Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
TR802Z
Programas de apoio ás entidades asociativas, ás oficinas locais e a outras entidades colaboradoras da Rede Eusumo para o fomento do cooperativismo e da economía social. Programa II: Oficinas locais de fomento cooperativo e da economía social.
Procedemento dirixido a: Entidades locais
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras para realizar actividades de impulso e fomento do cooperativismo e a economía social, a través do seguinte programa de axudas:
Programa II. Oficinas locais de fomento cooperativo.
Este programa ten por obxecto incentivar a participación dos concellos e doutras entidades locais de Galicia no labor de promoción e fomento do cooperativismo e a economía social, subvencionando os gastos da creación e mantemento de oficinas de fomento cooperativo e da economía social, así como a realización de actividades.
Actividades e gastos subvencionables.
1. As actividades obxecto de subvención consistirán na creación e mantemento de oficinas de fomento cooperativo e da economía social que realicen actividades de promoción e fomento do cooperativismo e a economía social dirixidas ao ámbito territorial dos concellos solicitantes e a súa área de influencia, en particular mediante o estímulo do autoemprego e o emprendemento colectivo e o apoio á xeración de novos proxectos de economía social.
2. Estas oficinas deberán integrarse na Rede Eusumo para o fomento do cooperativismo e a economía social e desenvolver as súas actividades en colaboración coas entidades que forman parte dela, estean ou non radicadas na Comunidade Autónoma de Galicia.
3. Poderase subvencionar a contratación de persoal técnico asesor en materia de fomento cooperativo por parte da entidade beneficiaria, sempre que se dedique a tempo completo a tal fin. Igualmente, poderase subvencionar o alugamento de locais que resulten necesarios para o funcionamento das referidas oficinas.
4. Unicamente será subvencionable unha oficina de fomento cooperativo e da economía social por cada solicitude presentada, así como un único local e unha única persoa técnica, independentemente do número de concellos que agrupe.
5. Cando exista oficina de fomento cooperativo e da economía social poderán ser subvencionables as actividades de promoción e fomento do cooperativismo e da economía social que estean dirixidas ao ámbito territorial dos concellos solicitantes e a súa área de influencia. A título de exemplo, poderán consistir na elaboración de plans estratéxicos de carácter plurianual para o desenvolvemento da economía social no ámbito territorial de referencia, desenvolvemento de cursos, xornadas, conferencias, seminarios e simposios, celebración de feiras, mostras, congresos, así como actividades de fomento de viveiros de empresas de economía social.
6. Serán subvencionables os custos directos de calquera tipo vencellados a accións formativas e divulgativas en que se acredite a asistencia mínima de 10 alumnos/as, xustificada na forma establecida nesta orde e sempre que, polo menos, o 70 % do alumnado acredite unha asistencia mínima do 80 % da duración da actividade.
Consideraranse custos directos os seguintes:
a) As retribucións do persoal formador interno e externo, incluídos salarios, seguros sociais, axudas de custo e gastos de desprazamento, todos os custos imputables ao persoal formador no exercicio das actividades de preparación, impartición, titoría e avaliación das persoas participantes das accións formativas.
b) Os gastos de amortización de equipamentos didácticos e plataformas tecnolóxicas, calculados con criterios de amortización aceptados en las normas de contabilidade, así como o alugamento ou arrendamento financeiro destes, excluídos os xuros, soportados na execución das accións formativas e de xeito proporcional a estas.
c) Gastos de medios didácticos e/ou adquisición de materiais didácticos, así como os gastos en bens consumibles utilizados na realización das accións formativas, incluíndo o material de protección e seguridade. Así mesmo, no caso da teleformación, os custos imputables aos medios de comunicación utilizados entre o persoal formador e participantes.
d) Os gastos de alugamento, arrendamento financeiro, excluídos os xuros, ou amortización das aulas, talleres e demais superficies utilizadas na realización da formación.
e) Gastos de seguro de accidentes das persoas participantes.
f) Gastos de publicidade para a organización e difusión das accións formativas.
Estes gastos deberán presentarse debidamente desagregados por acción formativa e xustificaranse os criterios de imputación a esta.
Así mesmo, serán subvencionables os custos indirectos e os gastos correspondentes á organización das actividades sempre que non superen o 30 % do custo total da actividade realizada e xustificada.
Considéranse custos indirectos e gastos de organización os seguintes:
a) Os custos de persoal de apoio tanto interno como externo e todos os necesarios para a xestión e execución da actividade formativa.
b) Os gastos financeiros directamente relacionados coa actividade subvencionada e que resulten indispensables para a adecuada preparación ou execución desta. No serán subvencionables os xuros debedores das contas bancarias.
c) Outros custos: electricidade, auga, calefacción, mensaxaría, comunicacións, limpeza e vixilancia, asociados á execución da actividade formativa.
