Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
ED550B
Admisión ordinaria en centro docente sostido con fondos públicos.
Procedemento dirixido a: Cidadáns
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Para realizar este trámite presencialmente debes imprimir o seguinte modelo e presentalo nunha oficina.
Utiliza a opción "DESCARGAR PDF IMPRESIÓN" para imprimilo.
Podes cubrir o formulario en liña e imprimilo unha vez cuberto. Poderás gardar os avances e continuar noutro momento utilizando as opcions "Gardar" e "Recuperar".
Esta orde ten por obxecto regular o procedemento de admisión ordinaria (ED550B) en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato.
Alumnos de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obligatoria y de bachillerato.
Prazo de presentación: PECHADO
01/03/2026 00:00 - 20/03/2026 23:59
O prazo de presentación de solicitudes de admisión (ED550B) comprende entre o día 1 e o 20 de marzo de 2026 (ambos incluídos).
Podes presentar esta solicitude de dous xeitos:
- Por internet, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia.
- Presencialmente, nunha oficina de rexistro ou noutros lugares autorizados.
Se pertences a algún destes grupos, tes que presentar a solicitude electronicamente:
- Persoas xurídicas.
- Entidades sen personalidade xurídica.
- Profesionais que deban estar colexiados para exercer a súa actividade.
- Empregados públicos, cando realicen un trámite por razón da súa condición de empregado público.
- Traballadores e traballadoras autónomos.
- Estudantes universitarios.
- Persoas que representen a calquera dos grupos anteriores.
Tramitar en liña
A solicitude pódela presentar electronicamente a través do botón “Tramitar en liña” dispoñible nesta páxina.
Para presentar a solicitude en liña:
- Pulsa o botón «Tramitar en liña» desta páxina.
- Identifícate electronicamente.
- Firma a solicitude cun sistema de sinatura electrónica admitido.
Podes consultar os sistemas de identificación e firma admitidos na sede electrónica da Xunta de Galicia na seguinte ligazón.
Tramitar presencialmente
Se non estas obrigado a presentar a solicitude electronicamente podes facelo de forma presencial.
Podes presentar a solicitude en:
- As oficinas de asistencia en materia de rexistro da Xunta de Galicia.
- As oficinas de rexistro doutras administracións públicas, como os concellos.
- As oficinas de Correos.
- As embaixadas e os consulados de España no estranxeiro.
- Outros lugares autorizados na normativa reguladora do procedemento.
As oficinas de asistencia en materia de rexistro da Xunta de Galicia pódelas consultar en:
https://012.xunta.gal/servizos-destacados/oficinas-de-atencion
Nestas oficinas non é necesario solicitar cita previa.
Se prefires que te atendan a unha hora concreta, solicita cita previa en:
A documentación que debes presentar depende do tipo de solicitude que realices.
A Administración poderá comprobar automaticamente algúns datos necesarios para a tramitación.
Se non pode comprobalos, indicarémosche que documentos debes achegar.
Nalgúns casos, terás que completar e presentar formularios adicionais, chamados anexos.
Podes descargalos desde a ligazón que aparece xunto ao nome de cada formulario.
Documentación
Documentación que se presenta coa solicitude:
- Solicitude segundo o Anexo II da Orde.
- Anexo II-bis (Comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar e consentimento da outra persoa proxenitora, titora ou acolledora).
- Documento acreditativo da representación.
- Copia do libro de familia ou documento equivalente onde figure o/a alumno/a e os demais membros computables da unidade familiar.
- En caso de separación ou divorcio, sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou convenio regulador onde conste a custodia do menor.
- Certificado de discapacidade do/a alumno/a non expedido pola Administración autonómica
- Informe de trastorno grave de conduta do/a alumno/a
Documentación que se presentará (de forma presencial cando así o requira o centro indicado en primeiro lugar)
- Certificado de convivencia dos membros computables da unidade familiar, que deberá indicar a data de alta e estar expedido no ano natural anterior ao inicio do prazo de presentación de solicitudes. Se a residencia no domicilio fose inferior a un ano:
- Escritura de compra, contrato de alugueiro ou título que lexitima a ocupación da vivenda, e
- Recibos acreditativos do pagamento de subministracións (auga, luz...).
- Lugar de traballo (por conta allea): contrato de traballo no que conste o enderezo do centro de traballo e informe de vida laboral obtido no ano natural do procedemento de admisión.
- Lugar de traballo (por conta propia): certificado de alta no censo de actividades económicas da AEAT no que conste o enderezo do centro de traballo, ou licenza de apertura ou actividade do concello, se non está obrigada a estar de alta no dito censo.
