Guía de procedementos e servizos

AP100A

Integración como persoal laboral fixo da Xunta de Galicia.

Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais

Convocatoria 2021 - Prazo pechado: 13/04/2021 00:00 - 13/05/2021 23:59

Consellería de Facenda e Administración Pública

Sobre o procedemento

A presente orde ten por obxecto regular o procedemento de integración como persoal laboral fixo da Xunta de Galicia (código de procedemento AP100A) do persoal laboral fixo da Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galicia procedente do suprimido Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable.

Poderá exercer a opción para se integrar como persoal laboral da Xunta de Galicia o persoal laboral da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia procedente do Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable.

Xunta de Galicia

Consellería de Facenda e Administración Pública

Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal

Subdirección Xeral de Réxime Xurídico e Relacións Laborais

San Caetano, s/n

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981545230

Fax: 981545229

Secretaría Xeral Técnica e do Tesouro
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: PECHADO

13/04/2021 00:00 - 13/05/2021 23:59

Segundo a Orde do 28 de abril de 2021 (DOG nº 81 do 30 de abril de 2021), amplíase o prazo para presentar solicitudes para a integración como persoal laboral da Xunta de Galicia do persoal laboral fixo da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia procedente do suprimido Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable ata o 13 de maio de 2021.

a) Ter formalizado un contrato laboral fixo coa entidade de procedencia, subscrito despois de ter pasado un proceso de selección realizado baixo os principios constitucionais de publicidade, mérito e capacidade, de conformidade co previsto na normativa vixente no momento da súa incorporación.

b) Ter a titulación establecida no anexo I e cumprir os demais requisitos exixidos para o acceso ao grupo e á categoría de homologación do Convenio colectivo único da Xunta de Galicia.

c) Estar en situación de servizo activo ou en situación que orixine dereito á reserva de praza ou posto.

Non poderá exercer a opción para se integrar como persoal laboral fixo da Xunta de Galicia o persoal que estivera vinculado ao Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable por un contrato de alta dirección ou mediante unha relación laboral de carácter temporal ou indefinida non fixa. Igualmente, tampouco poderá exercer o dereito de opción o persoal de carácter eventual ou alto cargo que non tivese a condición de persoal laboral fixo da mencionada entidad

Solicitude.

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos, a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal. De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda. Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes.

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar logo da presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Comprobación de datos.

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) Contrato de traballo que acredite a condición de persoal fixo no Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable.

b) Títulos oficiais universitarios.

c) Títulos oficiais non universitarios.

d) Retribucións percibidas durante o ano anterior á da data de publicación da presente orde, detallada por conceptos e mensualidades.

e) Resolución de concesión da situación administrativa do solicitante que se atope nunha situación distinta da de servizo activo.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegaren os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Despois de presentar

Prazo de resolución:

Tres meses

Sentido do silencio:

Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Decreto 129/2012, do 31 de maio, polo que se regula o réxime aplicable a persoal das entidades instrumentais integrantes do sector público autonómico de Galicia que sexan obxecto de creación, adaptación ou extinción (DOG nº 112 do 13 de xuño de 2012).

    • Corrección de erros. Decreto 129/2012, do 31 de maio, polo que se regula o réxime aplicable a persoal das entidades instrumentais integrantes do sector público autonómico de Galicia que sexan obxecto de creación, adaptación ou extinción (DOG nº 115 do 18 de xuño de 2012).

    • Orde do 5 de abril de 2021 pola que se regula o procedemento de integración como persoal laboral da Xunta de Galicia do persoal laboral fixo da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia procedente do suprimido Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable (DOG nº 67 do 12 de abril de 2021).

    • Orde do 28 de abril de 2021 pola que se amplía o prazo de presentación de solicitudes no procedemento de integración como persoal laboral fixo da Xunta de Galicia (código de procedemento AP100A) do persoal laboral fixo da Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galicia procedente do suprimido Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable, convocado mediante Orde da Consellería de Facenda e Administración Pública do 5 de abril de 2021 (Diario Oficial de Galicia número 67, do 12 de abril) (DOG nº 81 do 30 de abril de 2021).

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

TR803B

Desprazamento de persoas traballadoras no marco dunha prestacion de servizos transnacional.

Aberto todo o ano

AP202A

Intregración como persoal laboral fixo da Xunta de Galicia.

Tramitar en liña

Prazo pechado: 20/02/2023 00:00 - 10/03/2023 23:59

AP505A

Participación nos procesos de funcionarización dende a situación de excedencia voluntaria ou excedencia voluntaria por incompatibilidade ou por prestación de servizos noutra Administración Pública.

Tramitar en liña

Prazo pechado: 30/12/2023 00:00 - 01/04/2024 23:59

AP522U

Inclusión nas listas para a cobertura temporal de postos reservados a persoal funcionario de integrantes das listas de categorías profesionais equivalentes.

Prazo pechado: 19/10/2021 00:00 - 18/11/2021 23:59