Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
BS631A
Subvencións a entidades de iniciativa social para a promoción de actuacións de servizos sociais comunitarios e inclusión social, cofinanciada parcialmente pola Unión Europea no marco do programa FSE+ Galicia 2021-2027.
Procedemento dirixido a: Asociacións e ong
Consellería de Política Social e Igualdade
A convocatoria do réxime de concesión de axudas ás entidades privadas de iniciativa social para a promoción das actuacións de servizos sociais comunitarios e de inclusión social nos anos 2025 a 2027 que, de conformidade coa Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia, leven a cabo a través da atención ás persoas nos centros de inclusión e emerxencia social e a través do desenvolvemento das actuacións e/ou servizos na área de actuación dos servizos sociais comunitarios, de inclusión e, especificamente, da inclusión social e laboral da poboación inmigrante.
As entidades privadas de iniciativa social.
Xunta de Galicia
Consellería de Política Social e Igualdade
Dirección Xeral de Inclusión Social
Subdirección Xeral de Prestacións e Programas de Inclusión
Servizo de Atención ás Persoas Inmigrantes
Edificio Administrativo de San Caetano, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981545615
Fax: 981545638
Xunta de Galicia
Consellería de Política Social e Igualdade
Dirección Xeral de Inclusión Social
Subdirección Xeral de Prestacións e Programas de Inclusión
Servizo de Coordinación de Programas de Inclusión
Edificio Administrativo de San Caetano
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981545564
Fax: 981545638
Xunta de Galicia
Consellería de Política Social e Igualdade
Dirección Xeral de Inclusión Social
Subdirección Xeral de Prestacións e Programas de Inclusión
Servizo de Prestacións e Acción Social
Edificio Administrativo de San Caetano. Edificio a Pirámide
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981541899
Prazo de presentación: PECHADO
10/06/2025 00:00 - 09/07/2025 23:59
O prazo de presentación das solicitudes será de un mes contado a partir do día seguinte da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día.
1. Poderán ser beneficiarias das subvencións reguladas nesta orde as entidades privadas de iniciativa social a que se refire o artigo 30 da Lei 13/2008, do 3 de decembro, sempre e cando reúnan os seguintes requisitos:
a) Estar inscritas no Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais, regulado polo Decreto 254/2011, do 23 de decembro, polo que se regula o réxime de rexistro, autorización, acreditación e a inspección dos servizos sociais en Galicia.
b) Carecer de ánimo de lucro. Para estes efectos acreditarase que non reparten beneficios, que no caso de liquidación ou disolución desta, o seu patrimonio se destina a fins sociais e que os membros do seu padroado e/ou órgano de goberno desenvolven o seu cometido con carácter gratuíto, de conformidade co disposto nos seus estatutos e co disposto nos números 2, 5, 6 e 10 do artigo 3 da Lei 49/2002, do 23 de decembro, de réxime fiscal das entidades sen fins lucrativos e dos incentivos fiscais ao mecenado.
c) Ter o seu domicilio social en Galicia ou delegación na Comunidade Autónoma de Galicia.
d) Non atoparse en ningunha das situacións establecidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. A acreditación de non estaren incursas nas ditas circunstancias realizarase mediante declaración responsable da persoa representante da entidade.
e) Dedicarse, con carácter preferente en concordancia cos seus estatutos, á realización de actuacións recollidas no artigo 1.
2. Todos os requisitos sinalados deberán cumprirse na data en que remate o prazo de presentación de solicitudes e manterse durante todo o período de execución das actuacións subvencionadas.
3. Dentro dos límites da lexislación autonómica, tamén poderán ser beneficiarias destas subvencións as agrupacións de persoas xurídicas privadas sen personalidade xurídica, sempre que poidan levar a cabo os proxectos, as actividades ou os comportamentos ou se atopen na situación que motiva a concesión da subvención.
A agrupación deberá facer constar expresamente na solicitude os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación, así como o importe de subvención que se vai aplicar por cada un deles, que terán igualmente a consideración de beneficiarios. Deberá nomearse un representante ou apoderado único da agrupación, con poderes suficientes para cumprir as obrigas que, como beneficiario, lle corresponden á agrupación. Non poderá disolverse a agrupación ata que transcorra o prazo de prescrición previsto nos artigos 35 e 63 Lei 9/2007, do 13 de xuño.
Cada unha das entidades membro da agrupación deberá estar inscrita no Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais de Galicia, e cumprir os requisitos e obrigas para ser beneficiarias da subvención.
4. No suposto de subvencións para o funcionamento de centros de inclusión e emerxencia social, ademais do disposto nos números anteriores, a entidade deberá contar coa autorización para o inicio de actividades prevista no Decreto 254/2011, do 23 de decembro.
No momento da solicitude será suficiente con presentar unha copia da solicitude do permiso de inicio de actividades en que conste a data no rexistro de entrada. O órgano instrutor verificará que as entidades solicitantes teñen concedido o mencionado permiso con data anterior ao da notificación da resolución da subvención que corresponda.