De conformidade co artigo 29, punto 9, da Lei 9/2007, do 13 de xuño, estes custos serán imputados polo beneficiario á actividade subvencionada na parte que razoablemente corresponda de acordo cos principios e normas de contabilidade xeralmente admitidas e, en todo caso, na medida en que tales custos correspondan ao período en que efectivamente se realiza a actividade.
7. Para as actividades divulgativas e formativas, non serán subvencionables os gastos correspondentes a manutención, tales como servizos de comidas e pausa-café.
8. No caso de xustificar gastos de persoal só se terán en conta o salario base, os complementos de antigüidade, incluídas as pagas extraordinarias, así como as cotizacións sociais e as cantidades retidas en concepto de IRPF.
O período de execución de accións será o comprendido entre o 1 de outubro de 2016 e o 30 de setembro de 2017.
A concesión das axudas realizarase en réxime de concorrencia competitiva, nos termos previstos no artigo 19.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.
1. Poderán ser entidades beneficiarias destas axudas os concellos de Galicia a través dos órganos dunha área metropolitana, dunha mancomunidade de municipios ou dun consorcio local.
Así mesmo, aqueles concellos que pertenzan a unha mesma zona sen constituír mancomunidade e acorden desenvolver programas conxuntos de actuación, que agrupen un mínimo de catro concellos, poderán solicitar as subvencións que regula este programa. Neste suposto, todos os concellos quedan obrigados solidariamente ao cumprimento das obrigas que deriven da concesión da subvención e ao cumprimento do establecido no artigo 8.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.
En particular, deberán facer constar expresamente os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación, así como o importe de subvención que se aplicará por cada un deles, que terán igualmente a consideración de beneficiarios. En calquera caso, deberá nomearse un representante ou apoderado único da agrupación, con poderes suficientes para cumprir as obrigas que, como entidade beneficiaria, corresponden á agrupación.
Cando nestas agrupacións participen entidades resultantes de procesos de fusión municipal, computaranse en función do número de concellos fusionados.
2. Ningún concello poderá figurar en máis dunha solicitude. O incumprimento desta norma dará lugar a que unicamente se dea validez á solicitude presentada en primeiro lugar e que se proceda á inadmisión das restantes solicitudes onde figuren o concello ou concellos incumpridores.
Non obstante, cando un concello pertenza a unha área metropolitana, unha mancomunidade de municipios ou un consorcio local, que soliciten as axudas previstas nesta orde, poderá participar na solicitude presentada por unha agrupación de concellos distinta das anteriores, sempre e cando se desvincule expresamente da solicitude presentada polos primeiros.
Son obrigas das entidade beneficiarias das axudas e subvencións as sinaladas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, en especial as seguintes:
a) Realizar a actividade que fundamenta a concesión da subvención.
b) Xustificar ante o órgano concedente o cumprimento dos requisitos e das condicións, así como a realización da actividade e o cumprimento da finalidade que determinen a concesión da subvención.
c) Estar ao día nas súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e coa Seguridade Social, así como non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda, por ningún concepto coa Administración pública da comunidade autónoma, con anterioridade a ditarse a proposta de resolución de concesión e realizar a proposta de pagamento da subvención.
d) Comunicarlle ao órgano concedente calquera modificación das condicións tidas en conta para a concesión da subvención, así como dos compromisos e obrigas asumidos polas entidades beneficiarias e, de ser o caso, a obtención concorrente de subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas. Esta comunicación deberá efectuarse tan pronto como se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos.
e) Dispor dos libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos debidamente auditados nos termos exixidos pola lexislación mercantil e sectorial aplicable á entidade beneficiaria en cada caso, coa finalidade de garantir o axeitado exercicio das facultades de comprobación e control.
Agás aquelas entidades beneficiarias que pola normativa vixente estean exentas da obriga de levar a cabo unha contabilidade, as entidades beneficiarias teñen a obriga de acreditar que levan unha contabilidade separada ou un código contable axeitado para os gastos obxecto da subvención.
f) Adoptar as medidas axeitadas de difusión para dar publicidade ao financiamento público das actuacións subvencionadas pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, nos termos establecidos na normativa vixente sobre actividades de información e publicidade. As medidas de difusión deberán adecuarse ao obxecto subvencionado tanto na súa forma coma na súa duración e deberán incluír a imaxe institucional da Xunta de Galicia e da Rede Eusumo, así como lendas relativas ao financiamento público en carteis, placas conmemorativas, materiais impresos, medios electrónicos ou audiovisuais, ou ben mencións realizadas en medios de comunicación.
