Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
ED333B
Programa retorna talento FP.
Procedemento dirixido a: Cidadáns
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Ampliouse o prazo deste procedemento a consecuencia da interrupción xeneralizada da subministración eléctrica acaecida o día 28 de abril de 2025.
Convocar cento cincuenta bolsas (150) do programa Retorna Talento FP.
Establécense as seguintes modalidades de bolsas:
1. Modalidade A: certificados profesionais.
Setenta e cinco (75) bolsas para cursar, polo réxime dual intensivo, os certificados profesionais (grao C) que se detallan no anexo IV.
O alumnado seleccionado cursará as devanditas ensinanzas na modalidade presencial durante o curso 2024/25, no período comprendido entre a resolución desta convocatoria e o remate do curso académico o 31 de agosto de 2025.
2. Modalidade B: ciclos de formación profesional.
Sesenta e cinco (75) bolsas para cursar, polo réxime dual intensivo, os ciclos de formación profesional (grao D) que se indican no anexo V.
Nesta modalidade, a formación terá unha duración de dous cursos académicos. Durante o curso 2025/26, o alumnado cursará un período inicial na modalidade semipresencial e a distancia, que poderá desenvolver desde o seu país de residencia, seguido dun período na modalidade presencial, que se desenvolverá entre o centro educativo e a empresa. Durante o curso 2026/27, o alumnado cursará un período inicial na modalidade semipresencial e a distancia, seguido dun período na modalidade presencial, que se desenvolverá entre o centro educativo e a empresa.
As persoas solicitantes poderán concorrer unicamente a unha das dúas modalidades ofertadas. Dentro da modalidade elixida, poderán indicar ata un máximo de tres ensinanzas, ordenadas segundo a súa orde de preferencia.
1. Poderá concorrer a esta convocatoria a cidadanía galega que resida no exterior e que cumpra os requisitos (artigo 4).
2. Quedan excluídas desta convocatoria as persoas que xa sexan beneficiarias da bolsa convocada pola Orde do 28 de febreiro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras e se convoca o programa Retorna Talento, para persoas galegas residentes no estranxeiro interesadas en retornar e cursar determinados estudos de formación profesional no curso académico 2024/25 en centros educativos de Galicia (DOG núm. 52, do 13 de marzo de 2024), ou outras bolsas de edicións anteriores.
3. Quedan excluídas desta convocatoria aquelas persoas que foran beneficiarias das bolsas de excelencia para a mocidade exterior (BEME), convocadas pola Secretaría Xeral da Emigración.
Xunta de Galicia
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Dirección Xeral de Formación Profesional
Subdirección Xeral de Innovación Profesional e Coordinación co Sistema Produtivo
Servizo de Orientación e Innovación Profesional
San Caetano, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981546546
Email: retorna.talento.fp@edu.xunta.gal
Ampliouse o prazo deste procedemento a consecuencia da interrupción xeneralizada da subministración eléctrica acaecida o día 28 de abril de 2025.
Prazo de presentación: PECHADO
28/03/2025 00:00 - 25/06/2025 23:59
Segundo a Orde do 20 de maio de 2025, amplíase o prazo de solicitudes para a modalidade B ata o día 25 de xuño.
O prazo de presentación de solicitudes para a modalidade A será de 30 días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia (DOG). O prazo de presentación de solicitudes para a modalidade B será de 60 días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia (DOG). Os devanditos prazos finalizarán ás 23:59:59 horas (hora peninsular española) do día no que finalice o cómputo correspondente.
Requisitos que se deberán cumprir e acreditar no prazo de presentación de solicitudes:
a. Ter os 18 anos feitos na data da solicitude, para o caso dos participantes da modalidade A, ou ben facer os 18 anos de idade durante o ano natural de inicio dos estudos, para o caso dos participantes da modalidade B. En todo caso, o límite superior para ambas modalidades será de 45 anos na data da solicitude.
b. Estar en posesión de pasaporte ou DNI español.
c. Residir no estranxeiro.
d. Acreditar un mínimo de dous (2) anos de residencia fóra de España inmediatamente anterior á data da presentación da solicitude.
e. Cumprir polo menos unha das seguintes condicións:
– Ser emigrante nacido/a en Galicia.
– Ser emigrante non nacido/a en Galicia, pero residir en Galicia de forma continuada durante dez (10) anos con nacionalidade española antes de emigrar.
