Guía de procedementos e servizos

PE616A

Tarxeta de Identidade Marítima Náutica de Lecer

Procedemento dirixido a: Cidadáns

Aberto todo o ano

Consellería do Mar

TRAMITAR PRESENCIALMENTE
Sobre o procedemento

O obxecto deste procedemento é a obtención ou renovación dunha tarxeta que habilita para gobernar embarcacións de lecer. A solicitude debe presentarse ante a Consellería do Mar.

Período de validez

•Tarxetas de lecer: As tarxetas teñen unha validez de 10 anos. É necesario renovalas antes de que caduquen (como mínimo 1 mes antes). Se caduca antes do prazo da solicitude de renovación aplicaranse as taxas da expedición.

•Persoas maiores de 70 anos: Se tes 70 anos ou máis, a tarxeta renóvase cada 5 anos. A renovación ten un custo especial cun importe reducido.

•Títulos: Os títulos non caducan.

Este trámite é para as persoas que necesitan obter ou renovar unha tarxeta que lles permite gobernar embarcacións de lecer.

Xunta de Galicia

Consellería do Mar

Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro

Subdirección Xeral de Xestión, Ensino e Relacións Sectoriais

Servizo de Ensino e Titulacións Náutico-pesqueiras

Rúa dos Irmandiños, s/n Salgueiriños

15701  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981 546 149 / 981 546 140

Fax: 981 546 138

Email: ensino.mar@xunta.gal

Xunta de Galicia

Consellería do Mar

Departamento Territorial da Consellería do Mar da Coruña

Rúa Ramón y Cajal, Núm. 2, - 5º andar

15006  Coruña, A  (Coruña, A)

Teléfono: 881 881 317/ 981 182 003

Fax: 981 182 027

Email: formacion.mar.coruna@xunta.gal

Xunta de Galicia

Consellería do Mar

Departamento Territorial da Consellería do Mar de Celeiro

Rúa Ramón Canosa, Núm. 1, Celeiro

27863  Viveiro  (Lugo)

Teléfono: 982 555 038

Fax: 982 555 005

Email: formacion.mar.celeiro@xuntal.gal

Xunta de Galicia

Consellería do Mar

Departamento Territorial da Consellería do Mar de Vigo

Rúa Concepción Arenal, Núm. 8

36201  Vigo  (Pontevedra)

Teléfono: 986 817 135/ 986 817 134

Fax: 986 817 160

Email: formacion.mar.vigo@xunta.gal

Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

Prazo de presentación: Aberto todo o ano (podes presentar a solicitude en calquera momento do ano).

Prazo para a renovación: Debes presentar a solicitude polo menos un mes antes de que caduque a tarxeta, senón estará suxeita ao pago da taxa de expedición.

  • Por expedición de tarxetas acreditativas das titulacións ou dos certificados para o goberno de embarcacións de lecer ( 30.21.03)
  • Renovación de tarxetas acreditativas das titulacións de patrón de embarcación de lecer ( 30.21.04)

Pode realizar o pago destas taxas na Oficina Virtual Tributaria.

A continuación, detállanse os documentos que necesitas, dependendo de se solicitas a tarxeta por primeira vez ou se a estás renovando.

Para a expedición

·        Solicitude debidamente cuberta.

·        Taxas.

·        Certificado de superación das prácticas correspondentes se non as realizou na CCAA de Galicia.

·        Acreditación da aptitude psicofísica por un dos medios regulados no artigo 22, do Real Decreto 875/2014, do 10 de outubro, polo que se regulan as titulacións náuticas para o goberno das embarcacións de recreo (BOE núm. 247 do 11/10/2014).

Para a renovación

·        Solicitude debidamente cuberta.

·        Taxas. Se a tarxeta está caducada, o importe da taxa é o correspondente á taxa de expedición. Se o interesado ten máis de 70 anos ten un importe reducido.

·        Acreditación da aptitude psicofísica por un dos medios regulados no artigo 22, do Real Decreto 875/2014, do 10 de outubro, polo que se regulan as titulacións náuticas para o goberno das embarcacións de recreo (BOE núm. 247 do 11/10/2014).

