Guía de procedementos e servizos

ED504E

Axudas a centros privados concertados para a contratación de auxiliares de conversa para mellorar a competencia lingüística do alumnado en linguas extranxeiras.

Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais

Convocatoria 2021 - Prazo pechado: 15/01/2021 00:00 - 15/02/2021 23:59

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Sobre o procedemento

O obxecto desta orde é regular o procedemento de solicitude e concesión de axudas, en réxime de concorrencia competitiva, a centros privados concertados de educación primaria e/ou de educación secundaria para a contratación de auxiliares de conversa coa finalidade de mellorar a competencia lingüística do alumnado en linguas estranxeiras.

Esta convocatoria, para os efectos da súa identificación e acceso polas persoas interesadas, na sede electrónica da Xunta de Galicia, aos formularios de inicio, denomínase «Axudas a centros privados concertados para a contratación de auxiliares de conversa para mellorar a competencia lingüística do alumnado en linguas estranxeiras».

Finalidade das axudas.

As axudas reguladas nesta orde poderán utilizarse para:

1. A contratación de auxiliares de conversa que realizarán funcións de apoio á docencia da lingua estranxeira no centro docente.

2. A adquisición de material específico que sexa necesario para o desenvolvemento das clases de conversa, de carácter ordinario e non inventariable. Para a adquisición de material non poderá superarse o 10 % da axuda concedida.

Centros privados concertados de educación primaria e/ou de educación secundaria.

Xunta de Galicia

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos

Servizo de Programas de Formación

San Caetano, s/n

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981546504

Fax: 981546550

Email: centrosplurilingues@edu.xunta.es

http://www.edu.xunta.es/web

Dirección Xeral de Formación Profesional
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: PECHADO

15/01/2021 00:00 - 15/02/2021 23:59

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes do vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último do mes.

Os centros privados concertados que desexen optar a estas axudas deberán cumprir os seguintes requisitos:

1. Ter en funcionamento seccións bilingües ou ser centros plurilingües.

2. Dispoñer dunha persoa auxiliar de conversa que teña como lingua materna a lingua vehicular estranxeira que se imparte na aula e que posúa unha diplomatura, licenciatura, unha titulación de grao ou equivalentes. Tamén poderán desenvolver esta función os estudantes que, tendo como lingua materna a lingua vehicular estranxeira que se imparte na aula, estean a cursar o último curso académico dos seus estudos universitarios de grao ou equivalentes.

3. Formalizar un contrato coa persoa auxiliar de conversa, cunha duración non inferior a sete meses, de natureza laboral ou mercantil. No caso de persoas que desenvolvan esta función no marco de programas de formación vinculados a acordos con entidades ou organismos públicos e privados dos amparados polo Real decreto 1493/2011, do 24 de outubro, polo que se regulan os termos e condicións de inclusión no réxime xeral da Seguridade Social das persoas que participan en programas de formación, en desenvolvemento do previsto na disposición adicional terceira da Lei 27/2011, do 1 de agosto, sobre actualización, adecuación e modernización do sistema da Seguridade Social, deberán acreditar a existencia do acordo en que se encadra a actuación da persoa auxiliar e os termos do desenvolvemento das prácticas. Do mesmo xeito, aquelas persoas auxiliares que accedan cun visado de estudos deberán cumprir co artigo 38 do Real decreto 557/2011, do 20 de abril, polo que se aproba o Regulamento da Lei orgánica 4/2000, sobre dereitos e liberdades dos estranxeiros en España e a súa integración social, tras a súa reforma pola Lei orgánica 2/2009. Igualmente, será preciso que todas as persoas auxiliares de conversa e os centros educativos cumpran coa lexislación vixente.

4. Non poderán ter a condición de beneficiarios das axudas previstas nesta orde os centros privados concertados en que se dea algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 e 3 da Lei 9/2007, do 13 xuño, de subvencións de Galicia.

Para os efectos de simplificación da acreditación do cumprimento de obrigas coa consellería competente en materia de Facenda da Xunta de Galicia, coa Axencia Estatal de Administración Tributaria e coa Tesouraría Xeral da Seguridade Social, a entidade beneficiaria presentará a declaración responsable prevista no artigo 11 do Regulamento da citada Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, recollida no anexo I e II.

Forma de presentación.

As solicitudes presentaranse por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 ( https://sede.xunta.gal/chave365).

Documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento.

1. Os centros docentes deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación: un proxecto no que conste, como mínimo, a seguinte información:

a) Razóns que motivan a contratación.

b) Actividade/s que desenvolverán as persoas auxiliares de conversa.

c) Número de alumnos e alumnas, por curso e nivel educativo, que serán atendidos polas persoas auxiliares de conversa.

d) Datas de inicio e finalización do contrato da persoa auxiliar de conversa ou das prácticas no caso de programas de formación. En todo caso, o período de inicio e finalización estará comprendido entre o 1 de setembro de 2020 e o 30 de xuño de 2021.

e) Horario semanal da persoa auxiliar no centro docente.

2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes.

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Despois de presentar

Prazo de resolución:

Tres meses

Sentido do silencio:

Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 15 de decembro de 2020 pola que se regula o réxime de axudas a centros privados concertados para a contratación de auxiliares de conversa coa finalidade de mellorar a competencia lingüística do alumnado en linguas estranxeiras (DOG nº 8 do 14 de xaneiro de 2021).

    • Extracto da Orde do 15 de decembro de 2020 pola que se regula o réxime de axudas a centros privados concertados para a contratación de auxiliares de conversa coa finalidade de mellorar a competencia lingüística do alumnado en linguas estranxeiras (DOG nº 8 do 14 de xaneiro de 2021).

    • Resolución do 21 de maio de 2021 pola que se resolve a convocatoria de axudas a centros privados concertados para a contratación de auxiliares de conversa coa finalidade de mellorar a competencia lingüística do alumnado en linguas estranxeiras (DOG nº 101 do 1 de xuño de 2021).

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

ED301A

Autorización de centros privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

ED301B

Modificación de autorización de centros privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

ED301C

Autorización de centros privados para impartir ensinanzas artísticas.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

ED301D

Modificación de autorización de centros privados para impartir ensinanzas artísticas.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano