Orientámolo/a, paso a paso, para presentar unha solicitude no rexistro electrónico
ED305F - Realización de actividades de formación do profesorado no estranxeiro.
Convocatoria de prazas para a realización de itinerarios formativos para a mellora da competencia lingüística e comunicativa en lingua estranxeira do profesorado.
1. As persoas solicitantes deben ser funcionarios/as de carreira ou funcionarios/as en prácticas dos corpos docentes detallados neste artigo que estean a impartir docencia en centros educativos públicos de ensinanzas non universitarias. No caso do funcionariado en prácticas, poderá participar nas actividades formativas sempre e cando estas se desenvolvan fóra do período efectivo de prácticas.
Cada docente realizará unha única solicitude con elección por orde de prioridade das actividades formativas en que desexe participar e a adxudicación será a unha das actividades, segundo a orde de prioridade marcada, e non quedará como suplente no resto de actividades solicitadas. No caso de que non se lle adxudique ningunha actividade, pasará a estar na listaxe de suplentes para todas as actividades solicitadas. Se se lle ofrece unha praza, ao producirse algunha renuncia, nalgunha das actividades solicitadas ten que aceptar esa praza ou renunciar a todas, sen posibilidade de optar a outra das actividades solicitadas en caso de que houbese unha renuncia posterior.
2. Modalidade 1: integración, poderá participar, segundo as actividades relacionadas no anexo IV, o seguinte profesorado:
a) Actividade 1. Integración para profesorado de inglés en infantil e primaria.
Profesorado especialista en inglés do corpo de mestres que estea a impartir a lingua estranxeira en educación infantil, educación primaria ou 1º e 2º de ESO.
b) Actividade 2. Integración para profesorado de inglés de secundaria e formación profesional.
Profesorado especialista en inglés do corpo de profesores ou catedráticos de ensino secundario que estea a impartir inglés en educación secundaria obrigatoria, bacharelato, formación profesional ou EOI.
c) Actividade 3. Integración inglés para profesorado CLIL de ESO e bacharelato.
Profesorado de materias/módulos non lingüísticos impartidos en inglés (en diante, CLIL en inglés) dos corpos de profesores ou catedráticos de ensino secundario que estea a participar nos programas de centros plurilingües e/ou seccións bilingües, que imparta docencia directa na aula en educación secundaria obrigatoria ou bacharelato e que teña acreditado un nivel B2 ou superior en lingua inglesa do MCERL. Do mesmo xeito, poderá participar o profesorado dos corpos de profesores ou catedráticos de ensino secundario que imparta docencia directa na aula en educación secundaria obrigatoria ou bacharelato, que teña acreditado un nivel B2 ou superior en lingua inglesa do MCERL, de acordo co anexo da Orde do 21 de xuño de 2016 pola que se modifica a Orde do 18 de febreiro de 2011 pola que se establece o procedemento de acreditación de competencia en idiomas do profesorado para impartir nunha lingua estranxeira áreas, materias ou módulos non lingüísticos nos centros docentes públicos dependentes desta consellería.
d) Actividade 4. Integración inglés para profesorado CLIL de infantil e primaria.
Profesorado CLIL en inglés do corpo de mestres que estea a participar nos programas de centros plurilingües e/ou seccións bilingües, que imparta docencia directa na aula en infantil, primaria ou 1º e 2º da ESO e que teña acreditado un nivel B2 ou superior en lingua inglesa do MCERL. Do mesmo xeito, poderá participar o profesorado do corpo de mestres/as que imparta docencia directa na aula en educación infantil, educación primaria ou 1º e 2º ESO, que teña acreditado un nivel B2 ou superior en lingua inglesa do MCERL, de acordo co anexo da Orde do 21 de xuño de 2016 pola que se modifica a Orde do 18 de febreiro de 2011 pola que se establece o procedemento de acreditación de competencia en idiomas do profesorado para impartir nunha lingua estranxeira áreas, materias ou módulos non lingüísticos nos centros docentes públicos dependentes desta consellería.
e) Actividade 5. Integración para profesorado de inglés en EOI.
Profesorado especialista en inglés dos corpos de profesores ou catedráticos de escolas oficiais de idiomas que imparta inglés nas escolas oficias de idiomas ou nas súas seccións.
f) Actividade 6. Integración inglés para profesorado CLIL de FP e ensinanzas de réxime especial, agás EOI.
