Orientámolo/a, paso a paso, para presentar unha solicitude no rexistro electrónico
CT302B - Subvencions para o fomento das artes escénicas e musicais nos concellos da Comunidade Autónoma de Galicia con motivo do Xacobeo 21
1. Esta resolución, no desenvolvemento das funcións e obxectivos encomendados e previstos na Lei 4/2008, do 23 de maio, de creación da Axencia Galega das Industrias Culturais, e dentro das súas competencias, ten por obxecto o establecemento das bases reguladoras das subvencións destinadas a cofinanciar programacións culturais realizadas por entidades locais co motivo do Xacobeo 21-22, para contribuír á promoción das artes escénicas e musicais, e proceder á súa convocatoria para o ano 2021 (código de procedemento CT302B).
2. Estas axudas teñen como finalidade o fomento das artes escénicas e musicais de carácter profesional, en particular de teatro, música, danza, novo circo e maxia, nos concellos de Galicia, sendo subvencionable unha porcentaxe das contratacións que integrarán as programacións e que serán desenvolvidas nas datas comprendidas entre o 15 de xullo ao 30 de setembro de 2021.
3. As programacións incluídas nesta convocatoria deberán incluír como mínimo tres contratacións e conter un mínimo de dúas das disciplinas de teatro, danza, música, novo circo ou maxia que deberán ter un orzamento superior a 7.500 euros nos concellos de menos de 20.000 habitantes e de 10.000 euros nos concellos de máis de 20.000 habitantes.
Gastos subvencionables .
1. Considéranse gastos subvencionables aqueles que de maneira indubidable correspondan aos cachés das compañías/grupos que configuran a programación.
2. O gasto considerarase realizado, con carácter xeral, cando se contabilice o recoñecemento da obriga por parte do órgano competente da entidade local, con anterioridade á finalización do período de xustificación determinado nestas bases.
As entidades locais beneficiarias deberán acreditar documentalmente a efectividade dos pagamentos realizados no prazo máximo de sesenta días naturais contados a partir da data de ingreso na conta bancaria da entidade local beneficiaria do aboamento da subvención, de conformidade co establecido no artigo 3 do Decreto 193/2011, do 6 outubro, polo que se regula as especialidades de subvencións ás entidades locais galegas.
3. Non obstante, no suposto de realizarse pagamentos anticipados como financiamento necesario para poder levar a cabo as actuacións subvencionadas, considerase gasto realizado o que fose efectivamente pagado pola entidade local beneficiaria con anterioridade á finalización do período de xustificación determinado na presente convocatoria.
4. Non serán gastos subvencionables:
Os gastos derivados de calquera tipo de taxa, tributo ou imposto, agás o imposto sobre o valor engadido non recuperable.
Os gastos de xuros debedores en contas bancarias, xuros, recargas e sancioóns administrativas e penais, e os gastos dos procedmentos xudiciais.
5. As dúbidas ou controversias en relación coa subvencionalidade dos gastos será resolta pola Axencia Galega das Industrias Culturais por propia iniciativa ou por pedimento de calquera das entidades solicitantes.
1. Poderán ser beneficiarios destas axudas todos os concellos da Comunidade Autónoma de Galicia, que realicen unha programación cultural, que conteña polo menos tres actuacións, que contribúa á promoción de espectáculos de artes escénicas e musicais producidos por empresas con sede, domicilio social ou establecemento permanente na Comunidade Autónoma de Galicia.
2. As entidades locais galegas poderán presentar a súa solicitude individual ou conxuntamente como agrupación, asociación, mancomunidade, fusión ou outra fórmula similar. Nos supostos de mancomunidades, consorcios ou áreas metropolitanas, deberá acreditarse que o servizo se presta de xeito mancomunado, metropolitano ou consorciado e que, en todo caso, non supón unha actuación illada ou independente.
Obrigas das entidades beneficiarias .
As entidades beneficiarias deberán cumprir coas seguintes obrigas e quedarán suxeitas ás recollidas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e en concreto, estarán obrigadas a:
1. Cumprir o obxectivo e realizar o proxecto que fundamenta a concesión da subvención, xustificando nos prazos e forma establecidos o cumprimento dos requisitos, así como o cumprimento da finalidade da subvención e a realización do proxecto que fundamentou a concesión da subvención, destinando os fondos percibidos ao obxecto concreto para o cal foron concedidos e executando a totalidade das actuacións que fundamentan a resolución de concesión, sen prexuízo das modificacións autorizadas.
2. E, en particular, deberá cumprir coas seguintes obrigas:
a) Realizar a programación nos prazos establecidos pola Agadic, a través da páxina de xestión www.galescena.gal
As programacións deberán recoller un mínimo de tres actuacións e deberán conter un mínimo de dúas das cinco disciplinas ofertadas (teatro, circo, danza, música e maxia).
b) Contratar espectáculos de teatro, danza, novo circo, maxia e/ou concertos de música de calquera modalidade, producidos e distribuídos por empresas adicadas profesionalmente ás artes escénicas ou musicais con sede, domicilio social ou establecemento permanente na Comunidade Autónoma de Galicia, quedando excluídas as asociacións culturais.
c) Formalizar a contratación destas actividades mediante un contrato de actuación artística de conformidade coa lexislación contractual aplicable e vixente.
d) Aboar ás compañías ou grupos participantes na programación 100 % do caché ou/e importe estipulado no contrato.
e) Asumir os gastos derivados da organización puntual de cada actividade, da coordinación e xestión do ciclo de actuacións, así como dos gastos de difusión gráfica e oral, e o pagamento dos dereitos de autor á entidade xestora destes.
f) Remitir a información sobre públicos e recadación da billeteira en formato electrónico a través da páxina de Agadic: www.galescena.gal nun prazo non superior aos cinco días hábiles seguintes á celebración de cada actuación.
g) Comunicar, con antelación suficiente, a Agadic calquera modificación da programación, en particular, ao referente ás alteracións unilaterais do calendario de actuacións, dos horarios de celebración ou dos espazos en que se desenvolve a programación.
h) A utilizar en todo o material de difusión que realice a imaxe corporativa do Xacobeo 21-22 e a da Xunta de Galicia, seguindo as normas respectivas en materia de identidade corporativa, marcas que deben ser descargadas da web da Xunta de Galicia: https://www.xunta.gal/identidade-corporativa/marca-principal e https://www.xunta.gal/identidade-corporativa/xacobeo21-22 respectivamente, así como aqueles logotipos que estean en vigor no momento da concesión da subvención.
As entidades ao abeiro desta orde, sen prexuízo do cumprimento da totalidade da normativa aplicable, deberán reunir os seguintes requisitos:
1. Non poderán obter a condición de beneficiarias destas subvencións as entidades en que concorran algunha das circunstancias ou prohibicións indicadas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, así como nos puntos 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
En todo caso, as entidades solicitantes declararán non estar incursas en tales circunstancias, consonte o establecido nesta convocatoria (anexo I).
2. Para poder ser beneficiarios destas subvencións, os concellos deberán ter cumprido o deber de remisión ao Consello de Contas de Galicia das últimas contas xerais de cada exercicio orzamentario.
3. Ademais deberán cumprir os requisitos e condicións establecidos nesta convocatoria e na normativa xeral de subvencións na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.
Xunta de Galicia
Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC)
Cidade da Cultura. Monte Gaiás
15707 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC)
Resolución do 11 de xuño de 2021 pola que se establecen as bases de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para o fomento das artes escénicas e musicais nos concellos da Comunidade Autónoma de Galicia con motivo do Xacobeo 21-22: Cultura no Camiño, e se convocan para o ano 2021 (DOG nº 117 do 22 de xuño de 2021).
Extracto da Resolución do 11 de xuño de 2021 pola que se establecen as bases de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para o fomento das artes escénicas e musicais nos concellos da Comunidade Autónoma de Galicia con motivo do Xacobeo 21-22: Cultura no Camiño, e se convocan para o ano 2021 (DOG nº 117 do 22 de xuño de 2021).
Resolución do 15 de xullo de 2021 pola que se dá publicidade do esgotamento de crédito da Resolución Resolución do 11 de xuño de 2021 (Diario Oficial de Galicia número 117, do 22 de xuño) pola que se establecen as bases de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para o fomento das artes escénicas e musicais nos concellos da Comunidade Autónoma de Galicia con motivo do Xacobeo 21-22: Cultura no Camiño, e se convocan para o ano 2021 (DOG nº 140 do 23 de xullo de 2021).
