Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
PR960A
Plan de patrocinio publicitario dos equipos de alta competición de Galicia.
Procedemento dirixido a: Asociacións e ong
Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes
A posta en marcha da XI Edición do Plan de Patrocinio dos Equipos de Alta Competición de Galicia (Exercicio 2020 – 2ª Fase).
Entidades galegas que contan con equipos que competiron en modalidades/especialidades deportivas de máximo nivel estatal en categoría absoluta/senior e/ou previa á absoluta onde as xornadas da súa competición se desenvolveron só en 2020.
Xunta de Galicia
Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes
Fundación Deporte Galego
R/ Madrid, 2-4, 2º andar (Fontiñas)
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 881996373
Email: fundaciondeportegalego.pr@xunta.gal
Prazo de presentación: PECHADO
28/10/2020 00:00 - 06/11/2020 23:59
O prazo máximo para a presentación das solicitudes será de 10 días naturais a contar dende a propia data de recepción da invitación. A presentación das proposicións por unha vía diferente ás sinaladas será causa de rexeitamento ou exclusión.
.
Solicitude segundo o Anexo I.
A Fundación remitiralle un correo electrónico á entidade obxecto de patrocinio, ao email correspondente facilitado pola respectiva Federación Deportiva Galega, cursando invitación para a presentación da solicitude de patrocinio acompañando o texto do Plan. A Entidade invitada a tomar parte no procedemento PR960A, presentará a solicitude obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (ANEXO I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. Para a presentación das solicitudes de forma electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365), habilitándose un enlace na Guía de procedementos e servizos co código PR960A.
- Fase de solicitude
- Solicitude (anexo I)
- Fase de xustificación primeiro plazo
- 1º Prazo: Declaración e xustificación gráfica (Anexo II)
- Fase de xustificación segundo plazo
- Memoria de actividade da tempada 2019-2020 e/ou exercicio 2020 (Anexo IV)
- 2º Prazo: Declaración e xustificación gráfica (Anexo III)
- Declaración doutras axudas (Anexo V)
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Plan de Patrocinio Publicitario dos Equipos de Alta Competición de Galicia (Exercicio 2020 – 2ª Fase)
-
Anuncio do Plan de patrocinio dos equipos de alta competición de Galicia (exercicio 2020-segunda fase) (DOG nº 217 do 28 de outubro de 2020).
-
Outros procedementos relacionados
Remisión da declaración responsable para o inicio da formación de persoal adestrador en período transitorio (Orde ECD/158/2014)
Aberto todo o ano
Remisión da documentación necesaria para o recoñecemento oficial da formación de persoal adestrador en período transitorio (Orde ECD/158/2014)
Aberto todo o ano
Autorización de ocupación de dominio público portuario competencia da Comunidade Autónoma de Galicia con destino á realización de espectáculos públicos e actividades recreativas.
Aberto todo o ano
Inscrición no rexistro de entidades deportivas
Aberto todo o ano