Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
TR301P
Accións formativas con compromiso de contratación dirixidas prioritariamente ás persoas traballadoras desempregadas.
Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Esta orde ten por obxecto proceder á segunda convocatoria de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva e no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, para o financiamento das accións formativas para o emprego con compromiso de contratación en unidades formativas nas empresas e da actividade laboral asociada, dirixidas ás persoas traballadoras desempregadas, a través do Programa de financiamento de accións formativas con compromiso de contratación inmediata.
Programa de financiamento de accións formativas con compromiso de contratación inmediata (TR301P).
As bases reguladoras desta convocatoria son as que constan na devandita Orde do 13 de agosto de 2019 para o período 2019-2021, coas especificacións que se establecen nesta orde.
1. Poderán ser entidades beneficiarias as empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, e as agrupacións temporais de empresas que presenten solicitude conxunta, mediante un convenio que acredite a correspondente agrupación.
No caso das agrupacións temporais de empresa que presenten solicitude conxunta, deberán facerse constar expresamente, tanto na solicitude coma na resolución de concesión, os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación, o período de vixencia da agrupación que como mínimo deberá ser o do tempo de duración da acción ou accións formativas, así como o importe de subvención que se vai aplicar para cada un deles, que terán igualmente a consideración de persoas beneficiarias. En calquera caso, deberán nomear unha persoa representante ou apoderada única da agrupación, con poderes bastantes para cumprir as obrigas que, como beneficiaria, lle correspondan á agrupación. Cada empresa que forme parte desta agrupación temporal deberá reunir os requisitos exixidos para acceder ás axudas.
Calquera modificación dos compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación deberá ser comunicada á Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral para a súa autorización. Os ditos cambios non poderán en ningún caso minorar o compromiso de contratación adquirido pola agrupación.
2. De conformidade co artigo 28.1 do Real decreto 694/2017, do 3 de xullo, polo que se desenvolve a Lei 30/2015, do 9 de setembro, pola que se regula o Sistema de formación profesional para o emprego no ámbito laboral, poderán ser beneficiarias as empresas que sexan entidades de formación acreditadas e/ou inscritas, pola administración pública competente, para impartir formación profesional para o emprego no ámbito laboral en Galicia, caso en que poderán asumir o compromiso de contratación mediante acordos ou convenios con outras empresas que efectuarán a contratación laboral. Nestes supostos, será a entidade de formación beneficiaria a que asuma a responsabilidade da execución da actividade formativa subvencionada e do cumprimento do compromiso de contratación.
3. Non poderán ser entidades beneficiarias destas axudas as administracións públicas, as sociedades públicas, nin as entidades vinculadas ou dependentes de calquera delas.
4. Non poderán obter a condición de entidade beneficiaria das subvencións establecidas nesta orde as persoas ou entidades en que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 6.7 da Orde TMS/368/2019, do 28 de marzo.
A xustificación polas entidades solicitantes de non estar incursas en ningunha das anteditas circunstancias realizarase mediante unha declaración responsable que deberá incluír no modelo de solicitude que se contén como anexo de cada convocatoria, cuxo contido deberá respectar o que establece o artigo 69 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
A presentación dunha declaración responsable que falsee as condicións requiridas para a concesión da subvención ou oculte as circunstancias que a impedisen ou limitasen poderá ter a consideración dunha infracción moi grave nos termos do artigo 56 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, coas posibles consecuencias sancionadoras que se recollen na dita norma e no texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.
5. Non poderán obter a condición de entidade beneficiaria as persoas solicitantes que estean excluídas do acceso aos beneficios derivados da aplicación dos programas de emprego, conforme o establecido no artigo 46 e 46 bis do texto refundido da Lei de infraccións e sancións na orde social, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto
Son obrigas das entidades beneficiarias das axudas (artigo 12):
a) Someterse ás actuacións de comprobación que efectuará a Consellería de Economía, Emprego e Industria, así como a calquera outra actuación de control que poidan realizar os órganos competentes, tanto autonómicos coma estatais ou comunitarios, para o cal se achegará canta información lles sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.
b) Comunicarlle ao órgano concedente calquera modificación das condicións tidas en conta para a concesión da subvención, así como dos compromisos e obrigas asumidos polas entidades beneficiarias e, de ser o caso, a obtención concorrente de subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas. Esta comunicación deberá efectuarse tan pronto como se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos, tal e como establece o artigo 11.d) da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia.
c) Estar ao día das súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e coa Seguridade Social, así como non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma, con anterioridade a ditarse a proposta de resolución de concesión e realizar a proposta de pagamento da subvención.