Solicitudes.
1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que sexa realizada a emenda.
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
2. Para as solicitudes 4.1.b) 2º e 3º, conforme o disposto na Orde TES/106/2024 pola que se determinan os gastos subvencionables polo FSE+ para o período de programación 2021-2027, no caso de persoal propio da entidade, será preciso acreditar, mediante unha declaración responsable, que as persoas traballadoras que prestan servizo nesta operación non teñen bonificada a cota correspondente á Seguridade Social. No caso de ter bonificada a cota correspondente á Seguridade Social, para o cálculo do importe elixible descontarase do custo unitario por hora a parte proporcional correspondente ás bonificacións ou reducións que puidesen estar asociadas ao pagamento das cotizacións sociais.
Documentación complementaria.
1. As entidades privadas de iniciativa social interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación xeral:
a) Documentación acreditativa da representatividade da persoa solicitante para actuar en nome da entidade para o caso de que esta se atribúa a persoa distinta á designada no Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais.
b) Memoria da entidade segundo o modelo do anexo II, que conteña os datos básicos de identificación e, como mínimo, as epígrafes sinaladas neste anexo.
c) No caso das agrupacións sen personalidade xurídica, deberá xuntar un documento onde consten os compromisos de execución asumidos por cada un de seus membros e o importe da subvención que se aplicará a cada un deles.
2. Para a solicitude de subvención de funcionamento de centros de inclusión e emerxencia social establecidas no artigo 4.1.a), achegarase o anexo III, que conterá os seguintes aspectos:
1º. Tipo de centro para o que se solicita a subvención.
2º. Identificación do centro e da persoa responsable. No caso de non contar coa autorización para o inicio de actividades prevista no Decreto 254/2011, do 23 de decembro, deberán achegar a copia da solicitude do permiso de inicio de actividades.
3º. Horario de atención ás persoas usuarias e número de días de apertura coa desagregación reflectida no anexo III.
4º. Perfil das persoas usuarias e réxime económico aplicado.
5º. Número de prazas autorizadas. Número previsto de persoas usuarias/día.
6º. Outras unidades e recursos: módulo de unidades familiares, de media estadía, recursos extra e existencia doutros recursos similares na zona de influencia.
7º. Recursos humanos dispoñibles.
8º. Descrición das características técnicas do centro.
9º. Declaración dos gastos previstos, que deberá presentarse de xeito separado para as actuacións previstas do 1.5.2025 ata o 30.11.2025, do 1.12.2025 ata o 30.11.2026, e do 1.12.2026 ata o 30.4.2027.
A información mínima requirida no anexo III poderá ser ampliada, á discreción da entidade solicitante, nunha memoria complementaria.
3. Para a solicitude de subvencións establecidas no artigo 4.1.b) para a promoción de actuacións singularizadas que constitúan a totalidade ou parte dun programa innovador e/ou complementario dos servizos sociais comunitarios básicos, ou prestacións vinculadas ao desenvolvemento de determinados servizos sociais de inclusión de atención integrada, ademais dos servizos de promoción da participación social e de asesoramento técnico especializado dirixidos, no marco desta orde, de xeito exclusivo á poboación inmigrante, achegarase un anexo IV por cada actuación solicitada que conterá os seguintes aspectos:
a) Datos da entidade solicitante.
b) Denominación da actuación.
c) Tipo de actuación.
d) Xustificación da necesidade social e localización territorial da actuación.
e) Obxectivos e descrición xeral da actuación, que deberá estar adaptada ás persoas destinatarias, a cal deberá incorporar a perspectiva de xénero nos termos definidos no artigo 4.
f) Descrición dos recursos humanos e materiais que se van utilizar para garantir o axeitado desenvolvemento da actuación, especificando a titulación.
g) Cronograma da/das actuación/s: a/as descrición/s conterá/n o período temporal de desenvolvemento da actuación, con indicación do seu número total de horas e/ou, no caso de que sexa necesario pola súa natureza, días, semanas ou meses de execución efectiva, así como o número previsto de persoas usuarias, coa desagregación reflectida no anexo. Esta descrición deberase presentar desagregada, recollendo de xeito separado as actuacións previstas en cada anualidade subvencionable, segundo o establecido no anexo IV.
