Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
PR701A
Convocatoria pública, en réxime de concorrencia, para a ocupación temporal, para usos sociais, culturais au sanitarios, dos locais destinados a tal fin no edificio administrativo da Xunta de Galicia na rúa Benito Corbal de Pontevedra.
Procedemento dirixido a: Entidades locais
Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes
Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras e a convocatoria pública, en réxime de concorrencia, para a ocupación temporal, para usos sociais, culturais ou sanitarios, dos locais que se van destinar para tal fin no Edificio Administrativo da Xunta de Galicia na rúa Benito Corbal de Pontevedra.
A finalidade da orde é poder autorizar a ocupación temporal dos ditos locais, por asociacións e entidades sen ánimo de lucro, para usos sociais, culturais ou sanitarios. Esta autorización terá carácter gratuíto, consonte o disposto no artigo 39.5 da Lei 5/2011, do 30 de setembro, de patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia. Non obstante o anterior, as asociacións e entidades sen ánimo de lucro autorizadas para o uso dos locais deberán facerse cargo da subministración eléctrica destes.
As asociacións e entidades sen ánimo de lucro poderán presentar solicitudes de xeito individual ou de maneira conxunta mediante a súa agrupación. Tanto nun caso como noutro requirirase que, todas as entidades que se presentan.
Obrigas dos beneficiarios.
1. A actividade que se pretenda levar a cabo no/s local/ais autorizados/s, non terá carácter nin finalidade lucrativa directa ou indirecta. En todo caso, destinarase o/s local/ais autorizado/s para desenvolver actividades de carácter social, cultural ou sanitario.
2. Por motivos de seguridade, a entidade beneficiaria utilizará o/s local/is, unicamente, no horario establecido no Regulamento de réxime interior do edificio. O uso das instalacións fóra do horario autorizado requirirá dunha autorización expresa do titular da Xefatura Territorial da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza de Pontevedra.
3. A entidade beneficiaria subscribirá unha póliza de seguro de responsabilidade civil por posibles danos a terceiros ou ao propio local. A Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia será a beneficiaria e a asegurada, respectivamente, desta póliza, que se manterá durante todo o período da autorización de uso dos locais. Deberá achegarse unha copia da devandita póliza no momento de formalizar a acta de ocupación. A póliza comprenderá o período da autorización do uso.
4. A entidade beneficiaria non impedirá ou dificultará a utilización dos locais comúns por outros colectivos ou outras entidades beneficiarias.
5. Cando se extinga a autorización de uso dos locais pola entidade beneficiaria, deberá entregar o local expedito e nas mesmas condicións que cando se ocupou.
6. A entidade beneficiaria, unha vez aceptada a resolución coa autorización de uso do/s local/ais, ten a obriga de cumprir cos contidos do Regulamento de réxime interior do edificio.
7. A autorización de uso de locais comprende a posibilidade da realización de instalacións de carácter accesorio e non permanente que, de facerse, serán por conta do beneficiario e comunicadas previamente ao titular da Xefatura Territorial da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza de Pontevedra, que deberá outorgarlle a súa conformidade.
8. A entidade beneficiaria deberá facerse cargo das pequenas reparacións e mantementos que se puidesen ocasionar polo uso dos locais.
9. As superficies que se citan no artigo 2 desta orde contarán con licenza de apertura como oficinas, polo que, se a entidade beneficiaria quixese desenvolver outro tipo de actividade, deberá solicitar as correspondentes licenzas e o pagamento de taxas correrá pola súa conta. En todo caso, as actividades desenvolvidas deberán ser compatibles co recollido nesta orde.
Xunta de Galicia
Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes
Departamento Territorial da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes de Pontevedra
Avda. Mª Victoria Moreno, 43, 9ª Planta
36071 Pontevedra (Pontevedra)
Teléfono: 986805488/ 986805493
Email: xt.cpapx.pontevedra@xunta.gal
Prazo de presentación: PECHADO
22/01/2019 00:00 - 21/03/2019 23:59
O prazo de presentación de solicitudes será de dous meses, contados a partir do día seguinte ao de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non hai día equivalente ao de publicación, entenderase que o prazo expira o último día do mes.
a) Que, consonte os seus estatutos, na data da publicación desta orde, o seu domicilio se atope no concello de Pontevedra, nos seus concellos limítrofes ou na súa bisbarra; tamén se admitirán aquelas que, fóra destes casos, acrediten realizar a meirande parte da súa actividade no municipio de Pontevedra, nos seus concellos limítrofes ou na súa bisbarra.
b) Que non teñan ánimo de lucro e que os seus fins sexan de interese social, cultural, deportivo, sanitario ou similares.
c) Que se atopen legalmente constituídas e inscritas no rexistro público correspondente da Comunidade Autónoma de Galicia.
d) Que se atopen ao corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social, e que non teñan pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma galega.
e) No caso de estar obrigadas, ter depositas as contas no rexistro público correspondente. Este requisito deberá ser cumprido antes do remate do prazo de presentación de solicitudes.