– Ser descendente por consanguinidade de emigrante nacido/a en Galicia.
f. No caso das persoas nacidas no estranxeiro, estar vinculadas a un concello galego. Este requisito poderase acreditar con posterioridade, pero sempre antes de que remate o prazo de emenda da documentación preceptiva.
g. No caso das persoas solicitantes da modalidade B:
– Estar en posesión dalgunha das titulacións que dan acceso ao ciclo formativo correspondente, de acordo co establecido nos artigos 6 e 7 da Orde do 15 de xuño de 2016 pola que se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos para impartir ciclos formativos de formación profesional de grao medio e de grao superior en réxime ordinario e para as persoas adultas. Estas titulacións pódense consultar na seguinte páxina web: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160627/AnuncioG0164-210616-0003_gl.html
– A titulación deberá estar homologada e acreditarase mediante a correspondente credencial de homologación. Non obstante, permitirase a inscrición condicionada neste procedemento mediante a presentación da solicitude de homologación xunto coa declaración responsable no modelo do anexo III da Orde do 9 de xullo de 2018, reguladora do procedemento de homologación e/ou validación de títulos e estudos estranxeiros de ensinanzas non universitarias. En calquera caso, a credencial de homologación deberá estar resolta positivamente e deberá estar enviada antes do 31 de xaneiro do 2026 ao correo electrónico retorna.talento.fp@edu.xunta.gal
– Dispor de conexión a internet e ordenador ou dispositivo móbil compatible coa plataforma de teleformación da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional (https://www.edu.xunta.gal/fpadistancia/).
Forma de presentación de solicitudes
1. As persoas solicitantes deberán cubrir os campos do formulario de solicitude que figuran na aplicación informática Ciclosadmisión (https://www.edu.xunta.gal/ciclosadmision/), á cal se pode acceder tamén desde a ligazón presente na sede electrónica da Xunta de Galicia dentro do propio procedemento desta convocatoria, e incorporar os documentos requiridos no artigo 8 desta orde á dita aplicación. Rematado este proceso, deberán confirmar a solicitude e, unha vez enviada, non poderá ser modificada. Así pois, unha vez finalizada a súa formalización, as solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos na sede a través do formulario electrónico normalizado antedito, que figura como anexo I desta orde a título informativo, e estará tamén accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).
Entendendo que as persoas a que vai dirixida esta convocatoria teñen acceso e capacidade para realizar este trámite, e as especiais circunstancias que poderían presentarse nos países en que residen, establécese a obrigatoriedade de relacionarse exclusivamente por medios electrónicos para tramitar este procedemento, de conformidade co establecido no artigo 10.2 e 10.3 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia.
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude de xeito presencial, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que sexa realizada a emenda.
2. As persoas solicitantes residentes en Cuba que así o desexen poderanse dirixir á Federación de Sociedades Galegas na Habana, na cal existen persoas habilitadas para a presentación electrónica das súas solicitudes.
A utilización desta vía requirirá unha autorización que a persoa solicitante lle outorga á persoa responsable da entidade colaboradora para que remita a súa solicitude vía electrónica, incluída no anexo I.
3. A presentación da solicitude implicará a aceptación do disposto nesta orde e a persoa responsabilizarase, de acordo co establecido no artigo 28.7 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, da veracidade dos documentos presentados; será unha infracción grave falsear calquera das condicións requiridas para obter a subvención solicitada, de acordo co artigo 37.1 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.
4. Para calquera información adicional, as persoas interesadas poderanse dirixir ao correo electrónico retorna.talento.fp@edu.xunta.gal
Documentación complementaria
1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:
a. Pasaporte ou outro documento acreditativo da identidade ou nacionalidade española, para as persoas solicitantes que non teñan DNI español.
b. Documentación acreditativa da residencia actual no estranxeiro.
c. Documentación xustificativa do tempo de residencia no estranxeiro durante un mínimo de dous (2) anos inmediatamente anteriores á data de finalización de presentación da solicitude.
d. Documentación acreditativa da súa vinculación con Galicia:
– Persoas nacidas en Galicia: pasaporte ou certificado de nacemento en Galicia.
– Persoas non nacidas en Galicia, pero que residiron en Galicia de forma continuada durante dez (10) anos con nacionalidade española antes de emigrar: histórico do padrón municipal do/s concello/s galego/s onde residiron.
– Descendentes por consanguinidade de emigrante nacido/a en Galicia: certificados de nacemento ou libros de familia que acrediten toda a liña de parentesco por consanguinidade, desde a persoa emigrante nacida en Galicia ata o nacemento da persoa solicitante.
e. Para as persoas solicitantes nacidas no estranxeiro, documentación acreditativa da súa vinculación cun concello galego no Padrón de españois residentes no estranxeiro (PERE), ou calquera outra documentación acreditativa deste aspecto.
f. Para as persoas solicitantes da modalidade A:
– Documentación acreditativa da experiencia laboral relacionada coa praza que solicitan.