Profesorado CLIL en inglés que imparte docencia directa na aula en formación profesional ou ensinanzas de réxime especial, agás nas EOI, que estea a participar nos programas de plurilingüismo e/ou seccións bilingües e que teña acreditado un nivel B2 ou superior en lingua inglesa do MCERL.
g) Actividade 7. Integración en lingua portuguesa para profesorado especialista e CLIL de educación primaria, educación secundaria, FP e ensinanzas de réxime especial.
Profesorado especialista en portugués, profesorado de lingua portuguesa e CLIL en portugués que imparta docencia directa na aula en educación primaria, educación secundaria, formación profesional ou ensinanzas de réxime especial e que teña acreditado un nivel B2 ou superior en lingua portuguesa do MCERL. Do mesmo xeito, poderá participar o profesorado que imparta docencia directa na aula, que teña acreditado un nivel B2 ou superior en lingua portuguesa do MCERL, de acordo co anexo da Orde do 21 de xuño de 2016 pola que se modifica a Orde do 18 de febreiro de 2011 pola que se establece o procedemento de acreditación de competencia en idiomas do profesorado para impartir nunha lingua estranxeira áreas, materias ou módulos non lingüísticos nos centros docentes públicos dependentes desta consellería.
h) Actividade 8. Integración en lingua francesa para profesorado especialista e CLIL de educación primaria, educación secundaria, FP e ensinanzas de réxime especial.
Profesorado especialista de francés que imparta docencia en educación primaria, educación secundaria, formación profesional ou ensinanzas de réxime especial, así como profesorado CLIL en francés que imparta docencia directa na aula en educación primaria, educación secundaria, formación profesional ou ensinanzas de réxime especial e que teña acreditado un nivel B2 ou superior en francés do MCERL. Do mesmo xeito, poderá participar o profesorado que imparta docencia directa na aula, que teña acreditado un nivel B2 ou superior en lingua francesa do MCERL, de acordo co anexo da Orde do 21 de xuño de 2016 pola que se modifica a Orde do 18 de febreiro de 2011 pola que se establece o procedemento de acreditación de competencia en idiomas do profesorado para impartir nunha lingua estranxeira áreas, materias ou módulos non lingüísticos nos centros docentes públicos dependentes desta consellería.
3. Na modalidade 2, curso no estranxeiro, poderá participar, segundo as actividades relacionadas no anexo IV, o seguinte profesorado:
a) Actividade 9. Inglés para profesorado especialista de primaria.
Profesorado especialista en inglés do corpo de mestres/as que estea a impartir lingua inglesa en educación infantil, educación primaria ou 1º e 2º da ESO.
b) Actividade 10. Inglés para profesorado especialista de secundaria, formación profesional e EOI.
Profesorado especialista en inglés do corpo de profesores ou catedráticos de ensino secundario e profesorado ou catedráticos de EOI que estea a impartir inglés en educación secundaria obrigatoria, bacharelato, formación profesional ou EOI.
c) Actividade 11 . Inglés para profesorado CLIL de infantil e primaria.
Profesorado CLIL en inglés do corpo de mestres/as que imparta docencia directa na aula en educación infantil, educación primaria ou 1º e 2º ESO, que teña acreditado un nivel B2 ou superior en lingua inglesa do MCERL. Do mesmo xeito, poderá participar outro profesorado do corpo de mestres/as que imparta docencia directa na aula, que teña acreditado un nivel B2 ou superior en lingua inglesa do MCERL, de acordo co anexo da Orde do 21 de xuño de 2016 pola que se modifica a Orde do 18 de febreiro de 2011 pola que se establece o procedemento de acreditación de competencia en idiomas do profesorado para impartir nunha lingua estranxeira áreas, materias ou módulos non lingüísticos nos centros docentes públicos dependentes desta consellería.
d) Actividade 12. Inglés para profesorado CLIL de secundaria, formación profesional e ensinanzas de réxime especial, agás EOI.
Profesorado CLIL en inglés dos corpos de profesores ou catedráticos de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional ou ensinanzas de réxime especial que imparte docencia directa na aula, en educación secundaria, formación profesional ou ensinanzas de réxime especial, agás en EOI, e que teña acreditado un nivel B2 ou superior en lingua inglesa do MCERL. Do mesmo xeito, poderá participar outro profesorado de educación secundaria, formación profesional e ensinanzas de réxime especial que imparta docencia directa na aula, que teña acreditado un nivel B2 ou superior en lingua inglesa do MCERL.
e) Actividade 13. Francés para profesorado especialista e CLIL de educación primaria, educación secundaria, formación profesional e ensinanzas de réxime especial.
Profesorado especialista en francés e CLIL en francés que imparte docencia directa na aula en educación primaria, educación secundaria, formación profesional ou ensinanzas de réxime especial e que teña acreditado un nivel B2 ou superior en lingua francesa do MCERL. Do mesmo xeito, poderá participar outro profesorado que imparta docencia directa na aula e que teña acreditado un nivel B2 ou superior en lingua francesa do MCERL, de acordo co anexo da Orde do 21 de xuño de 2016 pola que se modifica a Orde do 18 de febreiro de 2011 pola que se establece o procedemento de acreditación de competencia en idiomas do profesorado para impartir nunha lingua estranxeira áreas, materias ou módulos non lingüísticos nos centros docentes públicos dependentes desta consellería.
f) Actividade 14. Portugués para profesorado especialista e CLIL de educación primaria, educación secundaria, formación profesional e ensinanzas de réxime especial.
Profesorado especialista en portugués e CLIL en portugués que imparta docencia directa na aula en educación primaria, educación secundaria, formación profesional ou ensinanzas de réxime especial e que teña acreditado un nivel B2 ou superior en lingua portuguesa do MCERL. Do mesmo xeito, poderá participar outro profesorado que imparta docencia directa na aula, que teña acreditado un nivel B2 ou superior en lingua portuguesa do MCERL, de acordo co anexo da Orde do 21 de xuño de 2016 pola que se modifica a Orde do 18 de febreiro de 2011 pola que se establece o procedemento de acreditación de competencia en idiomas do profesorado para impartir nunha lingua estranxeira áreas, materias ou módulos non lingüísticos nos centros docentes públicos dependentes desta consellería.
g) Actividade 15. Alemán para profesorado especialista e CLIL de educación primaria, educación secundaria, formación profesional e ensinanzas de réxime especial.
Profesorado especialista de alemán e CLIL en alemán que imparta docencia directa na aula en educación primaria, educación secundaria, formación profesional ou ensinanzas de réxime especial e que teña acreditado un nivel B2 ou superior en lingua alemá do MCERL. Do mesmo xeito, poderá participar outro profesorado que imparta docencia directa na aula, que teña acreditado un nivel B2 ou superior en lingua alemá do MCERL, de acordo co anexo da Orde do 21 de xuño de 2016 pola que se modifica a Orde do 18 de febreiro de 2011 pola que se establece o procedemento de acreditación de competencia en idiomas do profesorado para impartir nunha lingua estranxeira áreas, materias ou módulos non lingüísticos nos centros docentes públicos dependentes desta consellería.
4. Todo o profesorado deberá asinar o anexo V, co visto e prace da dirección do centro educativo, comprometéndose a promover a creación ou o mantemento do programa de centros plurilingües ou seccións bilingües no seu centro de destino, a impartir a súa materia na lingua correspondente, agás o profesorado que imparte docencia nas EOI.
A adxudicación con carácter definitivo dunha das actividades é incompatible coa concesión, de ser o caso, de licenzas por formación para o curso 2023/24 da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.
Xunta de Galicia
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa
Subdirección Xeral de Inclusión e Innovación Educativa
Servizo de Inclusión, Orientación e Convivencia
San Caetano, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981546515
Fax: 981546550
Email: formaes@edu.xunta.es
Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa
Orde do 20 de abril de 2023 pola que se convocan prazas destinadas ao profesorado para a realización de itinerarios formativos para a mellora da súa competencia lingüística e comunicativa, relativos ao Programa integral de aprendizaxe de linguas estranxeiras (PIALE) para o ano 2023 (DOG nº 81 do 27 de abril de 2023).
Orde do 11 de decembro de 2023 pola que se resolve definitivamente a convocatoria de prazas destinadas ao profesorado para a realización de itinerarios formativos para a mellora da súa competencia lingüística e comunicativa, relativos ao Programa integral de aprendizaxe de linguas estranxeiras (PIALE) para o ano 2023 (DOG nº 240 do 20 de decembro de 2023).
Prazo de presentación: PECHADO
28/04/2023 00:00 - 22/05/2023 23:59
O prazo para a presentación de solicitudes será de 15 días, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Se o último día de prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.
Solicitudes .
1. As solicitudes (anexo I) presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado accesible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal (código de procedemento ED305F). O procedemento de solicitude iniciarase a través da aplicación en liña dispoñible desde a páxina web https://www.edu.xunta.gal/piale e cubrirase o formulario electrónico que corresponda en función da actividade en que desexan participar. Unha vez cuberto este formulario, gravarán os datos na aplicación en liña e, posteriormente, realizarán a presentación a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal/, segundo as indicacións dispoñibles na aplicación https://www.edu.xunta.gal/piale/
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que sexa realizada a emenda.
