Guía de procedementos e servizos

PR461C

Inscrición proceso selectivo unitario oficial de Policia Local.

Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais

Convocatoria 2020 - Prazo pechado: 19/11/2020 00:00 - 17/12/2020 23:59

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

Sobre o procedemento

1.1. O obxecto do proceso selectivo é cubrir 20 prazas dos corpos de Policía Local, categoría de oficial, escala básica.

1.2. As prazas non cubertas pola quenda de promoción interna acumularanse á quenda de mobilidade e serán publicadas a través de resolución da persoa que ocupe a Dirección Xeral da Agasp.

1.3. O número, a denominación e as características das prazas que se convocan neste proceso selectivo especifícanse no anexo II desta orde.

1.4. O presente proceso selectivo rexerase polo establecido nestas bases e para o non previsto observarase o disposto na Lei 4/2007, do 20 de abril, de coordinación de policías locais, no Decreto 243/2008, do 16 de outubro, que a desenvolve, e na Orde do 28 de xaneiro de 2009, pola que se determinan as probas de selección, temarios e baremos de méritos para o ingreso, promoción interna e mobilidade nos corpos da Policía Local, e o Decreto 115/2017, do 17 de novembro, polo que se regula a cooperación da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia cos concellos na selección dos membros dos corpos de Policía Local, vixilantes municipais e auxiliares de Policía Local.

1.5. O código do procedemento regulado nesta orde é PR461C.

Funcionarias e funcionarios de carreira aspirantes á categoría de oficial dos corpos de Policía Local.

Xunta de Galicia

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP)

Avenida da Cultura, s/n, 36680 A Estrada, Pontevedra

36680  Estrada, A  (Pontevedra)

Teléfono: 886 20 61 10

Email: formacion.agasp@xunta.gal

http://agasp.xunta.gal

Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP)
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: PECHADO

19/11/2020 00:00 - 17/12/2020 23:59

O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da presente convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

2.1. As persoas interesadas en participar neste proceso pola quenda de promoción interna deberán posuír na data que finalice o prazo de presentación de solicitudes e manter os seguintes requisitos:

a) Ser funcionario/a de carreira do corpo cun mínimo de tres anos continuados de servizo activo na categoría de policía; computarase tamén neste caso o tempo de segunda actividade por causa de embarazo ou lactación, nun dos concellos que aparecen no anexo II na enumeración das prazas ofertadas.

b) Estar en posesión do título de bacharel ou técnico. Así mesmo, observarase o establecido na Orde EDU/1603/2009, do 10 de xuño, pola que se establecen equivalencias cos títulos de graduado en educación secundaria obrigatoria e de bacharelato regulados na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

No caso de titulacións obtidas no estranxeiro, deberán posuír o documento que acredite fidedignamente a súa homologación ou a credencial de recoñecemento do título para efectos profesionais.

c) Non ter sido sancionado/a por falta grave ou moi grave, ou telas canceladas.

d) Faltarlles máis dun ano para o paso a segunda actividade por razón de idade.

2.2. As persoas interesadas en participar neste proceso pola quenda de mobilidade deberán posuír na data que finalice o prazo de presentación de solicitudes e manter os seguintes requisitos:

a) Estar en posesión do título de bacharel ou técnico. Así mesmo, observarase o establecido na Orde EDU/1603/2009, do 10 de xuño, pola que se establecen equivalencias cos títulos de graduado en educación secundaria obrigatoria e de bacharelato regulados na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

b) Ter en propiedade a categoría de oficial noutros corpos da Policía Local da Comunidade Autónoma de Galicia.

c) Contar cunha antigüidade mínima de 5 anos nesa categoría; deberanlles faltar, como mínimo, oito anos para o paso previsto á situación de segunda actividade.

  • Inscrición nos procesos selectivos para a selección dos membros dos corpos da policía local, vixiantes municipais e auxiliares de policía local derivada da cooperación da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia cos concellos ( 30.03.04)

Pode realizar o pago destas taxas na Oficina Virtual Tributaria.

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, que figura como anexo I a esta convocatoria. Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

No procedemento da quenda por concurso para mobilidade non se terá en conta a documentación que non quede debidamente acreditada dentro do prazo de presentación de solicitudes.

Taxas

1. Por imperativo legal, de conformidade co disposto na Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, como requisito necesario para participar neste proceso selectivo deberase aboar previamente en concepto de dereitos de exame o importe de 31,69 euros e, de ser o caso, os gastos de transferencia correspondentes, en calquera das entidades financeiras colaboradoras autorizadas para a recadación de taxas e prezos na Comunidade Autónoma de Galicia.

Para o ingreso da taxa empregarase un impreso de autoliquidación como o sinalado no anexo V cos códigos para a súa formalización que se facilitan nel.

A non presentación deste impreso de autoliquidación, no cal deberá figurar a data e selo da entidade bancaria co formulario de solicitude no proceso selectivo, determinará a exclusión da persoa aspirante no dito proceso, e non será posible a súa emenda fóra do prazo de solicitudes.

Poderase tamén realizar o pagamento pola internet nas entidades financeiras autorizadas. Para isto, deberán acceder á oficina tributaria, a través da web da Axencia Tributaria de Galicia (www.atriga.gal). Neste suposto, unha vez efectuado o pagamento, imprimirase o xustificante de ter aboado a taxa (modelo 730), que será o que se presente coa solicitude.

En ambos os supostos, a presentación do xustificante do aboamento das taxas non suporá a substitución do trámite de presentación, en tempo e forma, da solicitude de participación no proceso selectivo.

2. Exención e bonificación no aboamento da taxa.

Estarán exentos do pagamento desta taxa por dereito de inscrición:

a) As persoas que sexan membros de familias numerosas clasificadas na categoría especial.

Aplicarase unha bonificación do 50 % do importe da taxa:

a) Ás persoas que sexan membros de familias numerosas clasificadas na categoría xeral.

As circunstancias de exención e bonificación deberán ser acreditadas, segundo o suposto que corresponda, presentando coa solicitude a seguinte documentación ou autorizando a Administración a comprobala.

– Copia do título oficial de familia numerosa, de carácter común ou especial.

Documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento

1. As persoas interesadas en participar neste proceso deberán achegar coa súa solicitude a seguinte documentación:

a) Xustificante do ingreso da taxa, co selo da entidade bancaria con indicación da data.

b) Copia do título, de ser o caso, de familia numerosa, no suposto de que non fose expedido pola Xunta de Galicia.

c) Relación dos méritos que se acrediten, por cada unha das epígrafes de que consta o concurso, segundo o especificado no anexo III.

d) Copias da documentación acreditativa dos méritos alegados.

e) Certificado de Celga 4 ou equivalente non expedido pola Secretaría Xeral de Política Lingüística (só no suposto de participar na quenda de promoción interna).

f) Certificado acreditativo de ter en propiedade a categoría de oficial nos corpos da Policía Local da Comunidade Autónoma de Galicia e contar cunha antigüidade mínima de cinco anos nesa categoría (só no suposto de participar na quenda de mobilidade).

2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica.

Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

A consignación de datos falsos na solicitude ou na documentación achegada polos/as aspirantes sancionarase coa anulación da solicitude, sen prexuízo das demais medidas legais que correspondan.

3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

4. No caso de que algún dos documentos que se vaia presentar de forma electrónica supere os tamaños máximo establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a súa presentación de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:

a) DNI ou NIE da persoa solicitante.

b) DNI ou NIE da persoa representante.

c) NIF da entidade representante.

d) Título oficial non universitario exixido (bacharelato, técnico ou equivalente).

e) Titulo de familia numerosa, no suposto de ser expedido pola Xunta de Galicia.

f) Certificado Celga 4 ou equivalente só cando sexa expedido pola Secretaría Xeral de Política Lingüística.

No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos.

Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos poderáselles solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes.

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados electronicamente accedendo á carpeta cidadá da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Despois de presentar

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Lei 4/2007, do 20 de abril, de coordinación de policías locais (DOG nº 85 do 3 de maio de 2007).

    • Decreto 243/2008, do 16 de outubro, polo que se desenvolve a Lei 4/2007, do 20 de abril, de coordinación de policías locais (DOG nº 211 do 30 de outubro de 2008).

    • Orde do 28 de xaneiro de 2009 pola que se determinan as probas de selección, temarios e baremos de méritos para o ingreso, promoción interna e mobilidade nos corpos de policías locais, para a integración dos vixilantes e auxiliares de policía ou interinos, para o acceso como vixilantes municipais e a contratación de auxiliares de policía de tempada (DOG nº 22 do 2 de febreiro de 2009).

    • Decreto 115/2017, do 17 de novembro, polo que se regula a cooperación da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia cos concellos na selección dos membros dos corpos de policía local, vixilantes municipais e auxiliares de policía local (DOG nº 222 do 22 de novembro de 2017).

    • Orde do 8 de xullo de 2020 pola que convoca proceso selectivo para o acceso nos corpos da Policía Local de Galicia, escala básica, categoría de oficial, quendas de acceso por promoción interna e por mobilidade (código de procedemento PR461C) (DOG nº 137 do 10 de xullo de 2020)

    • Corrección de erros. Orde do 8 de xullo de 2020 pola que se convoca proceso selectivo para o acceso nos corpos da Policía Local de Galicia, escala básica, categoría de oficial, quendas de acceso de promoción interna e mobilidade (DOG núm. 154 do 3 de agosto de 2020).

    • Resolución do 26 de xaneiro de 2021 pola que se aproban e se fan públicas as relacións provisionais de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo unitario para o acceso á escala básica, categoría de oficial, nos corpos de policía local, quenda de acceso por promoción interna e mobilidade.(DOG núm. 23 do 4 de febreiro de 2021).

    • Orde do 31 de marzo de 2021 pola que se nomea o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o acceso nos corpos da policía local de Galicia, escala básica, categoría de oficial (DOG nº 65 do 8 de abril de 2021).

    • Resolución do 9 de abril de 2021 pola que se aproban e se fan públicas as relacións definitivas de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para o acceso aos corpos de policía local de Galicia, escala básica, categoría de oficial, quendas de acceso por promoción interna e por mobilidade, e se anuncian o lugar, a data e a hora do primeiro exercicio do proceso selectivo.(DOG nº 71 do 16 de abril de 2021).

  • Ámbito Estatal
    • Resolución de 4 de novembro de 2020, da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo, referente á convocatoria de prazas da Escala Básica, categoría de Oficial, de Policía Local de distintos Concellos (BOE nº 303 do 18 de novembro de 2020).

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

PR461H

Inscrición no proceso de provisión por mobilidade, categoría de oficial de Policía local.

Tramitar en liña

Prazo aberto: 11/11/2025 00:00 - 05/01/2026 23:59

PR462A

Homologación de cursos pola Academia Galega de Seguridade Pública

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

PR467A

Medallas ao mérito de Protección Civil de Galicia e outras condecoracións.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

PR468A

Rexistro de Protección Civil: sección de persoal colaborador.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano