Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
ED021A
Procedemento para a integración no corpo de profesores de ensino secundario do persoal funcionario de carreira do corpo, para extinguir, de profesores técnicos de formación profesional.
Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
A presente orde ten por obxecto convocar un procedemento, aberto ata o 19 de xaneiro de 2026, para que o profesorado funcionario de carreira do corpo, a extinguir, de profesores técnicos de formación profesional, que reúna os requisitos e cumpra as condicións establecidas, poida integrarse no corpo de profesores de ensino secundario, de conformidade coa normativa básica establecida polo Real decreto 800/2022, do 4 de outubro. Este procedemento habilitarase na sede electrónica co código ED021A.
O profesorado do corpo, a extinguir, de profesores técnicos de formación profesional que reúna os requisitos e as condicións establecidas na base cuarta poderá integrarse, logo de solicitude formulada nos termos recollidos na base quinta, nunha das especialidades do corpo de profesores de ensino secundario que se relacionan no anexo II da presente convocatoria.
Xunta de Galicia
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos
Subdirección Xeral de Recursos Humanos
Servizo de Profesorado de Ed. Secundaria, de Formación Profesional e de Réxime Especial
Edificio administrativo San Caetano, s/n
15871 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981545445
Email: persoal.secundaria@edu.xunta.gal
Prazo de presentación: ABERTO
27/01/2023 00:00 - 19/01/2026 23:59
O prazo de presentación de solicitudes abranguerá desde o día seguinte ao da publicación da presente orde na Diario Oficial de Galicia ata o 19 de xaneiro de 2026. Unha vez realizada a solicitude de integración, será vinculante nos seus termos para a persoa aspirante e non poderá ser obxecto de modificación. Así mesmo, tampouco se admitirá ningunha documentación complementaria alegada mediante o procedemento ED011A, de conformidade co establecido na epígrafe 3 desta base, unha vez presentada electronicamente a solicitude de integración mediante o procedemento normalizado ED021A.
Para poder participar na presente convocatoria pública de integración no corpo de profesores de ensino secundario deberán reunirse e acreditarse, na data en que se formule a solicitude, os seguintes requisitos e condicións:
1. Ser persoal funcionario de carreira do corpo, a extinguir, de profesores técnicos de formación profesional.
2. Ser titular da especialidade en que se solicita a integración.
3. Ter destino definitivo ou encontrarse en expectativa de destino na Comunidade Autónoma de Galicia.
4. Estar en situación de servizo activo ou na situación de servizos especiais, excedencia por coidado de familiares, excedencia por razón de violencia de xénero e excedencia por razón de violencia terrorista, sempre que tivese o seu último destino en servizo activo na Comunidade Autónoma de Galicia.
5. Posuír unha das seguintes titulacións: grao, doutoramento, licenciatura, enxeñaría, arquitectura ou equivalente para os efectos de acceso á función pública docente, diplomatura universitaria, enxeñaría técnica ou arquitectura técnica.
Solicitudes e documentación
1. As persoas interesadas deberán formular unha solicitude (anexo I), obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal (código de procedemento ED021A).
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude de xeito presencial, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave 365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
3. Documentación complementaria.
Non será necesaria a presentación de documentación complementaria xunto coa solicitude deste procedemento normalizado.
Con todo, o persoal solicitante deberá proceder do xeito que se indica a seguir:
3.1. Persoal solicitante con expediente actualizado.
De conformidade co establecido no artigo 4.3 da Orde do 2 de xuño de 2021 pola que se regulan o contido, uso e acceso ao expediente do persoal funcionario dos corpos docentes e do persoal laboral docente que imparte as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006 (código de procedemento ED011A), todos os datos, tanto de identificación como académicos e profesionais que consten no expediente, serán empregados na tramitación e valoración de requisitos e méritos nos correspondentes procesos de selección de persoal, provisión de postos de traballo, procesos de desenvolvemento profesional, así como aqueloutros necesarios para a xestión do persoal docente.
O persoal solicitante poderá verificar o seu expediente persoal na páxina web www.edu.xunta.gal/datospersoais. No caso de seren correctos todos os datos profesionais e académicos, nomeadamente a titulación que lle permite a integración no corpo de profesores de ensino secundario, o persoal solicitante soamente deberá presentar a solicitude de integración por medios electrónicos de conformidade co establecido nesta convocatoria pública.
3.2. Persoal solicitante con expediente sen actualizar.
O persoal docente que solicite a integración e non teña o seu expediente actualizado, concretamente os datos académicos referidos ás titulacións que posúe, ademais de presentar a solicitude de integración por medios electrónicos (código de procedemento ED021A), deberá presentar a solicitude de actualización e/ou modificación do expediente xunto coa documentación xustificativa, de acordo co establecido no artigo 7 da Orde do 2 de xuño de 2021 pola que se regula o contido, uso e acceso ao expediente do persoal funcionario dos corpos docentes e do persoal laboral docente que imparte as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006 (código de procedemento ED011A). A actualización do expediente persoal mediante o procedemento normalizado ED011A deberá presentarse electronicamente no mesmo día en que se formula a solicitude de integración mediante o procedemento normalizado ED021A, de tal modo que se poidan tramitar conxuntamente ambas as solicitudes.
Para estes efectos, aquelas persoas que non dispoñan do título deberán presentar, xunto coa solicitude do procedemento normalizado ED011A, a certificación académica oficial que acredite que se realizaron todos os estudos para a obtención do título xunto co recibo acreditativo conforme se efectuou o pagamento correspondente das taxas de expedición deste. No caso de titulacións expedidas no estranxeiro, deberá achegarse a credencial que acredite a súa homologación ou a declaración de equivalencia ao nivel académico de grao, segundo o Real decreto 889/2022, do 18 de outubro, polo que se establecen as condicións e os procedementos de homologación, de declaración de equivalencia e de validación de ensinanzas universitarias de sistemas educativos estranxeiros e polo que se regula o procedemento para establecer a correspondencia ao nivel do Marco español de cualificacións para a educación superior dos títulos universitarios oficiais pertencentes a ordenacións académicas anteriores, e o Real decreto 1837/2008, do 8 de novembro, polo que se incorporan ao ordenamento xurídico español a Directiva 2005/36/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 7 de setembro, e a Directiva 2006/100/CE do Consello, do 20 de novembro, relativas ao recoñecemento de cualificacións profesionais, así como a determinados aspectos da profesión de avogado (BOE do 20 de novembro).
3.3. Comprobación de datos.
3.3.1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
a) DNI/NIE da persoa solicitante ou representante.
3.3.2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos. Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
3.3.3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos poderáselles solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
3.3.4. A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades verificará na súa base de datos de persoal os seguintes requisitos e condicións de participación da persoa interesada, de conformidade co establecido no artigo 4.3 da Orde do 2 de xuño de 2021 pola que se regulan o contido, uso e acceso ao expediente do persoal funcionario dos corpos docentes e do persoal laboral docente que imparte as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006 (código de procedemento ED011A):
a) Condición de persoal funcionario de carreira do corpo, a extinguir, de profesores técnicos de formación profesional.
b) Especialidade de que é titular.
c) Situación administrativa e, de ser o caso, onde teña o seu último destino en servizo activo na Comunidade Autónoma de Galicia.
- Iniciación
- Solicitude (Anexo I)
Prazo de resolución:
Tres meses
Sentido do silencio:
Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 17 de xaneiro de 2023 pola que se realiza unha nova convocatoria do procedemento para que o profesorado do corpo, a extinguir, de profesores técnicos de formación profesional se integre no corpo de profesores de ensino secundario (DOG nº 18 do 26 de xaneiro de 2023).
-
Orde do 13 de decembro de 2023 pola que se resolve a convocatoria do procedemento de integración no corpo de profesorado de ensino secundario da Comunidade Autónoma de Galicia (código de procedemento ED021A no período que abrangue desde o 21 de agosto de 2023 ata o 20 de novembro de 2023), convocado mediante a Orde do 17 de xaneiro de 2023 (Diario Oficial de Galicia número 18, do 26 de xaneiro) (DOG nº 242 do 22 de decembro de 2023).
-
Orde do 12 de marzo de 2024 pola que se resolve a convocatoria do procedemento de integración no corpo de profesorado de ensino secundario da Comunidade Autónoma de Galicia (código de procedemento ED021A no período que abrangue desde o 21 de novembro de 2023 ata o 20 de febreiro de 2024) convocado mediante a Orde do 17 de xaneiro de 2023 (Diario Oficial de Galicia número 18, do 26 de xaneiro) (DOG nº 58 do 21 de marzo de 2024).
-
Orde do 9 de outubro de 2025 pola que se resolve a convocatoria do procedemento de integración no corpo de profesorado de ensino secundario da Comunidade Autónoma de Galicia (código de procedemento ED021A no período que abrangue desde o 21 de febreiro de 2025 ata o 20 de maio de 2025), convocado mediante a Orde do 17 de xaneiro de 2023 (Diario Oficial de Galicia número 18, do 26 de xaneiro) (DOG nº 203 do 21 de outubro de 2025).
-
Orde do 5 de novembro de 2025 pola que se resolve a convocatoria do procedemento de integración no corpo de profesorado de ensino secundario da Comunidade Autónoma de Galicia (código de procedemento ED021A no período que abrangue desde o 21 de maio de 2025 ata o 20 de agosto de 2025), convocado mediante a Orde do 17 de xaneiro de 2023 (Diario Oficial de Galicia número 18, do 26 de xaneiro) (DOG nº 219 do 12 de novembro de 2025).
-
Outros procedementos relacionados
Procedementos selectivos extraordinarios de estabilización para o ingreso mediante concurso de méritos a corpos de persoal docente non universitario da Comunidade Autónoma de Galicia.
Prazo pechado: 31/10/2022 00:00 - 21/11/2022 23:59
Intercambios provisionais de prazas do persoal docente que imparte as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, en centros dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
Prazo pechado: 01/09/2025 00:00 - 04/09/2025 23:59
Concurso específico de méritos para prover postos de persoal docente en prazas sometidas a convenio ou a programas específicos da consellería competente en materia de educación.
Prazo pechado: 30/06/2025 00:00 - 04/07/2025 23:59
Recoñecemento de especialidades do persoal funcionario de carreira do corpo de mestres.
Próxima apertura: 01/06/2026 00:00 - 30/06/2026 23:59