Orientámolo/a, paso a paso, para presentar unha solicitude no rexistro electrónico
IN500A - Axudas aos investimentos en tecnoloxías forestais, procesamento, mobilización e comercialización de produtos forestais.
1. Esta resolución ten por obxecto establecer as bases que regulan as axudas aos investimentos en tecnoloxías forestais, procesamento, mobilización e comercialización de produtos forestais (código de procedemento IN500A) e proceder á súa convocatoria para o ano 2023 en réxime de concorrencia competitiva.
2. Estas axudas ampáranse nos artigos 21.1.c, 21.1.d, 24 e 25 do Regulamento (UE) 1305/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, relativo á axuda ao desenvolvemento rural a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) e polo que se derroga o Regulamento (CE) 1698/2005 do Consello (DOUE 20.12.2013, L347), e tramítanse ao abeiro do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020 aprobado por Decisión de Execución da Comisión C (2015) 8144, do 18 de novembro de 2015 e modificado, por última vez, mediante a Decisión de execución da Comisión C (2021) 4527 final, do 17 de xuño de 2021.
3. Estas axudas convócanse de acordo co Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020 aprobado pola Decisión de execución da Comisión C (2015) 8144, do 18 de novembro de 2015, modificado por última vez mediante a Decisión de execución da Comisión C(2020) 8432 final, do 25 de novembro de 2020, e se corresponden coa submedida 8.6 (axuda para os investimentos en tecnoloxías forestais e na transformación, mobilización e comercialización de produtos forestais) do programa.
Poderán ser beneficiarias as microempresas, pequenas e medianas empresas (peme) do sector forestal radicadas en Galicia en relación cos investimentos realizados en zonas rurais, de acordo cos criterios de localización establecidos no ámbito territorial do PDR 2014-2020 e descritos no anexo XV. Tomarase a definición de peme incluída no anexo I do Regulamento (UE) nº 702/2014 da Comisión, do 25 de xuño. Segundo esta definición, pemes son aquelas empresas que ocupan a menos de 250 persoas e cuxo volume de negocios anual non excede os 50 millóns de euros ou cuxo balance xeral anual non excede os 43 millóns de euros.
1. Os solicitantes da axuda para acadar a condición de beneficiarios deberán cumprir os seguintes requisitos:
a) Acreditar a súa viabilidade económica mediante algunha das seguintes circunstancias:
1º. Dispoñibilidade de crédito bancario para o investimento dun mínimo do 70 % do importe deste ou comunicación bancaria de estar en disposición de conceder o financiamento.
2º. Certificación bancaria de dispoñibilidade líquida en conta por importe do investimento.
3º. Vendas por importe superior ao triplo do investimento (na declaración do IVE do último exercicio pechado na data de publicación da convocatoria –modelo 390 ou modelo 303 do último mes do ano, segundo proceda–.
b) Deberán ter un seguro en vigor de responsabilidade civil para a actividade obxecto de axuda e, no suposto de ser exixible, un contrato de prevención de riscos laborais en vigor na data de publicación da convocatoria.
c) Deberán estar inscritos no Rexistro de Empresas do Sector Forestal (Resfor) e cos datos actualizados, de acordo co artigo 102 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, de conformidade co Decreto 50/2014, do 10 de abril, polo que se regulan os aproveitamentos madeireiros e leñosos, de cortiza, de pastos e micolóxicos en montes ou terreos forestais de xestión privada na Comunidade Autónoma de Galicia, e o contido, organización e funcionamento do Rexistro de Empresas do Sector Forestal.
2. Non poderán acadar a condición de beneficiarios:
a) Aqueles solicitantes nos cales concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
b) Aquelas empresas que entren dentro da categoría de empresas en crise, de acordo coa definición do artigo 2, número 18, do Regulamento (UE) nº 651/2014, polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea.
Para verificar o cumprimento deste requisito, as empresas solicitantes deberán declarar na solicitude que non se encontran en situación de crise conforme a normativa comunitaria.
c) Aquelas empresas que estean suxeitas a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión da Comisión que declarase unha axuda ilegal e incompatible co mercado común.
