Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
ED340A
Participación en contratos-programa para a mellora do éxito escolar nos centros docentes de educación infantil, primaria e secundaria dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Este procedemento únicamente pode ser iniciado utilizando Internet Explorer.
Disculpe as molestias que poida ocasionarlle.
O plan que elaboren os centros poderá recoller unha ou varias das actuacións que se relacionan a continuación, considerando as necesidades e os intereses das persoas destinatarias.
1. Reforzo, orientación e apoio (PROA).
Alumnado destinatario:
Alumnado que presenta dificultades de aprendizaxe, así como aquel con desvantaxe educativa polo contorno sociocultural en que se desenvolve, escolarizado nas seguintes ensinanzas:
a) 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria dos centros de educación infantil e primaria, dos centros de educación primaria e dos centros públicos integrados. Terase en conta, especialmente, aquel alumnado que obtivese un nivel insuficiente na avaliación individualizada ao rematar 3º de educación primaria.
b) 1º, 2º, 3º e 4º de educación secundaria obrigatoria dos centros públicos integrados e dos institutos de educación secundaria. Así mesmo, o alumnado de formación profesional básica.
2. Mellora das competencias clave:
Coa finalidade de priorizar as accións para a mellora da competencia matemática, o desenvolvemento desta actuación incluirá sempre o reforzo desta competencia e poderá incluír tamén actuacións para a mellora da competencia en comunicación lingüística e/ou competencias clave en ciencia e tecnoloxía.
Alumnado destinatario:
Todo o alumnado de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de formación profesional básica. No caso de educación primaria, terase en conta, especialmente, aquel alumnado que obtivese un nivel insuficiente na avaliación individualizada ao rematar 3º de educación primaria.
As actividades propostas nesta actuación e que coincidan coas desenvolvidas por medio doutros plans promovidos pola Consellería non poderán ser obxecto de financiamento adicional.
3. Mellora da convivencia e promoción da igualdade nos centros.
Destinatarios:
a) Escolas de educación infantil.
b) Colexios rurais agrupados.
c) Centros de educación infantil e primaria.
d) Centros de educación primaria.
e) Centros de educación especial.
f) Centros públicos integrados.
g) Institutos de educación secundaria.
h) Centros integrados de formación profesional.
i) Centros públicos de educación e promoción de adultos.
4. Prevención do abandono temperán e do absentismo escolar.
Alumnado destinatario:
Alumnado de ensino primario e secundario que presente risco de abandono temperán ou de absentismo escolar.
5. Mellora do nivel de coñecementos para acadar a excelencia.
Alumnado destinatario:
Alumnado que presenta unha destacada capacidade e motivación para aprender escolarizado nos seguintes centros:
a) Escolas de educación infantil.
b) Colexios rurais agrupados.
c) Centros de educación infantil e primaria.
d) Centros de educación primaria.
e) Centros de educación especial.
f) Centros públicos integrados.
g) Institutos de educación secundaria.
h) Centros integrados de formación profesional.
i) Centros públicos de educación e promoción de adultos.
6. Mellora da calidade na xestión dos centros.
Destinatarios:
a) Escolas de educación infantil.
b) Colexios rurais agrupados.
c) Centros de educación infantil e primaria.
d) Centros de educación primaria.
e) Centros de educación especial.
f) Centros públicos integrados.
g) Institutos de educación secundaria.
h) Centros públicos de educación e promoción de adultos.
1. Escolas de educación infantil.
2. Colexios rurais agrupados.
3. Centros de educación infantil e primaria.
4. Centros de educación primaria.
5. Centros de educación especial.
6. Centros públicos integrados.
7. Institutos de educación secundaria.
8. Centros integrados de formación profesional.
9. Centros públicos de educación e promoción de adultos.
Xunta de Galicia
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos
Servizo de Programas de Formación
San Caetano, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981546504
Fax: 981546550
Prazo de presentación: PECHADO
14/11/2015 00:00 - 14/12/2015 23:59
Un mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
a) Razóns que xustifican a actuación, cos datos que procedan.
b) Logros que se perseguen e indicadores de medida temporalizados. Para a súa concreción teranse en conta indicadores como:
1º. A taxa de éxito escolar nos distintos niveis ou etapas. Resultados das distintas avaliacións individualizadas e das PAU, entre outros.
2º. A taxa de idoneidade do alumnado para cada un dos niveis de ensino obrigatorio.
3º. A análise das necesidades educativas e socioeconómicas do contorno.
4º. Os datos de inserción laboral, se procede.
5º. Os resultados dos sistemas de xestión da calidade, se é o caso.
c) Accións que se pretenden desenvolver e a súa temporalización. Estas accións deberán ser concretas, innovadoras e orientadas aos logros que se perseguen. As accións poderán comportar singularidades en canto a:
1º. Horario de apertura e peche do centro.
2º. Organización do currículo.
3º. Organización e características dos recursos humanos.
4º. Necesidades de formación do profesorado.
5º. Asignación e/ou distribución de recursos materiais.
6º. Modelo de xestión organizativa e pedagóxica que requiran as accións.
d) Estratexias de coordinación entre centros na transición do alumnado de educación primaria a educación secundaria obrigatoria, se é o caso.
e) Implicación das familias do alumnado, doutras institucións e de empresas, se é o caso.
f) Colaboración da administración local e doutras administracións, se é o caso.
g) Necesidade de novos recursos que implica a actuación, temporalizados.
h) Proceso de seguimento e avaliación interna que se vai realizar de cada unha das actuacións.
O plan será elaborado polo equipo directivo do centro que, previamente, deberá realizar unha análise sobre os procesos que se veñen desenvolvendo no centro para identificar as súas fortalezas e debilidades.
Valorarase positivamente que a participación na convocatoria conte coa aprobación do claustro e do consello escolar do centro, se é o caso.
Á solicitude (Anexo I desta resolución) xuntaráselle a seguinte documentación:
a) Certificación da aprobación do plan polo consello escolar (anexo II), se e o caso.
b) Certificación da aprobación do plan polo claustro (anexo III).
Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, a persoa interesada ou representante deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro.
O documento que recolla o plan para a mellora do exito escolar terá que ser cuberto e gardado na aplicación de contratos-programa (https://www.edu.xunta.es/programaseducativos), e non será necesario xuntalo á solicitude.
As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a traves do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.es), de acordo co establecido nos artigos 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e 24 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación das solicitudes será necesario o documento nacional de identidade electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia.
Opcionalmente tamen se poderán presentar as solicitudes en soporte papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de rexime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
A documentación complementaria poderá presentarse electronicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante ou representante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada, segundo o disposto nos artigos 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e 22.3 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.
A documentación complementaria tamen poderá presentarse en formato papel, en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de rexime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
As copias dos documentos gozarán da mesma validez e eficacia que os seus orixinais sempre que exista constancia de que sexan autenticas.
Prazo de resolución: Cinco meses
Sentido do silencio: Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Resolución do 5 de novembro de 2015, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se regulan, para o curso 2015/16, os contratos-programa con centros docentes e se establecen as bases para a convocatoria e selección de plans dirixidos á mellora do éxito escolar nos centros docentes de educación infantil, primaria e secundaria dependentes desta consellería (DOG nº 217 do 13 de novembro de 2015).
-
Outros procedementos relacionados
Participación no concurso de traslados específico entre o persoal funcionario docente do corpo de mestres para cubrir prazas de xefatura do departamento de orientación nos colexios públicos de educación infantil e primaria e de educación primaria dependentes da consellería competente en materia de educación.
Prazo aberto: 01/12/2025 00:00 - 22/12/2025 23:59
Modificación da autorización de centros de ensinanzas de técnicos deportivos.
Aberto todo o ano
Extinción da autorización de centros de ensinanzas de técnicos deportivos.
Aberto todo o ano
Financiamento para os proxectos de fomento do uso do galego dos centros de titularidade pública de Galicia que imparten ensinanzas regradas de niveis non universitarios.
Prazo pechado: 29/11/2017 00:00 - 15/01/2018 23:59