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
No caso de presentar máis dunha solicitude, admitirase unicamente a última presentada na sede electrónica da Xunta de Galicia.
2. O modelo de solicitude (anexo I) inclúe unha declaración responsable pola que a persoa solicitante declara que o nivel de coñecemento de linguas estranxeiras do MCERL alegado na solicitude é o nivel máximo que ten acreditado na data de presentación da solicitude, de acordo co establecido na Orde do 18 de febreiro de 2011 pola que se establece o procedemento de acreditación de competencia en idiomas do profesorado para impartir nunha lingua estranxeira áreas, materias ou módulos non lingüísticos nos centros docentes públicos dependentes desta consellería (DOG do 26.4.2011) modificada pola Orde do 21 de xuño de 2016 (DOG do 7.7.2016).
Documentación complementaria .
1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:
a) Anexo III, modelo de folla de autobaremación cuberta nas epígrafes que correspondan, en que se relacionen os méritos alegados na mesma orde que aparecen expostos no anexo II.
b) Acreditación dos méritos académicos, profesionais ou de calquera índole que aleguen, que non estean recollidos no seu expediente de datos persoais. Estes serán xustificados mediante os documentos que se especifican no baremo que se inclúe no anexo II. Non serán tidos en conta nin valorados os méritos alegados e non xustificados debidamente, nin os que se aleguen fóra do prazo a que se refire o artigo 10 desta convocatoria.
c) Certificado, expedido pola secretaría do centro, co visto e prace da persoa directora, en que conste a área, materia ou módulo que imparte a persoa solicitante durante o curso académico 2022/23. No caso de que a persoa solicitante sexa coordinadora de centros plurilingües ou do programa de seccións bilingües ou profesorado CLIL, tamén deberá constar esta circunstancia no certificado.
d) Acreditación do nivel lingüístico segundo o MCERL, na/nas lingua/s correspondente/s da/das actividade/s solicitada/s, agás para aquelas persoas que xa teñan recollida esta información no seu expediente de datos persoais.
e) Anexo V, compromiso de promoción de sección bilingüe e/ou programas de centros plurilingües, debidamente cuberto, agás o profesorado que imparta docencia nas EOI.
2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.
Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que sexa realizada a emenda.
As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
4. No caso de que algún dos documentos que se presente de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes .
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Comprobación de datos .
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
a) DNI ou NIE da persoa solicitante.
b) DNI ou NIE da persoa representante.
c) Títulos oficiais universitarios.
d) Títulos oficiais non universitarios.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.
Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Máis información
Localice o procedemento ou servizo na guía de procedementos e servizos, consulte a información do trámite e revise a documentación obrigatoria para presentar a solicitude que figura na pestana "Presentación" no apartado "Documentación para a presentación".
No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles modelos en formato PDF para aqueles documentos para os que se precisan. Se os necesita:
- Primeiro descargue no seu equipo os modelos PDF (asegúrese de que están descargados, non abertos no navegador).
- A continuación cubra os modelos. Se algunha táboa ten filas e non son suficientes pode engadilas nese documento descargado.
- Por último garde ou imprima en versión PDF un arquivo electrónico de cada modelo cuberto.
- Asine o documento, se así se require.
- Para finalizar anexe o modelo ou modelos en PDF na súa presentación.
No caso de que o procedemento non figure na guía, poderá empregar a solicitude xenérica.
Prema en "Tramitar en liña" para iniciar o trámite electrónico.
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Agora xa está dentro do seu espazo persoal "A miña sede".
Cubra o formulario e lembre que pode gardalo para recuperalo máis adiante desde o apartado "Os meus borradores" de "A miña sede".
Cando o teña cuberto, prema en "Continuar".
Anexe a documentación que queira presentar xunto co formulario. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Pode consultar como enviar ficheiros que non teñen o tamaño ou o formato aceptados por esta sede.
Asine o formulario e a documentación que quere entregar.
Pode facelo cun certificado electrónico empregando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá no seu móbil.
Descargue o xustificante da presentación.
Poderá tamén acceder a este documento desde o apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede".
Consulte como proceder cos documentos de gran tamaño e en distintos formatos
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Lembre que este servizo soamente estará disponible desde o espazo "A miña sede" da sede electrónica e naqueles procedementos que teñan habilitados trámites electrónicos posteriores á solicitude cando así o estableza a súa norma reguladora.
Prepare os arquivos electrónicos necesarios e comprobe que utiliza formatos compatibles coa sede: .bmp, .ce3, .cex, .csv, .cte, .dbf, .doc, .docx, .dwg, .dxfn, .gpx, .hexhash, .inp, .jpg, .kml, .kmz, .ods, .odt, .pd2, .pdf, .pdl, .png, .prj, .shp, .shx, .tgd, .tiff, .txt, .xls, .xlsx, .xml, .xsig, .mp4, .avi, .mov e .wmv
O tamaño máximo do conxunto de documentos achegados a unha presentación en esta sede é de 100 MB, e non se admiten arquivos comprimidos.
Comprobe o tamaño total do conxunto de documentos que precisa achegar:
- Se é inferior a 100 MB pode achegar todos os documentos á solicitude
- Se é superior a 100 MB separe os arquivos de máis de 100 MB, agrupe o resto en subconxuntos de documentos que non superen os 100 MB e proceda segundo os seguintes pasos
- Presente a solicitude achegando un subconxunto de documentos de menos de 100 MB.
- Repita o trámite de achega de documentación separada da solicitude para cada un dos subconxuntos restantes de documentos, seguindo estes pasos:
- Unha vez finalizada a presentación acceda ao apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede", seleccione o expediente da solicitude que acaba de realizar, pulse na opción "Accións" e seleccione "Achega de documentación separada da solicitude".
- Cubra o formulario e pulse en "continuar"
- Achegue o seguinte subconxunto de documentos
- Asine e complete a achega de documentación separada
- Repita este proceso para cada subconxunto de documentos de menos de 100 MB
Se algún arquivo supera individualmente os 100 MB:
- Proceda segundo se explica nos pasos anteriores para o resto de arquivos
- Descargue no seu equipo o modelo xenérico para a achega de documentación separada
- Cubra o modelo, indicando o expediente ou número de rexistro de entrada da solicitude electrónica realizada e a unidade responsable do procedemento
- Imprima o modelo e presénteo de forma presencial, xunto coa documentación en formato físico -CD, DVD, USB-, en calquera das oficinas de rexistro
Prazo de resolución:
Cinco meses
Sentido do silencio:
Negativo
Máis información
Consulte como responder a un requirimento de emenda de documentación
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos. Na pestana "Presentación", no apartado "Documentación para a presentación" figura o listado de documentos requiridos para a presentación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos. Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede". Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365. Busque o expediente relacionado co requirimento e seleccione no menú "Acción" da dereita a opción "Emenda ao requirimento".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Emenda ao requirimento" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a emenda utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario indicando os datos ou documentos achegados para a emenda.
Anexe os documentos que queira presentar. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a emenda.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da emenda.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Coñeza como achegar documentación xustificativa a un expediente en curso
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Na pestana "Despois da presentación", no apartado "Xustificación" figura o listado de documentos requiridos para a xustificación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos.
Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede".
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Busque o expediente para o que precisa achegar documentación xustificativa. No menú "Acción" que aparece á dereita seleccione a opción "Achega de documentación xustificativa".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Achega de documentación xustificativa" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a xustificación utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario.
Indique os documentos que achega para a xustificación.
Anexe os documentos que queira presentar para a xustificación. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a xustificación.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da xustificación.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Todos os seus expedientes, presentacións e borradores en "A miña sede"
Para xestionar os seus expedientes o primeiro que debe facer é acceder o seu espazo persoal premendo en "A miña sede" e, a continuación, identificarse empregando calquera dos certificados admitidos nesta sede ou Chave365.
Poderá ver na súa bandexa de entrada os seus últimos expedientes, presentacións e borradores.
Verá en pantalla información detallada de cada expediente ou presentación (número de expediente/rexistro, código e nome do procedemento etc.).
Se desexa ver todos os seus expedientes e presentacións, prema no botón "Ver todos/Buscar".
Ao acceder á pantalla de busca, pode buscar expedientes ou borradores por distintos criterios ou localizalos directamente se coñece o código de acceso.
Poderá realizar accións concretas sobre un expediente (achegar documentación adicional, mellorar unha solicitude, modificar os seus datos de notificación etc.) desde:
- A bandexa de entrada dos seus últimos expedientes, presentacións e borradores, premendo o botón "Acción" da columna "Que podo facer?"
- O detalle do expediente electrónico, premendo directamente nas accións dispoñibles da columna "Que podo facer?"
Outras convocatorias ou publicacións
Procedementos e servizos relacionados
Autorización de centros privados para impartir ensinanzas artísticas.
Modificación da autorización de centros de ensinanzas de técnicos deportivos.