Xunta de Galicia
Consellería de Economía e Industria
Axencia Galega da Industria Forestal
Avda. Fernando de Casas Novoa, nº 38 (San Lázaro)
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 881995472/ 881995474/ 881995479/ 881995497
Email: xera.ceei@xunta.gal
Axencia Galega da Industria Forestal
Resolución do 26 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan para o ano 2023, en réxime de concorrencia competitiva, as axudas aos investimentos en tecnoloxías forestais, procesamento, mobilización e comercialización de produtos forestais, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020 (DOG nº 34 do 17 de febreiro de 2023).
Extracto da Resolución do 26 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan para o ano 2023, en réxime de concorrencia competitiva, as axudas aos investimentos en tecnoloxías forestais, procesamento, mobilización e comercialización de produtos forestais, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020 (DOG nº 34 do 17 de febreiro de 2023).
Resolución do 27 de xullo de 2023 pola que se amplía o crédito da Resolución do 26 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan para o ano 2023, en réxime de concorrencia competitiva, as axudas aos investimentos en tecnoloxías forestais, procesamento, mobilización e comercialización de produtos forestais, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020 (DOG nº 146 do 2 de agosto de 2023).
Resolución do 29 de setembro de 2023 pola que se amplía o prazo de xustificación das subvencións convocadas ao abeiro da Resolución do 26 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan para o ano 2023, en réxime de concorrencia competitiva, as axudas aos investimentos en tecnoloxías forestais, procesamento, mobilización e comercialización de produtos forestais, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020 (DOG nº 194 do 11 de outubro de 2023).
Resolución do 6 de outubro de 2023 pola que se dá publicidade das axudas concedidas e denegadas e ás solicitudes non admitidas a trámite e desistidas no ano 2023, ao abeiro da Resolución do 26 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan para o ano 2023, en réxime de concorrencia competitiva, as axudas aos investimentos en tecnoloxías forestais, procesamento, mobilización e comercialización de produtos forestais, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020 (DOG nº 197 do 17 de outubro de 2023).
Regulamento (UE) nº 1305/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, de 17 de decembro de 2013 relativo á axuda ao desenvolvemento rural a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) e polo que se derroga o Reglamento (CE) nº 1698/2005 do Consello
Regulamento (UE) nº 1305/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, de 17 de decembro de 2013 relativo á axuda ao desenvolvemento rural a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) e polo que se derroga o Reglamento (CE) nº 1698/2005 do Consello
Prazo de presentación: PECHADO
18/02/2023 00:00 - 17/03/2023 23:59
O prazo de presentación de solicitudes será dun (1) mes, contado a partir do día seguinte á publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
Solicitudes .
1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que sexa realizada a emenda.
Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
2. Toda a información está dispoñible na Guía de procedementos e servizos no enderezo https://sede.xunta.gal/guia-de-procedementos-e-servizos
3. Só se poderá presentar unha solicitude por beneficiario.
4. No formulario de solicitude (anexo I) incluiranse as seguintes declaracións responsables:
a) Declaración responsable do solicitante de todas as axudas solicitadas e concedidas para a mesma finalidade ou os mesmos custos, procedentes de calquera Administración ou ente público ou privado, nacional ou internacional.
b) Declaración responsable de que todos os datos contidos nesta solicitude e nos documentos que se achegan son certos.
c) Declaración responsable de non estar incursa en ningunha das circunstancias previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.
d) Declaración responsable de non estar incursa en ningunha clase de inhabilitación para a obtención de axudas previstas nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
e) Declaración responsable de estar ao día no pagamento de obrigas por reintegro de subvencións, conforme o artigo 10.2.g) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e o artigo 9 do Regulamento de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.
f) Declaración responsable de que a empresa non está en crise, de acordo coa definición do artigo 2.18 do Regulamento (UE) nº 651/2014 polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea.
g) Declaración responsable de que a empresa non está suxeita a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión da Comisión que declarase unha axuda ilegal e incompatible co mercado común.
h) Declaración responsable de que a empresa non está inmersa nun proceso de concurso de acredores.
i) Declaración responsable de que esta empresa cumpre coa normativa ambiental vixente.
j) Declaración responsable de que a distribución de traballadores na empresa é tal como se reflicte no cadro recollido no anexo I.
k) Declaración responsable de que a empresa posúe maquinaria de saca en propiedade (só no caso de solicitar subvención para investimentos cuxa elixibilidade estea supeditada a que a empresa teña maquinaria de saca en propiedade).
l) Declaración responsable de que ningún dos investimentos para os cales se solicita subvención ao abeiro desta resolución vai dar lugar a un produto de consumo final.
m) Declaración responsable de que ningún dos provedores poderá estar asociado nin vinculado coa entidade solicitante ou cos seus órganos directivos ou xestores, e que non concorre neles ningunha das prohibicións recollidas no artigo 27.7 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia.
Documentación complementaria .
1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:
a) Anexo IV: memoria dos investimentos que se van realizar e das características da empresa para as cales solicita baremación. Neste sentido só serán consideradas aquelas características debidamente consignadas no anexo.
b) Memoria asinada pola persoa solicitante ou representante onde se desenvolvan os puntos relacionados no anexo IV da presente resolución.
c) Anexo V: relación de maquinaria e instalacións con todos os datos cubertos. En todo caso, deberá recollerse toda aquela maquinaria e instalacións propiedade da empresa que teñen a mesma finalidade que as solicitadas, así como as exixidas para resolver a elixibilidade de determinados investimentos dos recollidos no artigo 3.
d) Anexo XII: comprobación de datos de terceiras persoas.
e) Documentación xustificativa de acreditación da representación da empresa, no caso de que a solicitude non estea asinada por representante legal.
f) Documentación acreditativa dos requisitos previos:
1º. Escrituras sociais de constitución e modificacións posteriores, no caso dunha sociedade, e certificación de situación censual, no caso de autónomos.
2º. Declaración da condición de peme, segundo os anexos III.1, III.2 e III.3. Deberán estar cubertos todos os datos que sexan procedentes segundo o tipo de solicitante. Os datos económicos e de persoal serán referidos aos do último ano pechado.
3º. No caso de empresas vinculadas ou asociadas coa empresa solicitante:
– Copia das contas anuais do último exercicio pechado de cada unha das empresas.
– Informe oficial da Seguridade Social da vida laboral dos doce meses anteriores á data de publicación da convocatoria para todos os réximes en que figure dada de alta cada unha das empresas.
No caso de que nalgún dos réximes non haxa persoas traballadoras, deberá presentarse informe de encadramento do empresario no sistema da Seguridade Social ou documento oficial equivalente para acreditalo.
4º. Documentación xustificativa da viabilidade da empresa, segundo o indicado no artigo 2:
– Dispoñibilidade de crédito bancario para o investimento, dun mínimo do 70 % do seu importe ou comunicación bancaria de estar en disposición de conceder o financiamento.
– Certificación bancaria de dispoñibilidade líquida en conta por importe do investimento.
– Vendas por importe superior ao triplo do investimento (na declaración do IVE do último exercicio pechado na data de publicación da convocatoria –modelo 390 ou modelo 303 do último mes do ano, segundo proceda–.
5º. Copia da póliza do seguro de responsabilidade civil, recibo actualizado e xustificante de pagamento.
6º. Copia do contrato dun servizo de prevención de riscos laborais, recibo actualizado e xustificante de pagamento, de ser o caso.
7º. Informe oficial da Seguridade Social da vida laboral da solicitante dos doce meses anteriores á data de publicación da convocatoria en que solicite a axuda, tanto para o réxime xeral como para o sistema especial agrario. No caso de que nalgún deles non teña persoas traballadoras, debe presentar informe de encadramento do empresario no sistema da Seguridade Social ou documento oficial equivalente.
8º. Copia da declaración do imposto de sociedades da empresa, no caso de contribuíntes por este imposto, do último exercicio pechado na data de publicación da convocatoria.
g) Documentación relativa aos investimentos obxecto de baremación:
1º. Contratos, orzamentos ou facturas pro forma (segundo sexa o caso) asinados dixitalmente dos investimentos previstos de tres provedores distintos, con indicación do prazo de entrega, salvo que polas especiais características dos gastos subvencionables non exista no mercado suficiente número de entidades que o subministren. Os orzamentos desagregarán perfectamente os investimentos polos cales se solicita a axuda, co fin de que sexan claramente comparables entre eles, e cumprirán co disposto no artigo 10 desta resolución.
2º. No caso dos investimentos en plans e ferramentas de xestión empresarial: memoria asinada detallada do contido que se vai desenvolver.
3º. No caso de acondicionamento ou instalacións en parques intermedios:
– Plano asinado por técnico competente onde veña reflectida a situación do parque.
– Comunicación previa no concello.
4º. No caso de investimentos en maquinaria e instalacións para a primeira transformación de madeira ou biomasa:
– Para investimentos de maquinaria fixa ou instalacións: planos de localización da industria e plano de planta coa distribución de edificacións, maquinaria e instalacións, onde veñan reflectidos os investimentos que se van realizar. Os planos deberán estar asinados por técnico competente.
– No caso de instalacións que así o requiran: copia da presentación no concello da solicitude de licenza de obra ou comunicación previa, segundo proceda.
– Acreditación da presentación no concello da comunicación previa do inicio de actividade ou apertura do establecemento establecida no artigo 24 da Lei 9/2013, do emprendemento e da competitividade económica de Galicia, con toda a documentación requirida, ou licenza de actividade para as solicitudes de licenza tramitadas antes da entrada en vigor da devandita lei.
5º. No caso de substitucións de investimentos: memoria razoada da necesidade e os beneficios esperados pola substitución, que debe incluír unha valoración económica do equipamento que vai ser substituído, asinada por perito con atribucións profesionais na materia. De acordo co establecido no artigo 4 da resolución, xustificarase a non consideración de simple substitución e, no caso de que se declare que o ben substituído carece de valor, deberase achegar declaración de que o equipamento substituído vai ser obxecto de desmantelamento.
6º. No caso de investimentos que teñan unha localización diferente do domicilio social da empresa, documentación xustificativa segundo o recollido no artigo 3.6.
7º. No caso de implementos ou apeiros, documentación da máquina base onde serán instalados, coa acreditación de que a propiedade é da empresa solicitante. No caso de que a máquina base sexa adquirida con posterioridade á data de solicitude da axuda, achegarase declaración responsable, con indicación do tipo de máquina. No caso de implementos, terase en conta o cumprimento do número 3 do artigo 20.
h) Documentación acreditativa das características da empresa obxecto de baremación:
1º. Para a xustificación dos cursos de formación:
– Diploma acreditativo ou certificación emitida polo organismo que impartiu o curso.
– Documentación acreditativa do contido do curso.
– Declaración responsable de non obrigatoriedade do curso dentro dos plans de seguridade laboral.
2º. Para a xustificación de dispoñer de sistema/s de certificación de cadea de custodia na data de publicación da convocatoria: certificado da cadea de custodia e documentación acreditativa da súa vixencia.
3º. Para a xustificación de empresas con xerentes de idade inferior a 55 anos: escrituras sociais de constitución e modificacións posteriores (punto 1º da letra f) do número 1 deste artigo) ou contrato de traballo a tempo completo e por tempo indefinido con funcións propias do cargo comunicado ao organismo público correspondente. Non se considerarán acreditadas as funcións directivas ou de xerencia mediante a presentación dun poder notarial.
4º. Para a xustificación de empresas con descendentes da persoa xerente en activo na empresa: libro de familia e documentación de vinculación do traballador coa empresa (contrato de traballo, autónomo colaborador).
5º. Para a xustificación de pertencer a unha asociación profesional do sector: recibo e xustificante de pagamento da cota e certificado xustificativo de pertencer á asociación profesional do sector no momento de publicación das bases.
6º. No caso de solicitudes na liña 1. Para a xustificación do volume anual de facturación (sumatorio anos 2021-2022): declaración responsable da porcentaxe que representa a prestación de servizos fronte a compravenda.
7º. No caso de solicitudes na liña 4. Para a xustificación de dispor de marcación CE para madeira estrutural: certificado acreditativo de marcación CE para madeira estrutural.
8º. No caso de solicitudes na liña 4. Para a xustificación de dispor da marca de garantía «Piñeiro de Galicia»: certificado acreditativo da marca de garantía «Pino de Galicia».
Para a xustificación do criterio terceiro de desempate do artigo 7: vida laboral da solicitante dos doce meses anteriores á data de publicación da convocatoria en que solicite a axuda, tanto para o réxime xeral como para o sistema especial agrario. No caso de que nalgún deles non teña persoas traballadoras, debe presentar informe de encadramento do empresario no sistema da Seguridade Social ou documento oficial equivalente.
2. Para que unha solicitude sexa válida debe achegarse a seguinte documentación mínima:
a) Solicitude de axuda (anexo I), debidamente cuberta.
b) Anexo IV, debidamente cuberto.
c) Contratos, orzamentos ou facturas pro forma (segundo sexa o caso) dos investimentos previstos de tres provedores distintos, segundo o disposto punto 1.g)1º do presente artigo.
As solicitudes que non conten co contido mínimo indicado anteriormente serán inadmitidas a trámite.
3. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común, non será necesario achegar os documentos que xa foran presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán obtidos electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.
De forma excepcional, se non se puidesen obter os citados documentos, poderá solicitárselle novamente á persoa interesada a súa achega.
4. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.
Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que sexa realizada a emenda.
As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o cal poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
5. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón deste.
6. No caso de que algún dos documentos que se van presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
7. Unha vez rematado o prazo de presentación das solicitudes recollido na respectiva convocatoria de axudas e ata que se dite a resolución no procedemento, non se admitirán modificacións relativas aos investimentos solicitados nin dos elementos que serán obxecto de baremación, sen prexuízo do dereito de desistencia.
Comprobación de datos .
1. Para tramitar este procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña a súa consulta:
a) NIF da entidade solicitante.
b) DNI/NIE da persoa solicitante.
c) IRPF da persoa solicitante.
d) DNI/NIE da persoa representante.
e) Alta no IAE ou certificado da Axencia Estatal de Administración Tributaria.
f) Certificados de estar ao día nas obrigas coa Axencia Estatal da Administración Tributaria, coa Tesouraría Xeral da Seguridade Social e coa Facenda da Xunta de Galicia.
g) Consulta de concesións de subvencións e axudas.
h) Consulta de inhabilitacións para obter subvencións e axudas.
i) Comprobación de datos de terceiras persoas (anexo XII): DNI/NIE da muller xerente, DNI/NIE da persoa xerente menor de 55 anos, DNI/NIE do descendente da persoa xerente en activo na empresa.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario de inicio (anexo I) e no anexo XII, de ser o caso, así como achegar os devanditos documentos.
Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas que presenten os documentos correspondentes.
4. No caso de que o solicitante deba presentar estes certificados na fase de emenda, logo de que a consulta por parte do órgano xestor non obtivese resultado favorable, a data de expedición dos certificados pola Administración correspondente deberá ser posterior á data de consulta polo órgano xestor, o que se comunicará no requirimento de emenda da documentación.
Tramitación .
1. A tramitación das axudas solicitadas en réxime de concorrencia competitiva axustarase aos principios de publicidade, concorrencia, obxectividade, transparencia, igualdade e non-discriminación.
2. Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
3. A Dirección da Axencia Galega da Industria Forestal convocará e resolverá as subvencións ditadas ao abeiro das presentes bases reguladoras e será o órgano encargado da aplicación do réxime sancionador.
4. A Área de Promoción e Calidade Forestal da Axencia Galega da Industria Forestal será a encargada da instrución e do seguimento das subvencións, sen prexuízo das funcións de xestión administrativa recoñecidas á Xerencia.
5. A Xerencia da Axencia Galega da Industria Forestal será a encargada da xestión económico-orzamentaria deste programa e do seguimento da súa execución.
- Fase de solicitude
- Declaración relativa á condición de PEME (Anexo III.2)
- Declaración de persoa física partícipe na persoa xurídica (Anexo III.3)
- Memoria dos investimentos que se van realizar (Anexo IV)
- Declaración relativa á condición de PEME (Anexo III.1)
- Concellos comprendidos na zona demarcada (Anexo II)
- Solicitude (Anexo I)
- Comprobación de datos de terceiras persoas (Anexo XII)
- Relación de maquinaria e instalacións (Anexo V)
Máis información
Localice o procedemento ou servizo na guía de procedementos e servizos, consulte a información do trámite e revise a documentación obrigatoria para presentar a solicitude que figura na pestana "Presentación" no apartado "Documentación para a presentación".
No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles modelos en formato PDF para aqueles documentos para os que se precisan. Se os necesita:
- Primeiro descargue no seu equipo os modelos PDF (asegúrese de que están descargados, non abertos no navegador).
- A continuación cubra os modelos. Se algunha táboa ten filas e non son suficientes pode engadilas nese documento descargado.
- Por último garde ou imprima en versión PDF un arquivo electrónico de cada modelo cuberto.
- Asine o documento, se así se require.
- Para finalizar anexe o modelo ou modelos en PDF na súa presentación.
No caso de que o procedemento non figure na guía, poderá empregar a solicitude xenérica.
Prema en "Tramitar en liña" para iniciar o trámite electrónico.
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Agora xa está dentro do seu espazo persoal "A miña sede".
Cubra o formulario e lembre que pode gardalo para recuperalo máis adiante desde o apartado "Os meus borradores" de "A miña sede".
Cando o teña cuberto, prema en "Continuar".
Anexe a documentación que queira presentar xunto co formulario. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Pode consultar como enviar ficheiros que non teñen o tamaño ou o formato aceptados por esta sede.
Asine o formulario e a documentación que quere entregar.
Pode facelo cun certificado electrónico empregando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá no seu móbil.
Descargue o xustificante da presentación.
Poderá tamén acceder a este documento desde o apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede".
Consulte como proceder cos documentos de gran tamaño e en distintos formatos
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Lembre que este servizo soamente estará disponible desde o espazo "A miña sede" da sede electrónica e naqueles procedementos que teñan habilitados trámites electrónicos posteriores á solicitude cando así o estableza a súa norma reguladora.
Prepare os arquivos electrónicos necesarios e comprobe que utiliza formatos compatibles coa sede: .bmp, .ce3, .cex, .csv, .cte, .dbf, .doc, .docx, .dwg, .dxfn, .gpx, .hexhash, .inp, .jpg, .kml, .kmz, .ods, .odt, .pd2, .pdf, .pdl, .png, .prj, .shp, .shx, .tgd, .tiff, .txt, .xls, .xlsx, .xml, .xsig, .mp4, .avi, .mov e .wmv
O tamaño máximo do conxunto de documentos achegados a unha presentación en esta sede é de 100 MB, e non se admiten arquivos comprimidos.
Comprobe o tamaño total do conxunto de documentos que precisa achegar:
- Se é inferior a 100 MB pode achegar todos os documentos á solicitude
- Se é superior a 100 MB separe os arquivos de máis de 100 MB, agrupe o resto en subconxuntos de documentos que non superen os 100 MB e proceda segundo os seguintes pasos
- Presente a solicitude achegando un subconxunto de documentos de menos de 100 MB.
- Repita o trámite de achega de documentación separada da solicitude para cada un dos subconxuntos restantes de documentos, seguindo estes pasos:
- Unha vez finalizada a presentación acceda ao apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede", seleccione o expediente da solicitude que acaba de realizar, pulse na opción "Accións" e seleccione "Achega de documentación separada da solicitude".
- Cubra o formulario e pulse en "continuar"
- Achegue o seguinte subconxunto de documentos
- Asine e complete a achega de documentación separada
- Repita este proceso para cada subconxunto de documentos de menos de 100 MB
Se algún arquivo supera individualmente os 100 MB:
- Proceda segundo se explica nos pasos anteriores para o resto de arquivos
- Descargue no seu equipo o modelo xenérico para a achega de documentación separada
- Cubra o modelo, indicando o expediente ou número de rexistro de entrada da solicitude electrónica realizada e a unidade responsable do procedemento
- Imprima o modelo e presénteo de forma presencial, xunto coa documentación en formato físico -CD, DVD, USB-, en calquera das oficinas de rexistro
Prazo de resolución:
Tres meses
Sentido do silencio:
Negativo
- Fase de xustificación
- Memoria dos investimentos realizados (Anexo X)
- Medidas informativas e publicitarias (Anexo XIV)
- Declaración de axudas solicitadas para os mesmos investimentos (Anexo IX)
- Renuncia (Anexo VI)
- Instrución para a presentación dos xustificantes de gasto e de pago das actuacións elixibles (Anexo XIII)
- Relación de maquinaria e instalacións (Xustificación) (Anexo V)
- Solicitude de pagamento da axuda (Anexo VIII)
- Solicitude de modificación (Anexo VII)
- Lista de xustificantes do investimento (Anexo XI)
Máis información
Consulte como responder a un requirimento de emenda de documentación
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos. Na pestana "Presentación", no apartado "Documentación para a presentación" figura o listado de documentos requiridos para a presentación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos. Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede". Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365. Busque o expediente relacionado co requirimento e seleccione no menú "Acción" da dereita a opción "Emenda ao requirimento".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Emenda ao requirimento" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a emenda utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario indicando os datos ou documentos achegados para a emenda.
Anexe os documentos que queira presentar. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a emenda.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da emenda.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Coñeza como achegar documentación xustificativa a un expediente en curso
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Na pestana "Despois da presentación", no apartado "Xustificación" figura o listado de documentos requiridos para a xustificación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos.
Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede".
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Busque o expediente para o que precisa achegar documentación xustificativa. No menú "Acción" que aparece á dereita seleccione a opción "Achega de documentación xustificativa".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Achega de documentación xustificativa" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a xustificación utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario.
Indique os documentos que achega para a xustificación.
Anexe os documentos que queira presentar para a xustificación. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a xustificación.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da xustificación.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Todos os seus expedientes, presentacións e borradores en "A miña sede"
Para xestionar os seus expedientes o primeiro que debe facer é acceder o seu espazo persoal premendo en "A miña sede" e, a continuación, identificarse empregando calquera dos certificados admitidos nesta sede ou Chave365.
Poderá ver na súa bandexa de entrada os seus últimos expedientes, presentacións e borradores.
Verá en pantalla información detallada de cada expediente ou presentación (número de expediente/rexistro, código e nome do procedemento etc.).
Se desexa ver todos os seus expedientes e presentacións, prema no botón "Ver todos/Buscar".
Ao acceder á pantalla de busca, pode buscar expedientes ou borradores por distintos criterios ou localizalos directamente se coñece o código de acceso.
Poderá realizar accións concretas sobre un expediente (achegar documentación adicional, mellorar unha solicitude, modificar os seus datos de notificación etc.) desde:
- A bandexa de entrada dos seus últimos expedientes, presentacións e borradores, premendo o botón "Acción" da columna "Que podo facer?"
- O detalle do expediente electrónico, premendo directamente nas accións dispoñibles da columna "Que podo facer?"
Outras convocatorias ou publicacións
Procedementos e servizos relacionados
Axudas dirixidas á valorización, segunda transformación e ecoinnovación de produtos forestais e á dixitalización e mellora da seguridade e saúde na contorna laboral da industria forestal galega e do contract.
Axudas aos investimentos en ecoinnovación da industria forestal-madeira e outras industrias que desenvolvan solucións ecoinnovativas baseadas na madeira – Liña 1
Axudas aos investimentos en dixitalización da industria forestal-madeira e outras industrias que desenvolvan solucións ecoinnovativas baseadas na madeira - Liña 2
Axudas, en réxime de concorrencia non competitiva, para o desenvolvemento de produtos, proxectos e obras en madeira. Liña 1.1