– Documentación acreditativa da formación relacionada coa praza que solicitan.
g. Para as persoas solicitantes da modalidade B:
– Documentación acreditativa da formación necesaria para acceder ao ciclo ofertado segundo o establecido no artigo 4.g).
– Curriculum vitae actualizado na data da solicitude.
2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.
Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que sexa realizada a emenda.
As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o cal poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
4. A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional poderá requirir calquera outra documentación ou dato adicional que considere necesario para completar o expediente ou para unha mellor valoración del.
5. Todos os documentos que se acheguen deberán ser oficiais e estar expedidos polas autoridades competentes, de acordo co ordenamento xurídico do país de que se trate. Cando os documentos achegados ao expediente polas persoas solicitantes estean nun idioma distinto do galego ou do español, deberase presentar tradución xurada deles en calquera destes idiomas.
6. A persoa beneficiaria presentará, na súa solicitude, unha declaración responsable do conxunto das axudas solicitadas, tanto as aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución, para a mesma finalidade, con indicación das distintas administracións públicas competentes ou as súas entidades vinculadas ou dependentes. A citada declaración encóntrase na epígrafe correspondente ás declaracións da persoa solicitante ou representante do anexo I.
Comprobación de datos
1. Para tramitar este procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
– DNI/NIE da persoa solicitante, de dispor del.
– DNI/NIE da persoa representante.
– Expediente académico.
– Certificado de que a persoa solicitante está ao día no pagamento coa Seguridade Social.
– Certificado de que a persoa solicitante está ao día no pagamento das obrigas tributarias coa Axencia Estatal da Administración Tributaria (AEAT).
– Certificado de que a persoa solicitante está ao día no pagamento das obrigas tributarias coa Consellería de Facenda e Administración Pública.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario e achegar os documentos.
Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas que presenten o documento correspondente.
Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes
A realización de trámites administrativos despois da presentación das solicitudes realizarase de maneira electrónica a través da aplicación accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).
Ampliouse o prazo deste procedemento a consecuencia da interrupción xeneralizada da subministración eléctrica acaecida o día 28 de abril de 2025.
Prazo de resolución:
Cinco meses
Sentido do silencio:
Negativo
- Fase de xustificación
- Modelo de renuncia (Anexo III)
- Modelo de aceptación (Anexo II)
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 24 de marzo de 2025 pola que se aproban as bases reguladoras e se convoca o programa Retorna talento FP, dirixido a persoas galegas residentes no estranxeiro interesadas en retornar e cursar determinados estudos de formación profesional en centros educativos de Galicia que se inicien no ano 2025 (DOG nº 60 do 27 de marzo de 2025).
-
Extracto da Orde do 24 de marzo de 2025 pola que se aproban as bases reguladoras e se convoca o programa Retorna talento FP, dirixido a persoas galegas residentes no estranxeiro interesadas en retornar e cursar determinados estudos de formación profesional en centros educativos de Galicia que se inicien no ano 2025 (DOG nº 60 do 27 de marzo de 2025).
-
Orde do 20 de maio de 2025 pola que se acorda a ampliación do prazo para a presentación de solicitudes no procedemento regulado na Orde do 24 de marzo de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras e se convoca o programa Retorna Talento FP, para persoas galegas residentes no estranxeiro interesadas en retornar e cursar determinados estudos de formación profesional que se inicien no ano 2025 en centros educativos de Galicia (DOG nº 98 do 23 de maio de 2025).
-
Orde do 24 de xuño de 2025 pola que se resolven as axudas correspondentes á modalidade A do programa Retorna talento FP establecidas na Orde do 24 de marzo de 2025 (DOG nº 123 do 30 de xuño de 2025).
-
Resolución do 25 de novembro de 2025 pola que se adxudican as axudas correspondentes á modalidade B do programa Retorna Talento FP, establecidas na Orde do 24 de marzo de 2025 (DOG nº 234 do 03 de decembro de 2025).
-
Outros procedementos relacionados
Avaliación e acreditación académica do alumnado que cursa as ensinanzas da formación profesional inicial
Aberto todo o ano
Solicitude de exención de módulos de formación en centros de traballo (FCT) pola correspondencia coa practica laboral
Aberto todo o ano
Rexistro de librarías. Axudas para adquirir libros de texto e material escolar.
Aberto todo o ano
Homologación e/ou validación de títulos e estudos estranxeiros de ensinanzas non universitarias.
Aberto todo o ano