Guía de procedementos e servizos

ED534A

Inscrición para a proba para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos.

Procedemento dirixido a: Cidadáns

Convocatoria 2022 - Prazo pechado: 07/03/2022 00:00 - 16/03/2022 23:59

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

TRAMITAR PRESENCIALMENTE

A presente resolución ten por obxecto convocar a proba para a obtención do título de bacharel para persoas maiores de vinte anos correspondente ao ano 2022 na Comunidade Autónoma de Galicia (código de procedemento administrativo ED534A) e determinar as condicións en que se realizará.

Realización da proba.

1. A proba realizarase en Santiago de Compostela o día 29 de abril de 2022 no IES San Clemente, rúa San Clemente, s/n, 15705 Santiago de Compostela.

2. Para a realización da proba as persoas candidatas acreditarán a súa identidade co DNI, pasaporte ou calquera outro documento recoñecido en dereito.

Estrutura da proba.

1. O primeiro exercicio será común ás distintas modalidades. Estruturarase en catro partes:

a) Primeira parte: Lingua Galega e Literatura I e II.

b) Segunda parte: Lingua Castelá e Literatura I e II.

c) Terceira parte: Primeira Lingua Estranxeira I e II (inglés ou francés).

d) Cuarta parte: Filosofía e Historia de España.

2. O segundo exercicio (anexo V) terá un carácter diferenciado en función da modalidade e itinerarios escollidos. Estruturarase en tres partes:

a) Primeira parte. Proba correspondente ás materias troncais xerais propias de cada modalidade e itinerario elixidos. Para a modalidade de Ciencias realizaranse as probas das materias Matemáticas I e II. Para a modalidade de Humanidades e Ciencias Sociais no itinerario de Humanidades realizaranse as probas das materias Latín I e II. Para a modalidade de Humanidades e Ciencias Sociais no itinerario de Ciencias Sociais realizaranse as probas de Matemáticas Aplicadas ás Ciencias Sociais I e II.

b) Segunda parte. Proba correspondente ás materias troncais de opción da modalidade elixida. Para a modalidade de Ciencias, a persoa aspirante escollerá unha entre as seguintes opcións:

1ª. Física e Química e Física.

2ª. Física e Química e Química.

3ª. Debuxo Técnico I e II.

Para a modalidade de Humanidades e Ciencias Sociais, a persoa aspirante seleccionará unha entre as seguintes opcións:

1ª. Economía e Economía da Empresa.

2ª. Historia do Mundo Contemporáneo e Xeografía.

3ª. Grego I e II.

c) Terceira parte. Proba correspondente ás materias troncais de opción de modalidade elixida.

Para modalidade de Ciencias, a persoa aspirante elixirá unha entre as seguintes opcións:

1ª. Bioloxía e Xeoloxía e Bioloxía.

2ª. Bioloxía e Xeoloxía e Xeoloxía.

Para a modalidade de Humanidades e Ciencias Sociais, a persoa aspirante deberá realizar a proba correspondente ás materias de Literatura Universal e Historia da Filosofía.

Organización da proba.

1. Entre as 8.15 e as 8.30 horas realizarase o chamamento para o acceso aos espazos de realización da proba.

2. A sesión de mañá desenvolverase entre as 8.30 e as 14.30 horas e dedicarase á realización do primeiro exercicio. Organizarase en tres partes:

Parte 1, das 8.30 ás 11.30 horas: realizaranse as probas correspondentes ás materias Lingua Galega e Literatura I e II e Lingua Castelá e Literatura I e II.

Parte 2, das 12.00 ás 13.30: realizarase a proba correspondente á Primeira Lingua Estranxeira I e II (inglés ou francés).

Parte 3, das 13.30 ás 14.30 horas: realizaranse as probas de Filosofía e Historia de España.

3. A sesión de tarde desenvolverase entre as 16.30 e as 20.30 horas e dedicarase á realización do segundo exercicio. Organizarase en tres partes:

Parte 1, das 16.30 ás 18.00 horas: para a modalidade de Ciencias, realizaranse as probas de Matemáticas I e II. Para a modalidade de Humanidades e Ciencias Sociais no itinerario de Humanidades realizaranse as probas de Latín I e II. Para a modalidade de Humanidades e Ciencias Sociais no itinerario de Ciencias Sociais realizaranse as probas de Matemáticas Aplicadas ás Ciencias Sociais I e II.

Parte 2, das 18.00 ás 19.00 horas: para a modalidade de Ciencias realizaranse as probas de Física e Química e Física, as de Física e Química e Química e as de Debuxo Técnico I e II. Para a modalidade de Humanidades e Ciencias Sociais realizaranse as probas de Economía e Economía da Empresa, as de Historia do Mundo Contemporáneo e Xeografía e as de Grego I e II.

Parte 3, das 19.30 ás 20.30 horas: para a modalidade de Ciencias realizaranse as probas de Bioloxía e Xeoloxía e Bioloxía e as de Bioloxía e Xeoloxía e Xeoloxía. Para a modalidade de Humanidades e Ciencias Sociais realizaranse as probas de Literatura Universal e Historia da Filosofía.

4. As persoas aspirantes poderán utilizar os seguintes materiais na realización da proba:

a) Nas materias que implican operacións numéricas (exames con contidos de matemáticas, física, química e economía) poderán utilizar unha calculadora científica, agás as que sexan programables, gráficas ou con capacidade para almacenar e transmitir datos.

b) Nas materias de Latín e Grego, dicionario desas linguas.

c) Na materia de Debuxo Técnico, portaminas ou lapis, goma, regra milimetrada, escuadro, cartabón e compás.

d) Na materia de Matemáticas Aplicadas ás Ciencias Sociais, regra, escuadro ou cartabón.

5. As persoas aspirantes non poderán utilizar durante a realización da proba teléfonos móbiles, reloxos intelixentes nin calquera outro dispositivo de almacenamento ou de transmisión de datos.

Poderán participar nesta proba as persoas que cumpran os seguintes requisitos:

Xunta de Galicia

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Dirección Xeral de Formación Profesional

Subdirección Xeral de Aprendizaxe Permanente, Ensinanzas Artísticas, Idiomas e Deportivas

Servizo de Ensinanzas de Réxime Especial e Aprendizaxe Permanente

San Caetano, s/n

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981540289

Dirección Xeral de Formación Profesional

Outros procedementos relacionados

ED011A

Actualización e/ou modificación do expediente do persoal funcionario dos corpos docentes e do persoal laboral docente que imparte ensinanzas non universitarias en centros dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.

Aberto todo o ano

ED301A

Autorización de centros privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

ED301C

Autorización de centros privados para impartir ensinanzas artísticas.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

ED321A

Certificación persoal na manipulación de gases fluorados

Tramitar en liña

Aberto todo o ano