A información para a valoración da solicitude para as actuacións do artigo 4.1.b).1º será o previsto desde o 1.5.2025 ata o 30.11.2025, do 1.12.2025 ata o 30.4.2026, do 1.5.2026 ata o 30.11.2026 e do 1.12.2026 ata o 30.4.2027. Nas actuacións de tipo formativo distinguirase o número de horas e as unidades didácticas ou módulos en que se divida, con expresión da duración de cada un deles.
h) Perfil e criterios de selección das persoas destinatarias da actuación e para cada unha das súas fases. Indicarase, de ser o caso, a/as problemática/s específica/s das persoas usuarias. No caso de solicitudes tipo 4.1.b)2º e 4.1.b)3º, este punto deberá axustarse ao establecido nos artigos 3.1 e 3.3 da Lei 10/2013, do 27 de novembro.
i) Metodoloxía que se vai empregar no desenvolvemento da actuación, a cal deberá incorporar a perspectiva de xénero describindo os axustes que se introducirán en función dos roles diferentes que asumen homes e mulleres na sociedade e que poden condicionar o acceso e a calidade da súa participación.
j) Avaliación cualitativa prevista.
k) Para as actuacións do artigo 4.1.b).1º, unha declaración de gastos previstos, que deberá presentarse de xeito separado para as actuacións previstas desde o 1.5.2025 ata o 30.11.2025, do 1.12.2025 ata o 30.4.2026, do 1.5.2026 ata o 30.11.2026 e do 1.12.2026 ata o 30.4.2027.
l) Se é o caso, declaración responsable prevista no artigo 4.1.b).2º e 3º de que a persoa beneficiaria se atopa en situación de exclusión social, ou ben nunha situación de vulnerabilidade derivada da súa condición de inmigrante.
A información mínima requirida no anexo IV poderá ser ampliada, á discreción da entidade solicitante, nunha memoria complementaria.
m) Información complementaria para a valoración da actuación.
4. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común, non será necesario achegar os documentos que xa foron presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán recadados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados parao efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.
De forma excepcional, se non se poden obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.
5. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.
Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que sexa realizada a emenda.
As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
6. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
7. No caso de que algún dos documentos que se presente de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no paragrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Comprobación de datos.
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
a) Número de identificación fiscal da entidade solicitante.
b) Documento nacional de identidade ou número de identidade de estranxeiro da persoa representante.
c) Certificado de estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias coa Axencia Estatal da Administración Tributaria.
d) Certificado de estar ao día no cumprimento das obrigas coa Seguridade Social.
e) Certificado de estar ao día no cumprimento das obrigas coa Facenda da Comunidade Autónoma de Galicia.
f) Documento acreditativo do grupo de cotización das persoas traballadoras da entidade solicitante da subvención asignados á execución das actuacións subvencionados.
g) Documento acreditativo da situación de alta na Seguridade Social das persoas traballadoras da entidade solicitante da subvención asignados ás actuacións subvencionadas durante o período de execución da actuación.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro habilitado no modelo de anexo I de solicitude e/ou no anexo IX de comprobación de datos de terceiras persoas interesadas, segundo o caso, e achegar os documentos correspondentes.
Cando así o exixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores á presentación da solicitude.
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude, deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Prazo de resolución:
Cinco meses
Sentido do silencio:
Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 23 de maio de 2025 pola que se establecen as bases que rexerán a concesión de subvencións a entidades privadas de iniciativa social para a promoción de actuacións de servizos sociais comunitarios e inclusión social para os anos 2025 a 2027, cofinanciada parcialmente pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027, e se procede á súa convocatoria (DOG nº 108 do 9 de xuño de 2025).
-
Extracto da Orde do 23 de maio de 2025 pola que se establecen as bases que rexerán a concesión de subvencións a entidades privadas de iniciativa social para a promoción de actuacións de servizos sociais comunitarios e inclusión social para os anos 2025 a 2027, cofinanciada parcialmente pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027, e se procede á súa convocatoria (DOG nº 108 do 9 de xuño de 2025).
-
Resolución do 22 de outubro de 2025, da Dirección Xeral de Inclusión Social, pola que se publica a Resolución do 21 de outubro de 2025 que pon fin aos procedementos da Orde do 23 de maio de 2025 pola que se establecen as bases que rexerán a concesión de subvencións a entidades de iniciativa social para a promoción de actuacións de servizos sociais comunitarios e inclusión social para os anos 2025 a 2027, cofinanciada parcialmente pola Unión Europea no marco do programa FSE+ Galicia 2021-2027, e se procede á súa convocatoria (DOG nº 212 do 03 de novembro de 2025).
-
Orde do 10 de marzo de 2026 pola que se modifica a Orde do 23 de maio de 2025 pola que se establecen as bases que rexerán a concesión de subvencións a entidades privadas de iniciativa social para a promoción de actuacións de servizos sociais comunitarios e inclusión social para os anos 2025 a 2027, cofinanciada parcialmente pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027, e se procede á súa convocatoria (DOG nº 51 do 17 de marzo de 2026).
-
Outros procedementos relacionados
Autorización para a creación /construción de centros de servizos sociais.
Aberto todo o ano
Autorización de inicio de actividades de centros e programas de servizos sociais.
Aberto todo o ano
Autorización de cesamento de actividades de centros e programas de servizos sociais.
Aberto todo o ano
Autorización de modificación substancial de centros e programas de servizos sociais.
Aberto todo o ano