d) Dispor de libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos debidamente auditados nos termos exixidos pola lexislación mercantil e sectorial aplicable á entidade beneficiaria en cada caso, coa identificación en conta separada ou epígrafe específica da súa contabilidade de todos os ingresos e gastos de execución das accións formativas, coa referencia común en todos eles á formación para o emprego.
e) Manter un sistema de contabilidade separada ou unha codificación contable adecuada de todas as transaccións realizadas con cargo aos proxectos subvencionados ao abeiro desta orde de convocatoria, referidos a operacións da afectación da subvención á finalidade da súa concesión. Así, xunto coa documentación xustificativa, a entidade beneficiaria deberá achegar os documentos bancarios onde aparezan claramente identificados os ingresos da subvención percibida no sistema da entidade beneficiaria, agás o da liquidación final que se remitirá no momento da súa recepción.
f) Conservar os documentos xustificativos da aplicación dos fondos recibidos por un prazo de 5 anos, incluídos os documentos electrónicos, en canto poidan ser obxecto das actuacións de comprobación e control.
g) Proceder ao reintegro dos fondos percibidos nos supostos previstos no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
h) Aqueloutras obrigas establecidas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia
Ademaís deberase ter en conta as obrigas de caracter xeral das entidades beneficiarias as establecidas no artigo 24 desta Orde.
Xunta de Galicia
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais
Dirección Xeral de Formación e Cualificación para o Emprego
Subdirección Xeral de Formación para o Emprego
Servizo de Planificación da Formación para o Emprego
Edificios Admvos. San Lázaro, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 881999124/ 981957585
Fax: 981544604
Prazo de presentación: PECHADO
24/12/2019 00:00 - 23/01/2020 23:59
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, que se contará desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo remata o último día do mes.
- Só poderán acudir a este procedemento aquelas empresas e entidades que cumpran os requisitos do artigo 4 desta orde e o resto da normativa aplicable, en concreto a normativa de subvencións e a que regula o sistema de formación profesional para o emprego no ámbito laboral.
- Ademais da acreditación dos requisitos formais exixidos para o compromiso de contratación inmediata nesta orde e no resto da normativa aplicable, o órgano competente da Consellería de Economía, Emprego e Industria poderá facer as indagacións e comprobacións necesarias e solicitar da entidade solicitante ou dos organismos públicos competentes a documentación que considere adecuada para garantir a viabilidade da acción formativa, en concreto o grao de cumprimento de contratación e mantemento do emprego en proxectos formativos impartidos anteriormente, de ser o caso, balances da empresa e documentación da Seguridade Social.
Forma de presentación das solicitudes
1. De conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e no artigo 10 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, para o Programa de financiamento de accións formativas con compromiso de contratación inmediata (código de procedemento TR301P), a presentación das solicitudes realizarase unicamente por medios electrónicos, a través do formulario electrónico normalizado dispoñible na aplicación SIFO accesible a través da sede electrónica da Xunta de Galicia no enderezo https://sede.xunta.gal ou no enderezo directo https://emprego.xunta.es/sifo-solicitudes.
Para presentar as solicitudes en ambos os procedementos (TR301P e TR349X) será necesario o documento nacional de identidade electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia.
Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que foi realizada a emenda.
2. A documentación complementaria, tanto a presentada na solicitude como noutras fases do procedemento e en ambos os procedementos, presentarase electronicamente, mediante a presentación do documento orixinal de se tratar dun documento dixital, ou da imaxe electrónica do documento orixinal, de se tratar dun documento en papel. Neste último caso, a imaxe electrónica adaptarase ao previsto do Real decreto 4/2010, do 8 de xaneiro, polo que se regula o Esquema nacional de interoperabilidade no ámbito da Administración electrónica, e na Resolución do 19 de xullo de 2011, da Secretaría de Estado para a Función Pública, pola que se aproba a Norma técnica de interoperabilidade de dixitalización de documentos. As imaxes electrónicas aplicarán os formatos establecidos para ficheiros de imaxe na Norma técnica de interoperabilidade do Catálogo de estándares; o nivel de resolución mínimo para imaxes electrónicas será de 200 píxeles por polgada, tanto para as imaxes obtidas en branco e negro, cor ou escala de grises; a imaxe electrónica será fiel ao documento de orixe (respectará a xeometría do documento de orixe en tamaños e proporcións, non conterá caracteres ou gráficos que non figurasen no documento de orixe e a súa xeración realizarase por un medio fotoeléctrico).
As imaxes electrónicas que acheguen as entidades interesadas ao procedemento administrativo terán eficacia, exclusivamente, no ámbito da actividade das administracións públicas.
As imaxes electrónicas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante ou representante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada, segundo o disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e no artigo 22.3 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para estes efectos, a entidade interesada deberá conservar o documento orixinal por un prazo de 5 anos desde a presentación da imaxe electrónica.
No caso de que algún dos documentos que vaia presentar a persoa solicitante de forma electrónica supere os tamaños límite establecidos pola sede electrónica, permitirase a súa presentación de forma presencial dentro dos prazos previstos. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia. Para iso, e xunto co documento que se presenta, a persoa interesada deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro.
Se a persoa solicitante desexa presentar calquera documentación en formatos non admitidos, poderá realizalo de forma presencial a través de calquera dos rexistros habilitados.
3. Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar durante a tramitación do procedemento TR301P deberán ser realizados electronicamente a través da aplicación informática SIFO, e a presentación de documentación derivada das notificacións practicadas pola Administración debe adecuarse ao disposto no artigo 9.3 da Orde do 13 de agosto de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para o período 2019-2021 (DOG núm. 169, do 6 de setembro de 2019).
Solicitude e documentación
1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude referida ao Programa de financiamento de accións formativas con compromiso de contratación inmediata (anexo I-A) a seguinte documentación:
a) Ficha do curso de formación profesional para o emprego (anexo I-B).
b) Documentación acreditativa da capacidade legal suficiente para asinar a solicitude, en nome e representación da entidade.
c) Documentación acreditativa da capacidade legal suficiente para asinar a solicitude, en nome e representación da agrupación, no caso de agrupacións temporais de empresas.
d) Compromiso de contratación do alumnado, asinado pola persoa ou persoas representantes da empresa ou empresas vinculadas inicialmente no proxecto presentado, no cal se detallen categorías profesionais e localidades en que serán obxecto de contratación laboral. Este compromiso, de conformidade co artigo 28.1 do Real decreto 694/2017, do 3 de xullo, deberano adquirir as empresas beneficiarias con respecto a si mesmas, salvo que se trate de entidades de formación, caso en que serán estas as que asumirán a responsabilidade do cumprimento do compromiso da contratación, así como da execución da actividade formativa subvencionada.
e) Cando as especialidades formativas que se solicitan correspondan a certificados de profesionalidade, as entidades deberán, ademais, achegar un convenio ou acordo coa empresa ou empresas en que realizarán o módulo de prácticas profesionais non laborais en empresas incluídas no certificado de profesionalidade, ou declaración de dispoñibilidade para que se fagan nas instalacións da solicitante. Nos termos do artigo 28.1 do Real decreto 694/2017, do 3 de xullo, se as empresas beneficiarias son entidades de formación, asumirán a responsabilidade, entre outras, do cumprimento deste convenio.
f) Para todas as especialidades, e salvo no caso de que a formación se desenvolva en centros xa inscritos para esa especialidade, relación detallada de dotacións e equipamentos, medios materiais que se van utilizar no seu desenvolvemento e unha descrición das aulas e talleres en que se indiquen metros cadrados e se xunten os planos oficiais das instalacións onde se imparta a formación que, nos casos de certificados de profesionalidade, deberán estar visados pola persoa técnica do colexio oficial competente.
g) Cando se soliciten especialidades formativas non vinculadas con certificados de profesionalidade ou itinerarios formativos que non estean incluídos no Catálogo de especialidades formativas do Servizo Público de Emprego Estatal a que se refire o artigo 20.3 da Lei 30/2015, do 9 de setembro, as entidades solicitantes deberán achegar a documentación que a seguir se relaciona, nos termos recollidos na Orde TMS/283/2019, do 12 de marzo, pola que se regula o Catálogo de especialidades formativas no marco do Sistema de formación profesional para o emprego no ámbito laboral.
Para estes efectos, e de acordo co establecido na disposición transitoria única da Orde TMS/283/2019, ata que o Servizo Público de Emprego Estatal habilite o sistema informático de xestión do Catálogo de especialidades formativas previsto nesta orde, e sexa posto ao dispor das comunidades autónomas, a actualización do citado catálogo e as correspondentes altas e baixas de especialidades continuaraas realizando o Servizo Público de Emprego Estatal, utilizando o procedemento establecido na Resolución do 12 de marzo de 2010, do Servizo Público de Emprego Estatal, pola que se establece o procedemento para a inclusión de novas especialidades no ficheiro de especialidades formativas. A adecuación do sistema informático poderase realizar de acordo co establecido nesta orde, no prazo de vinte e catro meses contados desde a súa entrada en vigor.
• Proposta de alta ou modificación da especialidade formativa, consonte o anexo 2 da Orde TMS/283/2019, de ser o caso.
• Proposta de alta do itinerario formativo, consonte o anexo 3 da Orde TMS/283/2019, de ser o caso.
• Proposta de reactivación da especialidade ou itinerario formativo, consonte o anexo 4 da Orde TMS/283/2019, de ser o caso.
• Programa formativo elaborado pola propia entidade consonte o anexo 5 da Orde TMS/283/2019 e, subsidiariamente, seguindo a maqueta que figura como anexo IV da referida Resolución do 12 de marzo de 2010.
• Informe motivado da necesidade de impartición da especialidade formativa solicitada.
Deberá ser remitido inescusablemente en soporte informático e virá redactado en lingua galega e castelá, para o seu posterior envío ao Servizo Público de Emprego Estatal.
Os programas deberán ser remitidos inescusablemente en soporte informático editable e virán redactados en lingua galega e castelá, para poder efectuar a correspondente xestión dos procesos de alta, modificación e reactivación, segundo proceda, da especialidade ou itinerario formativo, nos termos do artigo 6 da Orde TMS/283/2019.
As accións formativas obxecto de financiamento non poderán comezar con carácter previo á finalización favorable do proceso de alta, modificación ou reactivación que corresponda.
h) Importe da subvención económica solicitada en función do número de persoas alumnas para as cales se solicita o proxecto formativo.
i) Acreditación, de ser o caso, de dispor dun sistema ou modelo de calidade para a xestión/actividade da formación vixente na data límite de presentación de solicitudes e a súa data de vixencia.
j) Compromiso de colaboración na xestión de bolsas e axudas do alumnado.
k) No caso de solicitudes conxuntas de agrupacións temporais de empresas, deberá achegarse:
• Convenio entre as partes que fan a solicitude conxunta.
• Autorización para a comprobación de datos para pluralidade de solicitantes (anexo I-C).
• Documentación acreditativa da capacidade legal suficiente para asinar o convenio, en nome e representación da entidade, para cada unha das entidades que formen parte da agrupación.
Non será necesario achegar os documentos que xa foron presentados anteriormente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos. Presumirase que esta consulta é autorizada polas persoas interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.
Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa interesada a súa presentación ou, na súa falta, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.
2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.
Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que foi realizada a emenda.
3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
4. No caso de que algún dos documentos que se vai presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a súa presentación de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Comprobación de datos
1. Para tramitar este procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:
a) DNI/NIE da persoa representante.
b) NIF da entidade solicitante.
c) Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias coa AEAT.
d) Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.
e) Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias coa Atriga.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberano indicar no recadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Prazo de resolución: Tres meses
Sentido do silencio: Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 13 de agosto de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para o período 2019-2021 e se procede á primeira convocatoria das subvencións para o financiamento das accións formativas con compromiso de contratación en unidades formativas das empresas, para os exercicios 2019-2020 (código de procedemento TR301P), e se establecen as bases do Programa de incentivos á actividade laboral vinculada ás accións formativas con compromiso de contratación inmediata para os exercicios 2020-2021 (código de procedemento TR349X) (DOG nº 169 do 6 de setembro de 2019).
-
Extracto da Orde do 13 de agosto de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para o período 2019-2021 e se procede á primeira convocatoria das subvencións para o financiamento das accións formativas con compromiso de contratación en unidades formativas das empresas, para os exercicios 2019-2020 (código de procedemento TR301P), e se establecen as bases do Programa de incentivos á actividade laboral vinculada ás accións formativas con compromiso de contratación inmediata para os exercicios 2020-2021 (código de procedemento TR349X) (DOG nº 169 do 6 de setembro de 2019).
-
Corrección de erros. Orde do 13 de agosto de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para o período 2019-2021 e se procede á primeira convocatoria das subvencións para o financiamento das accións formativas con compromiso de contratación en unidades formativas das empresas, para os exercicios 2019-2020 (código de procedemento TR301P), e se establecen as bases do Programa de incentivos á actividade laboral vinculada ás accións formativas con compromiso de contratación inmediata para os exercicios 2020-2021 (código de procedemento TR349X) (DOG nº 182 do 25 de setembro de 2019).
-
Orde do 17 de decembro de 2019 pola que se procede á segunda convocatoria das subvencións para o financiamento das accións formativas con compromiso de contratación en unidades formativas das empresas para os exercicios 2020-2021 (código de procedemento TR301P) e á primeira convocatoria dos incentivos á contratación vinculados (código de procedemento TR349X) para o exercicio 2020 (DOG nº 243 do 23 de decembro de 2019).
-
Extracto da Orde do 17 de decembro de 2019 pola que se procede á segunda convocatoria das subvencións para o financiamento das accións formativas con compromiso de contratación en unidades formativas das empresas para os exercicios 2020-2021 (código de procedemento TR301P) e á primeira convocatoria dos incentivos á contratación vinculados (código de procedemento TR349X) para o exercicio 2020 (DOG nº 243 do 23 de decembro de 2019).
-
Orde do 9 de marzo de 2020 pola que se publica a primeira ampliación de crédito da Orde do 17 de decembro de 2019 pola que se procede á segunda convocatoria das subvencións para o financiamento das accións formativas con compromiso de contratación en unidades formativas das empresas para os exercicios 2020-2021 (código de procedemento TR301P) e á primeira convocatoria dos incentivos á contratación vinculados (código de procedemento TR349X) para o exercicio 2020 (DOG nº 52 do 16 de marzo de 2020).
-
Orde do 17 de abril de 2020 pola que se establecen medidas de flexibilidade para a impartición de accións formativas financiadas por esta consellería no ámbito da formación profesional para o emprego, ante a suspensión temporal das accións de formación presenciais como consecuencia da situación e evolución do coronavirus (COVID-19) (DOG nº 81 do 28 de abril de 2020).
-
Orde do 6 de maio de 2020 pola que se acorda a continuación de determinados procedementos relativos á concesión de subvencións indispensables para a protección do interese xeral ou para o funcionamento básico dos servizos públicos no ámbito desta consellería durante a vixencia do estado de alarma (DOG nº 90 do 11 de maio de 2020).
-
Corrección de erros. Orde do 6 de maio de 2020 pola que se acorda a continuación de determinados procedementos relativos á concesión de subvencións indispensables para a protección do interese xeral ou para o funcionamento básico dos servizos públicos desta consellería durante a vixencia do estado de alarma (DOG nº 96 do 19 de maio de 2020).
-
Orde do 8 de maio de 2020 pola que se modifican parcialmente determinados prazos das bases reguladoras e ordes de convocatoria de subvencións no ámbito da formación profesional para o emprego, como consecuencia da situación creada pola evolución da epidemia do COVID-19 (DOG nº 93 do 14 de maio de 2020)
-
Orde do 14 de agosto de 2020 pola que se procede á modificación parcial de distintas ordes de convocatorias de subvencións financiadas por esta consellería no ámbito da formación profesional para o emprego como consecuencia da situación e evolución do COVID-19 (DOG nº 173 do 27 de agosto de 2020).
-
Resolución do 2 outubro de 2020, da Dirección Xeral de Formación e Colocación, pola que se publican as subvencións concedidas en virtude da Orde do 13 de agosto de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para o período 2019-2021 e se procede á primeira convocatoria das subvencións para o financiamento das accións formativas con compromiso de contratación en unidades formativas das empresas para os exercicios 2019-2020 (código de procedemento TR301P), e se establecen as bases do Programa de incentivos á actividade laboral vinculados ás accións formativas con compromiso de contratación inmediata para os exercicios 2020-2021 (código de procedemento TR349X) (DOG nº 206 do 13 de outubro de 2020).
-
Resolución do 29 de decembro de 2020, da Dirección Xeral de Formación e Colocación, pola que se publican as subvencións concedidas en virtude da Orde do 17 de decembro de 2019 pola que se procede á segunda convocatoria das subvencións para o financiamento das accións formativas con compromiso de contratación en unidades formativas das empresas para os exercicios 2020-2021 (código de procedemento TR301P) e á primeira convocatoria dos incentivos á contratación vinculados (código de procedemento TR349X) para o exercicio 2020 (DOG nº 7 do 13 de xaneiro de 2021).
-
Orde do 25 de xaneiro de 2022 pola que se amplía o prazo de finalización das accións formativas recollidas na Orde do 17 de decembro de 2019 pola que se procede á segunda convocatoria das subvencións para o financiamento das accións formativas con compromiso de contratación en unidades formativas das empresas para os exercicios 2020-2021 (código de procedemento TR301P) e á primeira convocatoria dos incentivos á contratación vinculados (código de procedemento TR349X) para o exercicio 2020 (DOG nº 22 do 2 de febreiro de 2022).
-
Outros procedementos relacionados
Rexistro de entidades recoñecidas para impartir cursos teórico-prácticos no ámbito da seguridade industrial.
Aberto todo o ano
Memoria anual de actividades realizadas por entidades de formación no ámbito da seguridade industrial.
Aberto todo o ano
Homologación de cursos pola Academia Galega de Seguridade Pública
Aberto todo o ano
Inscrición/acreditación de centros de formación para o emprego.
Aberto todo o ano