Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
IG534D
Novacións para o refinanciamento de débedas.
Procedemento dirixido a: Cidadáns
Consellería de Economía e Industria
Publicar as bases reguladoras das novacións para refinanciamento de débedas co Igape e convocar as devanditas operacións de refinanciamento, que non terán a consideración de axuda de Estado, en réxime de concorrencia non competitiva (código de procedemento IG534D).
Modalidades de operacións
En función da situación da débeda que se vaia novar, as operacións revestirán as seguintes modalidades:
1. Novación modificativa e, se for o caso, extintiva, de préstamos en vigor, para axustar o calendario de reintegro á capacidade de reembolso do titular. En todo o non modificado na novación mantense vixente o establecido no contrato inicial de préstamo.
2. Novación extintiva de préstamos vencidos, ou das cotas ou cantidades impagadas de préstamos en vigor. Poderán formalizarse tanto cos titulares iniciais como cos garantes ou fiadores, ou cos titulares de bens que garantan a débeda. En todos os casos suporá a formalización dun nova operación.
Poderán ser titulares das operacións de novación reguladas nestas bases as persoas físicas e/ou xurídicas que cumpran algún dos seguintes requisitos:
Xunta de Galicia
Consellería de Economía e Industria
Instituto Galego de Promoción Económica - Igape
Complexo Administrativo San Lázaro s/n
15703 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 900815151
Email: informa@igape.es
Prazo de presentación: PECHADO
O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, e rematará cando se produza a primeira das seguintes circunstancias:
a) Que, conforme as solicitudes recibidas, se esgote o crédito orzamentario, o que será obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia e na páxina web do Igape, co fin de pechar anticipadamente o prazo de presentación de solicitudes.
b) O 30.12.2020.
a) Que sexan titulares de débedas vivas co Igape con saldos vencidos e presenten dificultades de liquidez que non lles permiten afrontar as obrigas de pagamento co calendario actual do préstamo.
b) Que sexan titulares de débedas co Igape derivadas da falta de pagamento de préstamos xa vencidos.
c) Que sexan fiadores de préstamos do Igape con débedas vencidas.
d) Que sexan titulares de bens que garantan débedas vencidas co Igape, derivadas da falta de pagamento de préstamos, e pretendan facer fronte ao reembolso das débedas para evitar a perda do ben.
Non poderán ter a condición de beneficiarios as persoas en que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Para os titulares sinalados nas letras a) e b) anteriores exceptúanse as circunstancias previstas nas letras b), e) e g) do citado artigo 10.2, en atención á natureza das novacións reguladas nestas bases cuxa finalidade é o reintegro de débedas preexistentes.
Solicitude
Para presentar a solicitude, o interesado deberá cubrir previamente un formulario electrónico descritivo das circunstancias do solicitante e do proxecto de financiamento a través da aplicación establecida no enderezo da internet http://www.tramita.igape.es, dentro do prazo establecido na convocatoria.
Deberá cubrir necesariamente todos os campos do formulario establecidos como obrigatorios, despois do cal a aplicación emitirá un identificador do documento electrónico (IDE) que identificará univocamente a solicitude de axuda.
A solicitude presentarase obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I) que se obterá de xeito obrigatorio na citada aplicación informática, accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal). Será obrigatoria a inclusión dos 40 caracteres alfanuméricos do IDE obtido no paso anterior. As solicitudes que carezan do IDE ou nas que este sexa erróneo (sexa porque ten un formato erróneo ou porque non foi xerado pola aplicación informática) non serán tramitadas e concederase ao solicitante un prazo de 10 días hábiles para a súa emenda, transcorrido o cal se terá por desistido da súa petición, logo de resolución de arquivamento.
As solicitudes e achega da documentación realizarase por medios electrónicos, incluídas as persoas físicas, xa que tendo a condición de empresarios se considera acreditado o acceso e dispoñibilidade de medios para o efecto, sen prexuízo do cal se poñen á disposición as oficinas do Igape e un número de teléfono específico de información especializada, para prestarlles a asistencia e medios técnicos para o efecto.
No caso de presentación da solicitude de xeito presencial, o Igape requirirá o solicitante para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos considérase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a corrección.
Os solicitantes por esta vía electrónica deberán reunir os seguintes requisitos:
a) Será necesario que o asinante da solicitude teña a representación da empresa ou entidade solicitante. Esta representación deberá ser individual ou solidaria, de maneira que coa súa sinatura baste para acreditar a vontade do solicitante.
b) A oficina virtual do Igape acepta todos os certificados validados pola plataforma @firma da Administración xeral do Estado, que son os que figuran nesta relación: http://administracionelectronica.gob.es/PAe/aFirma-Anexo-PSC.
c) A presentación ante o Rexistro Electrónico da Xunta de Galicia admite a sinatura da solicitude por parte dun único solicitante. No caso de que deba ser asinada por máis dun solicitante (por exemplo, solicitudes con dous asinantes, representación mancomunada, etc.), deberán anexar necesariamente un documento en que se deixe constancia de que todos os asinantes autorizan un deles para presentar a solicitude. Este documento realizarase en papel con sinaturas manuscritas e deberá ser escaneado a formato PDF para ser anexado.
d) Unha vez asinado o formulario de solicitude mediante certificación dixital do presentador, e transferidos estes ao Igape, procederase á anotación dunha entrada no Rexistro Electrónico da Xunta de Galicia.
e) No momento da presentación o rexistro expedirá, empregando as características da aplicación telemática, un recibo en que quedará constancia do feito da presentación.
Os solicitantes poderán obter en todo momento un xustificante de recepción por parte do Igape dos termos da súa solicitude contidos no formulario. Deberano solicitar no enderezo de correo electrónico informa@igape.es, indicando os 40 caracteres do IDE e o enderezo de correo electrónico en que desexan recibir o xustificante.
As persoas interesadas deberán achegar xunto coa solicitude a documentación específica sinalada no anexo IV. Complementariamente, o Igape poderá solicitar a achega con carácter facultativo daqueloutra documentación xustificativa para os efectos de valoración do risco.
Anexo IV. Documentación que se deberá presentar coas solicitudes
1. Informe detallado da Central de Información de Riscos do Banco de España (CIR) correspondente ao último período dispoñible, consistente nun arquivo en formato PDF asinado electronicamente que o solicitante deberá obter da Oficina Virtual do Banco de España (actualmente no enderezo da internet https://sedeelectronica.bde.es).
2. Detalle da situación de débedas con Facenda, Seguridade Social e Comunidade Autónoma, incluíndo expresamente relación de aprazamentos concedidos con indicación de calendario de pagamentos.
3. Plan económico financeiro, incluíndo contas de resultados, fluxos de efectivo e balances previsionais, describindo as hipóteses que sustentan as previsións.
4. Memoria xustificativa da solicitude, evolución das actividades, e do emprego, identificación das causas que motivan a incapacidade de cumprir cos calendarios pactados e feitos que sustentan a capacidade de reembolso futura.
5. Evolución do restante endebedamento da compañía desde a formalización do préstamo. Operacións financeiras concedidas e amortizacións pagadas a outras entidades.
6. Refinanciamento doutras débedas previsto: no caso de prever un plan de refinanciamento máis amplo, acreditación deste mediante escrito das entidades financeiras afectadas e/ou copia dos contratos.
7. Operacións de financiamento con socios, administradores ou partes vinculadas. Detalle dos saldos con socios, relación de préstamos recibidos ou concedidos, con copia dos contratos, se for o caso.
8. Plan de amortización da débeda proposto, comparativo coa amortización do restante endebedamento financeiro.
9. Nos casos en que o titular da operación sexa diferente do debedor da débeda que se vai novar (fiadores, avalistas ou titulares de bens que garantan as ditas débedas):
a) Para sociedades mercantís:
1º. Escritura de constitución e dos estatutos debidamente inscritas no rexistro competente e as súas modificacións posteriores, e poder do representante que presenta a solicitude, inscrito, se for o caso, no rexistro competente.
2º. Contas anuais correspondentes ao último exercicio pechado.
3º. Balance e conta de resultados recentes, asinados polos administradores.
b) No caso de persoas físicas:
1º. Copia da declaración do imposto sobre o patrimonio.
2º. Declaración de bens e débedas persoais, especificando:
• Bens inmobles, indicando valoración aproximada ou taxación, e cargas dos bens.
• Bens mobles, indicando valoración.
• Activos financeiros.
• Débedas.
• Avais prestados.
3º. No caso de exercer actividade económica: copias das declaracións do IVE (resumo anual do exercicio anterior e liquidacións periódicas do exercicio corrente).
Non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos. Presumirase que esta consulta é autorizada polas persoas interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.
Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirir á persoa interesada a súa presentación ou, na súa falta, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.
A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. O solicitante responsabilizarase da veracidade dos documentos que presente. A achega de tales copias implica a autorización para que a Administración acceda e trate a información persoal contida en tales documentos. Excepcionalmente, o Igape poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.
Trámites administrativos posteriores á presentación da solicitude
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados electronicamente accedendo ao enderezo da internet http://www.tramita.igape.es.
Comprobación de datos
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:
a) DNI/NIE da persoa solicitante.
b) NIF da entidade solicitante.
c) DNI/NIE da persoa representante.
d) NIF da entidade representante.
e) Certificado da AEAT de alta no imposto de actividades económicas (IAE).
f) Certificado da renda do último exercicio no caso de persoas físicas ou comunidades de bens.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
- Fase de solicitude
- Solicitude (Anexo I)
Prazo de resolución:
Cinco meses
Sentido do silencio:
Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Resolución do 15 de abril de 2020 pola que se dá publicidade do acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das novacións para refinanciamento de débedas co Instituto Galego de Promoción Económica e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva (DOG nº 76 do 21 de abril de 2020).
-
Outros procedementos relacionados
Solicitude de autorización para a utilización das aplicacións informáticas da Oficina Virtual Tributaria para o pagamento electrónico e a presentación electrónica dos modelos de declaración 008 e de autoliquidación 013 do Imposto compensatorio ambiental mineiro (ICAM).
Aberto todo o ano
Revisión actividades artesás do Rexistro xeral de artesanía de Galicia.
Aberto todo o ano
Autorización do uso da marca Artesanía de Galicia.
Aberto todo o ano
Documentación de accidentes graves nos cales interveñan substancias perigosas.
Aberto todo o ano