- Lugar de traballo (administracións públicas): certificado da unidade de persoal no que conste o enderezo do centro de traballo.
- Libro de familia ou certificación de parto múltiple.
- Documentación xustificativa da condición de familia monoparental.
- Certificado de discapacidade da persoa solicitante ou membro computable da familia non expedido pola Administración autonómica de Galicia.
- Documentación xustificativa da condición de vítima de violencia de xénero (artigo 5 da Lei 11/2007, do 7 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero).
- Certificado como vítima de terrorismo (Lei 29/2011, do 22 de setembro, de recoñecemento e protección integral ás vítimas do terrorismo).
- En bacharelato (1ª solicitude de admisión nesta ensinanza): certificación académica da nota media do último curso finalizado nun centro privado non concertado de Galicia ou en calquera tipo de centro de fóra de Galicia,
- Preferencia por estudos. Matrícula en ensinanzas regradas de música.
- Preferencia por estudos. Matrícula en ensinanzas regradas de danza.
- Preferencia por estudos. Matrícula nun programa de alto rendemento deportivo.
- Resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada.
- Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento.
- Certificado de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que as persoas proxenitoras ou titoras carezan de DNI ou NIE.
Comprobación de datos.
Os documentos relacionados serán obxecto de consulta ás administracións públicas. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente do Anexo e achegar unha copia dos documentos.
- DNI/NIE da persoa solicitante.
- DNI/NIE da persoa representante.
MARQUE NO ANEXO II O RECADRO CORRESPONDENTE PARA SINALAR AS CIRCUNSTANCIAS QUE LLE SEXAN DE APLICACIÓN.
- Certificado de nacemento do/a alumno/a (se non ten ou non consta no libro de familia)
- Certificado de discapacidade do/a alumno/a expedido pola Administración autonómica
- Certificado de dependencia do/a alumno/a
- Título de familia numerosa.
- Certificado de discapacidade da persoa solicitante ou membro computable da unidade familiar expedido pola Administración autonómica de Galicia.
- Percepción de pensión por incapacidade permanente total, absoluta ou grande invalidez ou equivalente de clases pasivas.
- En bacharelato (1ª solicitude de admisión nesta ensinanza): nota media do último curso finalizado (3º ou 4º da ESO) nun centro público ou privado concertado de Galicia.
Como podes consultar ou realizar trámites despois de presentar a solicitude?
Unha vez que presentes a solicitude e se inicie o expediente (conxunto de documentos e actuacións relacionados coa túa solicitude), podes realizar trámites electrónicos a través da Carpeta cidadá (espazo privado onde podes consultar as túas xestións coa Administración) na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Desde a Carpeta cidadá podes:
- Consultar o estado do teu expediente.
- Acceder á documentación.
- Realizar os trámites que estean dispoñibles.
Se non estás obrigado a relacionarte electronicamente coa Administración, tamén podes realizar estes trámites de xeito presencial nas oficinas de asistencia en materia de rexistro (oficinas onde podes presentar documentos e recibir axuda para os teus trámites).
Podes consultar a localización destas oficinas en:
https://012.xunta.gal/servizos-destacados/oficinas-de-atencion
Nestas oficinas non é necesario solicitar cita previa.
Se desexas garantir a túa atención nunha hora determinada, solicita cita previa en:
Podes obter máis información chamando ao teléfono 012 ou ao 981 900 643, servizo de información da Xunta de Galicia.
Xunta de Galicia
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos
Subdirección Xeral de Centros
San Caetano, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981546506
Email: sxcentros@edu.xunta.gal
Órgano responsable
-
Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (DOG nº 29 do 11 de febreiro de 2022). Ligazón á normativa
-
Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (DOG nº 212 do 8 de novembro de 2022). Ligazón á normativa
-
Corrección de erros. Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (DOG nº 51 do 14 de marzo de 2023). Ligazón á normativa
Outros procedementos relacionados
Axudas económicas para a formación en empresa
Prazo aberto: 13/10/2026 00:00 - 13/11/2026 23:59
Avaliación e acreditación académica do alumnado que cursa as ensinanzas da formación profesional inicial
Aberto todo o ano
Solicitude de exención de módulos de formación en centros de traballo (FCT) pola correspondencia coa practica laboral
Aberto todo o ano
Convocatoria de axudas de mobilidade para o alumnado de ciclos formativos de grao básico e grao medio de centros educativos públicos que forman parte do Consorcio de mobilidade do Proxecto Erasmus + 2025-1-ES01-KA121-VET-000332915
Prazo aberto: 04/11/2026 00:00 - 03/12/2026 23:59