Para o duplicado (casos de deterioro, perda ou roubo)

Debe presentarse a mesma documentación que para a renovación mais unha declaración de perda, deterioro ou ben copia da denuncia no caso de roubo.

Comprobación de datos

Os documentos relacionados serán obxecto de consulta polas administracións públicas. En caso de opoñerte a esta consulta, debes indicalo e anexar unha copia dos documentos:

·        DNI/NIE da persoa solicitante.

·        DNI/NIE da persoa representante.

·        NIF da entidade representante.

·        Tarxeta de lecer

Solicitudes

Para os casos de expedición, validación, duplicado o órgano responsable é Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro

Para os casos de renovación:

Departamento Territorial da Coruña

Departamento Territorial de Celeiro – Lugo

Departamento Territorial de Vigo

Xefatura Comarcal de Ferrol

Xefatura Comarcal de Ribeira

Xefatura Comarcal de Pontevedra

Xefatura Comarcal de Carril – Vilagarcía de Arousa

Información sobre o pago de taxas

O trámite ten un código e un custo que varía segundo o motivo da túa solicitude.

As renovacións das tarxetas de persoas maiores de 70 anos teñen un custo especial cun importe reducido.

O pago podes realizalo por vía telemática ou presencial. Se desexas tramitar a taxa por vía telemática, deberás introducir os datos da taxa e efectuar o pago da mesma. Para isto dispós das modalidades de pago telemático (cargo en conta ou tarxeta) e pago presencial (mediante un impreso para presentar na entidade bancaria). Unha vez realizado o ingreso obterás o xustificante correspondente.

Se desexas tramitar a taxa de maneira presencial poderás obter un modelo en branco para cubrir ou ben introducir os datos da taxa e a aplicación proporcionaralle o modelo xa cuberto. A dirección electrónica é a seguinte:

https://ovt.atriga.gal/#!/detalle_servizo/?Pago+de+taxas+e+prezos/11609730/4126995/11609860/l/item-dark-blue

Os códigos das diferentes taxas son os seguintes:

  • Consellería do Mar: Código:12

  • Delegación de Servizos Centrais: Cödigo:13

  • Servizo de Ensinanza e Titulacións Náutico Pesqueiras: Código: 05

  • Taxa denominación: Expedición: Código: 30.21.03

  • Taxa denominación: Renovación: Código: 30.21.04

Despois de presentar

Prazo de resolución:

Tres meses

Sentido do silencio:

Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 22 de abril de 2015 do Vicepresidente e Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se adaptan e incorporan á sede electrónica da Xunta de Galicia os procedementos administrativos de prazo aberto da Consellería do Medio Rural e do Mar (DOG núm. 77 do 24.04.2015).

    • Orde do 8 de xaneiro de 2009 pola que se establecen as condicións e se regulan os requisitos para a obtención dos títulos que habilitan para o goberno das embarcacións de lecer na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 11 do 16 de xaneiro de 2009).

  • Ámbito Estatal
    • Real Decreto 875/2014, do 10 de outubro, polo que se regulan as titulacións náuticas para o goberno das embarcacións de recreo (BOE nº 247 do 11 de outubro de 2014).

    • Real Decreto 238/2019, do 5 de abril, polo que se establecen habilitacións anexas ás titulacións náuticas para o goberno das embarcacións de recreo e se actualizan as medidas de seguridade na utilización das motos náuticas (BOE nº 104, do 1 de maio de 2019).

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

BS303A

Prazas xuvenís, Programa campaña de verán

Tramitar en liña

Prazo aberto: 03/06/2026 16:00 - 02/09/2026 21:00

DE200A

Voto por correspondencia a membro da asemblea xeral. Procesos electorais das Federacións Deportivas Galegas.

Tramitar en liña

Prazo aberto: 01/04/2026 00:00 - 31/12/2026 23:59

PE405A

Concesión de licenza de pesca marítima de recreo.

PE405B

Autorización para inmersión e concursos ou campionatos de pesca marítima de recreo.