Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
IN822E
Premios Galicia de innovación e deseño.
Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
A finalidade dos premios é recoñecer o labor de profesionais e empresas galegas pola súa excelente contribución á innovación como un elemento indispensable no desenvolvemento da súa estratexia profesional e o seu crecemento empresarial, alcanzando con iso altas cotas de competitividade nos mercados, tanto galegos, nacionais como internacionais.
Así mesmo, trátase de recoñecer os profesionais e empresas que contribúen significativamente á mellora do prestixio do deseño galego e a súa internacionalización, así como as empresas que, ao incorporalo á súa estratexia empresarial, demostran que o deseño actúa como como motor de innovación e competitividade.
Categorías dos Premios Galicia de Innovación e Deseño.
1. Dentro dos premios de innovación recóllense as seguintes categorías:
a) Traxectoria Innnovadora.
b) Grande Empresa.
c) Pequena e Mediana Empresa.
2. Dentro dos premios de deseño incluiranse as seguintes categorías:
a) Profesionais.
b) Empresas.
c) Mozos/as deseñadores/as.
Poderán cursar candidatura aos Premios Galicia de Innovación e Deseño as persoas físicas nacidas en Galicia. Así mesmo, poderán optar aos premios as persoas xurídicas que teñan polo menos un establecemento permanente en Galicia, validamente constituído, que manteña a súa actividade. En ambos os casos, en función da modalidade á que concorran.
Xunta de Galicia
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Axencia Galega de Innovación (GAIN)
Área de Talento e Transferencia
R/ Airas Nunes, s/n (Conxo)
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 881999120
Email: centros.gain@xunta.gal
Prazo de presentación: PECHADO
14/07/2021 00:00 - 13/10/2021 23:59
O prazo de presentación de solicitudes será de tres meses contado a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día de publicación. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.
1. Deberán posuír as seguintes características:
a) Premios Galicia de Innovación: premiarán persoas, institucións e organizacións que destaquen polo seu labor de posta en valor da innovación empresarial.
– Modalidade «Traxectoria Innovadora»: empresarios e profesionais cunha traxectoria de polo menos dez anos, en que a innovación fose unha das súas características relevantes.
– Modalidade «Grande Empresa»: grandes empresas cunha actividade innovadora de polo menos dez anos.
– Modalidade «Pequena e Mediana Empresa»: pequenas e medianas empresas con demostrada actividade innovadora de polo menos cinco anos.
b) Premios Galicia de Deseño: premiarán persoas, institucións e organizacións que destaquen polo seu labor de posta en valor do sector do deseño.
– Modalidade «Profesionais»: profesionais do deseño (persoas físicas ou equipos de profesionais) cunha traxectoria de polo menos dez anos de recoñecido prestixio no sector.
– Modalidade «Empresas»: empresas consolidadas que incorporasen o deseño á súa estratexia empresarial durante polo menos dez anos.
– Modalidade «Mozos/as Deseñadores/as»: dirixido a aqueles creadores, cunha idade que non sobrepase os trinta e cinco anos no día de presentación da candidatura, e cunha traxectoria profesional inferior a dez anos.
As candidaturas ao Premio Galego de Innovación categoría «Traxectoria Innovadora» e as dos Premios Galicia de Deseño categorías «Profesionais» e «Mozos/a Deseñadores/as» deberán contar, polo menos, con dous avais de persoas de recoñecido prestixio no ámbito da innovación e do deseño.
2. A definición do tamaño de empresa seguirá o establecido no anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 2014, Diario Oficial de la Unión Europea L 187/1, do 26 de xuño de 2014.
3. Os/as candidatos/as, no momento da presentación da súa candidatura, deberán estar en activo e desenvolvendo un labor altamente significativo dentro da súa especialidade e recoñecido internacionalmente. Cando o/a solicitante sexa unha persoa física, debe desenvolver un traballo altamente significativo no seu respectivo campo e deberá demostrar desenvolver unha actividade profesional rexistrándose no imposto de actividades económicas ou outras obrigas fiscais que se deriven do mero exercicio de actividade, profesional, económica ou artística.
4. Unha mesma candidatura poderá propoñerse para unha ou varias modalidades dos premios, para o que é imprescindible enviar unha proposta de solicitude diferente e completa, con toda a documentación requirida, para cada categoría presentada.
5. As persoas físicas ou xurídicas que en edicións anteriores resultaron gañadoras nalgunhas das modalidades destes premios non poderán optar a eles na mesma modalidade en que xa foron premiados.
6. Aínda cumpridos os requisitos recollidos na convocatoria, non poderán obter a condición de beneficiarias as candidaturas en que concorran algunhas das causas de exclusión recollidas na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; no artigo 13 da Lei 38/ 2003, do 17 de novembro xeral de subvencións, nas súas normas de desenvolvemento, ou en calquera das epígrafes da presente convocatoria.
Forma e lugar de presentación das propostas de candidaturas.
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Documentación complementaria.
1. O formulario de solicitude (anexo I) consta dunha proposta de candidatura, en que se indicará o premio a que se presenta a dita candidatura, de entre as seis posibles descritas no artigo 3 desta resolución. Xunto coa proposta de candidatura, achegarase a seguinte documentación complementaria para cada unha das categorías dos premios:
i. Resumo executivo da memoria descritiva dos méritos da persoa e/ou empresa candidata requirida na epígrafe ii seguinte, dunha extensión máxima recomendable de dúas páxinas.
ii. Memoria descritiva dos méritos da persoa e/ou empresa candidata (segundo a categoría obxecto da proposta de candidatura).
No proceso de avaliación, o xurado destes premios terán en conta a información detallada nesta memoria descritiva segundo os criterios de valoración descritos no artigo 11 criterios de avaliación da convocatoria.
A memoria terá unha extensión máxima de 15 páxinas, cun tamaño de letra non inferior a 11 puntos e entreliñado sinxelo.
A valoración das candidaturas realizarase con base nos seguintes criterios xerais para os Premios Galicia de Innovación e subcriterios para cada unha das categorías:
No relativo ás candidaturas ao Premio Galego de Innovación categoría «Traxectoria Innovadora» e ás dos Premios Galicia de Deseño na totalidade das súas categorías, deberán presentar tamén a seguinte documentación:
Premio Galego de Innovación categoría «Traxectoria Innovadora».
– Deberá incluír un informe curricular dunha extensión máxima recomendable de dúas páxinas.
– Avais á persoa candidata. Exixirase a documentación que acredite o apoio á persoa candidata de polo menos dúas entidades ou persoas de recoñecido prestixio no ámbito da innovación.
– Acreditación de estar desenvolvendo unha actividade profesional mediante a alta no imposto de actividades económicas ou outras obrigas fiscais que devindican do mero exercicio de actividade profesional, económica ou artística. A dita acreditación comprobarase automaticamente segundo o descrito no artigo 8 «Comprobación de datos». No caso de que o interesado se opoña á súa comprobación, terá que incluíla na documentación que vaia presentar.
Premio Galego de Deseño categoría «Profesionais».
– Deberá incluír un informe curricular dunha extensión máxima recomendable de dúas páxinas.
– Documentación gráfica. Documento adicional de 15 páxinas mediante o que se achegará a documentación gráfica dos traballos, produtos e/ou servizos da persoas ou empresas candidatas.
– Avais á persoa candidata. Exixirase a documentación que acredite o apoio á persoa candidata de polo menos dúas entidades ou persoas de recoñecido prestixio no ámbito do deseño.
– Acreditación de estar desenvolvendo unha actividade profesional mediante a alta no imposto de actividades económicas ou outras obrigacións fiscais que devindican do mero exercicio de actividade profesional, económica ou artística. A dita acreditación comprobarase automaticamente segundo o descrito no artigo 8 «Comprobación de datos». No caso de que o interesado se opoña á súa comprobación, terá que incluíla na documentación que vaia presentar.
Premio Galego de Deseño categoría «Empresas».
– Documentación gráfica. Documento adicional de 15 páxinas mediante o que se achegará a documentación gráfica dos traballos, produtos e/ou servizos da entidade candidata.
Premio Galego de Deseño categoría «Mozos/as deseñadores/as».
– Documentación gráfica. Documento adicional de 15 páxinas mediante o que se achegará a documentación gráfica dos traballos, produtos e/ou servizos da persoa candidata.
– Deberá incluír un informe curricular dunha extensión máxima recomendable de dúas páxinas.
– Avais á persoa candidata. Exixirase a documentación que acredite o apoio á persoa candidata de polo menos dúas entidades ou persoas de recoñecido prestixio no ámbito do deseño.
– Acreditación de estar desenvolvendo unha actividade profesional mediante a alta no imposto de actividades económicas ou outras obrigacións fiscais que devindican do mero exercicio de actividade profesional, económica ou artística. A dita acreditación comprobarase automaticamente segundo o descrito no artigo 8 «Comprobación de datos». No caso de que o interesado se opoña a súa comprobación, terá que incluíla na documentación que vaia presentar.
2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. As persoas e entidades interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada. Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.
4. No caso de que algún dos documentos que se vaian presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Trámites administrativos posteriores á presentación da solicitude.
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Comprobación de datos.
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas agás que as persoas e/ou empresas interesadas se opoñan á súa consulta:
a) Certificado de estar ao día nas obrigas tributarias coa Axencia Estatal da Administración Tributaria.
b) Certificado de estar ao día no pagamento coa Axencia Tributaria de Galicia.
c) Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.
d) DNI ou NIE da persoa solicitante.
e) DNI ou NIE da persoa representante.
f) NIF da entidade solicitante.
g) Imposto de actividades económicas (IAE).
2. No caso de que as persoas e empresas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos. Cando así o exixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos datos citados, poderase solicitar ás persoas e entidades interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
- Fase de solicitude
- Solicitude (Anexo I)
Prazo de resolución:
Cinco meses
Sentido do silencio:
Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Resolución do 28 de xuño de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras da II edición dos Premios Galicia de Innovación e Deseño e se convocan para o ano 2021 (DOG nº 132 do 13 de xullo de 2021).
-
Extracto da Resolución do 28 de xuño de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras da II edición dos Premios Galicia de Innovación e Deseño e se convocan para o ano 2021 (DOG nº 132 do 13 de xullo de 2021).
-
Resolución do 24 de xaneiro de 2022 pola que se adxudican os II Premios Galicia de Innovación e Deseño, correspondentes á convocatoria do ano 2021 (DOG nº 57 do 23 de marzo de 2022).
-
Outros procedementos relacionados
Rexistro de posta en servizo de guindastre torre para obras ou outras aplicacións.
Aberto todo o ano
Inscrición no rexistro dos centros de cría, subministradores e usuarios de animais de experimentación.
Aberto todo o ano
Inscrición no rexistro de plans de autoprotección da Comunidade Autónoma de Galicia.
Aberto todo o ano
Inscrición de laboratorios que realicen ensaios de control de produtos alimenticios relacionados co consumo humano.
Aberto todo o ano