Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
TR306A
Probas de competencias clave.
Procedemento dirixido a: Cidadáns
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
O obxecto desta resolución é convocar probas de avaliación en competencias clave para o acceso ás accións formativas dos certificados profesionais de niveis 2 e 3 de cualificación profesional da formación profesional para o emprego no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.
Así mesmo, cómpre establecer as posibles exencións ás probas e validacións das distintas competencias clave, así como consideracións sobre a expedición de certificados profesionais.
Competencias clave que se convocan .
1. Convócanse probas nos niveis de cualificación profesional 2 e 3 nas seguintes competencias clave:
– Comunicación en lingua galega.
– Comunicación en lingua castelá.
– Comunicación en lingua estranxeira (inglés).
– Competencia matemática.
2. A superación das probas de competencias clave permitirá o acceso á formación dos certificados profesionais do nivel correspondente.
1. Poderanse presentar ás probas para a obtención do certificado de superación das competencias clave necesarias para o acceso á formación dos módulos profesionais dos certificados profesionais tanto do nivel 2 como do nivel 3 as persoas que cumpran os dous seguintes requisitos:
a) Maiores de 16 anos ou que os teñan feitos a 31 de decembro do ano natural en que se realizan as probas.
b) Non estar en posesión de ningún dos requisitos de acceso á formación dos certificados profesionais establecidos no artigo 2 da Orde do 7 de xaneiro de 2014, pola que se establecen os requisitos formativos para o acceso á formación dos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 de cualificación profesional e se regulan as probas de avaliación en competencias clave dentro das accións formativas de formación profesional para o emprego na Comunidade Autónoma de Galicia (Diario Oficial de Galicia núm. 9, do 15 de xaneiro).
2. No anexo III desta resolución infórmase das titulacións, certificacións ou acreditacións oficiais que reúnen os requisitos formativos de acceso aos certificados profesionais de nivel 2 e 3 de cualificación profesional a que se refire o punto anterior.
Xunta de Galicia
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais
Dirección Xeral de Formación e Cualificación para o Emprego
Subdirección Xeral de Cualificacións e Capacidades para o Emprego
Edificio Administrativo de San Lázaro s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981546858/ 981546843/ 981546854
Email: ctb.igcualif@xunta.gal
Prazo de presentación: PECHADO
16/01/2024 00:00 - 15/02/2024 23:59
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
Presentación de solicitudes.
1. Para participar nestas probas deberá presentarse unha solicitude segundo o modelo do anexo I desta resolución.
2. As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal
Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes de xeito presencial en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Para a presentación electrónica das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
A solicitude tamén estará dispoñible no portal web da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade https://empregoeigualdade.xunta.gal/formacion/competencias-clave
3. As persoas interesadas con discapacidade recoñecida cun grao igual ou superior ao 33 %, no caso de solicitaren adaptacións, teñen que indicalo na solicitude de inscrición nos recadros do bloque de persoas con algunha discapacidade.
Trámites administrativos posteriores á presentación da solicitude.
A sede electrónica da Xunta de Galicia permítelles ás persoas interesadas realizar trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada. Opcionalmente, as persoas interesadas tamén poderán realizar os ditos trámites presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Documentación complementaria.
1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:
a) No caso de identificación co pasaporte en vigor, hai que achegar a súa copia.
b) No caso de teren recoñecida a discapacidade por outra comunidade autónoma, cun grao igual ou superior ao 33 %, e que soliciten algún tipo de adaptación das especificadas na solicitude, deberán achegar o certificado de grao de discapacidade e o informe da procedencia das adaptacións, agás que solicitasen o traslado do seu expediente a esta comunidade autónoma.
2. A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica.
Opcionalmente, as persoas interesadas poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e dos rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
Comprobación de datos.
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña a súa consulta:
– DNI ou NIE da persoa solicitante.
– DNI ou NIE da persoa representante.
Consultaranse, ademais, os seguintes datos cando a persoa interesada faga constar na solicitude que lle é de aplicación a circunstancia que acredita o documento correspondente:
– Certificado de grao de discapacidade expedido pola Administración autonómica.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.
Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas que presenten os documentos correspondentes.
- Fase de Solicitude
- Solicitude (Anexo I)
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 7 de xaneiro de 2014 pola que se establecen os requisitos formativos para o acceso á formación dos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 de cualificación profesional e se regulan as probas de avaliación en competencias clave dentro das accións formativas de formación profesional par o emprego na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 9 do 15 de xaneiro de 2014).
-
Resolución do 11 de decembro de 2023, da Dirección Xeral de Formación para o Emprego e Orientación, pola que se convocan probas de avaliación en competencias clave para acceder á formación dos certificados profesionais de nivel 2 e 3 de cualificación (DOG nº 10 do 15 de xaneiro de 2024).
-
Outros procedementos relacionados
Homologación de cursos pola Academia Galega de Seguridade Pública
Aberto todo o ano
Inicio de actividade, cese de actividade e modificación da actividade de formación do persoal encargado da realización de operacións de mantemento hixiénico-sanitario de: instalacións susceptibles de propagar a lexionelose, prácticas de tatuaxe, micropigmentación, piercing e outra práctica de decoración persoal que implique a perforación da pel, mucosa ou tecidos, e aparellos de bronceado artificial mediante radiacións ultravioleta.
Aberto todo o ano
Inicio de cursos para o personal encargado da realización de operacións de mantemento hixiénico-sanitario de: instalacións susceptibles de propagar a lexionelose, prácticas de tatuaxe, micropigmentación, piercing e outras prácticas de decoración persoal que impliquen a perforación da pel, mucosas ou tecidos, e manexo de aparellos de bronceado artificial mediante radiacións ultravioleta
Aberto todo o ano
Solicitude de acreditación de actividades no sistema acreditador da formación continuada das profesións sanitarias a través de Saga.
Aberto todo o ano