Guía de procedementos e servizos

IN330A

Paralizacións temporais

Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais

Aberto todo o ano

Consellería de Economía e Industria

TRAMITAR PRESENCIALMENTE
Sobre o procedemento

Os traballos de preparación, infraestrutura e instalacións, así como de explotación propiamente dita, deberán realizarse con suxeición aos proxectos e plans de labores aprobados, non podendo demorarse a súa iniciación nin paralizarse sen a previa autorización da Xefatura Territorial correspondente ou da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, no seu caso.

Si por causas de forza maior, debidamente xustificadas e apreciadas pola Xefatura Territorial, tales como as climatolóxicas, carencia irremediable de man de obra ou doutros elementos de traballo, falta de mercado, necesidade de ampliar a investigación ou outros similares, houbesen de ser suspendidos os traballos, o titular ou explotador legal poñerao en coñecemento da Xefatura Territorial, a cal, previos os informes que estime oportunos poderá autorizar a suspensión por tempo non superior a un ano, dando conta do seu acordo á Dirección Xeral de Enerxía e Minas e notificándoo ao interesado.

Nos casos en que corresponda ditar resolución á a Dirección Xeral de Enerxía e Minas a Xefatura Territorial remitirá a instancia e documentos que a acompañen á Dirección Xeral de Minas co seu informe e, no seu caso, o daquelas Xefaturas Territoriais afectadas.

Autorizada a suspensión de traballos, o titular ou explotador legal vén obrigado a manter os de conservación, vixilancia, ventilación e desaugue, se houbese lugar a iso, así como a tomar as medidas precisas para garantir a seguridade de persoas, bens e dereitos.

Xunta de Galicia

Consellería de Economía e Industria

Secretaría Xeral de Industria e Desenvolvemento Enerxético

Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Minas

Subdirección Xeral de Recursos Minerais

Servizo de Xestión Mineira

Edificios Administrativos. San Caetano, s/n bloque nº 5

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981957092

Fax: 981545515

Xunta de Galicia

Consellería de Economía e Industria

Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña

Servizo de Enerxía e Minas da Coruña

Rúa Vicente Ferrer, 1º e 2º andar

15071  Coruña, A  (Coruña, A)

Teléfono: 981184961

Fax: 981184790

Xunta de Galicia

Consellería de Economía e Industria

Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria de Lugo

Servizo de Enerxía e Minas de Lugo

Ronda da Muralla, 70

27071  Lugo  (Lugo)

Teléfono: 982294654/ 982294657

Fax: 982294681

Xunta de Galicia

Consellería de Economía e Industria

Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria de Ourense

Servizo de Enerxía e Minas de Ourense

Curros Enriquez, 1 - 4º

32003  Ourense  (Ourense)

Teléfono: 988386716

Fax: 988386727

Xunta de Galicia

Consellería de Economía e Industria

Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria de Pontevedra

Servizo de Enerxía e Minas de Pontevedra

Fernández Ladreda, 43 - 5º

36003  Pontevedra  (Pontevedra)

Teléfono: 986805227

Fax: 986805247

Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Minas
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

  • Solicitude segundo o Anexo I.

  • Informe ou memoria onde se xustifique a causa da necesidade de paralización e se descríban as medidas de conservación, vixilancia, ventilación e desaugue, así como as medidas precisas para garantir a seguridade de persoas, bens e dereitos.

  • No caso de persoas xurídicas solicitantes, copia da escritura ou documento de constitución, de modificación, dos estatutos ou do acto fundacional.

  • No caso de actuar por medio de representante, documentación acreditativa da representación.

COMPROBACIÓN DE DATOS

Os documentos relacionados serán obxecto de consulta ás Administracións públicas. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente e achegar unha copia dos documentos.

  • DNI o NIE da persoa solicitante

  • DNI o NIE da persoa representante

CONSENTIMENTO PARA A COMPROBACIÓN DE DATOS

A persoa interesada autoriza a consulta a outras administracións públicas dos seguintes datos. De non autorizar a consulta, deberá achegar o documento correspondente.

  • NIF da entidade solicitante

  • NIF da entidade representante

Despois de presentar

Prazo de resolución:

Tres meses

Sentido do silencio:

Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 22 de outubro de 2015 pola que se adaptan e incorporan á sede electrónica da Xunta de Galicia os procedementos administrativos de prazo aberto da Consellería de Economía, Emprego e Industria (DOG nº 204 do 26 de outubro de 2015).

  • Ámbito Estatal
    • Lei 22/1973, do 21 de xullo, de Minas (BOE nº 176 do 24 de xullo de 1973).

    • Real Decreto 2857/1978, do 25 de agosto, polo que se aproba o Regulamento Xeral para o Réxime da Minaría (BOE nº 295 do 11 de decembro de 1978).

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

FA009A

Solicitude de autorización para a utilización das aplicacións informáticas da Oficina Virtual Tributaria para o pagamento electrónico e a presentación electrónica dos modelos de declaración 008 e de autoliquidación 013 do Imposto compensatorio ambiental mineiro (ICAM).

Aberto todo o ano

FA701A

Inscrición no Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma de Galicia.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

FA701B

Modificación da Inscrición no Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma de Galicia.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

IF504E

Actividade comercial portuaria de subministro de combustible a buques, e outras instalacións fixas e móbiles, mediante medios móbiles terrestres.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano