Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
CT235A
Subvencións a Entidades Locais de Galicia para a dotación de novidades editoriais en galego en formato físico e para a mellora das coleccións bibliográficas, con destino ás bibliotecas e/ou axencias de lectura públicas municipais, integradas na rede de bibliotecas de Galicia
Procedemento dirixido a: Entidades locais
Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
1. Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras do procedemento de concesión de subvencións dirixidas ás bibliotecas e/ou axencias de lectura públicas de titularidade municipal, integradas na Rede de bibliotecas públicas de Galicia. Procedemento CT235A.
2. Nesta orde regúlanse os seguintes dous programas de subvencións:
Programa A .Subvencións para a dotación de novidades editoriais en galego en formato físico.
Programa B. Subvencións para a mellora das coleccións bibliográficas.
3. Así mesmo, ten por obxecto convocar as ditas subvencións para o ano 2021.
No desenvolvemento desta orde, observarase o disposto nas seguintes leis e disposicións:
a) Lei 5/2012, do 15 de xuño, de bibliotecas de Galicia.
b) Decreto 41/2001, do 1 de febreiro, de refundición da normativa en materia de bibliotecas.
c) Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
d) Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
e) Lei 17/2006, do 27 de decembro, do libro e da lectura de Galicia.
f) Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno da comunidade autónoma.
g) Decreto 193/2011, do 6 de outubro, polo que se regulan especialidades nas subvencións ás entidades locais galegas.
E, suplementariamente:
h) Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, reguladora dos requisitos de concesión e xustificación de subvencións concedidas na Administración do Estado. Nesta lei recóllense artigos de carácter básico que resultan de aplicación á normativa desta comunidade autónoma, e consecuentemente, a esta orde de convocatoria.
i) Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.
j) Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
k) Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico das administracións públicas.
1. Poderán ser beneficiarias desta subvención todas as entidades locais de Galicia que:
a) Sexan titulares de bibliotecas ou axencias de lectura pública integradas na Rede de bibliotecas públicas de Galicia.
b) Estean ao día no cumprimento das obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social e que non teñan pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma, segundo o establecido no artigo 10 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, e no artigo 11 do Decreto 11/2009, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia.
c) Teñan cumprido o establecido no artigo 4.1 do Decreto 193/2011, do 6 de outubro, polo que se regulan especialidades nas subvencións ás entidades locais galegas.
2. Tamén poderá ser beneficiaria destas axudas a agrupación de concellos para a prestación de servizos bibliotecarios comúns. A dita agrupación deberá estar debidamente acreditada e os concellos integrantes da agrupación deberán cumprir, individualmente, os requisitos establecidos na presente orde.
3. Non poderán ser beneficiarias destas axudas aquelas entidades locais que se atopen nalgún dos supostos previstos nos puntos 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Obrigas dos beneficiarios
1. As entidades locais beneficiarias destas axudas quedan suxeitas ás obrigas recollidas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
2. As entidades locais beneficiarias das subvencións quedarán obrigadas a destinar os fondos bibliográficos recibidos para a súa incorporación á súa colección bibliográfica e a súa posta a dispor das persoas usuarias das súas bibliotecas públicas e/ou axencias de lectura. A Consellería de Cultura, Educación e Universidade poderá comprobar, cando o considere conveniente, a correcta execución das axudas.
3. Tamén quedan obrigadas a facilitar toda a información que lles sexa requirida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas ou o Consello de Contas no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das axudas.
4. As entidades locais beneficiarias deberán dar cumprimento ás obrigas de publicidade que se establecen no artigo 18 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, modificado polo artigo 30 da Lei estatal 15/2014, do 16 de setembro, de racionalización do sector público e outras medidas de reforma administrativa.
5. Os fondos bibliográficos obxecto da presente convocatoria deberán cumprir a vixente normativa ortográfica e morfolóxica do idioma galego, fixada pola Real Academia Galega o 12 de xullo de 2003, tal e como se establece na disposición adicional da Lei 3/1983, do 15 de xuño, de normalización lingüística (DOG núm. 84, do 14 de xullo). Así mesmo, respectarán a toponimia oficial nos termos previstos no artigo 10 desta lei.
Xunta de Galicia
Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
Dirección Xeral de Cultura
Subdirección Xeral de Bibliotecas e do Libro
Servizo de Bibliotecas
Cidade da Cultura, Monte Gaiás, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 881999773
Fax: 981545065
Email: sxc-subdireccion-bibliotecas.cceou@xunta
Xunta de Galicia
Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
Dirección Xeral de Cultura
Subdirección Xeral de Bibliotecas e do Libro
Servizo do Libro e Publicacións
Cidade da Cultura. Monte Gaiás, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981545804/ 981544845
Email: servizo-libro-publicacions.cultura@xunta.gal
Prazo de presentación: PECHADO
23/01/2021 00:00 - 22/02/2021 23:59
As entidades locais que desexen acollerse ás subvencións reguladas nesta orde deberán presentar a solicitude coa indicación do programa ou programas no que desexan participar, segundo o modelo anexo I, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes. En todo caso, sempre estarán excluídos do cómputo os sábados, os domingos e os declarados festivos
Requisitos de participación
1. As bibliotecas ou axencias de lectura pública municipais receptoras dos fondos bibliográficos deberán cumprir os seguintes requisitos:
a) Estar integradas na Rede de bibliotecas públicas de Galicia (capítulo V do Decreto 41/2001, do 1 de febreiro, de refundición da normativa en materia de bibliotecas) antes da data de finalización do prazo de presentación de solicitudes de subvención reguladas nesta orde.
b) Ter un horario de apertura ao público dun mínimo de 15 horas semanais.
c) Ter cuberta a estatística de bibliotecas do ano 2019 e remitida ao Servizo do Sistema de Bibliotecas, agás as bibliotecas e/ou axencias de lectura públicas integradas na Rede de bibliotecas públicas de Galicia durante o ano 2020, aquelas que comunicaran a reactivación do servizo bibliotecario, así como as bibliotecas que se dotaron pola vía non automatizada do novo sistema de xestión bibliotecaria no dito ano.
d) Ter informatizada a xestión da biblioteca ou da axencia de lectura.
e) Ter remitido ao Consello de Contas de Galicia a conta xeral do exercicio 2019.
f) Ademais dos anteriores requisitos, as entidades locais que soliciten o Programa B «subvencións para a mellora das coleccións bibliográficas» deberán ter realizado durante o ano 2020, un investimento na adquisición de fondos bibliográficos con destino á/s biblioteca/s ou axencia/s de lectura pública municipais, con cargo aos orzamentos do concello. Este investimento deberá ser igual ou superior ao 20 % da cantidade máxima que se pode conceder segundo o establecido no artigo 37 desta orde. Este requisito non será exixible ás bibliotecas e/ou axencias de lectura públicas integradas na Rede de bibliotecas públicas de Galicia durante o ano 2020, aquelas que comunicaran a reactivación do servizo bibliotecario, así como aquelas que se dotaron pola vía non automatizada do novo sistema de xestión bibliotecaria durante o 2020.
2. Quedan excluída deste investimento a adquisición de fondos bibliográficos con destino á biblioteca ou axencia de lectura pública municipal realizada cos fondos procedentes doutras axudas ou subvención públicas.
Solicitude
- A solicitude irá dirixida á Secretaría Xeral de Cultura da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.
- A presentación das solicitudes realizarase obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).
- De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela na que fose realizada a emenda.
- Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento
1. Coa solicitude deberá achegarse a seguinte documentación, que só se presentará unha soa vez, aínda que se soliciten os dous programas de subvencións:
a) Copia do certificado da remisión ao Consello de Contas de Galicia da conta xeral do exercicio 2019.
b) Ademais,da anterior documentación, as entidades locais que soliciten o Programa B «subvencións para a mellora das coleccións bibliográficas», presentarán un certificado expedido polo/a secretario/a ou o/a interventor/a do gasto realizado con fondos propios da entidade local, na adquisición de fondos bibliográficos durante o ano 2020.
Forma de presentación da documentación complementaria
1. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente a través da sede electrónica da Xunta de Galicia. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. As copias dos documentos gozarán da mesma validez e eficacia que os seus orixinais, sempre que exista constancia de que sexan auténticas. Excepcionalmente, a Secretaría Xeral de Cultura poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.
2. Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela na que fose realizada a emenda.
3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se dispón del.
4. No caso de que algún dos documentos que se vaia presentar de forma electrónica superase os tamaños máximos establecidos ou tivese un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no paragrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Comprobación de datos
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:
Certificacións da AEAT, da Tesourería Xeral da Seguridade Social e da consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia, acreditativas do cumprimento das obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social, e de non ter pendente ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma, referido ás entidades locais.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a estas consultas, deberán indicalo nos correspondentes cadros habilitados para tal efecto na solicitude e, ao mesmo tempo, achegar os documentos oportunos.
3. Cando asi o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
4. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores á presentación das solicitudes
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
- Fase de solicitude
- Solicitude (Anexo I)
Prazo de resolución:
Cinco meses
Sentido do silencio:
Negativo
- Fase de xustificación
- Relación clasificada dos gastos do programa A. Subvencións para a dotación de novidades editoriais en galego en formato físico (Anexo IV)
- Declaración responsable de atoparse ao día no cumprimento de obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento ningunha débeda coa administración pública da comunidade autónoma (Anexo III)
- Relación clasificada dos gastos do programa B. Subvencións para a mellora das coleccións bibliográficas (Anexo VI)
- Certificado da persoa que exerce as funcións de secretaría ou secretaría/intervención (Anexo VII)
- Declaración das axudas solicitadas ou concedidas para os proxectos e conceptos para os que se solicita esta subvención (Anexo II)
- Certificado da persoa que exerce as funcións de secretaría ou secretaría/intervención (Anexo V)
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 23 de decembro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas a entidades locais de Galicia titulares de bibliotecas e/ou axencias de lectura públicas, integradas na Rede de bibliotecas públicas de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2021 (DOG nº 14 do 22 de xaneiro de 2021).
-
Extracto da Orde do 23 de decembro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas a entidades locais de Galicia titulares de bibliotecas e/ou axencias de lectura públicas, integradas na Rede de bibliotecas públicas de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2021 (DOG nº 14 do 22 de xaneiro de 2021).
-
Resolución do 22 de abril de 2021, da Secretaría Xeral de Cultura, pola que se dá publicidade das axudas concedidas ao abeiro da Orde do 23 de decembro de 2020 (Diario Oficial de Galicia número 14, do 22 de xaneiro de 2021) pola que se establecen as bases reguladoras das axudas a entidades locais de Galicia titulares de bibliotecas e/ou axencias de lectura públicas, integradas na Rede de bibliotecas públicas de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2021 (DOG nº 81 do 30 de abril de 2021).
-
Outros procedementos relacionados
Rexistro de Bibliotecas de Galicia.
Aberto todo o ano
Integración na Rede de Bibliotecas de Galicia.
Aberto todo o ano
Creación de novos servizos de lectura.
Aberto todo o ano
Autorización de ocupación de dominio público portuario competencia da Comunidade Autónoma de Galicia con destino á realización de espectáculos públicos e actividades recreativas.
Aberto todo o ano