do artigo 86 do Estatuto dos Traballadores: quen formulara a comunicación ou denuncia.
f) Nos casos de comunicacións de sentenzas: a parte lexitimada conforme a Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da xurisdición social, que impugnara un convenio colectivo, ou a parte lexitimada conforme a dita lei que interpuxera o conflito colectivo.
g) As extensións dos convenios: a parte que solicite a extensión.
2) A solicitude de inscrición realizarase utilizando os formularios automáticos previstos na conexión telemática denominada REGCON que está albergada na seguinte dirección electrónica:
http://explotacion.mtin.gob.es/regcon/gal/index.htm
Toda a documentación a presentar, segundo o acordo de que se trate, está recollida no apartado de AYUDA da páxina de inicio do programa REGCON.
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 29 de outubro de 2010, pola que se crea o Rexistro de Convenios e Acordos Colectivos de Traballo da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 222, do 18 de novembro de 2010).
-
-
Ámbito Estatal
-
Real decreto 713/2010, do 28 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios e acordos colectivos de traballo, a persoas traballadoras afectadas por procesos de reestruturación de empresas (BOE nº 143 do 12 de xuño de 2010).
-
Outros procedementos relacionados
Rexistro de entidades recoñecidas para impartir cursos teórico-prácticos no ámbito da seguridade industrial.
Aberto todo o ano
Memoria anual de actividades realizadas por entidades de formación no ámbito da seguridade industrial.
Aberto todo o ano
Homologación de cursos pola Academia Galega de Seguridade Pública
Aberto todo o ano
Inscrición/acreditación de centros de formación para o emprego.
Aberto todo o ano