Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
PL500E
Convocatoria de bolsas de lectorados de língua, literatura e cultura galegas.
Procedemento dirixido a: Cidadáns
Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
Establécense as bases reguladoras e procédese á convocatoria, en réxime de concorrencia competitiva e con sometemento aos principios de publicidade, obxectividade, transparencia, igualdade, mérito e capacidade, de 8 bolsas de formación nos lectorados de lingua, literatura e cultura galegas para o 2020 (PL500E) nos centros de estudos galegos localizados nas universidades que se relacionan na táboa seguinte:
Destino: Universitat de Barcelona (España) Localidade: Barcelona País España Inicio: 1.12.2020 Remate: 30.9.2023
Destino: Universidade de Estremadura Localidade: Estremadura País España Inicio: 1.12.2020 Remate: 30.9.2023
Destino: Universidade de Granada Localidade: Granada País España Inicio: 1.12.2020 Remate: 30.9.2023
Destino: Universidade Nova de Lisboa Localidade: Lisboa País Portugal Inicio: 01.02.2021 Remate: 30.9.2023
Destino: Universidade Complutense de Madrid Localidade: Madrid País España Inicio: 1.12.2020 Remate: 30.9.2023
Destino:Università degli Studi di Padova Localidade: Padua País Italia Inicio: 1.12.2020 Remate: 30.9.2023
Destino: Universidade do Estado do Río de Janeiro Localidade: Río de Janeiro País Brasil Inicio: 1.1.2021 Remate: 31.12.2023
Destino: Universidade de Sâo Paulo Localidade: Sâo Paulo País Brasil Inicio: 1.1.2021 Remate: 31.12.2023
Duración
O programa de formación das persoas seleccionadas terá unha duración máxima de 3 anos.
1. Poderán participar nesta convocatoria as persoas que cumpran os seguintes requisitos:
– Estar en posesión da nacionalidade española ou de calquera dos países membros da Unión Europea.
– Non padecer enfermidade ou limitacións físicas ou psíquicas que sexan incompatibles co desenvolvemento das actividades obxecto desta convocatoria.
– Non superar os 35 anos de idade na data de remate da presentación de solicitudes.
– Non atoparse incluídas en ningunha das prohibicións sinaladas no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
– Titulación académica:
Poderá solicitar calquera das prazas ofertadas quen estea en posesión dalgunha das seguintes titulacións:
• Licenciatura en Filoloxía Galega.
• Licenciatura en Filoloxía Románica, sempre que a primeira ou segunda lingua románica elixida fose o galego.
• Grao en Lingua e Literatura Galegas.
• Grao en Estudos de Galego e Español.
• Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios.
• Licenciatura en Tradución e Interpretación, sempre que, como mínimo, acredite 27 créditos en materias de galego e 21 créditos en materias da lingua oficial do país no que se localice o lectorado solicitado ou, no canto destes, 21 créditos en materias de inglés.
• Grao en Tradución e Interpretación, sempre que, como mínimo, acredite 30 créditos en materias de galego e 21 créditos en materias da lingua oficial do país no que se localice o lectorado solicitado ou, no canto destes, 21 créditos en materias de inglés.
2. Tamén poderán participar os lectores ou lectoras que, antes de rematar o período máximo de estadía, se visen obrigados a cesar na súa condición por causas alleas á súa vontade, sempre que esta circunstancia non derivase da resolución dun procedemento de tipo disciplinario.
Obrigas dos beneficiarios
As persoas adxudicatarias quedan obrigadas a:
a) Acreditar que superaron o Curso de Formación de Profesores de Galego ou, no seu defecto, comprometerse a asistir e superar o devandito curso na edición que lles indique a Secretaría Xeral de Política Lingüística. Non cumprir co previsto neste punto dará lugar á aplicación do estipulado no artigo 20.
b) Comunicarlle á Secretaría Xeral de Política Lingüística o desenvolvemento de actividades alleas ao obxecto desta convocatoria que poidan influír ou comprometer a súa actuación.
c) Reintegrar os importes das bolsas indebidamente percibidos.
d) Facilitar toda a información que lle sexa requirida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, polo Tribunal de Contas e polo Consello de Contas no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das subvencións.
e) Obter, se é o caso, os permisos pertinentes para unha estadía legal no país de destino, para o cal deben realizar os trámites oportunos e asumir os gastos correspondentes.
f) Asistir ás actividades de formación a que sexan convocadas desde a Secretaría Xeral de Política Lingüística.
g) Dar cumprimento ás obrigas de publicidade que se establecen no artigo 18 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, modificado polo artigo 30.2 da Lei 15/2014, do 16 de setembro, de racionalización do sector público e outras medidas de reforma administrativa.
As persoas adxudicatarias destinadas en universidades estranxeiras situadas en cidades nas que haxa centros do Instituto Cervantes poderán desenvolver cursos de lingua e cultura galegas neses centros, baixo a supervisión e coordinación destes, así como colaborar noutras actividades conxuntas a prol da promoción da lingua e da cultura galegas.
Xunta de Galicia
Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
Secretaría Xeral da Lingua
Subdirección Xeral de Política Lingüística
Rúa de San Roque, 2
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981544435
Fax: 981544424
Xunta de Galicia
Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
Departamento Territorial da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Coruña
Gabinete de Normalización Lingüística da Coruña
R/ Vicente Ferrer, 2
15008 Coruña, A (Coruña, A)
Teléfono: 981184720
Fax: 981544785
Xunta de Galicia
Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
Departamento Territorial da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude de Lugo
Gabinete de Normalización Lingüística de Lugo
Ronda da Muralla, 70
27071 Lugo (Lugo)
Teléfono: 982294162
Fax: 982294152
Xunta de Galicia
Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
Departamento Territorial da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude de Ourense
Gabinete de Normalización Lingüística de Ourense
R/ Concello, 11
32003 Ourense (Ourense)
Teléfono: 988386659
Fax: 988386600
Xunta de Galicia
Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
Departamento Territorial da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude de Pontevedra
Gabinete de Normalización Lingüística de Pontevedra
R/ Fernández Ladreda, 43 - 8º andar
36003 Pontevedra (Pontevedra)
Teléfono: 986805971
Fax: 986805045
Prazo de presentación: PECHADO
03/11/2020 00:00 - 02/12/2020 23:59
O prazo de presentación das solicitudes será dun (1) mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
Quedan excluídas aquelas persoas que sexan lectores ou lectoras de lingua, literatura e cultura galegas, ou que o fosen no seu momento, agás nos supostos de cobertura provisional previstos no artigo 19.
1. As solicitudes presentaranse no modelo normalizado recollido como anexo I nesta orde. O formulario da solicitude estará dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, no enderezo https://sede.xunta.gal, e na páxina web da Secretaría Xeral de Política Lingüística, no enderezo http://www.lingua.gal/portada.
2. As persoas interesadas poderán solicitar, como máximo, 3 destinos que deberán relacionar no anexo I por orde de preferencia.
3. As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.
Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave 365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
4. As persoas interesadas só poderán optar por unha das vías de presentación.
Documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento e forma de presentación da documentación
1. Para a valoración dos seus méritos, conforme o establecido no anexo II, os candidatos achegarán a seguinte documentación:
a) Documento acreditativo da súa identidade (no caso de solicitantes estranxeiros).
b) Currículo, no que deben figurar todos os méritos alegados.
c) Xustificantes dos méritos alegados no currículo (na mesma orde na que aparezan relacionados neste).
d) Para cada destino solicitado, proxecto didáctico de docencia en prácticas aplicable á universidade solicitada, que incluirá como primeira epígrafe a explicación dos motivos da súa solicitude.
A extensión do proxecto didáctico non deberá superar as 25 páxinas, mecanografadas cun interliñado de espazo e medio, tipo de letra non superior a 14 puntos e presentadas en formato A4.
e) No caso de titulacións universitarias expedidas por universidades fóra de España, copia da titulación universitaria exixida no artigo 6 ou da acreditación de que foi solicitada.
f) En relación coa titulación exixida (nacionais ou estranxeiros), orixinal ou copia compulsada da certificación académica persoal, na cal debe constar a nota media do expediente académico, calculada en función do disposto na resolución da Secretaría Xeral Técnica, da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, do 15 de setembro de 2011 (Diario Oficial de Galicia núm. 188, do 30 de setembro).
2. Os méritos alegados no currículo xustificaranse mediante documento orixinal ou copia compulsada, se se utiliza a vía presencial, e da forma indicada para a documentación complementaria, no suposto de presentación electrónica. Os xustificantes disporanse a continuación do currículo, na mesma orde en que aparezan relacionados neste.
Non se valorará ningún mérito que non conste explicitamente no currículo ou que, no caso de figurar, non se xustifique adecuadamente ou se faga fóra do prazo de presentación de solicitudes.
No caso de publicacións, xustificaranse mediante copia simple da obra, á cal se engadirán, se é o caso, a capa, a contracapa, a folla que conteña o ISBN, ISSN ou depósito legal e o índice. No caso de publicacións extensas, recoméndase a entrega de orixinais, que se devolverán unha vez que se resolva a convocatoria.
Os xustificantes dos méritos redactados nun idioma distinto aos oficiais en Galicia, para seren valorados, deberán acompañarse dunha tradución a algún destes, e incluirán ao pé unha declaración responsable asinada cunha lenda que faga constar que se trata dunha tradución fiel do documento orixinal.
3. Non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos. Presumirase que esta consulta é autorizada polas persoas interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.
4. Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa interesada a súa presentación, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.
5. A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.
Opcionalmente, as persoas interesadas poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.
No caso de que algún dos documentos que se vaia presentar de forma electrónica superase os tamaños máximos ou tivese un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
6. As copias dos documentos gozarán da mesma validez e eficacia que os seus orixinais sempre que exista constancia de que sexan auténticas.
7. Na presentación da documentación gardarase a seguinte orde: solicitude, documento acreditativo da identidade (de ser o caso), titulación académica, certificación académica persoal, currículo, xustificantes dos méritos alegados neste (na mesma orde en que aparezan relacionados nel) e proxecto(s) didáctico(s).
A documentación anterior que se presente de forma non electrónica, achegarase sen ningún tipo de encadernación que dificulte ou impida a súa manipulación.
Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes
A sede electrónica da Xunta de Galicia permite as persoas interesadas realizar trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á Carpeta do cidadá da persoa interesada. Opcionalmente, tamén poderán tramitarse presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Comprobación de datos
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:
a) DNI ou NIE da persoa solicitante.
b) Título/s universitario/s (no caso de titulacións expedidas por universidades españolas).
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro habilitado no modelo de solicitude e achegar os documentos correspondentes.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
- Solicitude
- Solicitude (Anexo I)
Prazo de resolución:
Catro meses
Sentido do silencio:
Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 23 de outubro de 2020 pola que se aproban as bases e se anuncia a convocatoria pública de bolsas de formación nos lectorados de lingua, literatura e cultura galegas para o 2020 (código de procedemento PL500E). (DOG núm. 221 do 2 de novembro de 2020).
-
Extracto da Orde do 23 de outubro de 2020 pola que se aproban as bases e se anuncia a convocatoria pública de bolsas de formación nos lectorados de lingua, literatura e cultura galegas para o 2020 (código de procedemento PL500E). (DOG núm. 221 do 2 de novembro de 2020).
-
Resolución do 21 de xaneiro de 2021, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se adxudican bolsas de formación nos lectorados de lingua, literatura e cultura galegas, convocadas mediante a Orde do 23 de outubro de 2020 (código de procedemento PL500E).(DOG núm. 19 do 29 de xaneiro de 2021).
-
Outros procedementos relacionados
Homologación de cursos pola Academia Galega de Seguridade Pública
Aberto todo o ano
Inicio de actividade, cese de actividade e modificación da actividade de formación do persoal encargado da realización de operacións de mantemento hixiénico-sanitario de: instalacións susceptibles de propagar a lexionelose, prácticas de tatuaxe, micropigmentación, piercing e outra práctica de decoración persoal que implique a perforación da pel, mucosa ou tecidos, e aparellos de bronceado artificial mediante radiacións ultravioleta.
Aberto todo o ano
Inicio de cursos para o personal encargado da realización de operacións de mantemento hixiénico-sanitario de: instalacións susceptibles de propagar a lexionelose, prácticas de tatuaxe, micropigmentación, piercing e outras prácticas de decoración persoal que impliquen a perforación da pel, mucosas ou tecidos, e manexo de aparellos de bronceado artificial mediante radiacións ultravioleta
Aberto todo o ano
Solicitude de acreditación de actividades no sistema acreditador da formación continuada das profesións sanitarias a través de Saga.
Aberto todo o ano