Guía de procedementos e servizos

IF320B

Modificación de datos no Rexistro de Empresas Operadoras do Transporte Marítimo.

Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais

Pechado

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

Sobre o procedemento

Todos aqueles servizos de transporte marítimo de persoas en augas interiores que estean inscritos no Rexistro de Empresas Operadoras do Transporte Marítimo deben pór en coñecemento deste calquera alteración que afecte á súa inscrición, tales como variacións de horarios, períodos de prestación, condicións económicas ou buques adscritos.

Empresas navieiras que estean inscritas no rexistro como prestameiras de servizos de transporte marítimo regular en augas interiores de Galicia.

Xunta de Galicia

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

Dirección Xeral de Mobilidade

Praza de Europa, 5-A 2ª planta. Área Central - Polígono de Fontiñas.

15707  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981544585 / 981544502

Fax: 981544351

Email: formacion.transportes@xunta.es

Dirección Xeral de Mobilidade
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: PECHADO

Segundo a Orde de modificación do 18 de xuño de 2019 (DOG nº 118 do 24 de xuño de 2019), o prazo de presentación de solicitude comezará o día 15 de xullo de 2019 e permanecerá aberto durante todo o ano.

As modificacións da oferta de servizos ou a súa supresión deberán ser notificadas polo armador interesado ao órgano competente sobre o Rexistro de Empresas Operadoras do Transporte Marítimo cunha antelación mínima dun mes á prevista para a súa aplicación.

Logo da súa inscrición, as modificacións poderán ser postas en práctica unha vez teñan transcorrido sete días desde que fosen anunciadas ao público, pola empresa que presta os servizos, nos locais de expedicións de billetes e nas embarcacións que realicen os transportes.

  • Inscrición no rexistro de Empresas Operadoras do Transporte Marítimo. ( 30.47.00)

Pode realizar o pago destas taxas na Oficina Virtual Tributaria.

  • Solicitude segundo o Anexo I.

  • Documento xustificativo de ter aboada a taxa.

  • Documentación acreditativa da dispoñibilidade de embarcacións aptas, os seus certificados de navegabilidade, as autorizacións de atracada e os demais documentos precisos, se é o caso, para prestar o servizo nas condicións indicadas. (Na medida en que foron xa achegados coa a solicitude de inscrición ou con motivo do visado ou actualización anual da inscrición, si se manteñen en vigor e inalterados desde entón, está exento de presentalos de novo, identificando os datos esixidos)

  • Escrito de Capitanía Marítima no que se informe de que o buque é apto para realizar o servizo solicitado, de acordo coas esixencias de seguridade marítima.

  • Certificados de navegabilidade dos buques propostos para realizar o servizo.

  • Certificación expedida polo organismo xestor do espazo natural protexido de que a empresa está en condicións de cumprir coas especificacións operacionais necesarias para acceder a el (só necesaria en caso de servizos a espazos naturais protexidos)

  • Follas de ruta.

  • Outra documentación que poida afectar á solicitude concreta.

  • Comprobación de datos.

Os documentos relacionados serán obxecto de consulta ás administracións públicas. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo e achegar unha copia dos documentos.

  • NIF da entidade solicitante

  • DNI/NIE da persoa representante.

  • Certificado de estar ao día do pagamento de obrigas tributarias coa AEAT.

  • Certificado de estar ao día do pagamento coa Seguridade Social.

  • Certificado de estar ao día no pagamento das débedas coa Administración pública da comunidade autónoma.

Despois de presentar

Contra a resolución deste procedemento poderá interpoñerse recurso a través de  "IF321C. Recurso  en materia de mobilidade"

Prazo de resolución: Tres meses

Sentido do silencio: Positivo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Lei 2/2008, do 6 de maio, pola que se desenvolve a libre prestación de servizos de transporte marítimo de persoas en augas interiores de Galicia (DOG nº 90 do 12 de maio de 2008).

    • Decreto 228/2008, do 2 de outubro, sobre a prestación de servizos de transporte marítimo de persoas en augas interiores de Galicia (DOG nº 202 do 17 de outubro de 2008).

    • Orde do 7 de abril de 2016 pola que se adaptan e se habilitan electronicamente os procedementos administrativos de prazo aberto da Consellería de Infraestruturas e Vivenda (DOG nº 69 do 12 de abril de 2016).

    • Orde do 18 de xuño de 2019 pola que se modifica a Orde do 7 de abril de 2016 pola que se adaptan e habilitan electronicamente os procedementos administrativos de prazo aberto da Consellería de Infraestruturas e Vivenda (DOG nº 118 do 24 de xuño de 2019).

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

IF301S

Autorización para a prestación de servizos regulares permanentes de viaxeiros por estrada mediante a utilización dun mesmo vehículo (solapamento).

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

IF302A

Concentración de contratos de xestión de servizos públicos de transporte regular de viaxeiros por estrada.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

IF302B

Transmisión de contratos de xestión de servizos públicos de transporte regular de viaxeiros por estrada.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

IF302C

Adscrición de vehículos a contratos de xestión de servizos públicos de transporte regular de viaxeiros por estrada.

Aberto todo o ano