Para solicitar a ocupación temporal, para usos sociais, culturais ou sanitarios, dos locais que se van destinar a tal fin no Edificio Administrativo da Xunta de Galicia na rúa Benito Corbal de Pontevedra, a entidade peticionaria presentará a documentación que se indica a continuación:
a) Solicitude no modelo normalizado que se xunta como anexo I (PR701A).
b) Certificación emitida polo/la secretario/a da asociación ou entidade, na cal se faga constar o acordo do órgano competente da asociación ou entidade para tramitar, ante a Xefatura Territorial da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza de Pontevedra, a solicitude de autorización de uso de locais que se pretenden tramitar ao abeiro desta orde. No referido acordo deberá constar expresamente que se aceptan as condicións establecidas na orde, e o acordo deberá estar adoptado antes do vencemento do prazo de presentación de solicitudes. O acordo estará referido a todas as actuacións que se recollen na memoria xustificativa que se menciona na alínea c). O incumprimento deste requisito constituirá causa de non admisión da solicitude (anexo II).
c) Memoria xustificativa da necesidade dos locais que se solicitan, asinada electronicamente polo/a representante da asociación ou entidade. Nesta memoria recolleranse os seguintes datos:
Locais que se solicitan. Por cada solicitude poderase pedir:
a) Un local tipo A.
b) Dous locais tipo A.
c) Tres locais tipo A.
d) Un local tipo A máis un local tipo B.
e) Un local tipo B.
Os locais tipo A teñen entre 20 e 27 metros cadrados aproximadamente de superficie e os locais tipo B teñen 40 metros cadrados aproximadamente de superficie.
Adecuación do uso ao que se vai destinar o local e previsión de actividades da asociación ou entidade para o ano en curso e o seguinte: deberá definirse claramente a necesidade do/s local/ais que se solicita/n, os obxectivos para o ano en curso e o seguinte, a descrición das actividades que se van realizar e o orzamento desagregado para o devandito período e un cronograma.
Relevancia social: deberá indicarse o carácter do/s proxecto/s que se desenvolverá/n no/s local/ais solicitado/s: de igualdade de mulleres e homes; risco de exclusión ou marxinación e a súa integración social; saúde; para proxectos dirixidos a persoas con discapacidade ou dependentes; iniciativas sociais, culturais e xuvenís; deportes; outros.
Número de beneficiarios e incidencia na participación: indicarase o número previsto de persoas ao ano que serán beneficiarias da atención no local asignado. Deberase indicar o número aproximado de persoas que se prevé atender ao ano, non un dato xeneralista ou poboacional.
Para determinar o número de beneficiarios deberán achegar a memoria de actividades, o plan de actuación ou unha declaración responsable do representante da asociación ou entidade solicitante.
Atención da asociación ou entidade no desenvolvemento das actividades previstas. Indicarase o horario de atención ás persoas beneficiarias.
Opcionalmente, compromiso expreso da entidade solicitante para a utilización da lingua galega na documentación presentada e na realización das actividades para as cales se solicita/n o/s local/ais.
Opcionalmente, apartado no cal se recollan as actuacións previstas pola entidade solicitante, que incentiven a igualdade de mulleres e homes no desenvolvemento diario das súas actividades.
A asociación ou entidade sen ánimo de lucro deberá xustificar que desenvolve, maioritariamente, a súa actividade no ámbito territorial do concello de Pontevedra. No caso daquelas que, tendo a súa sede social fóra do concello de Pontevedra, dispoñan dunha delegación ou establecemento neste, deberán desagregar, por anos, a atención prestada nesa delegación.
No caso de solicitudes conxuntas, presentarase esta documentación por cada unha das entidades participantes.
Todos os documentos anexados serán arquivos do formato PDF.
d) No caso de solicitudes conxuntas, achegarase o acordo asinado polos/as representantes das asociacións ou entidades sen ánimo de lucro solicitantes que recolla, de xeito expreso, a súa conformidade coa tramitación da solicitude conxunta así como o nomeamento do/da representante único/a e a porcentaxe prevista de utilización, por parte de cada unha das asociacións ou entidades sen ánimo de lucro, do/s espazo/s solicitados e a aceptación das condicións establecidas nesta orde (anexo III).
Comprobación de datos.
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:
a) NIF da entidade solicitante.
b) DNI ou NIE da persoa representante.
c) Certificacións de estar ao día no pagamento coa Axencia Estatal de Administración Tributaria, a Seguridade Social e Facenda da Comunidade Autónoma.
d) Certificado de inscrición emitido polo rexistro correspondente da Comunidade Autónoma de Galicia.
e) Certificado do rexistro público correspondente de ter depositadas as últimas contas que teñan obriga de presentar.
No caso de solicitudes conxuntas a consulta realizarase por cada unha das entidades solicitantes.
2. A presentación da solicitude da ocupación temporal, para usos sociais, culturais ou sanitarios, dos locais que se van destinar a tal fin no Edificio Administrativo da Xunta de Galicia na rúa Benito Corbal de Pontevedra pola persoa representante, comportará a autorización ao órgano xestor para solicitar as certificacións que deban emitir a Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Tesourería Xeral da Seguridade Social e a consellería competente en materia de Facenda da Xunta de Galicia.
3. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos.
4. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
As asociacións e entidades que cumpran co recollido no artigo 4, que desexen dispoñer dun ou máis locais en calquera das dúas plantas que se citan no artigo 2 desta orde, presentarán solicitude dirixida á xefatura territorial da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, segundo o modelo que figura como anexo I destas bases reguladoras. A solicitude deberá ir acompañada da documentación que se establece no artigo 6 de esta orde.
No caso de solicitudes conxuntas, as asociacións e entidades sen ánimo de lucro integrantes nomearán a un/unha representante dunha delas como representante único, que actuará como coordinador/a e interlocutor/a único perante a xefatura territorial da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza. Non obstante, a autorización de uso será conxunta para todas as entidades solicitantes.
A presentación das solicitudes realizarase obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e firma admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Se algunha das entidades interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
A entidade que presente unha solicitude conxuntamente con outra ou outras non poderá presentar unha nova solicitude nin conxunta nin individualmente. Cando o órgano tramitador observe que unha asociación ou entidade sen ánimo de lucro participa en máis dunha solicitude, porallo de manifesto para que, no prazo máximo de dez días, poida desistir da solicitude ou solicitudes que sexan necesarias para dar cumprimento ao establecido neste artigo. De non se ter recibido comunicación da desistencia dentro do prazo establecido, inadmitiranse todas as solicitudes en que participe.
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados electronicamente accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal
A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. As entidades interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.
Se algunha das entidades interesadas presenta a documentación complementaria fisicamente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberá indicarse o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
No caso de que algún dos documentos que se van presentar de forma electrónica superase os tamaños máximos establecidos pola sede electrónica ou tivese un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a súa presentación de forma presencial dentro dos prazos previstos. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Prazo de resolución: Un mes
Sentido do silencio: Negativo
- Xustificación
- Aceptación/Renuncia (Anexo IV)
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 16 de xaneiro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria pública, en réxime de concorrencia, para a ocupación temporal, para usos sociais, culturais ou sanitarios, dos locais destinados a tal fin no Edificio Administrativo da Xunta de Galicia na rúa Benito Corbal de Pontevedra (DOG nº 14 do 21 de xaneiro de 2019).
-
Resolución do 9 de xullo de 2019, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se adxudica a autorización de uso dos locais solicitados no procedemento con código PR701A, ao abeiro da Orde do 16 de xaneiro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria pública, en réxime de concorrencia, para a ocupación temporal, para usos sociais, culturais ou sanitarios, dos locais destinados para tal fin no Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, na rúa Benito Corbal de Pontevedra (Diario Oficial de Galicia número 14, do 21 de xaneiro) (DOG nº 132 do 12 de xullo de 2019).
-
-
Ámbito Estatal
-
Lei 5/2011, do 30 de setembro, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia (BOE nº 272 do 11 de novembro de 2011).
-
Corrección de erros da Lei 5/2011, do 30 de setembro, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia (BOE nº 272 do 11 de novembro de 2011).
-
Outros procedementos relacionados
Subvencións a festivais de artes escénicas.
Prazo aberto: 02/12/2025 00:00 - 02/01/2026 23:59
Creación de novos servizos de lectura.
Aberto todo o ano
Autorización de ocupación de dominio público portuario competencia da Comunidade Autónoma de Galicia con destino á realización de espectáculos públicos e actividades recreativas.
Aberto todo o ano
Declaración de concello emprendedor.
Aberto todo o ano