Resolución do 24 de xaneiro de 2022 pola que se dá publicidade das axudas concedidas durante o ano 2021 (DOG nº 26 do 8 de febreiro de 2022).
Prazo de presentación: PECHADO
23/06/2021 00:00 - 22/07/2021 23:59
O prazo para a presentación das solicitudes será dun mes desde o día seguinte ao da publicación da correspondente convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e se no mes de vencemento non houbese día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.
Solicitudes .
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Documentación complementaria .
1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:
1.1. Documentación que acredite suficientemente a representación de quen asina a solicitude.
1.2. Acreditación do cumprimento do deber de remisión ao Consello de Contas das contas xerais do exercicio 2019.
1.3. Certificación emitida e asinada electronicamente polo secretario ou secretaria da entidade local solicitante, en que se faga constar o acordo do concello polo que se solicita a subvención, así como o compromiso de financiar o importe ou parte non subvencionable obxecto da actividade ata o importe total de execución.
De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos, que serán recadados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.
De forma excepcional, se non se puidesen obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.
2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.
Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.
4. No caso de que algún dos documentos que se vai presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede da Xunta de Galicia.
Comprobación de datos .
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
– DNI ou NIE da persoa representante.
– NIF da entidade solicitante
– Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias coa Axencia Estatal de Administración Tributaria.
– Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.
– Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas coa Comunidade Autónoma.
– Concesións de subvencións e axudas.
– Inhabilitacións para obter subvencións e axudas.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.
Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilita a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes .
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude, deberá ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Máis información
Localice o procedemento ou servizo na guía de procedementos e servizos, consulte a información do trámite e revise a documentación obrigatoria para presentar a solicitude que figura na pestana "Presentación" no apartado "Documentación para a presentación".
No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles modelos en formato PDF para aqueles documentos para os que se precisan. Se os necesita:
- Primeiro descargue no seu equipo os modelos PDF (asegúrese de que están descargados, non abertos no navegador).
- A continuación cubra os modelos. Se algunha táboa ten filas e non son suficientes pode engadilas nese documento descargado.
- Por último garde ou imprima en versión PDF un arquivo electrónico de cada modelo cuberto.
- Asine o documento, se así se require.
- Para finalizar anexe o modelo ou modelos en PDF na súa presentación.
No caso de que o procedemento non figure na guía, poderá empregar a solicitude xenérica.
Prema en "Tramitar en liña" para iniciar o trámite electrónico.
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Agora xa está dentro do seu espazo persoal "A miña sede".
Cubra o formulario e lembre que pode gardalo para recuperalo máis adiante desde o apartado "Os meus borradores" de "A miña sede".
Cando o teña cuberto, prema en "Continuar".
Anexe a documentación que queira presentar xunto co formulario. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Pode consultar como enviar ficheiros que non teñen o tamaño ou o formato aceptados por esta sede.
Asine o formulario e a documentación que quere entregar.
Pode facelo cun certificado electrónico empregando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá no seu móbil.
Descargue o xustificante da presentación.
Poderá tamén acceder a este documento desde o apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede".
Consulte como proceder cos documentos de gran tamaño e en distintos formatos
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Lembre que este servizo soamente estará disponible desde o espazo "A miña sede" da sede electrónica e naqueles procedementos que teñan habilitados trámites electrónicos posteriores á solicitude cando así o estableza a súa norma reguladora.
Prepare os arquivos electrónicos necesarios e comprobe que utiliza formatos compatibles coa sede: .bmp, .ce3, .cex, .csv, .cte, .dbf, .doc, .docx, .dwg, .dxfn, .gpx, .hexhash, .inp, .jpg, .kml, .kmz, .ods, .odt, .pd2, .pdf, .pdl, .png, .prj, .shp, .shx, .tgd, .tiff, .txt, .xls, .xlsx, .xml, .xsig, .mp4, .avi, .mov e .wmv
O tamaño máximo do conxunto de documentos achegados a unha presentación en esta sede é de 100 MB, e non se admiten arquivos comprimidos.
Comprobe o tamaño total do conxunto de documentos que precisa achegar:
- Se é inferior a 100 MB pode achegar todos os documentos á solicitude
- Se é superior a 100 MB separe os arquivos de máis de 100 MB, agrupe o resto en subconxuntos de documentos que non superen os 100 MB e proceda segundo os seguintes pasos
- Presente a solicitude achegando un subconxunto de documentos de menos de 100 MB.
- Repita o trámite de achega de documentación separada da solicitude para cada un dos subconxuntos restantes de documentos, seguindo estes pasos:
- Unha vez finalizada a presentación acceda ao apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede", seleccione o expediente da solicitude que acaba de realizar, pulse na opción "Accións" e seleccione "Achega de documentación separada da solicitude".
- Cubra o formulario e pulse en "continuar"
- Achegue o seguinte subconxunto de documentos
- Asine e complete a achega de documentación separada
- Repita este proceso para cada subconxunto de documentos de menos de 100 MB
Se algún arquivo supera individualmente os 100 MB:
- Proceda segundo se explica nos pasos anteriores para o resto de arquivos
- Descargue no seu equipo o modelo xenérico para a achega de documentación separada
- Cubra o modelo, indicando o expediente ou número de rexistro de entrada da solicitude electrónica realizada e a unidade responsable do procedemento
- Imprima o modelo e presénteo de forma presencial, xunto coa documentación en formato físico -CD, DVD, USB-, en calquera das oficinas de rexistro
Prazo de resolución:
Cinco meses
Sentido do silencio:
Negativo
Máis información
Consulte como responder a unha emenda de documentación
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos. Na pestana "Presentación", no apartado "Documentación para a presentación" figura o listado de documentos requiridos para a presentación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos. Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede". Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365. Busque o expediente relacionado co requirimento e seleccione no menú "Acción" da dereita a opción "Emenda ao requirimento".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Emenda ao requirimento" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a emenda utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario indicando os datos ou documentos achegados para a emenda.
Anexe os documentos que queira presentar. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a emenda.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da emenda.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Coñeza como achegar documentación xustificativa a un expediente en curso
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Na pestana "Despois da presentación", no apartado "Xustificación" figura o listado de documentos requiridos para a xustificación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos.
Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede".
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Busque o expediente para o que precisa achegar documentación xustificativa. No menú "Acción" que aparece á dereita seleccione a opción "Achega de documentación xustificativa".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Achega de documentación xustificativa" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a xustificación utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario.
Indique os documentos que achega para a xustificación.
Anexe os documentos que queira presentar para a xustificación. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a xustificación.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da xustificación.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Todos os seus expedientes, presentacións e borradores en "A miña sede"
Para xestionar os seus expedientes o primeiro que debe facer é acceder o seu espazo persoal premendo en "A miña sede" e, a continuación, identificarse empregando calquera dos certificados admitidos nesta sede ou Chave365.
Poderá ver na súa bandexa de entrada os seus últimos expedientes, presentacións e borradores.
Verá en pantalla información detallada de cada expediente ou presentación (número de expediente/rexistro, código e nome do procedemento etc.).
Se desexa ver todos os seus expedientes e presentacións, prema no botón "Ver todos/Buscar".
Ao acceder á pantalla de busca, pode buscar expedientes ou borradores por distintos criterios ou localizalos directamente se coñece o código de acceso.
Poderá realizar accións concretas sobre un expediente (achegar documentación adicional, mellorar unha solicitude, modificar os seus datos de notificación etc.) desde:
- A bandexa de entrada dos seus últimos expedientes, presentacións e borradores, premendo o botón "Acción" da columna "Que podo facer?"
- O detalle do expediente electrónico, premendo directamente nas accións dispoñibles da columna "Que podo facer?"
Outras convocatorias ou publicacións
Procedementos e servizos relacionados
Axudas ás Asociación de Amigos do Camiño de Santiago e outras entidades sen ánimo de lucro que teñan como finalidade a promoción do Camiño de Santiago e súa peregrinación
Subvencións do programa Cultura no Camiño.
Adhesión á marca "Fest Galicia" e a realización de contratos de patrocinio con entidades privadas para a realización de festivais de música profesionais.
Subvencións para o desenvolvemento de proxectos de programación musical na Rede galega de música ao vivo en salas privadas habilitadas legalmente para organizar espectáculos musicais.