g) Conservar os documentos xustificativos da aplicación dos fondos recibidos, incluídos os documentos electrónicos, mentres poidan ser obxecto das actuacións de comprobación e control.
h) Someterse ás actuacións de control, comprobación e inspección que efectuará a Consellería de Economía, Emprego e Industria, ás verificacións do artigo 13 do Regulamento (CE) nº 1828/2006, ás de control financeiro que correspondan, se é o caso, á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, ás previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas, ou a outros órganos da Administración do Estado, e achegar canta información lles sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.
i) As entidades beneficiarias do programa II deberán subscribir o convenio de colaboración coa Consellería de Economía, Emprego e Industria para a realización de servizos de asesoramento, información e formación e a utilización da oficina de fomento cooperativo como punto da «Rede Eusumo para o fomento do cooperativismo e a economía social», nos termos previstos no artigo 13 do Decreto 225/2012, do 15 de novembro, polo que se crea a Rede Eusumo para o fomento do cooperativismo e a economía social e se regula o seu funcionamento.
j) Proceder ao reintegro dos fondos percibidos nos supostos previstos no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.
Xunta de Galicia
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais
Dirección Xeral de Traballo Autónomo e Economía Social
Subdirección Xeral de Economía Social
Servizo de Promoción da Economía Social
Edificios Admvos. San Lázaro, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981544784
Fax: 981544659
Xunta de Galicia
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Departamento Territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Coruña
Servizo de Emprego, Relacións Laborais, Traballo Autónomo e Economía Social da Coruña
Avda. Salvador de Madariaga, 9-1º - Centro comercial de Elviña
15008 Coruña, A (Coruña, A)
Teléfono: 881881582/ 981185893
Fax: 981881581
Xunta de Galicia
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Departamento Territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración de Lugo
Servizo de Emprego, Relacións Laborais, Traballo Autónomo e Economía Social de Lugo
Ronda da Muralla nº 70 baixo
27071 Lugo (Lugo)
Teléfono: 982294385
Fax: 982294258
Xunta de Galicia
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Departamento Territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración de Ourense
Servizo de Emprego, Relacións Laborais, Traballo Autónomo e Economía Social de Ourense
Avda. da Habana, nº 79 - 6º
32071 Ourense (Ourense)
Teléfono: 988386196/ 988386839
Fax: 988386838
Xunta de Galicia
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Departamento Territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración de Pontevedra (Vigo)
Servizo de Emprego, Relacións Laborais, Traballo Autónomo e Economía Social de Vigo
Rúa Concepción Arenal, nº 8 - 2º
36201 Vigo (Pontevedra)
Teléfono: 986817008
Fax: 986817010
Prazo de presentación: PECHADO
16/02/2017 00:00 - 15/03/2017 23:59
Un mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
Con carácter xeral, as entidades beneficiarias deberán reunir os seguintes requisitos:
a) As asociacións de cooperativas, de sociedades laborais, as fundacións e asociacións, as organizacións profesionais, empresariais e sindicais, así como outras entidades sen ánimo de lucro, deberán estar legalmente constituídas e inscritas nos rexistros competentes e cumprir os requisitos previstos na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
b) Estar ao día das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social.
c) Non ter sido sancionadas mediante resolución firme coa perda da posibilidade de obter subvencións.
Requisitos das oficinas de fomento cooperativo e da economía social.
1. Deberase habilitar unha oficina, que estará debidamente sinalizada, e publicitar o servizo prestado por distintos medios, tendo en conta o previsto no artigo 15.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, e na alínea f) do artigo 18 desta orde.
2. As persoas técnicas adscritas a este programa deberán posuír titulación académica universitaria e formación en materia de cooperativismo cunha duración mínima de 60 horas. Deberán ter dedicación de xornada completa a este programa.
3. Os labores que asumirá a oficina de fomento cooperativo e da economía social serán:
a) Formación e divulgación da fórmula cooperativa ou doutras propias da economía social así como coordinación das actividades de fomento e promoción, cun mínimo de cinco actividades dentro do período de funcionamento subvencionado, entre as que necesariamente se contará unha actividade de divulgación dirixida a alumnado de ensinanzas secundarias e outra dirixida a emprendedores/as. Este mínimo incrementarase a razón dunha actividade por cada mes que exceda os seis meses de funcionamento subvencionado na convocatoria.
b) Accións formativas e informativas de promotores.
c) Asesoría e acompañamento de proxectos.
d) Elaboración de plans empresariais.
e) Seguimento e titorización dos proxectos en xestación.
4. A entidade beneficiaria deberá designar unha persoa interlocutora válida para todas as cuestións relacionadas coa oficina de fomento cooperativo e da economía social. É responsabilidade da entidade beneficiaria impartir todas as ordes, criterios de realización do traballo e directrices ás súas persoas traballadoras, e a Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia é allea por completo a estas relacións laborais. Corresponde, así mesmo, á entidade beneficiaria a vixilancia do horario de traballo, as posibles licenzas horarias, os permisos ou calquera outra manifestación das facultades do empregador.
Solicitude segundo o Anexo V de esta orde, acompañada da seguinte documentación:
Memoria asinada pola persoa que exerza a representación legal e que conteña o requirido no artigo 36.a) das bases reguladoras.
Proposta de actividades para as cales se solicita a axuda especificando, como mínimo, para cada unha delas o requirido no artigo 36.c) das bases reguladoras.
Medios previstos para a súa realización con indicación expresa das características do local onde se sitúa a oficina de fomento.
Certificación expedida pola secretaría da entidade local, ou persoa a que legalmente lle corresponda, do acordo polo que se solicita a subvención e se aceptan as condicións e requisitos establecidos nesta orde, así como de non estar incurso o concello ou mancomunidade de municipios nas prohibicións para obter a condición de beneficiario sinaladas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e no artigo 10 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia.
Os concellos que se asocien para os efectos desta orde deberán achegar documento en que se acorde a colaboración dos concellos e a designación do que os representa, así como certificación das secretarías, ou persoas a que legalmente lle corresponda, dos acordos do órgano competente conforme se delega a petición de subvención no concello que actúe como representante de todos eles.
De ser o caso, declaración relativa aos grupos promotores creados por iniciativa da entidade solicitante e que formalizaron a súa constitución como entidade de economía social no ano inmediatamente anterior, con identificación das súas características, das persoas integrantes e asinada de conformidade por todas elas.
Documentación que acredite, por calquera medio válido en dereito, a representación con que actúa a persoa que asina a solicitude.
Informe relativo á capacidade profesional da persoa tecnica da oficina de fomento para a cal se solicita a axuda.
Os documentos relacionados serán obxecto de consulta electrónica automatizada. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo e achegar os devanditos documentos:
Acreditación da identidade da entidade solicitante.
Acreditación da identidade da persoa representante.
Estar ao día co pagamento das obrigas tributarias coa AEAT.
Estar ao día co pagamento coa Seguridade Social.
Estar ao día co pagamento coa Consellería de Facenda.
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a traves do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a traves da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que foi realizada a emenda.
A documentación complementaria presentarase electronicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante ou representante. A Administración poderá excepcionalmente solicitar, de xeito motivado, a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto no artigo 28.5 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.
Os interesados responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten.
Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, a persoa interesada ou representante deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro.
No caso de que algún dos documentos que vai presentar de forma electrónica a persoa solicitante ou representante supere os tamaños límite establecidos pola sede electrónica, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos. Para iso, e xunto co documento que se presenta, a persoa interesada deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro. Na sede electrónica da Xunta de Galicia publicarase a relación de formatos, protocolos e tamaño máximo admitido da documentación complementaria para cada procedemento.
Na sede electrónica encóntranse publicados os formatos admitidos para a presentación de documentación. Se o solicitante desexa presentar calquera documentación en formatos non admitidos, poderá realizalo de forma presencial a traves de calquera dos rexistros habilitados. A persoa interesada deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro.
A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados para facilitar a realización de trámites administrativos despois da presentación das solicitudes de inicio. Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados electronicamente accedendo á Carpeta do cidadán da persoa interesada.
No prazo de presentación de solicitudes, entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día e inhábil entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo entenderase que o prazo expira o último do mes.
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 26 de xaneiro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras de subvencións ás entidades asociativas, ás oficinas locais e a outras entidades colaboradoras da Rede Eusumo para o fomento do cooperativismo e a economía social, e se convocan para o ano 2 (DOG nº 32 do 15 de febreiro de 2017).
-
Corrección de erros. Orde do 26 de xaneiro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras de subvencións ás entidades asociativas, ás oficinas locais e a outras entidades colaboradoras da Rede Eusumo para o fomento do cooperativismo e a economía social, e se convocan para o ano 2017 (DOG nº 109 do 9 de xuño de 2017).
-
Outros procedementos relacionados
Obtención/renovación do selo de mercado excelente.
Aberto todo o ano
Cualificación como Centros Especiais de Emprego.
Aberto todo o ano
Recoñecemento ou baixa da condición de carencia de ánimo de lucro e/ou iniciativa social nun centro especial de emprego xa existente
Aberto todo o ano
Cancelación da inscrición do centro especial de emprego
Aberto todo o ano