Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
PR852A
Axudas económicas destinadas a empresas xornalísticas e de radiodifusión.
Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais
Presidencia da Xunta de Galicia
Alentar a defensa da identidade de Galicia e dos seus intereses, a promoción dos seus valores, a normalización da súa lingua e o afondamento e difusión da súa cultura, de acordo co artigo 2 do Decreto 71/1999, do 18 de marzo, polo que se regulan as axudas a empresas xornalísticas e de radiodifusión.
As empresas xornalísticas que publiquen ou difundan informacións, programas, artigos, reportaxes, colaboracións ou seccións.
Xunta de Galicia
Presidencia da Xunta de Galicia
Secretaría Xeral de Medios
Subdirección Xeral de Xestión e Coordinación de Medios
Servizo de Estudos e Coordinación dos Medios
San Caetano, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981544848
Email: axudas.medios@xunta.gal
Prazo de presentación: PECHADO
01/04/2023 00:00 - 02/05/2023 23:59
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.
1. De acordo co establecido no Decreto 71/1999, do 18 de marzo, as entidades beneficiarias destas axudas serán as empresas xornalísticas que publiquen ou difundan informacións, programas, artigos, reportaxes, colaboracións ou seccións que cumpran co obxecto destas axudas e co resto de requisitos establecidos nesta resolución.
2. As empresas beneficiarias deben acreditar un cadro medio de traballadores en alta de polo menos cinco traballadores e elaborar e difundir toda ou parte da súa produción informativa de forma específica no territorio da Comunidade Autónoma no ano natural anterior ao da convocatoria.
3. As entidades beneficiarias deberan cumprir co establecido no artigo 13.3 bis da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, relativo ao cumprimento dos prazos de pagamento previstos na Lei 3/2004, do 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais.
4. Quedan excluídas da concesión de axudas:
a) As empresas que emitan a través do sinal de televisión.
b) As entidades sen personalidade xurídica e/ou sen ánimo de lucro.
Solicitudes.
1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo II), dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
Para a presentación das solicitudes poderase empregar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
2. A presentación da solicitude implica o coñecemento e a aceptación do contido da convocatoria e das bases reguladoras, así como a asunción da veracidade dos datos recollidos nela e a responsabilidade sobre a inclusión dos ditos datos, mesmo a responsabilidade que se asume por posibles erros producidos a título de simple neglixencia.
3. De conformidade co establecido no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se a solicitude presentada non reúne algún dos requisitos contidos nestas bases reguladoras ou na correspondente convocatoria, requirirase o interesado para que, nun prazo de dez días, emende a falta ou achegue os documentos preceptivos, coa advertencia de que, se así non o fixer, se considerará desistido da súa petición, logo da correspondente resolución, que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 21 da dita lei.
4. A solicitude de axuda (anexo II) inclúe para cada publicación ou radio unha declaración responsable da porcentaxe de emprego da lingua galega e da porcentaxe dedicada á normalización da lingua, á defensa da identidade de Galicia, á promoción dos seus valores e á defensa da súa cultura.
Documentación complementaria.
As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo II) a seguinte documentación:
1. Documentación común.
a) Documentación fidedigna acreditativa da representación.
b) Certificación actualizada ao ano da convocatoria da inscrición no Rexistro Mercantil, en que conste o obxecto social da persoa solicitante.
c) Informe da Tesouraría Xeral da Seguridade Social do cadro medio de traballadores en situación de alta durante o ano natural anterior ao da correspondente convocatoria.
2. Documentación específica para cada tipo de axuda.
a) Axudas a xornais impresos en formato papel.
1º. Memoria descritiva das actividades durante o ano natural anterior ao da correspondente convocatoria, na cal se fagan constar os números publicados, o número de exemplares difundidos da publicación de que se trate e o número de traballos ou artigos escritos en lingua galega (anexo III).
Realizarase unha análise exhaustiva das actividades desde un punto de vista non económico, na cal quede reflectido o cumprimento do obxecto da subvención, defensa da identidade de Galicia, a promoción dos seus valores, a normalización da lingua e a defensa da súa cultura.
2º. Certificación expedida pola Oficina da Xustificación da Difusión (OXD), para os efectos de xustificar a difusión declarada no punto anterior. Na súa falta, calquera outra documentación que o acredite.
b) Axudas a empresas radiofónicas privadas.
1º. Memoria descritiva das actividades durante o ano natural anterior ao da correspondente convocatoria, na cal se faga constar a programación, especificando que parte se realiza en lingua galega, e unha relación das emisoras, coas súas frecuencias, para as cales se solicita a subvención (anexo III).
Realizarase unha análise exhaustiva das actividades desde un punto de vista non económico, na cal quede reflectido o cumprimento do obxecto da subvención, defensa da identidade de Galicia, a promoción dos seus valores, a normalización da lingua e a defensa da súa cultura.
2º. Informe do Estudo Xeral de Medios, para acreditar a audiencia acumulada de cada emisora relacionada no punto anterior, no ano natural anterior ao da correspondente convocatoria.
c) Axudas a empresas xornalísticas que difundan a súa actividade informativa mediante a internet.
1º. Memoria descritiva das actividades durante o ano natural anterior ao da correspondente convocatoria, na cal se fagan constar os números publicados, o número de visitas efectuadas e o número de traballos ou artigos escritos en lingua galega (anexo III).
Realizarase unha análise exhaustiva das actividades desde un punto de vista non económico, na cal quede reflectido o cumprimento do obxecto da subvención, defensa da identidade de Galicia, a promoción dos seus valores, a normalización da lingua e a defensa da súa cultura.
2º. Certificacións expedidas por unha entidade de control da difusión, para os efectos de xustificar o número de visitas efectuadas, declarada no punto anterior. Na súa falta, calquera outra documentación que o acredite.
3. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán recadados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.
De forma excepcional, se non se poden obter os citados documentos, poderáselle solicitar novamente á persoa interesada que os achegue.
4. A documentación complementaria deberase presentar electronicamente.
Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o cal poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
5. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
6. No caso de que algún dos documentos que se van presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pódese consultar na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Comprobación de datos.
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
a) NIF da entidade solicitante.
b) DNI ou NIE da persoa representante.
c) Certificado acreditativo de estar ao día nas obrigas tributarias co Estado, emitido pola Axencia Estatal de Administración Tributaria.
d) Certificado acreditativo de estar ao día nas obrigas coa Seguridade Social.
e) Certificado acreditativo de estar ao día no pagamento das obrigas tributarias á Comunidade Autónoma, emitido pola Axencia Tributaria de Galicia.
f) Certificado acreditativo de estar dado de alta no imposto sobre actividades económicas (IAE).
g) Consulta de concesións de subvencións e axudas.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario de solicitude (anexo II) e achegar os documentos.
Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas que presenten os documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores á presentación da solicitude.
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
- Fase de Solicitude
- Memoria descritiva de actividades (Anexo III)
- Solicitude (Anexo II)
Prazo de resolución:
Cinco meses
Sentido do silencio:
Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Resolución do 27 de marzo de 2023, da Secretaría Xeral de Medios, pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de axudas económicas, en réxime de concorrencia non competitiva, destinadas a empresas xornalísticas e de radiodifusión, e se convocan para o ano 2023 (DOG nº 64 do 31 de marzo de 2023).
-
Extracto da Resolución do 27 de marzo de 2023, da Secretaría Xeral de Medios, pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de axudas económicas, en réxime de concorrencia non competitiva, destinadas a empresas xornalísticas e de radiodifusión, e se convocan para o ano 2023 (DOG nº 64 do 31 de marzo de 2023).
-
Resolución do 11 de decembro de 2023, da Secretaría Xeral de Medios, pola que se publican as axudas concedidas a empresas xornalísticas e de radiodifusión (DOG nº 246 do 29 de decembro de 2023).
-
Outros procedementos relacionados
Subvencións a festivais do sector audiovisual.
Prazo aberto: 23/12/2025 00:00 - 22/01/2026 23:59
Axudas para o sector editorial galego, relativas a gastos de edición, distribución e comercialización das publicacións editoriais.
Prazo pechado: 12/03/2025 00:00 - 11/04/2025 23:59
Solicitude de certificación galega de competencias dixitais en ofimática
Pechado
Subvencións para a extensión de redes de telefonía móbil en núcleos rurais e illados
Prazo pechado: 10/02/2021 00:00 - 23/03/2021 23:59