Guía de procedementos e servizos

PE101A

Autorizacións de construción e modernización de buques pesqueiros.

Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais

Aberto todo o ano

Consellería do Mar

TRAMITAR PRESENCIALMENTE
Sobre o procedemento

Se vostede, como armador dunha embarcación pesqueira, quere realizar obras para a modernización e/ou reconversión do seu buque pesqueiro, incluíndo os cambios de motor que supoñan aumento da tonelaxe de rexistro bruto ou da potencia propulsora, debe solicitar da Xunta de Galicia a correspondente autorización.

Armadores de embarcacións pesqueiras

Xunta de Galicia

Consellería do Mar

Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica

Subdirección Xeral de Competitividade da Cadea Mar-Industria

Servizo de Innovación Tecnolóxica da Frota

Praza de Europa, 5A, 4º

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981540099

Fax: 981544740

Xunta de Galicia

Consellería do Mar

Departamento Territorial da Consellería do Mar da Coruña

Rúa Ramón y Cajal, nº 2 - 5º andar

15006  Coruña, A  (Coruña, A)

Teléfono: 981182029

Fax: 981182027

Xunta de Galicia

Consellería do Mar

Departamento Territorial da Consellería do Mar de Celeiro

Rúa Ramón Canosa, nº 1 - Celeiro

27863  Viveiro  (Lugo)

Teléfono: 982555002

Fax: 982555005

Xunta de Galicia

Consellería do Mar

Departamento Territorial da Consellería do Mar de Vigo

Rúa Concepción Arenal, nº 8

36201  Vigo  (Pontevedra)

Teléfono: 986817113

Fax: 986817160

Servizo de Innovación Tecnolóxica da Frota
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

- Aportar as baixas dos buques da lista terceira, debidamente inscritos no Censo da Flota Pesqueira Operativa.

- Os buques que aporte como baixas deben cumprir os mesmos requisitos que para as baixas das novas construccións.

  • Solicitude segundo o Anexo I.

  • Documentación común

    • Acreditación da representación fidedigna por calquera medio válido en dereito.

  • Solicitudes de autorización de nova construción:

    • Anexo II.

    • Proxecto realizado por persoal técnico competente que debe incluír cálculo de arqueo en GT e TRB e información detallada do motor que se vaia instalar.

    • Xustificante do aboamento da taxa por autorización de construción de novas embarcacións.

Carpeta de baixas constituída por:

  • Folla de asento certificada e actualizada na que conste a aportación como baixa.

  • Certificación do Rexistro mercantil acreditativa da titularidade do buque e a ausencia de cargas e gravames.

  • Certificación da Capitanía marítima correspondente acreditativa da actividade pesqueira do buque nos 12 meses anteriores á data do expediente, salvo que estea eximido deste requisito pola normativa básica de aplicación, o cal se acreditará.

  • Compromiso de baixa formulado nos termos que indica o artigo 4.4.D) da Orde do 5 de maio de 1998.

  • Se é o caso, documento acreditativo da liquidación do Imposto de Transmisións Patrimoniais e Actos Xurídicos Documentados.

  • Solicitudes de autorización de modernización ou reconversión:

    • Folla de asento certificada e actualizada do buque.

    • Anexo III cumprimentado nos apartados que corresponda.

    • Xustificante do aboamento da taxa por autorización de obras de modernización e reconversión de buques.

    • Para os cambios de censo, caladoiro ou modalidade e nas instalacións ou modificacións dos sistemas ou equipos de detección, extracción, conservación ou tratamento da pesca: unha memoria explicativa.

    • Nas obras que impliquen unha variación das características ou disposición estrutural do buque: proxecto realizado por técnico competente que debe incluír cálculo de arqueo en GT e TRB.

    • Nas instalacións ou cambios de motor: catálogo coa información técnica detallada deste.

    • Cando as obras impliquen un incremento do arqueo en GT ou da potencia propulsora do buque, carpeta de baixas constituída por:

    • Folla de asento certificada e actualizada na que conste a aportación como baixa.

    • Certificación do Rexistro mercantil acreditativa da titularidade do buque e a ausencia de cargas e gravames.

    • Certificación da Capitanía marítima correspondente acreditativa da actividade pesqueira do buque nos 12 meses anteriores á data do expediente, salvo que estea eximido deste requisito pola normativa básica de aplicación, o cal se acreditará.

    • Compromiso de baixa formulado nos termos que indica o artigo 4.4.D) da Orde do 5 de maio de 1998.

    • Se é o caso, documento acreditativo da liquidación do Imposto de Transmisións Patrimoniais e Actos Xurídicos Documentados.

  • Comprobación de datos.

Os documentos relacionados serán obxecto de consulta ás administracións públicas. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo e achegar unha copia dos documentos.

  • DNI/NIE da persoa solicitante.

  • DNI/NIE da persoa representante.

  • NIF da entidade solicitante 

Despois de presentar

Prazo de resolución: Tres meses

Sentido do silencio: Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 22 de abril de 2015 do Vicepresidente e Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se adaptan e incorporan á sede electrónica da Xunta de Galicia os procedementos administrativos de prazo aberto da Consellería do Medio Rural e do Mar (DOG núm. 77 do 24.04.2015).

    • Orde do 5 de maio de 1998 pola que se regula a tramitación das autorizacións de construcción e modernización de buques pesqueiros na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 101 do 28 de maio de 1998).

  • Ámbito Estatal
    • Real Decreto 1549/2009, do 9 de outubro, sobre ordenación do sector pesqueiro e adaptación ao Fondo Europeo da Pesca (BOE nº 245, do 10 de outubro de 2009).

    • Corrección de erros do Real Decreto 1549/2009, do 9 de outubro, sobre ordenación do sector pesqueiro e adaptación ao Fondo Europeo da Pesca (BOE nº 261, do 29 de outubro de 2009).

    • Real Decreto 1586/2012, do 23 de novembro, polo que se modifica o Real Decreto 1549/2009, do 9 de outubro, sobre ordenación do sector pesqueiro e adaptación ao Fondo Europeo da Pesca (BOE nº 283, do 24 de novembro de 2012).

    • Real Decreto 952/2014, do 14 de novembro, polo que se modifica o Real Decreto 1549/2009, do 9 de outubro, sobre ordenación do sector pesqueiro e adaptación ao Fondo Europeo da Pesca (BOE nº 277, do 15 de novembro de 2014).

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

PE401A

Permiso de explotación para embarcación.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

PE401C

Traslado do permiso de explotación para embarcación.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

PE401E

Transmisión do permiso de explotación para embarcacións.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

PE401G

Cambio de porto base.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano