Guía de procedementos e servizos

ED308A

Adxudicación de prazas de residencia a persoas colaboradoras bolseiras en centros residenciais docentes.

Procedemento dirixido a: Cidadáns

Prazo pechado: 04/09/2023 00:00 - 08/09/2023 23:59

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Sobre o procedemento

Establecer as bases reguladoras e o procedemento (ED308A) para adxudicar prazas de residencia a persoas colaboradoras bolseiras nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo para o curso académico 2023/24.

Persoas colaboradoras bolseiras.

Xunta de Galicia

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos

Subdirección Xeral de Centros

Servizo de Apoio Económico e Axudas ao Estudo

San Caetano,s/n

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981546523

Email: xecocentros@edu.xunta.gal

Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: PECHADO

07/06/2023 00:00 - 04/08/2023 23:59

04/09/2023 00:00 - 08/09/2023 23:59

- Período ordinario: do 7 de xuño ao 4 de agosto de 2023, ambos incluídos.

- Período extraordinario: entre o 4 e o 8 de setembro de 2023, ambos incluidos.

1. A persoa solicitante deberá ter os seguintes requisitos:

a) Dezaoito anos feitos, ou acadar esta idade dentro do ano natural 2023.

b) Posuír a capacidade funcional para o desempeño do labor de apoio no desenvolvemento da actividade diaria da residencia.

2. A distancia entre o centro universitario onde curse os estudos e o centro residencial docente, así como os medios de comunicación existentes, deberán garantir a dispoñibilidade no horario en que teñan que realizar o devandito labor de apoio.

Solicitudes.

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas obrigadas á presentación electrónica presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación electrónica das solicitudes poderase empregar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

2. A solicitude deberá estar asinada pola persoa solicitante e implicará que acepta as bases da convocatoria, que reúne os requisitos exixidos nela e que son certos todos os datos que constan na solicitude.

Documentación complementaria.

1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (modelo normalizado anexo I) a seguinte documentación:

a) O anexo II (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar), de ser o caso.

b) Xustificante de inscrición ou matrícula en ensinanzas universitarias no curso 2023/24.

c) O documento que acredite a nota de acceso aos estudos, no caso do alumnado matriculado por primeira vez en estudos de grao no curso 2023/24.

c) O certificado oficial das notas obtidas no curso 2022/23, no caso do alumnado xa matriculado en ensinanzas universitarias; se non cursa estudos no curso 2022/23, o das notas do último curso que realizou.

e) Copia do libro de familia onde figuren todos os membros computables. Se non ten libro de familia ou este non reflicte a situación á data de referencia indicada no punto 4, poderá xustificala utilizando, entre outros, os seguintes medios:

1º. Sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou convenio regulador onde conste a custodia do menor.

2º. Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.

f) Certificado de convivencia da persoa solicitante e os demais membros computables da familia no mesmo domicilio á data de referencia indicada no punto 4 deste artigo.

g) Certificado de discapacidade da persoa solicitante e dos demais membros da unidade familiar non expedido pola Administración autonómica.

h) Documentación xustificativa de ter domicilio en propiedade ou en alugamento e de dispoñer dos medios económicos suficientes para facer fronte aos gastos, en caso de alegar independencia familiar e económica.

i) Calquera outro documento que consideren conveniente.

2. A documentación complementaria deberase presentar electronicamente.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase data de presentación daquela en que fose realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar, de maneira motivada, o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

4. Os documentos achegados deberán ser válidos e eficaces no momento da súa presentación, e reflectir a situación persoal e familiar na data de publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia, agás a renda da unidade familiar, que será a correspondente ao exercicio fiscal 2021.

Comprobación de datos.

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas agás que a persoa interesada se opoñan á súa consulta:

a) DNI ou NIE da persoa solicitante ou representante cando sexa menor de idade e do resto dos membros computables da unidade familiar.

b) Declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas ou, na súa falta, certificado tributario de imputacións do exercicio 2021, da persoa solicitante e do resto dos membros computables da unidade familiar.

Consultaranse, ademais, os seguintes datos cando a persoa interesada faga constar na solicitude que lle é de aplicación a circunstancia que acredita o documento correspondente:

c) Certificado de discapacidade da persoa solicitante e do resto dos membros computables da unidade familiar expedido pola Administración autonómica.

d) Percepción de pensión por incapacidade permanente total, absoluta ou gran invalidez ou de pensión de clases pasivas por xubilación ou retiro por incapacidade permanente para o servizo ou inutilidade (equivale a discapacidade igual ao 33 %), da persoa solicitante e do resto dos membros computables da unidade familiar.

e) Falecemento da persoa proxenitora do alumnado solicitante.

2. No caso de que as persoas interesadas (o alumnado solicitante e os membros computables da unidade familiar) se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario de solicitude (anexo I) e no de comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar (anexo II) e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consultar.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes.

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Despois de presentar

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 16 de maio de 2023 pola que se convocan prazas de residencia para persoas colaboradoras bolseiras nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo para o curso académico 2023/24 (DOG nº 106 do 6 de xuño de 2023).

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

ED301A

Autorización de centros privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

ED301B

Modificación de autorización de centros privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

ED301C

Autorización de centros privados para impartir ensinanzas artísticas.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

ED301D

Modificación de autorización de centros privados para impartir ensinanzas artísticas.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano