Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
PR460A
Subvencións ás agrupacións de persoal voluntario de protección civil.
Procedemento dirixido a: Asociacións e ong
Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes
O obxecto desta orde é establecer as bases reguladoras que rexerán a concesión de subvencións ás agrupacións de persoal voluntario de protección civil de Galicia (en diante, AVPC), segundo recolle o artigo 72 do Decreto 56/2000, do 3 de marzo, e proceder á súa convocatoria para o ano 2023, en réxime de concorrencia competitiva.
Con estas axudas preténdese colaborar economicamente coas AVPC nos gastos de natureza corrente para posibilitar o seu funcionamento dentro dos respectivos concellos e a colaboración nos plans e programas de protección civil da Xunta de Galicia.
O procedemento regulado nesta orde habilitarase na Guía de procedementos e servizos co código PR460A.
Destino das subvencións.
As subvencións poderán ser destinadas a:
1. Equipamento e vestimenta persoal de uniforme, de acordo co establecido no Decreto 123/2014, do 18 de setembro, polo que se regula a acreditación, a uniformidade e os distintivos do persoal voluntario, e a Orde do 24 de febreiro de 2015, que o desenvolve.
2. Equipamentos de prevención e de protección, sempre que se trate de material funxible (incluído material da caixa sanitaria).
3. Gastos ocasionados durante as actuacións levadas a cabo pola agrupación en materia de protección civil.
4. Gastos ocasionados pola conservación, mantemento e/ou alugamento da súa base e medios de intervención, aplicacións informáticas e de comunicacións, así como os gastos de comunicación fixos e móbiles de voz e datos.
5. Pagamento de seguros do persoal voluntario de protección civil ou outro tipo de seguros relacionados cos medios e desenvolvemento do traballo e das tarefas da AVPC.
6. Gastos ocasionados pola formación dos seus compoñentes.
7. Equipamento do material informático e de comunicacións, sempre que en ambos os casos se trate de elementos funxibles.
As AVPC de Galicia legalmente constituídas, sen fins de lucro.
Xunta de Galicia
Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes
Departamento Territorial da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes da Coruña
Servizo de Emerxencias da Coruña
Edificio Admtvo. Monelos - Praza Luis Seoane, s/n
15008 Coruña, A (Coruña, A)
Teléfono: 981184455
Fax: 981185994
Xunta de Galicia
Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes
Departamento Territorial da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes de Lugo
Servizo de Emerxencias de Lugo
Ronda da Muralla, nº 70
27071 Lugo (Lugo)
Teléfono: 982294551
Fax: 982294561
Xunta de Galicia
Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes
Departamento Territorial da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes de Ourense
Servizo de Emerxencias de Ourense
Avda. da Habana, nº 79 - 6º
32004 Ourense (Ourense)
Teléfono: 988386052
Fax: 988386056
Xunta de Galicia
Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes
Departamento Territorial da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes de Pontevedra
Servizo de Emerxencias de Pontevedra
Rúa Fernández Ladreda nº 43 - 9º
36003 Pontevedra (Pontevedra)
Teléfono: 986805500
Fax: 986805404
Xunta de Galicia
Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes
Dirección Xeral de Emerxencias e Interior
Subdirección Xeral de Planificación e Protección Civil
Servizo de Protección Civil
Rúa Roma, nº 25-27. Fontiñas
15703 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981546024
Fax: 981546002
Prazo de presentación: PECHADO
08/02/2023 00:00 - 07/03/2023 23:59
Un mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes do vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último do mes.
Poderán ser entidades beneficiarias das subvencións as AVPC de Galicia legalmente constituídas, sen fins de lucro, que, no día da publicación desta orde, cumpran os seguintes requisitos:
a) Estar inscritas no Rexistro de Agrupacións de Persoal Voluntario de Protección Civil ou ter presentado oficialmente a solicitude de inscrición nel; neste caso, a concesión da subvención quedará condicionada á inscrición efectiva, segundo se establece no artigo 59 e concordantes do Decreto 56/2000, do 3 de marzo. Esta condición debe cumprirse, como máis tarde, no último día do prazo de presentación de solicitudes.
b) Ter dependencia funcional dun concello de menos de 50.000 habitantes, mancomunidade ou agrupación de concellos e posuír o NIF propio como asociación.
c) Xustificar o investimento e liquidación de subvencións concedidas en anos anteriores, segundo o disposto nos artigos aplicables da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e concordantes, e do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de tal forma que a non xustificación deste investimento e liquidación comporta non poder optar ás subvencións nos seguintes exercicios.
d) Non ter sido condenados por sentenza firme á pena de perda da posibilidade de obter subvencións públicas, estar ao día do cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social e non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma.
e) Cumprir o disposto no artigo 54 do Decreto 56/2000, do 3 de marzo, e contratar un seguro de accidentes, así como de responsabilidade civil.
Iniciación de solicitudes.
1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Solicitudes.
As solicitudes presentaranse no modelo normalizado que se xunta como anexo I (PR460A) a esta orde, onde se acepta e declara o seguinte:
a) Que a entidade que solicita a subvención cumpre e acepta as condicións e requisitos exixidos nesta convocatoria.
b) Que reflicte o conxunto de todas as axudas concedidas, para as mesmas actuacións solicitadas ao abeiro desta orde, polas distintas administracións públicas competentes ou outros entes públicos ou privados e o compromiso de comunicar de contado cantas axudas solicite e/ou obteña doutras administracións públicas ou doutros entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, a partir da data desta declaración.
c) Que todos os datos contidos nesta solicitude e nos documentos que se achegan son certos.
d) Que a AVPC non está incursa en ningunha das prohibicións establecidas no artigo 10.2 e 10.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, para obter a condición de beneficiaria dunha subvención.
e) Que a AVPC está ao día das súas obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social e que non ten pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma, e que non é debedora por resolución de procedemento de reintegro, de acordo co previsto no artigo 11.e) e concordantes da Lei de subvencións de Galicia; esta declaración será documento suficiente para a dita acreditación.
A presentación da solicitude leva implícita a autorización para a publicidade, inscrición no rexistro procedente e o tratamento necesario dos datos persoais das entidades beneficiarias para esas finalidades, así como a especificada no artigo 12, por exixencia normativa, segundo se establece no artigo 20 desta orde.
O defecto na solicitude seralles notificado aos interesados pola Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, que é o órgano competente para a instrución do procedemento, por medios telemáticos, e de conformidade co previsto no artigo 20.5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, daráselles un prazo improrrogable de dez días para emendaren os erros ou omisións.
Transcorrido este prazo e de non se producir a dita emenda, as peticións serán arquivadas conforme o disposto no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Documentación complementaria.
1. As entidades interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:
a) Memoria das actuacións levadas a cabo pola agrupación no ano 2022.
b) Certificado da entidade aseguradora en que indique o número de persoal voluntario de protección civil asegurado no seguro de responsabilidade civil e accidentes. No caso de estar incluídos dentro das pólizas de seguro do concello, mancomunidade ou agrupación de concellos, remitirase unha certificación do/da secretario/a destas entidades en que se indique o número de persoal voluntario de protección civil incluído nela. O número de persoal de protección civil asegurado no seguro de responsabilidade civil e accidentes será consignado no anexo I na epígrafe correspondente.
c) Certificado do órgano competente da mancomunidade ou agrupación de concellos no cal se indique a prestación mancomunada dos servizos de emerxencia e protección civil.
d) Certificado ou declaración dos servizos de emerxencia provinciais ou das entidades locais a que se refire o artigo 11.2 desta orde. Tanto os datos de mobilizacións, do certificado ou declaración de entidades locais, coma dos servizos de emerxencia provinciais serán consignados na epígrafe correspondente.
2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.
Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que sexa realizada a emenda.
As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
No caso de que algún dos documentos que se presente de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación destes de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Comprobación de datos.
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
a) NIF da entidade solicitante no caso de non ter solicitado a subvención no ano 2022 ou existir variación de datos respecto a esa solicitude.
b) DNI/NIE da persoa representante.
c) Consulta de concesións de subvencións e axudas.
d) Consulta de inhabilitacións para obter subvencións e axudas.
e) Consulta de estar ao día no pagamento coa Xunta de Galicia para recibir axudas ou subvencións das administracións públicas.
f) Consulta de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias para a solicitude de subvencións.
g) Consulta de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.
Cando así o exixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes.
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude, deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
- Fase de Solicitude
- Solicitude (Anexo I)
Prazo de resolución:
Cinco meses
Sentido do silencio:
Negativo
- Fase de Xustificación
- Declaración doutras axudas para os mesmos fins (Anexo II)
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 13 de xaneiro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións ás agrupacións de persoal voluntario de protección civil de concellos de menos de 50.000 habitantes, mancomunidades ou agrupacións de concellos, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (DOG nº 26 do 7 de febreiro de 2023).
-
Extracto da Orde do 13 de xaneiro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións ás agrupacións de persoal voluntario de protección civil de concellos de menos de 50.000 habitantes, mancomunidades ou agrupacións de concellos, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (DOG nº 26 do 7 de febreiro de 2023).
-
Resolución do 30 de maio de 2023 pola que se fan públicas as axudas concedidas ao abeiro da Orde do 13 de xaneiro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións ás agrupacións de persoal voluntario de protección civil de concellos de menos de 50.000 habitantes, mancomunidades ou agrupación de concellos (Diario Oficial de Galicia número 26, do 7 de febreiro) (DOG nº 108 do 8 de xuño de 2023).
-
Outros procedementos relacionados
Inscrición no proceso de acceso por promoción interna, categoría de oficial de Policia Local.
Prazo aberto: 11/11/2025 00:00 - 05/01/2026 23:59
Inscrición no proceso de provisión por mobilidade, categoría de oficial de Policía local.
Prazo aberto: 11/11/2025 00:00 - 05/01/2026 23:59
Homologación de cursos pola Academia Galega de Seguridade Pública
Aberto todo o ano
Medallas ao mérito de Protección Civil de Galicia e outras condecoracións.
Aberto todo o ano